CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 25ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O CAMARIÑAS CON PÉ E MEDIO NA PRIMEIRA FUTGAL E A LOITA POLA PROMOCIÓN ENCARÉCESE”.

Ezequiel marcou na vitoria do Cee.

O Camariñas só poderá perder o título de campión se se durme nos laureis, pois aventaxa en 9 puntos o segundo, que pasa a ser o Soneira i en 10 o Xallas, que pasa a terceiro. Faltan 15 puntos por xogarse e o equipo de Juan Cabrejo ten que gañar 2 encontros  dos 5 que quedan. Os camariñáns visitan a vindeira semana o Coristanco, logo reciben no “Vicente Carril” o Corcubión, visitan o Baio, reciben o Soneira e rematan a liga visitando o Monte Louro. Dos 5 equipos 3 loitan por duas prazas de promoción. Todo esto gracias a vitoria dos de Camariñas en Santa Comba nun encontro que era vital para os xalleiros aos que só lles valía gañar para seguir con opcións de ascenso direto. A derrota xalleira fai que todo se comprima moito máis na loita pola promoción.

Por abaixo a loita parece que vai ser por evitar a praza de posible arrastre, pois o Cee está descendido virtualmente ainda que non matematicamente gracias a que deron a sorpresa e derrotaron no “Pino do val” o Mazaricos, que é quen ocupa a praza de posible arrastre.

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

GOLEADORES

Djibril, (Camariñas FC), non marcou esta xornada e sigue liderando o podio de goleadores  con 23 goles, en 19 encontros, (7 de  penalti). Tampouco marcou o segundo, César Lojo, (UD Corcubión),  e suma 22 en 24  choques, (3 pen), e non xogou Martín “MC”, (CD Baio), que ocupa o terceiro escalón do podio con 16 tantos, (3 p) en 23 encontros.

 

LIGA DA COSTA

-25ª Xornada-

-30/03/2025-

Xallas FC 0-2 Camariñas FC

Corme CF 2-2 SD Coristanco

Cabana SD 6-0 UD Corcubión

CD Muros 0-2 CD Baio

Outes FC 1-3 Soneira SD

CF Lira 1-1 UD Monte Louro

CF Mazaricos 0-3 UC Cee

Ponteceso SD 1-2 CF Porteño

 

-CRÓNICAS-

Golpe case definitivo do Camariñas en Santa Comba.

Xallas FC 0-2 Camariñas FC

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Recibimos ao lider ao que calquer resultado positivo lle valía e foi máis conservador ca na primeira volta. Nós repregados e tentando coller algunhas contras, para que eles sairan un pouquiño datrás e xerar espazos para os dianteiros. Na primeira metade eles deixaban 4 para 4 e nós tentando crear superioridade. As ocasíons ainad que non moi perigosas foron deles. O primeiro gol chegou nunha xogada dun centro lateral que bota pero chega Maroio e fai de testa o 0-1. Adiantamos liñas e chegamos con perigo. Na segunda tratamos de sair arriba sabedores que nin o empate nos valía. Non conseguimos crear peroigo e eles foron máis solventes e mellores ca nós. Nós tivemos algunha pero pouco clara. O segundo gol creo que era fora de xogo pero felicitalos que foron mellores e nós a seguir remando. Competimos e eso é co que se hai que quedar. Están baixos animicamente pero quedan 5 xornadas e hai que loitar, agora apretouse a cousa pero hai que sumar de 3. Creo que o Camariñas vai a ser digno campión de liga”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Vitoria clave a de Santa Comba que nos fai dar un pasiño máis para ser campións de liga. Sabíamos que íamos a ter que estar moi ben defensivamente contra un Xallas que nos ía a buscar contras con balóns en longo para aproveitar as costas da defensa cos extremos e creo que os dominamos bastante ben. Nós a través da posesión facer dano por banda. Chegou o primeiro gol tras un pase de Javi no que Mario adiantase o porteiro para marcar. A partires de aí coido que fomos claros dominadores e tivemos ocasións para marcar algún máis. Trataron de facernos dano a balón parado. Na segunda metade eles trataron de estirarse máis o que a nós vennos mellor e a través de contras fixemos dano e chegou o segundo gol e aí acabouse o encontro. Boa vitoria ante un bo equipo que o está  a facer moi ben e que vai a estar pelexando pola promoción e pola liga. Contento polos 3 puntos e por toda esa xente que veu dende Camariñas a apoiarnos. Tres puntos para seguir loitando e ainda non hai que poñer as campanas o vóo que temos 9 puntos co segundo pero ainda quedan 15 por disputar. Seguir indo partido a partido e pensar xa en Coristanco e ir alí a tratar de sacar os 3 puntos”.

Goles : 0-1, Mario Suárez, (11´); 0-2, Mario Suárez, (60´).

 

Corme CF 2-2 SD Coristanco

Goles : 1-0, Wenceslao, (6´); 2-0, Samu Costa, (37´); 1-2, Daniel Vázquez, (60´); 2-2, Daniel Castiñeiras, (89´).

 

Cabana SD 6-0 UD Corcubión

Oscar ¨Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Saimos moi enchufados o partido estando moi seguros en todo o que facíamos, froito desa seguridade e bo facer, chegarían os 2 primeiros goles do partido por medio de Aarón e Pablo que nos permitían estar cómodos no partido.

Co 2-0 o Corcubión tería unha ocasión clara de gol pero o longueiro evitou o tanto visitante. Pouco despois Pablo faría o terceiro. Antes do descanso o Corcubión quedábase con 10 e nós marcaríamos a través de Migueliño o cuarto, co que chegábamos o tempo de lecer.

Na segunda parte saimos cO obxectivo de seguir seguros e seguir competindo ben o partido. Conseguimos 2 goles máis, obra de Ferreiro e Pablo que completaba o seu “hat trick” particular.

Cáseque non sufrimos chegadas visitantes que fixeran perigar o partido. Bo partido en xeral e 3 puntos clave para afrontar o derbi co Baio coa máxima confianza posible”. Xogamos con : Manu Nantón, (Alvarellos), Mario, (Leis), David, Ferreiro, Noé, Nando, Moreno, (Miki), Simón, (Castro), Migueliño, (Hugo) e Pablo.

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Partido para esquecer, tíñamos móitas baixas, pero non é disculpa foi mellor o Cabana e punto. Expulsaron a César no 25 e xa íbamos perdendo 2-0, e despois intentamos marcar algún gol e metéronnos 4 máis. Darlle a noraboa o Cabana“.

Goles : 1-0, Aarón, (16´); 2-0, Pablo Pose, (30´); 3-0, Pablo Pose (45´); 4-0, Miguel, (45´+ 2), 5-0, Sergio, (60´); 6-0, Pablo Pose, (82´).

Incidencias : O colexiado Roberto Baña expulsou a César Lojo do Corcubión con vermello direto no 25´.

 

CD Muros 0-2 CD Baio

Goles : 0-1, Aitor, (32´); 0-2, Sergio, (58´).

Incidencias : O colexiado Adrián José Gómez expulsou con vermello direto a Ramón Lago do Muros e amosou un total de 10 cartóns, 4 para os locais e 6 para os visitantes.

 

O Soneira ponse en ascenso direto no Conchido.

Outes FC 1-3 Soneira SD

Goles : 0-1, Alberto “Vía”, (69´); 1-1, Aarón, (84´); 1-2, Adrián Canosa, (87´); 1-3, Adrián Canosa, (88´).

 

CF Lira 1-1 UD Monte Louro

Óscar Leis, (Adestrador do CF Lira) : “Xogamos ante un rival que está a completar unha tempada moi boa e novamente volvemos a competir ben pero sin o premio dos 3 puntos.

O partido foi igualado e puido caer de calquer lado, poucas ocasións e os goles chegaron na segunda parte en accións a balón parado. Adiantaríase o Monte Louro nunha falta lateral que Xian libre de marca remata a gol, e o empate chegaría nunha falta de Raúl moi ben executada”.

Comentario cedido pola páxina de FaceBook do UD Monte Louro : “Partido xogado con moita calor. Na primeira metade levamos un pouco máis a iniciativa pero con poucas ocasións para ambos. O gol noso xurdiu dun balón parado no que Xián rematou a pracer.

Na segunda parte nos primeiros minutos o Lira saleu cun pouco máis de intensidade e meteu o seu gol a balón parado. A partires de aí poucas ocasións e pouco fútbol ata ou final.

As baixas séguennos lastrando moito e obriganos a que xogadores xoguen en posicións pouco habituais ou cambien moitas veces de posicións…Imos Louro!!!”.

Goles : 0-1, Xián, (49´); 1-1, Raúl, (68´).

 

CF Mazaricos 0-3 UC Cee

Goles : 0-1, Ánxo, (32´); 0-2, Ezequiel (68´); 0-3, Ánxo, (70´).

 

CF Porteño 3-2 Xallas FC

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Foi un partido máis disputado do que pensábamos. Nós arrastramos moitas baixas nesta segunda volta, ainda así conseguimos facerlle frente a un Portenho en racha que busca engancharse a fase de ascenso. Houbo poucas oportunidades na primeira parte na que eles conseguiron adiantarse con un gol de Yuyo.

Na segunda parte intentamos dar un paso adiante buscando a igualada e que conseguimos nos minutos finais. Eles nun último arrebato conseguiron levar a vitoria. Nós levamos todo o ano así, poucos partidos sacamos adiante nos que chegamos igualados os minutos finais…Felicita-los e seguir loitando”.

Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Unha parte para cada equipo. A primeira para nós na que puidemos ir 0-2 ao descanso. E a segunda para eles, no control de xogo máis ca en ocasións xeradas, pero aproveitáronas ben e empataron merecidamente, xa que nos íamonos apagando pouco a pouco no partido.

Desde o banquillo intentamos darlle un impulso máis o equipo cos cambios sin conseguilo. Volvemos a marcar a 5 do final tras un saque de esquiña, ainda que xa antes Brais fixera o paradón do partido. 3 puntiños máis cando quizáis o máis xusto fora o empate”.

Goles : 0-1, Yuyo, (32´); 1-1, Martín, (82´); 1-2, Pardiñas, (91´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 Camariñas CF : 58 puntos

  SD Soneira : 49 puntos

3º Xallas FC : 48 puntos

 CD Baio : 47 puntos 

5º CF Porteño : 44 puntos

 UD Monte Louro : 40 puntos

 Corme CF : 40 puntos

 UD Corcubión : 37 puntos

 Ponteceso SD : 35 puntos

10º Cabana SD : 33 puntos  

11º Outes FC : 27 puntos

12º SD Coristanco : 25 puntos

13º CD Muros : 24 puntos

14º CF Mazaricos : 23 puntos

15º CF Lira : 16 puntos

16º UC Cee : 10 puntos

 

-PREVIA-

-26ª Xornada-

-06/04/2025-

SD Coristanco – Camariñas FC, ás 17:30 horas

UD Corcubión – Corme CF, ás 17:30 horas

CD Baio – Cabana SD, ás 17:00 horas

Soneira SD – CD Muros, ás — horas

UD Monte Louro – Outes FC, ás — horas

UC Cee – CF Lira, ás — horas

CF Porteño – CF Mazaricos, ás 17:00 horas

Ponteceso SD – Xallas FC, ás 18:15 horas

 

AVISOS

Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.

As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 -Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.

 

-Foto Outes-Soneira : Lolita Campaña

-Fotos Camariñas : Dulce Corcu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies