O Camariñas tropeza pero aumenta ventaxe.
O Camariñas empataba no “Vicente Carril” co Corme, (1-1), pero a pesares desto os camariñáns sumaban un punto máis de ventaxe con respecto o segundo, Xallas, gracias o favor que lles facían os veciños do Porteño o derrotar aos xalleiros, (3-2), no tempo de desconto. A derrota dos de Santa Comba arrima o Soneira os mesmos, trala sua vitoria ante o Lira, (2-1), e por detrás na loita por entrar na promoción apretan o Baio, que derrotaba o Outes, (2-0), o Porteño e recuperaba sensacións a espera do que poida pasar o Monte Louro, que goleaba o Mazaricos, (4-1). A goleada da xornada acadábaa o Corcubión sobre o Muros, (5-0), e a sorpresa da xornadada dábaa o Cee que conseguía un empate ante o Ponteceso, (0-0), e ademáis sen goles. O cabana recuperaba sensacións e voltaba a senda do trunfo ante un Coristanco que loita por evitar problemas, (1-29 nun día no que dos últimos 6 equipos, (baixan dous diretos), o único que puntuou foi o Cee.
Un Cee de loito
O adestrador do Ponteceso, Julio Vila ten unhas fermosas verbas cara a ex diretiva do UC Ce, Verónica que nós deixou recentemente e aproveitamos para dar o noso máis sentido pésame a sua familia e amigos e a toda a familia do UC Cee…(D.E.P.).
Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
GOLEADORES
Djibril, (Camariñas FC), dende que chegou non fai máis ca marcar e suma un novo gol para mandar na lista con 23 goles, en 18 encontros, (7 de penalti), César Lojo, (UD Corcubión), fixo dous nesta xornada e suma 22 en 23 choques, (3 pen)e tamén veu porta Martín “MC”, (CD Baio), na vitoria desta xornada do seu equipo e ocupa o terceiro escalón do podio con 16 tantos, (3 p) en 23 encontros.
LIGA DA COSTA
-24ª Xornada-
-23/03/2025-
Camariñas FC 1-1 Corme CF
SD Coristanco 1-2 Cabana SD
UD Corcubión 5-0 CD Muros
CD Baio 2-0 Outes FC
Soneira SD 2-1 CF Lira
UD Monte Louro 4-1 CF Mazaricos
UC Cee 0-0 Ponteceso SD
CF Porteño 3-2 Xallas FC
-CRÓNICAS-
Camariñas e Corme ofreceron un entretido encontro.
Camariñas FC 1-1 Corme CF
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Un empate que debido o que pasou noutros campos fixo que aumentásemos as diferenzas co segundo e no que saimos ben nos primeiros minutos pero que encaixáramos un gol fíxonos moitísimo dano. Un gol nun erro que fixo que tivéseos uns 20 minutos de descontrol e nervosismo total sen ser capaces de dar dous pases seguiido.Chegou despois o gol do empate, un golazo de Djinbril que fixo que recuuperásemos as sensacións do priincipio. Na segunda metade tivemos máis posesión pero non coma noutros días. Encontro de moita loita e tivemos un par de ocasións moi claras, unha de Djibril na que o porteiro faille un paradón criminal e outra de Mario contra o final, pero non nos sirveu para levarse os puntos. Moita disputa, moito “toma e daca”, e seguir preparando o seguinte enontfro, quedan 6 finais, temos 7 sobre o segundo pero vai ser difícil porque neste tramo de liga no que estamos todo o mundo se xoga algo“.
Goles : 0-1, Wenceslao, (11´); 1-1, Djibril, (22´).
SD Coristanco 1-2 Cabana SD
Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido donde saimos co obxectivo de non empezar perdendo tomando menos riscos que noutros partidos. En toda a primeira parte chegáronnos 2 veces con certo perigo e nós no primeiro achegamento claro marcamos nunha acción donde Simon e Castro estiveron listos nun saque de banda rápido que este último remataría ben a gol.
Na segunda parte empezamos ben e tivemos varias ocasións nos pés de Moreno, Castro, e Migueliño, pero sería Moreno o que cun golazo dos seus desde fora da área poñería o 0-2 que parecía definitivo. Pero o Coristanco fixo o seu gol pronto e sufrimos ata o final para manter o resultado ainda que nós a contra tamén tivemos ocasións claras para marcar o terceiro. O final 3 puntos importantes para nós”.
Xogamos con : Manu Nanton, Leis, (Cristian), David, Ferreiro, Noé, Aarón, Nando, Moreno, Migueliño, Simón, (Hugo), Castro, (Pablo)“.
Goles : 0-1, Castro, (15´); 0-2, Diego Méndez, (56´); 1-2, Daniel Castiñeiras, (76´).
UD Corcubión 5-0 CD Muros
Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Partido moi bo do Corcubión, moi superiores todo partido con un xogo combinativo de moitos kilates, desbordando por bandas e así chegaría o primeiro da tarde, centro a área e remataría Juan de Elvira, golazo de cabeza.
Seguíamos combinando moi ben e chegaría segiundo, obra de Iago Lema, do mellor da tarde, golazo con disparo abaixo que nada pudo facer o porteiro do Muros seguía xogando o Corcubión por bandas e así chegaría o terceiro, por medio de César Lojo. Así fomos o descanso.
Na segunda máis do mesmo moitas oportunidades para os nosos e César nunha moi boa xogada de todo o equipo que sentenciaba o partido. O Muros intentando recortar distancias pero con moi pouco perigo, e xa contra o final o golazo da tarde, tremendo disparo de Iago Lema desde 30 metros por toda escadra, no que nada puido facer o porteiro muradán. Unha tarde de futbol de moitos kilates por parte do Corcubión que se acerca os postos de arriba”.
Goles : 1-0, Juan de Elvira, (5´); 2-0, Iago Lema, (10´); 3-0, César Lojo, (24´); 4-0, César Lojo, (50´), 5-0, Iago Lema, (93´).
CD Baio 2-0 Outes FC
Goles : 1-0, Martín MC, (14´); 2-0, Rubén, (94´).
Soneira SD 2-1 CF LiraCD Baio
Óscar Leis, (Adestrador do CF Lira) : “A pesar de que recibimos un gol en contra nos primeiros minutos tras unha boa acción do Soneira non nos descentramos e fomos pouco a pouco crecendo no partido e acabamos creando perigo a primeira parte.
No inicio da segunda parte seguimos nunha boa lñea e levando a cabo o plan de partido ante un rival que tiña máis posesión e un bo ritmo, cando mellor estábamos cometemos un error na saida de balón e Pichi fixo o 2-0, tras uns minutos apagados tras o gol volvemos a activarnos e logramos recortar no marcador cun gol de Ángel e de aí o final tratamos de empatar pero non fomos capaces…Seguimos competido ben ante bos rivais pero sen lograr fruto”.
Goles : 1-0, Bieito, (7´); 2-0, Pichi, (63´); 2-1, Ángel, (82´).
UD Monte Louro 4-1 CF Mazaricos
Comentario cedido pola páxina de FaceBook do UD Monte Louro : “Vitoria moi importante que nos fai coller moral para os próximos partidos.
Na primeira metade saímos moi ben e os tres minutos Fari, (nún gran estado de forma), abría a lata cun gran gol. Pouco despóis volvemos sufrir un contratempo ca lesión de Abel Rey, (unha máis), e o rival empatou nunha acción aíllada. Nos últimos 15 minutos fomos impoñendo ou noso xogo e de novo Fari con calidade metía ou 2-1 co que remataba a primeira metade.
Na segunda metade fixémonos co rítmo do partido e chegou o gol de Raúl que aprobeitou un rexeite trás un corner e aquí o equipo rival resentiuse. Pouco despóis unha gran xogada de Brais que tirou a porta e o rexeite aprobeitouno moi ben Luismi.
Hoxe queremos agradecer a presenza de númerosos afeccionad@s e esperar que o de Abel quede nun susto. DE PARTE DE TODO O EQUIPO QUEREMOS ADICARLLE ESTA VITORIA O NOSO CAPITÁN Pablo Vidal e a Antón Vidal…
Imos Louro!!!”.
Goles : 1-0, Álvaro, (3´); 1-1, Bryan, (7´); 2-1, Álvaro, (43´); 3-1, Raúl, (56´); 4-1, Luis Miguel, (71´).
UC Cee 0-0 Ponteceso SD
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “As duas equipas fomos con moitas baixas e tirando de xuvenís. Foi un partido con pouco ritmo e poucas oportunidades de parte a parte. O empate é xusto.
Quero ter unhas palabras para Verónica directiva do Cee que nos deixóu a semana pasada. Xente coma ela tan comprometida e traballadora son os que fan posible a Liga da Costa…ogallá alá donde esté siga tendo un sorriso para todos…Gracias de corazón“.
Goles : 0-0
CF Porteño 3-2 Xallas FC
Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Os primeiros 15 minutos sairon moi fortes e nos non axustábamos ben atràs. Marcaron moi ràpido, sobre os 10 minutos. Conseguimos resarcirnos empatando nunha xogada por banda e cun balòn por encima do porteiro. Despois conseguimos controlar màis o partido cambiando a configuraciòn defensiva. Eles amenazaban xogando directo sobre os 3 de arriba e incorporando efectivos desde atràs. Nos intentabamos xogar en amplitude e atacar polos carriles exteriores.
Na segunda parte salimos ben, pero eles volven marcar tras un par de rechaces despois dun corner. Chegaba o minuto 60 e sentìamos que era o memento de ir a polo partido. Volvemos modificar a disposiciòn arriesgando cos cambios, sacando un lateral e metendo un xogador mais no medio e 2 en punta. A verdade è que saìo ben nesta ocasiòn.
Conseguimos empatar cunha moi boa xogada levando o balòn de esquerda a dereita onde tiñamos xogadores moi abertos para meter centros e asì chegou o empate no 70 cun moi bo remate. Ao final empuxàbamos e tivemos para marcar o terceiro en varias ocasiòns. Asumindo riesgos atràs e defendendo as suas contras tratamos de buscar a porterìa rival.
Ao final tivemos premio e metemos o 3-2 no desconto. Hoxe tocou cara e tibemos moita sorte de meter ao final de todo, sobre o min 94. Na miña opiniòn fixo xustiza xa que o equipo fixo un gran traballo que merecìa os 3 puntos”.
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Visitamos un campo difícil cun equipo moi competitivo contra o que é moi difícil rascar puntos sobre todo na sua casa. Tratamos trocar o sistema cun 4-4-2 cos liñas ben xuntiñas e tentando colgar moito balón en área. Rubén Sande facía o primeiro o que nos alegra que se topara de novo co gol e facendo un gran traballo. Empatároonnos nun gol dun centro de banda no que puidemos facer máis e remata dunha forma na que fai dubidar a Iván, xa que ninguen cointaba con ese remata facendo un golazo. Estábamos mellor ca nos derradeiros 4 encontros e as sensacións eran boas para a segunda metade.
Voltamos a poñernnos por diante cun gol de Fidalgo que colle o rexeite dun corner e saca un gran tiro co exterior. Estivemos como decía competitivos pero non chegou o gol e si o empate deles nun intre no que baixou o ritmo. Houbo moito desconto e aí marcou o encontro.
Contento co equipo a pesares de perder e estou seguro que se competivos así as vitorias van volver chegar máis pronto ca tarde. Creo que mentalmente saimos deste encontro máis fortes que outros días”.
Goles : 1-0, Rubén Sande, (10´); 1-1, David Pasantes, (17´); 1-2, Fidalgo, (51´); 2-2, Martín, (72´); 3-2, Ibra, (95´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Camariñas CF : 55 puntos
2º Xallas FC : 48 puntos
3º SD Soneira : 46 puntos
4º CD Baio : 44 puntos
5º CF Porteño : 41 puntos
6º UD Monte Louro : 39 puntos
7º Corme CF : 39 puntos
8º UD Corcubión : 37 puntos
9º Ponteceso SD : 35 puntos
10º Cabana SD : 30 puntos
11º Outes FC : 27 puntos
12º CD Muros : 24 puntos
13º SD Coristanco : 24 puntos
14º CF Mazaricos : 23 puntos
15º CF Lira : 15 puntos
16º UC Cee : 7 puntos
-PREVIA-
-25ª Xornada-
-30/03/2025-
Xallas FC – Camariñas FC, ás — horas
Corme CF – SD Coristanco, ás — horas
Cabana SD – UD Corcubión, ás — horas
CD Muros – CD Baio, ás — horas
Outes FC – Soneira SD, ás — horas
CF Lira – UD Monte Louro, ás — horas
CF Mazaricos – UC Cee, ás — horas
Ponteceso SD – CF Porteño, ás 16:30 horas
AVISOS
-Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.
– As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.
-Fotos Camariñas : Dulce Corcu
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores