CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 26ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O CAMARIÑAS A UN ENCONTRO DE CANTAR O “ALIRÓN” E MENTRES A LOITA POLA PROMOCIÓN PONSE O ROXO VIVO”.

O Soneira non pasou do empate co Muros.

Vitoria sufrida dun Camariñas que casi emborrona o seu bo encontro nuns instantes finais nos que concedeu dous penaltis, pero que lle vale para que a vindeira fin de semana poda proclamarse campión da Liga da Costa 2024/25 no 2Vicente Carril” ante o Corcubión, ou gañando ou facendo o mesmo que faga o Xallas, que derrotaba o Ponteceso no “Pinguel” e recupera a segunda praza tralo empate sen goles do Soneira en Vimianzo ante o Muros.

A promoción ponse o roxo vivo co Xallas, (2º9 con 51 puntos e na outra praza o Soneira, (3º), con 50 e cos mesmos puntos e fora por golaveraxe o Baio, (4º). O Porteño, (5º), a espera de duelos diretos para poder asomar o fuciño.

Por abaixo o Cee gañou por segunda vez consecutiva e fíxoo sobre un Lira ao que só lle valía a vitoria e que practicamente di adeus a categoría a 8 puntos do Mazaricos e con 12 por disputar. Reñida está esa praza de posible arrastre e que ocupan os mazariquenses que teñen un punto menos ca Coristanco e Muros.

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

GOLEADORES

Djibril, (Camariñas FC), marcou esta xornada un “Hat-trick” e sigue liderando o podio de goleadores  con 26 goles, en 20 encontros, (7 de  penalti). Non xogou o segundo clasificado, César Lojo, (UD Corcubión),  e suma 22 en 24  choques, (3 pen), e tampouco marcou Martín “MC”, (CD Baio), que ocupa o terceiro escalón do podio con 16 tantos, (3 p) en 24 encontros.

Lesionado grave

Desexarlle unha pronta recuperación ao xogador do Soneira, Alberto “Vía” que sufría unha lesión grave de clavícula.

 

LIGA DA COSTA

-26ª Xornada-

-06/04/2025-

SD Coristanco 2-3 Camariñas FC

UD Corcubión 1-0 Corme CF

CD Baio 2-0 Cabana SD

Soneira SD 0-0 CD Muros

UD Monte Louro 1-2 Outes FC

UC Cee 3-1 CF Lira

CF Porteño 1-1 CF Mazaricos

Ponteceso SD 1-2 Xallas FC

 

-CRÓNICAS-

O Camariñas deu un gran paso en Coristanco.

SD Coristanco 2-3 Camariñas FC

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido que xa sabíamos que ía a ser difícil xa que o Coristanco a pesares da posición que ocupa é un equipo que sempre noa fixo moi complicados os encontros. Penso que conta con menos puntos do fútbol que ofrece. Adiantámonos pronto e relaxámonos o que fixo que o Coristanco dominase e nunha xogada desgraciada empátannos o encontro pero pronto marcaría de novo Dijril e iríamos o descanso con ventaxe.

Falamos no vestiario de que tíñamos que sair fortes e ir a polo encontro e así o fixemos. Tivemos ocasións de tódalas cores pero o balón entraba o que daba o medo de que che pouidan marcar a ti en calquera. Djibril completou un Hat-trick, e aí si que non me gustou nada como se puxo o encontro. Fixemos dous penaltis, dos que só marcaron un e non me gustou nada ese final.“.

Goles : 0-1, Djibril, (5´); 1-1, Kevin, (26´): 1-2, Djibril, (32´); 1-3, Djibril, (75´); 2-3, Dani Castiñeiras, (93´de penalti).

 

UD Corcubión 1-0 Corme CF

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Partido moi disputado por ambos equipos. Unha primeira con máis ocasións nosas pero sin sorte e fomos o descanso co empate inicial.

Na segunda entramos despistados e puido adiantarse o Corme pero parou ben Bruno e na seguinte xogada marcaba o 1-0 Rama cun golazo. Desde aí ata o final o Corme apretou pero a vitoria, moi sufrida, acabaría sendo nosa“.

Goles : 1-0, Rama, (70´).

 

CD Baio 2-0 Cabana SD

Oscar ¨Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte moi igualada e sen apenas chegadas por ambos lados, nós tivemos unha ocasión clara nos pés de Simón e eles un man a man de MC con Manu, que éste último non soubo resolver.

Na segunda o gol deles o pouco de empezar foi clave, nunha acción na que non estivemos acertados. Fixemos cambios para tentar empatar pero non tíñamos a claridade necesaria, creando perigo sobre todo en accións de Migueliño, pero non conseguimos empatar.

Xa con nós volcados chegaría a sentencia co segundo e a partires de aí o partido xa se acabou, ainda que seguimos competindo ata o final en busca polo menos do gol da honra, que n0n chegou“.

Xogamos con : Manu, Migueliño, Cristian, (Roi), Ferreiro, Noé, Aarón, Nando, Moreno, (Mario), Hugo, Simón, (Miki), e Pablo, (Castro).

Goles : 1-0, Damián, (51´); 2-0, Sergio, (81´).

Soneira SD 0-0 CD Muros

Goles : 0-0

Incidencias : No minuto 77 tivo que abandoar o terreo de xogo o vimaincés Alberto “Vía” tras sufrir a rotua da clavícula nunha dasfortunada caida. O noso desexo dunha pronta e satuistafactoria recuperación.

 

UD Monte Louro 1-2 Outes FC

Goles : 0-1, Sergio, (8´); 1-1, Xián, (15´de penalti); 1-2, Sergio, (20´).

 

UC Cee 3-1 CF Lira

Óscar Leis, (Adestrador do CF Lira) : “Empezamos o partido bastante ben posicionados e cedéndolle o control o Cee, para tratar de atacar os espacios, e a falta de acerto na toma de decisións con balón fixo que non acabáramos concretando ningunha das accións onde roubamos e saimos a contra. Tivemos duas oportunidades en dous corners e unha máis nunha xogada de Pablo que sae por moi pouco, case o remate da primeira parte unha man na nosa área significaba o 1-0, nun penalti transformado por Ezquiel.

No inicio da segunda apretamos máis alto a saida do balón do Cee e iso acercounos o gol varias veces, Pablo nunha desas presións roubou un balón que acabaría marcando Raúl para empatar. Ese gol tiña que darnos ás para ir a polo partido pero o que pasou foi todo o contrario, pois dende ese momento o Cee foi superior e fíxonos dous goles que sentenciaron o partido.

Así como nos últimos partidos estábamos a competir moi ben e dando moi boa imaxe, neste partido en Cee nin competimos como debíamos, nin demos a imaxe que tiñamos que dar”.

Goles : 1-0, Ezequiel, (42´de penalti); 1-1, Raúl, (59´); 2-1, Carlos, (70´), 3-1, Ánxo, (80´).

 

CF Porteño 1-1 CF Mazaricos

Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Foi un gran partido disputado por dous moi bos equipos. Na primeira parte penso que dominamos nos moito máis, xogando con extremos moi abertos e profundidade polas bandas. Tiramos un tiro ao longueiro antes de marcar o 1-0, e con dous remates que se marcharon alto antes do descanso.

Eles creáronnos perigo con balóns directos e tamén a balón parado. Iríamos o descanso con un troco feito por lesión e 2 xogadores tocados, algo que nos obligaba a reestructurar o plantexamento.

Nos primeiros 20 minutos da segunda tiveron eles o control, ganábannos balóns no medio campo e facíannos dano con entradas de segunda líña. Fixeron traballar ao noso meta ata en 3 ocasións, unha delas nun saque potente de falta. Así chegou o empate nun balón que non conseguimos sacar polos carrís exteriores e tras o roubo entran en conducción superando as nosas coberturas na zaga e batindo ben por abaixo.

A partires de aí volcámonos buscando a vitoria, e teríamola ata en 3 ocasións nas que non tivemos sorte. Unha tras un centro lateral que se nos marcha alto, outra tras un remate que marcha lambendo o pao, e a última de vaselina que marcha por enriba do longueiro.

Unha pena non conseguir estes 3 puntiños que penso que eran merecidos. De todas maneiras en fronte había un gran equipo que me volveu gustar moito, con grandes xogadores que saben o que fan dentro do campo e que merecerían estar moitísimo máis arriba na táboa.

Nos seguiremos lointando para intentar asomar a cabeciña aí arriba. Sabemos de fai tempo que é moi dificil chegar, teremos que facer moi ben o noso traballo e esperar o que pase noutros campos, é o que ten non depender dun mesmo. Pero por intentalo ata o final non vai ser”.

Goles : 1-0, Alfredo, (35´); 1-1, Sergio, (60´).

 

Ponteceso SD 3-2 Xallas FC

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Foi un jogo con pouco ritmo. Eles saíron esperando no medio do campo para roubar e sair, ou xogar direto desde o porteiro cando era o caso. Puxéronse moi pronto por diante a saída dun córner reforzando o seu plantexamento. Nós pouco a pouco fómonos aproximando a portería deles e disfrutamos de varias ocasións conseguindo empatar por medio de Eloy Álvarez. Pouco nos durou a alegría xa que nun balón direto e segunda xogada puxeron o 1-2. Xa antes do descanso puidemos volver a empatar pero non foi así.

Na segunda parte levámo-la iniciativa e dispuxemos de máis oportunidades, igual ca eles a contra…rematou así.
Seguir pelexando
“.

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Primera de las cinco finales que nos quedan para intentar conseguir el objetivo de quedar en los puestos de promoción de ascenso. Primera parte con un ritmo lento por ambos conjuntos. Debido al calor. Esto haría que tuviéramos que economizar esfuerzos a la hora de hacer las transiciones ofensivas. No se adelantaríamos en el marcador mediante Ruben Sande y poco después nos empataría el Puenteceso mediante un centro lateral mal defendido. Antes del descanso Asier hace un desplazamiento hacia Rubén Sande esté baja y hace una jugada personal que sirven en bandeja a Sergio Barbeira, lo que nos ponía por delante otra vez en el marcador y nos iríamos así al descanso.

En la segunda parte intentamos corregir los movimientos que hacía su jugador Mendieta que nos generaba muchas dudas en las acciones defensivas, pero esto haría que tuviéramos que jugar más replegados de lo que queríamos. Tuvimos ocasiones para aumentar el marcador mediante las contras, pero no supimos resolverlas con claridad. ya en los últimos minutos nos expulsan a Iván Couto injustamente, y esto haría que tuviéramos que poner un jugador de campo en la portería. Sergio Barbeira fue el que cogió el timón del del barco poniéndose en la portería y el brazalete de capitán, haciendo una parada clave que nos daría una victoria sufrida y también muy reconfortante“.

Goles : 0-1, Rubén Sande, (11´); 1-1, Eloy Álvarez, (32´); 1-2, Sergio Barbeira, (38´).

Incidencias : O colexiado do encontro Bruno Méndez expulsou do Xallas ao porteiro Iván Couto, con dobre cartón  (49´e 92´), e con vermello direto a Yago Facal, (92´), e o delegado Manuel Couto, (94´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 Camariñas CF : 61 puntos

Xallas FC : 51 puntos

  SD Soneira : 50 puntos

 CD Baio : 50 puntos 

5º CF Porteño : 45 puntos

 UD Corcubión : 40 puntos

 UD Monte Louro : 40 puntos

 Corme CF : 40 puntos

 Ponteceso SD : 35 puntos

10º Cabana SD : 33 puntos  

11º Outes FC : 30 puntos

12º CD Muros : 25 puntos

13º SD Coristanco : 25 puntos

14º CF Mazaricos : 24 puntos

15º CF Lira : 16 puntos

16º UC Cee : 13 puntos

 

-PREVIA-

-27ª Xornada-

-13/04/2025-

Xallas FC – SD Coristanco, ás 18:15 horas

Camariñas FC – UD Corcubión, ás — horas

Corme CF – CD Baio, ás — horas

Cabana SD – Soneira SD, ás — horas

CD Muros – UD Monte Louro, ás — horas

Outes FC – UC Cee, ás 16:00 horas

CF Lira – CF Porteño, ás — horas

CF Mazaricos – Ponteceso SD, ás — horas

 

AVISOS

Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.

As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 -Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.

 

-Foto Soneira : Lolita Campaña

-Foto Camariñas : Dulce Corcu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies