O Dumbría sacou adiante un difícil encontro.
Xallas e Dumbría sacaron adiante os seus encontros con certos problemas pero sírvenlle, as xalleiras que derrotaban a domicilio ao Sporting Burgo, (0-1), para seguir presionando ao lider Pastoriza, a un punto, e as dumbriesas para voltar a escalar un posto e seguir na zona media alta da táboa. As dumbriesas ca sua vitoria sobre o Friol B, (2-1), remontaban as rapazas do Cee que caían por 4-2 coas líderes.
GOLEADORAS
Eva Lema, (CF Dumbría), recupera a cabeza da táboa de goleadoas gracias o tanto que acadaba esta semana e ponse con 24, (3 p), en 21 choques. Ánxela Prado, (CD Lugo B), non veu porta e cae o segundo chanzo con 23 goles en 21 choques, e sube o terceiro chanzo do podio tralos dous goles desta xornada sobre o Cee, Lucía Camisón, (SCD Pastoriza), con 22 en 22 choques, todos os goles de xogada.
Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.
2ª GALEGA FEMININA G1
-24ª Xornada-
-23/03/2025-
Orillamar SD 2-0 Silva SD
CF Dumbría 2-1 PM Friol B
SD Tordoia 1-4 Orzán SD B
UDJ Almeiras 0-1 Cultural Maniños
CD Lugo B 1-0 Brexo Lema SD
Sporting Meicende 1-6 UD Carral
SCD Pastoriza 4-2 UC Cee
Sporting Burgo 0-1 Xallas FC
CRÓNICAS
Kelly fixo o primeiro gol do Dumbría.
CF Dumbría 2-1 PM Friol B
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Saimos desconectadas, deixando espacios e sin ter claro como facerlles dano, ainda así iríamonos repoñendo no aspeto defensivo e impedindo que nos xeraran ocasións perdoando nós 2 ocasións moi claras.
Tras varios erros en saida de balón e varias faltas concedidas serían as visitantes quen se adiantarían no marcador, nese intre aumentamos o ritmo, pero sin buscar os espacios que nos permitiran xerar ocasións claras.
Na segunda metade, saíndo con un pouco máis de intensidade pero sin encontrar ainda ben por donde facer dano e cunha baixada de confianza a nivel grupal conseguimos empatar rápido e non conceder ocasións para as visitantes. Non paramos de buscar portería rival sin muito acerto ata que xa nos desconto sería Eva desde fora da área quen nós daría a vitoria.
O equipo esta pasando por un mal momento a nivel anímico, pero non temos dúbida de que nos repoñeremos disto”.
Goles : 0-1, Lidia, (26´); 1-1, Kelly, (49´); 2-1, Eva Lema, (93´).
Incidencias : A colexiada Lidia Díaz expulsou con vermello direto a xogadora visitante Carla Pena no 84´.
3 puntois máis para seguir soñando.
Sporting Burgo 0-1 Xallas FC
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Saida compliacada a que nos tocaba hoxe, ante un rival que esta loitando polos postos de promoción de ascenso e nun campo complicado para nós polas dimensións reducidas.
Costounos moito entrar no partido e igualar a intensidade das rivais que tan pronto recuperaban o balón golpeaban en longo as costas de central e lateral, xerando moitas dúbidas e indecisións na nosa defensa, ainda asi sin sen ocasións claras.
Acabamos entrando no partido, e tivemos varias chegadas as costas da defensa rival por medio de Oli ante bos envíos de Noe, que fixemos traballar a súa porteira saindo da área. A ocasión máis clara chegaría nun bo centro de Barcia que Oli non acerta a empuxar as redes e bota o balón fora.
Chegamos a descanso con malas sensacións, sabendo que tíñamos que dar máis no segundo tempo, nesta controlamos máis as rivais, que casi non nos causaron perigo, cunha gran defensa comandada por Mery e Otero.
Teriamos un penalti provocado por Espasandín, que a porteira rival lle atallaría a Noe cun auténtico paradón. O gol chegaría nunha saída da porteira, que despexa centrado e Espasandín dende fora do área pégalle de primeiras sen dubidar, mandando o balón as redes, para delicia de todos os xiareiros desprazados ao Burgo. + 3 e un partido menos para o obxetivo“.
Goles : 0-1, Espasandín, (87´).
SCD Pastoriza 4-2 UC Cee
Goles : 0-1, Lucía Martínez, (11´); 1-1, Candela, (12´); 2-1, Cristina, (41´); 4-1, Lucía Camisón, (81´); 4-2, Naiara, (82´).
Incidencias : O colexiado Alejandro García expulsou con vermello direto o delegado do UC Cee, Francisco Javier Veiga no 33´, e a xogadora do Pastoriza, Antía García no 88´.
Se alguén, (xogadora, directivo/a, colaborador/a do clube, afeccionado/a), quer colaborar mandándonos a información do UC Cee femeinino pode facelo contactando connosco.
-CLASIFICACIÓN-
1º SCD Pastoriza : 63 puntos
2º Xallas FC : 62 puntos
3º UD Carral : 51 puntos
4º Orzán SD B : 48 puntos
5º Sporting Burgo : 45 puntos
6º SD Tordoia : 44 puntos
7º CF Dumbría : 43 puntos
8º UC Cee : 42 puntos
9º PM Friol B : 28 puntos
10º CD Lugo B : 27 puntos
11º Orillamar SD : 22 puntos
12º Brexo Lema SD : 21 puntos
13º Cultural Maniños : 17 puntos
14º UDJ Almeiras : 17 puntos
15º Sporting Meicende : 14 puntos
16º Silva SD : 8 puntos
-PREVIA-
-25ª Xornada-
-30/03/2025-
Xallas FC – Orillamar SD, ás 16:30 horas
Silva SD – CF Dumbía, ás 16:00 horas
PM Friol B – SD Tordoia, ás 18:15 horas
Orzán SD B – UDJ Almeiras, ás 16:00 horas
Cultural Maniños – CD Lugo B, ás 19:15 horas
Brexo Lema SD – Sporting Meicende, ás 10:30 horas
UD Carral – SCD Pastoriza, ás 20:00 horas
UC Cee – Sporting Burgo, ás 19:00 horas
AVISOS
-A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.
-As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
-Foto Xallas : Eloy García
-Foto Dumbría : FaceBook Dumbría Feminino
-Texto : Xosé Búa “Pirata
-Comentarios : Os adestradores