O Camelle e o Buño ofreceron un bo encontro.
Segundo empate consecutivo do Sporting Zas que fai que se acurten as distanzas. Non xogaba o segundo, Sofán B, que agora queda a 3 puntos pero cun encontro menos e si aproveitaba este resbalón do lider o Malpica que derrotaba o Inter de Brens e ponse a 4 puntos do Zas e cun encontro menos. Vitoria importante do Cerqueda ante o Volantes ao que desbanca da cuarta praza por golaveraxe e empate do Oza ante o Pereiriña que deixa descontentos os carballeses que ven como se lle arriman os da Parroquia ceense e o Baiñas na loita pola sexta praza.
GOLEADORES
Ismael Ramos, (Sofán B), lidera a táboa con 31, en 22 encontros, esta semana descansaba o seu equipo. Raúl Corzón, (Sporting Zas), sigue segundo con 29 tantos en 22 choques e no terceiro chanzo Adrián Vázquez, (Sofán B), que non xogou esta semana o equipo sofanista suma 27 tantos, (1 pen), en 20 encontros.
3ª DA COSTA
-25ª Xornada-
-30/03/2025-
CF Muxía B 3-4 Sporting Seaia CF
Atlético Pereiriña FC 3-3 SD Oza
Sporting Zas 1-1 CD Nantón
SD Camelle 2-2 SCD Buño
CD Baiñas 3-1 SD Laxe
UD Cerqueda 3-1 Volantes de Baño FC
SCD Malpica 2-0 Inter de Brens
Descansa : SD Sofán B
-CRÓNICAS-
CF Muxía B 3-4 Sporting Seaia CF
Isidro Caamaño, (Adestrador do CF Muxía B) : “Partido malo por parte nosa no que nos puxemos por diante, empatáronnos, voltamos a adiantarnos e voltaron a empatarnos. Na segunda metade o equipo estivo moito mellor con máis balón pero somos un equipo que regalamos moito. Tentamos ofrecer a versión que dábamos ultimamente pero non fomos capaces. Temos baixas, xente tocada e o equipo nótao. Tivemos erros clamorosos na saida de balón e co 2-3 o equipo foi aguantando e outro erro coma o de outros dous goles chega o cuarto. O equipo comezou a xogar mellor e tivemos unha boa de Isma para aproximarnos e logo chegou o 3-4.
Os erros penalízannos e pensar que este equipo creceu e pasou a ser un equipo que disputa os encontros e tódolos rapaces dan o 100% do que teñen. Non me gusta perder pero o resultado penso que tiña que ser de empate ou incluso ca nosa vitoria se como digo estiveramos mellor de cara a porta e se evitáramos ter eses erros”.
Goles : 1-0, Martín, (12´); 1-1, Raúl, (17´); 2-1, Martín, (18´); 2-2, Alejandro, (23´); 2-3, Fernando, (23´); 2-4, Erik, (79´); 3-4, Damián, (83´).
Atlético Pereiriña FC 3-3 SD Oza
Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Partido no que saíamos enchufadísimos tras un empate na casa ante o líder a semana pasada e queríamos conseguir os 3 puntos para casi deixar a clasificación para fase sentenciada. Sabíamos que o Pereiriña chegaba o choque con baixas moi importantes e queríamos aproveitalo.
Comezabamos moi ben o partido, xogando o fútbol e intentando crear perigo na meta local e froito diso no minuto 8 Hugo fai unha moi boa internada por banda e da o balón o segundo pau para que Abib só teña que empurrala.
Seguíamos ca cabeza pensando en que ainda non fixéramos nada e que o Pereiriña nos podía poñer as cousas complicadas en calquera xogada e seguimos indo presionar arriba e con un balón en longo dos nosos centrais, e tras unha disputa entre Abib e o seu porteiro o balón pasalle por encima a este último e Abib centra perfecto para que Hugo remate a porta baleira,
Estábamonos encontrando moi cómodos ante un rival que viña demostrando o seu poderío co resto de equipos, e tras un xogadón de Nacho, este chega a liña de fondo e engaña o porteiro, que contaba con un pase atrás e metella polo primeiro pau. Chegaríamos con este resultado o descanso e sabendo que o equipo fixera as cousas moi ben.
Descanso que nos sentou moi pero que moi mal, saimos o segundo tempo pensando que xa tiñamos os 3 puntos asegurados e froito deso nun despiste noso o dianteiro queda só ante Samuel que para o man a man, pero non pode facer nada no rexeite.
Moveríamos aí o banquillo intentando dar seguridade en defensa e meteríamos un central máis, pero no minuto 60 chegaría a segunda amarea de Hugo, que para o noso parecer e moi inxusta, xa que creemos que non e nin falta, pero pitou a falta e ante as insistencias dos locais sacou a tarxeta e quedaríamos con 10.
A partires de aí o partido volveríase tolo de todo, con tanganas, insultos, empurróns e nos sairíamonos totalmente do partido e nunha contra moi ben armada polo Pereiriña marcarían o 2-3 a falta de 10 minutos para o final, e nós en vez de calmarnos e enfriar o partido, Nico cometería un erro de alevins e sería tamén expulsado polo colexiado, quedando así con 9 homes no campo contra 11 faltando ainda 3 reglamentarios e 5 de descontó. Un descontó no que tras un mal pase do central do Pereiriña o dianteiro non chega, a Samuel votalle moi mal e acaba entrando o balón no fondo da rede empatando así o partido os de Cee. Xa contra o final tivemos 2 corners para volver a poñernos por diante pero a máis clara tería o Pereiriña, que tería outro man a man con Samuel que se iria rozando o pau.
Reparto de puntos e gracias, porque visto o visto na segunda parte, non merecemos moito máis“.
Goles : 0-1, Abib, (8´); 0-2, Hugo, (22´); 0-3, Nacho Pose, (30´); 1-3, José, (49´); 2-3, Arce, (79´); 3-3, Antón, (90´).
Incidencias : O colexiado doe encontro Óscar Rey expulsou con dobre cartón a Hugo, (37´e 60´), e con vermello direto a Nicolás Huber, (87´).
O Nantón frenou o Zas no San Andrés.
Sporting Zas 1-1 CD Nantón
Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido con moitísimo ambiente no campo de San Andrés, onde o Sporting Zas recibía ao Nantón en contextos ben distintos: os locais loitando polo ascenso, mentres que os visitantes, sen presión clasificatoria, chegaban co único obxectivo de facer o partido incómodo.
Dende o primeiro minuto, o Nantón apostou por un bloque moi baixo, encerrado na súa área, buscando unicamente saídas en longo sobre Jorge e Iago. Pola súa banda, o Zas asumía todo o peso do encontro, tentando atopar ocos nunha defensa pechada e moi compacta. As primeiras ocasións foron tímidas pero constantes, destacando o porteiro visitante cun par de intervencións de mérito.
Nunha acción illada, tras unha falta colgada á área do Zas, o Nantón adiantábase cun gol en propia porta, o que aínda reforzou máis o seu plan defensivo. A partir dese momento, a acumulación de xogadores atrás e a perda de tempo foron unha constante. Antes do descanso, o Zas reclamou un penalti claro sobre Redondo que tiña gañada a posición, pero o colexiado non sinalou nada.
Na segunda metade, o Sporting saíu decidido a darlle a volta ao marcador, xerando ocasións de moito perigo, entre elas un penalti que Dani non logrou transformar. Os minutos pasaban, os cambios sumaban risco ofensivo, e a intensidade ía en aumento.
O premio ao esforzo chegou co tanto de Redondo, tras moita insistencia, que igualaba o partido e metía ao público de cheo no tramo final. E cando parecía que a remontada se ía consumar, un remate de Dani Mato tras centro lateral significaba o 2-1…, pero foi anulado por un fóra de xogo incomprensible, nunha xogada moi protestada polos xogadores e pola bancada.
Un empate con sabor moi amargo, nun encontro no que o Zas fixo todo para gañar e no que a proposta defensiva do rival e certas decisións arbitrais marcaron o resultado final”.
Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Chegabamos a Zas convencidos que iba tocar sufrir durante os 90 minutos pola calidad individual e colectiva que ten o rival.
O partido empezou igualado, cun Zas intentando como era de esperar impoñerse con balon e ritmo, intentabano con algún balon longo e algún pase entre lineas pero sin moito peligro.
Nunha acción aislada, unha falta sacada a area pequena por Yago dende pouco mais adiante de mediocampo, o central do Zas non acerta do despexe e acaba marcando en propia porta.
Poidemos ampliar ventaxa cun cabezazo de Ruper que se vai lixeiramente alto e con outro remate de Yago que sale centrado as mans do porteiro. Eles seguían aprentando e pronto chegarian mais ocasións do Zas..remate dende fora da area a cepa do pau no cal Álvaro saca unha manaza, e outra chegada de Redondo e algún que outro corner pero nos seguiamos solidos defensivamente.
Asi fomos o descanso.
Xa na segunda o Zas saliu con outra marcha e xa nos tocou sufrir bastante máis. Defendendo en bloque baixo e cun traballo terrorifico dos nosos en tareas defensivas e un partido soberbio do noso porteiro Álvaro fixo que o 0-1 se alargase ata case ata o final. A 10 minutos do final o Zas dispuxo dun penalti moi discutido polos nosos xogadores, pero remataria fora Dani Mato.
E xa no 89, un balón largo no cal non acertamos no despexe, queda morto na area, e Redondo empuxa a gol a porta baleira. E xa no desconto seria anulado un gol o Zas por fora de xogo, que dende o noso punto de vista, e consultado a xente de fóra, parece que foi ben anulado.
Un punto que sabe a ouro e que nos reforza de moral para as xornadas restantes“.
Goles : 0-1, Roberto Amoedo, (22´en propia porta); 1-1, Redondo, (88´).
Durante a semana colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.
SD Camelle 2-2 SCD Buño
Encontro entretido oq ue ofreceron o Camelle de Sergio “Crejo” e de Lilo e no que na primeira metade non se moveu o marcador pero non por non buscar a porta contraria ambos equipos. Na segunda nada máis comezar o xogo unha xogada de ataque camellana era desviada o fondo das mallas por Castro. Non se veu abaixo o equipo oleiro e conseguía igualar por medio de Andrés, tras unha xogada por banda, e puideron abrir fenda no marcador pero unha gran parada de Roi no primeiro pau evitaba o gol dos de Lilo.
O Camelle buscaba a vitoria e o Buño atraelos para sair con rapidez o ataque e nunha longa xogada dos do Crejo había unha falta preto do área que Lucas Caamaño materializaba en gol de maneira extraordinaria.
Pouco durou a ledicia para os camelláns, pois noutra xogada por banda Andrés metíase por dentro en conducción e facía un auténtico golazo. Tralo saque de centro e nunha xogada en banda esquerda do ataque camellán, Lucas parecía haber impactado co brazo na cara dun defensor oleiro e o colexiado asináballe un cartón vermello.
En inferioridade o Camelle apretou a foi a disputa facendo que non se notara esa inferioridade numérica para acadar un xusto reparto de puntos e nun encontro limpo no que o colexiado abusou demasiado dos cartóns.
Goles : 1-0, José Castro, (47´en propia porta); 1-1, Andrés, (60´); 2-1, Lucas Caamaño, (78´); 2-2, Andrés, (80´).
Incidencias : O colexiado do encontro Óscar Rey expulsou por un suposto manotazo o xogador do Camelle, Lucas Caamaño con vermello direto no 80. O final do encontro un afeccionado increpouno tentando que vise o vídeo no que Lucas nin lle tocaba o xogador do Buño e foise a caseta e pideu a Garda Civil. Non houbo ningún tipo de incidente no campo cos xogadores charlando o acabar o encontro. Unha hora despois chegou a Benemértita e acompañou ao colexiado o seu coche. Unha situación un tanto rocambolesca nun encontro con 11 cartóns e gran parte deles innecesarios.
CD Baiñas 3-1 SD Laxe
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido igualado con dominio alterno. Empezamos ben pero nun corner puxéronse por diante, milloranos e dominamos pero a contra eles tiveron varias ocasións e tiros o pau. Nunha boa xogada combinada conseguimos o empate e antes do descanso mandamos un balón o traveseiro.
A segunda saimos ben e os primeiros vinte minutos foron nosos, e tivemos dous man a man para marcar pero fallamos.
Aí ven un gol deles, os defensas quedan protestando un posible fora de xogo e marcan o 2-1, e aí baixamos un pouco os brazos e viñéronse arriba. Marcaron o 3-1 de falta a escadra, seguimos peleando pero non foi posible”.
Goles : 1-0, Héctor, (3´); 1-1, Djamel, (28´); 2-1, Raúl, (64´); 3-1, Dylan, (69´).
Incidencias : Nos prolegómenos do encontro gardouse un sentido minuto de silencia polo pasamento esta pasada semana do que fora presidente do Laxe, Manuel Ramón Lema, (D.E.P.).
O Cerqueda sigue avanzando na táboa.
UD Cerqueda 3-1 Volantes de Baño FC
Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido o que acudíamos con moitas baixas e ademáis moi importantes, pero no que sacamos a nosa mellor versión e sempre estivemos un puntiño por diante do rival. Na primeira parte o partido estivo máis igualado, ainda fallaríamos un penalti a favor antes do descanso co resultado de 1-1.
Xa na segunda parte puxémoslle ainda unha marchiña máis e poñeríamos con un bo resultado o pouco de comezar. Destacar o partidazo de todos, incluidos todos os xuvenís e o cadete Moises, que participaron no partido”.
Goles : 1-0, Salah, (16´); 1-1, Manuel, (20´); 2-1, Salah, (54´); 3-1, Salah, (57´).
SCD Malpica 2-0 Inter de Brens
Goles : 1-0, Luis Manuel, (5´de penalti); 2-0, Aday, (83´).
Descansou : SD Sofán B
-CLASIFICACIÓN-
1º Sporting Zas : 59 puntos
2º SD Sofán B : 56 puntos
3º SCD Malpica : 55 puntos
4º UD Cerqueda : 49 puntos
5º Volantes de Buño FC : 49 puntos
6º SD Oza : 38 puntos
7º Atlético Pereiriña FC : 32 puntos
8º CD Baiñas : 30 puntos
9º CD Nantón : 26 puntos
10º Sporting Seaia CF : 24 puntos
11º SD Camelle : 20 puntos
12º SCD Buño : 19 puntos
13º CF Muxía B : 14 puntos
14º Inter de Brens : 14 puntos
15º SD Laxe : 8 puntos
PREVIA
-26ª Xornada-
-06/04/2025-
SD Oza – Sporting Seaia CF, ás — horas
CD Nantón – Atlético Pereiriña FC, ás 17:00 horas
SCD Buño – Sporting Zas, ás — horas
SD Laxe – SD Camelle, ás — horas
Volantes de Baño FC – CD Baiñas, ás 17:00 horas
Inter de Brens – SD Sofán B, ás — horas
SCD Malpica – CF Muxía B, 05/04 ás 17:00 horas
Descansa : UD Cerqueda
AVISOS
-Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.
-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.
–Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
-Foto Cerqueda : Adrián “Gurita”
-Foto Sporting Zas : o clube
-Texto e fotos : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores