CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 24ª XDA DA PRIMEIRA FUTGLA G2 : “ESTEIRANA E MUXÍA EMPATAN NO DERBI, DUMBRÍA, FISTERRA E CASTRIZ VENCEN E O SAN LORENZO CAE CA CABEZA ALTA ANTE O LIDER”.

Isaac Fábregas, (SD Fisterra) anotou un “Hat-trick”.

Aquí tedes as crónicas e moito máis da 24ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.

Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.

CRÓNICA XERAL

O San Lorenzo estivo a piques de dar a campanada xa que derrotaba ao Club do Mar en Caio por 0-1 no minuto 85 pero o lider consigueu remontar no desconto final para acabar 2-1. O Esteirana e o Muxía empataban no derbi costeiro, (1-1) e o Dumbría derrotaba ao Tordoia, (2-0), no que se opode considerar tamén un derbi. O Fisterra goleaba ao Vista Alegre cun Isaac Fábregas “matador”, acadando un “hat-trick”, e un Joselu “parador”.  

GOLEADORES

 Isaac Fábregas, (SD Fisterra), fíxolle 3 o Vista Alegre e volve a liderar en solitario o podio de goleadores con 24 tantos, (2 de penalti). No segundo chanzo do podio está Diego Estévez, (CF Dumbría), que non marcou e suma 22 en 21 choques. Completa Adrián García, (SR Calo), con 18 dianas, (4 de penalti), en 21 encontros.

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

-24ª Xornada-

-02/03/2025-

Club do Mar 2-1 SD San Lorenzo

SCDR Esteirana 1-1 CF Muxía

SR Calo-Bastavales UD, 06/03 ás 21:00 horas

Vista Alegre SD 2-5 SD Fisterra

SD Castriz 3-2 Vea CF

Bertamiráns FC 3-1 Vizoño SD

CF Dumbría 2-0 SD Tordoia

Praiña Sporting Club 2-1 SD Agolada

UD Carral 3-1 Boimorto CF

 

-CRÓNICAS-

Manu Nogueira, rescatou no descanso un punto para o Muxía.

 

SCDR Esteirana 1-1 CF Muxía

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido igualado xogado os equipos de ti a ti cos dous equipos na procura de acadar o primeiro gol. Se cabe na primeira metade as mellores ocasións foron nosas cun tiro o longueiro e un man a man de Nogueira que se vai do porteiro e fai o pase para que o compeñairo non teña máis ca empuxala pero vaiselle demasiado longo. A segunda metade o xogo xa se volveou moi, moi bronco e nunha xogada lateral conseguían eles poñerse por diante. Máis con corazón ca con cabeza fómonos adiante e volcámonos sobre a sua porta e nun saque de canto, nunha das derradeiras xogadas do encontro conseguimos igualar o marcador cun tanto de Nogueira”.

Goles : 1-0, Brais, (74´); 1-1, Manu Nogueira, (90´).

 

Club do Mar 2-1 SD San Lorenzo

Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“85 minutos por diante ante o lider non foron suficientes. Moi bo partido do San Lorenzo ante o Caion, moi ordeados e cun enorme traballo defensivo. Poñíase por diante no minuto 3 cunha xogada de Eloy por banda, que da o pase atrás para que Iago poña o 0-1 no marcador.

O San Lorenzo seguiu co seu plan de partido co equipo repregado e liña adiantada para aguantar os desprazamentos do Caion e as internadas dos xogadores de segunda liña. Tivo o San Lorenzo o 0-2 nun balón de Riki o longueiro,e algunha ocasión do Caión, pero topáronse cun gran Mario.

Tralo descanso mesmo guión de partido, pero con máis chegadas dos locais e no 85 chega o gol do empate, tras este gol os caioneses vólcanse arriba e consiguen remontar no minuto 95.

Demasiado tempo engadido e un gol que fai que o bo partido do San Lorenzo non serva para sumar despois de ir por diante 85 minutos, ante un equipo que ainda non coñece a derrota”.

Goles : 0-1, Iago, (3´); 1-1, Tiago, (85´); 2-1, Daniel, (91´).

 

Vista Alegre SD 2-5 SD Fisterra

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Púxosenos o choque moi ben xa no principio xa que tras un saque de canto moi ben efectuado por Rubén Isaac marcaba no segundo pau. Eles fixéronse co balón pero sen crearnos perigo agás un erro noso nunha cesión na que Joselu está moi atento e salva. Pouco despois nun balón de Isma as costas da densa Isaac fai o segundo. Nos aproveitábamos as que tíñamos e eles non nos creaban perigo. Logo Bruno fai o 0-3 e eles teñen unha de Jacobito que para Joselu e no corner fan o 1-3, nun erro noso bastante grande.

No descanso axustamos máis e nunha indecisión deles o balón caelle a Isaac que se vai no man a man e fai o 1-4. Tras unha boa xogada deles teñen unha boa ocasión e no rexeite fan un gol moi bonito. Seguimos tendo ocasións sen dominio e tivero de novo algunha pero Joselu está en moi boa forma e solventou ben. Chegou o 2-5 nunha das varias que tivemos e traeste resultado ainda tivemos para facer máis pero o ritmo xa baixou e a pensar no derbi co Castriz da semana que ven“.

Goles : 0-1, Isaac Fábregas, (4´); 0-2, Isaac Fábregas, (36´); 0-3, Bruno, (26´); 1-3, Carlo, (33´); 1-4, Isaac Fábregas, (47´); 2-4, Carlo, (53´); 2-5, Bruno, (68´).

 

SD Castriz 2-2 Vea CF

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “A espera do comentario…“.

Goles : 1-0, José Rey, (42´); 1-1, Lois, (52´); 2-1, Juan Álvarez, (67´); 2-2, Telmo, (82´); 3-2, Rodo, (92´).

 

CF Dumbría 2-0 SD Tordoia

Goles : 1-0, Breixo, (69´); 2-0, Jorge, (79´ en propia porta).

 

-CLASIFICACIÓN-

Club do Mar : 57 puntos

 UD Carral : 54 puntos

CF Dumbría : 49 puntos

 Boimorto CF : 45 puntos

 SD Fisterra : 40 puntos

CF Muxía : 33 puntos

SR Calo : 33 puntos

 SD Castriz : 33 puntos

9º Praiña SPC : 32 puntos

10º SD Tordoia : 30 puntos

11º Vea CF : 30 puntos

12º SCDR Esteirana : 27 puntos

13º Vizoño SD : 26 puntos

14º Bastavales UD : 24 puntos

15º Bertamiráns FC : 20 puntos

16º SD Agolada : 20 puntos

17º SD San Lorenzo : 10 puntos

18º Vista Alegre SD : 9 puntos

 

PREVIA

-24ª Xornada-

-09/03/2025-

Boimorto CF-Club do Mar, ás — horas

SD San Lorenzo-SCDR Esteirana, ás 16:30 horas

CF Muxía-SR Calo, 06/02 ás 21:00 horas

Bastavales UD-Vista Alegre SD, ás — horas

SD Fisterra-SD Castriz, ás — horas

Vea CF-Bertamiráns FC, ás 12:00 horas

Vizoño SD-CF Dumbría, ás 16:30 horas

SD Tordoia-Praiña Sporting Club, ás — horas

SD Agolada-UD Carral, ás — horas

 

AVISOS :

Os horarios son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies