O Sofán B aproveitou o empate do Zas ante o Oza, (2-2), para tras vencer ante un rival direto coma o Volantes de Buño, (1-3), acercarse a 2 puntos dos zacenses e deixar o Malpica, (que descansaba), a 4 puntos e aos de Baño a 7. Si aproveitou os resultados dos de arriba o Cerqueda que goleaba o Laxe, (1-5), e abría fendo o Oza sexto a 9 puntos dos cerquedenses. Destacar a cuarta vitoria do xoven Muxía B na sua visita o Inter de Brens, (0-1).
GOLEADORES
Ismael Ramos, (Sofán B), lidera a táboa e fixo 1 gol e suma 31, en 22 encontros. Tamén marcou Raúl Corzón, (Sporting Zas) e sigue segundo con 29 tantos en 21 choques e no terceiro chanzo Adrián Vázquez, (Sofán B), que non marcou esta xornada e suma 27 tantos, (1 pen), en 20 encontros.
3ª DA COSTA
-24ª Xornada-
-23/03/2025-
Sporting Seaia CF 2-1 Atlético Pereiriña FC
SD Oza 2-2 Sporting Zas
CD Nantón 1-2 SD Camelle
SCD Buño 3-2 CD Baiñas
SD Laxe 1-5 UD Cerqueda
Volantes de Baño FC 1-3 SD Sofán B
Inter de Brens 0-1 CF Muxía B
Descansa : SCD Malpica
-CRÓNICAS-
Inter de Brens 0-1 CF Muxía B
Isidro Caamaño, (Adestrador do CF Muxía B) : “A espera do comentario para subilo aquí…“.
Goles : 0-1, Damian, (70´).
SD Oza 2-2 Sporting Zas
Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Partido no que recibíamos o líder, polo que sabíamos que as cousas non iban ser nada fáciles e que tiñamos que dar o noso 100% se queríamos sacar algo positivo na casa, ante unha das mellores entradas de público da temporada.
Empezábamos o partido con moito respecto os 2 equipos, sabendo que calquera mínimo detalle iba ser unha ocasión clara para o rival, por eso que pouco que destacar desta primeira metade, chegamos con algo máis de perigo nos e incluso faltando 2 minutos para o descanso, Lagoa collería un rexeite no borde da área a saida dun córner e mandaríao o pau e na seguinte xogada un gran balón en longo, Hugo, que debutaba este ano de novo connosco, baixaría para Nacho e un disparo forte deste sacaría moi ben Guillermo un rebote e uns reflexos impresionantes. Chegaríamos o descanso con 0-0 no marcador.
Un descanso que lle sentou mellor os de Zas, que empezaban a crear máis perigo e ainda que nos tíñamos algunha ocasión para poñer o 1-0 sería Amoedo quen a saida dun córner mandaría o balón para dentro e adiantando os visitantes.
Reacionaríamos asi algo nós, que corríamos algo de riscos para polo menos sacar un empate ante un gran rival, e tras un cambio de estratexia e 3 trocos nunha soa ventá chegaría un fermosísimo gol de Salah, de falta marca da casa, e casi na seguinte xogada remontaría o partido o propio Salah, que se aproveita dun balón que Nacho manda o longueiro e no rexeite non perdoaría, desatando a loucura no Carral.
Estábamos por diante, con gañas de deixar os 3 puntos na casa, pero faltando 10 minutos para o pitido final, unha xogada con moi mala sorte, Samuel fai un penalti e convertiríao Raul Corzón para empatar o partido.
Amoedo tuvo unha falta o longueiro e nós 2 mans a mans para volver a poñernos por diante, pero nin o bloque defensivo nin a sorte quixeron decantar a balanza hacia ningún dos lados e quedaríamos con un empate, que visto o visto no verde, creo que foi o máis merecido”.
Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido cheo de intensidade e emoción o vivido no Carral, con moito ambiente nas gradas e dous equipos que loitaron ata o final por levar os tres puntos. O encontro rematou cun empate (2-2) que reflicte ben o equilibrio e a loita mostrada por ambos conxuntos.
A primeira metade foi de moita disputa e pouca elaboración. Tanto Sporting Zas como Oza trataron de chegar ás áreas con xogo directo, sen moita circulación polo medio campo. O Oza, máis cómodo nese contexto, xerou perigo especialmente a través dos saques de banda longos de Lagoa e balóns parados colgados á área, obrigando a Guille a intervir e mantendo alerta á defensa do Zas.Co xogo moi interrompido polas faltas, o marcador non se movería antes do descanso.
Na segunda metade, o Zas realizou axustes no seu debuxo e abriu un pouco o partido. As ocasións empezaron a chegar e, tras un córner ben executado, Amoedo rematou para facer o 1-0 e adiantaba ao Zas. Porén, o Oza reaccionou con rapidez, introducindo cambios que tiveron impacto inmediato: primeiro cun auténtico golazo de falta directa e, apenas un minuto despois, cunha contra eléctrica que lle daba a volta ao marcador (1-2).
O partido subía de intensidade e o Sporting Zas non baixou os brazos. Os cambios deron aire ao equipo, e nunha xogada na área, Raúl foi derrubado, provocando un penalti que el mesmo se encargou de transformar para poñer o definitivo 2-2″.
Goles : 0-1, Roberto Amoedo, (10´); 1-1,Salah , (78´); 2-1, Salah, (79´); 2-2, Raúl Corzón, (83´de penalti).
Golazos de falta no Oza-Zas
CD Nantón 1-2 SD Camelle
Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido condicionado polo estado do céspede que sufriu a auga caída nas derradeiras horas.
Primeira parte na cal creo que estivemos nos mellor xerando varias ocasións de perigo incluído un claro derribo a Jorge no área que o arbitro non veu, e que foi cando xa se dispoñía a asistir a Añón a porta baleira.
Entre esas tivemos un susto do Camelle cun remate de Lucas o longueiro. Pero pouco a pouco o partido volvíase nun ir e vir, xa que co paso dos minutos volvíase complicado xogar o balón polo estado do céspede e abríase máis o partido.
Foi un balon o espacio de Javi para Manuel que sacou un remate a media volta e rematou deixando o balón frenado nunha poza a escasos centimetros da liña de gol donde chegou Jorge para empuxala e poñer o 1-0 no marcador. Descanso e resultado xusto ata ese momento.
Na segunda parte cambiou o partido. Un Camelle enchufado consigue empatar no 2’ e dende aí foise facendo máis autoritario e incrementando as chegadas. Nos entramos nun cúmulo de imprecisións e de perdas de balón que nos facían sufrir nas transicións. Apenas éramos capaces de xerar perigo e o Camelle conseguía facer o 1-2, nun disparo dende o borde que nada pode facer Jose para evitalo.
A falta de 10 minutos Benbe ten a porta baleira o empate pero increíblemente rematou fora. Intentámolo con máis corazón que cabeza pero non foi o noso día.
Felicitar o Camelle porque na segunda parte foi superior e nós non estivemos acertados con e sin balón, polo que creo que é un resultado un tanto xusto”.
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido entretido vivido o de onte, empezaríamos un pouco resbaladizos nun campo o que deberíamos estar acostumados, na que chegarían 2 ocasións claras para eles, empezaríamos a chegar a área deles cun par de tiros lonxanos, eles contrarrestábanos con ocasións pola sua banda dereita donde Javi Muiño nos estaba a facer moito dano coa sua velocidade, nunha desas dou o pase o seu campañeiro donde tiraría dentro da área dun tiro cruzado, pero a auga que habia debaixo da porteria pararía o balón pero sería o seu dianteiro quen remacharía.
Nós teríamos un balón o longueiro de Lucas e eles case o final da primeira parte reclamarían un penalti. Donde estaba eu non me pareceu.
Saimos a segunda parte con máis gañas e máis ordeados, xogando balóns por banda e empezámoslle a facer dúbidas donde moitas veces non daban despexado o balón. Nunha internada por banda sería Sandro de tiro cruzado o que facía o empate.
O partido volveuse un ida e volta e algo tolo, pero seríamos nós quen acertaríamos cun tiro de Josiño a saida dun corner, poñendo o 1-2. Eles terían un par delas claras, unha sería tras unha parada do noso porteiro no que o balon queda rechazado dentro da área pequena, pero mandouna fora“.
Xogamos con : Pirata, Chans, Dido, Ruso, Martín, David Vázquez, Lucas Dios, Josiño, Gabi, Sandro e Lucas Caamaño. Tamén xogaron : Kampi e Moha.
Goles : 1-0, Jorge, (23´); 1-1, Sandro, (48´); 1-2, Josiño, (73´).
SCD Buño 3-2 CD Baiñas
Goles : 1-0, Adrián, (18´); 1-1, Raúl, (28´); 2-1, Andrés, (58´); 3-1, José Castro, (62´), 3-2, Anibal, (70´).
Laxe e Cerqueda antes do comezo.
SD Laxe 1-5 UD Cerqueda
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “A espera do comentario pra subilo aquí…”.
Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido dominado pola nosa parte de principio a fin. Destacar o primeiro gol de Salah de chilena dende fora da área. O debut de Yeray , xogador dos cadetes e a boa actitude que está amosando o grupo nos últimos encontros“.
Goles : 0-1, Salah, (20´); 0-2, Aitor, (25´); 0-3, Alejandro, (33´); 1-3, Pedro, (43´); 1-4, Iván Rey, (65´), 1-5, Salah, (75´).
Incidencias : O colexiado Pablo Rama expulsou ao xogador do Laxe, Alejandro con vermello direto no 75´.
Volantes de Baño FC 1-3 SD Sofán B
Goles : 1-0, Josiño, (13´); 1-1, Iker, (18´); 1-2, Isma Ramos, (38´); 1-3, Marcial, (65´).
Descansou : SCD Malpica
-CLASIFICACIÓN-
1º Sporting Zas : 58 puntos
2º SD Sofán B : 56 puntos
3º SCD Malpica : 52 puntos
4º Volantes de Buño FC : 49 puntos
5º UD Cerqueda : 46 puntos
6º SD Oza : 37 puntos
7º Atlético Pereiriña FC : 31 puntos
8º CD Baiñas : 27 puntos
9º CD Nantón : 25 puntos
10º Sporting Seaia CF : 21 puntos
11º SD Camelle : 19 puntos
12º SCD Buño : 18 puntos
13º Inter de Brens : 14 puntos
14º CF Muxía B : 14 puntos
15º SD Laxe : 8 puntos
PREVIA
-25ª Xornada-
-30/03/2025-
CF Muxía B – Sporting Seaia CF, ás 17:00 horas
Atlético Pereiriña FC – SD Oza ás 17:00 horas
Sporting Zas – CD Nantón, ás 17:00 horas
SD Camelle – SCD Buño, ás — horas
CD Baiñas – SD Laxe, ás 16.30 horas
UD Cerqueda – Volantes de Baño FC, ás 17:00 horas
SCD Malpica – Inter de Brens, ás — horas
Descansa : SD Sofán B
AVISOS
-Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.
-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.
–Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
-Foto Cerqueda : Adrián “Gurita”
-Fotos Oza-Zas : Gonzalo Novo
-Vídeos : Gonzalo Novo e Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores