CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 25ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “O XALLAS GOLEA E VOLVE A MANDAR NA LIGA, O DUMBRÍA TAMÉN GOLEA E O CEE CAE DERROTADO”.

O Dumbría goleou as colistas.

 A derrota do Pstoriza ante o Carral, (3-1), volve a poñer no máis alto o Xallas de Eloy García que goleaba ao Orillamar, (5-0), pola sua banda o Dumbría facíalle unha “manciña” ao Silva, (0-5), para seguir afianzándose na zona nobre e o único que colleitaba un resultado negativo era o Cee que se vía superado no derradeiro treito do encontro ante o Sporting Burgo, (5º clasificado). As ceenses vencían por 1-0 no minuto 70 e acababa perdendo por 1-3.

GOLEADORAS

Eva Lema, (CF Dumbría), fixo dous tantos e ponse con 264, (3 p), en 22 choques. Ánxela Prado, (CD Lugo B), non marcou pero segundo chanzo con 23 goles en 22 choques, e empata con ela no segundo chanzo Lucía Camisón, (SCD Pastoriza), con 23 en 23 choques. Terceira agora en número de goles é Paula Veiga, (UC Cee), con 20, (2 pen), en 18 encontros.

Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-25ª Xornada-

-30/03/2025-

Xallas FC 4-0 Orillamar SD

Silva SD 0-5 CF Dumbía 

PM Friol B 2-4 SD Tordoia

Orzán SD B 4-2 UDJ Almeiras

Cultural Maniños 2-0 CD Lugo B

Brexo Lema SD 2-1 Sporting Meicende

UD Carral 3-1 SCD Pastoriza

UC Cee 1-3 Sporting Burgo

 

CRÓNICAS

 

Silva SD 0-5 CF Dumbría

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Partido marcado polo calor, iniciaríamos enchufadas contra un equipo que nos dou a sensación de que se están deixando ir asumindo xa o seu destino, por momentos intentaban sobre todo algunha individualidade, pero non puideron crear perigo en gran parte polo bo facer defensivo do equipo.

Poñeríamonos pronto por diante con dobrete de Eva, e a partires de aí o partido colleu velocidade de cruceiro, sendo máis ben un trámite, e aínda anotaríamos o terceiro antes do descando.

A volta de vestuarios saimos coa idea de sentenciar rápido e así sería, desde ese intre pouco reseñable en ningún equipo, intentamos circular e xerar, pero sin profundizar”.

Goles : 0-1, Eva Lema, (13´); 0-2, Eva Lema, (22´); 0-3, Mariña, (30´); 0-4, Paula Fandiño, (50´); 0-5, Mariña, (60´).

 

O Xallas manda na liga.

Xallas FC 4-0 Orillamar SD

Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido que dominamos de principio a fin, con moi bo xogo combinativo. Adiantámonos no minuto 1 tras un saque de curruncho, no que o balón queda solto e Otero envía as redes pola escadra. O segundo chegaría por medio de Facal tras unha gran 1vs1 de Barcia na banda que saca un moi bo centro e coa súa perna mala mete o segundo. O terceiro chegaría nunha xogada ensaida de saque de curuncho no que Espasandín mete un moi bo gol.

Tralo descanso facemos cambio e seguimos domindando, só tivemos un susto nun mal entendemento de Rosío e Carla, no que dubidan e a dianteira rival adiantase a elas e envía o balón ao lateral da portería. O cuarto chegaría tras unha falta botada por Noe, no que a porteira non atalla o balón e Yaiza coa caña de pescar, finiquita o partido.

Depois teríamos algunha ocasión por medio de Oli ou Marta. Gran partido das nosas. Queda menos…+ 3″.

Goles : 0-1, Andrea, (1´); 2-0, Claudia, (25´); 3-0,  Espasandín, (30´); 4-0, Noe, (80´).

 

UC Cee 1-3 SportingBurgo

Goles : 1-0, Saray, (21´); 1-1, Tamara, (70´); 2-1, Yadira, (78´); 1-3, Jade, (90´).

Se alguén, (xogadora, directivo/a, colaborador/a do clube, afeccionado/a), quer colaborar mandándonos a información do UC Cee femeinino pode facelo contactando connosco.

 

-CLASIFICACIÓN-

Xallas FC : 65 puntos

SCD Pastoriza : 63 puntos

 UD Carral : 54 puntos

Orzán SD B : 51 puntos

5º Sporting Burgo : 48 puntos

 SD Tordoia : 47 puntos

7º CF Dumbría : 46 puntos

8º UC Cee : 42 puntos

9º PM Friol B : 28 puntos

10º CD Lugo B : 27 puntos

11º  Brexo Lema SD : 24 puntos

12º Cultural Maniños : 23 puntos 

13º Orillamar SD : 22 puntos

14º  UDJ Almeiras : 17 puntos

15º Sporting Meicende : 14 puntos

16º Silva SD : 8 puntos

 

-PREVIA-

-26ª Xornada-

-06/04/2025-

Orillamar SD – CF Dumbía, ás 12:15 horas 

SD TordoiaSilva SD, ás 12:00 horas 

UDJ Almeiras – PM Friol B, ás 12:30 horas

CD Lugo B – Orzán SD B, ás 16:00 horas 

Sporting Meicende – Cultural Maniños, ás 17:00 horas 

SCD Pastoriza – Brexo Lema SD, ás 17:00 horas 

Sporting Burgo – UD Carral, ás 19:30 horas 

UC Cee Xallas FC, ás 20:00 horas 

 

AVISOS

-A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.

-As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

-Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

 

-Foto Xallas : Eloy García

-Foto Dumbría : FaceBook Dumbría Feminino

-Texto : Xosé Búa “Pirata

-Comentarios : Os adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies