O Muxía mereceu máis ante o lider.
Aquí tedes as crónicas e moito máis da 23ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.
Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
CRÓNICA XERAL
Plantoulle cara o Muxía o lider Club do Mar que se levou os 3 puntos inxustamente da Arliña cun gol en propia porta dos muxiáns, nunha xornada na que o forte vento do sudoeste, (SW), foi a tónica en tódolos campos e marcou diferenzas en tódolos encontros. O Fisterra derrotaba a un rochoso Calo nun duelo que se emporcou no treito final e rematou con 4 xogadores do Calo expulsados no desconto.
Pola sua banda o Dumbría empataba na sua visita ao Agolada, (1-1), e de ifgual maneira emataba a Esteirana na sua visita ao Bastavales, (1-1). Outro empate era o que acadaba o Castriz ante o Vizoño, (2-2), nun choque no que os castricenses mereceron moito máis. A derrota chegaba por parte do San Lorenzo que caía por 5-1 na sua visita ao Boimorto, pero facendo méritos para non caer goleado.
GOLEADORES
Diego Estévez, (CF Dumbría), volve a estar lider en solitario gracias o gol que fixo esta xornada e suma 22 goles, (1 de penalti), en 19 choques. Isaac Fábregas, (SD Fisterra), non xogou esta semana e suma 21 tantos, (2 de penalti), no segndo chanzo do podio, un podio de goleadores que completa Adrián García, (SR Calo), con 18 dianas, (4 de penalti).
PRIMEIRA FUTGAL G2
-23ª Xornada-
-23/02/2025-
Boimorto CF 5-1 SD San Lorenzo
CF Muxía 2-3 Club do Mar
Bastavales UD 1-1 SCDR Esteirana
SD Fisterra 3-1 SR Calo
Vea CF 3-1 Vista Alegre SD
Vizoño SD 2-2 SD Castriz
SD Tordoia 0-1 Bertamiráns FC
SD Agolada 1-1 CF Dumbría
UD Carral 3-0 Praiña Sporting Club
-CRÓNICAS-
CF Muxía 2-3 Club do mar
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido xogado de ti a ti condicionado un pouco polo vento. Saimos moi ben tendo varias ocasións despois do primeiro gol de Rober, pero nun despiste nun corner empátannos. Resultado co que se cehgou o descanso.
Na segunda metade saimos de novo moi enchufados e puxémonos por diante de novo. Aquí o partido empeza a inclinarse para o lado visitante, xa que melloraron cos cambios, conseguen empatarnos e nunha xogada desafortunada contra o final márcannos o terceiro. Moi bo partido do equipo que non se veu recompensado cun bo resultado“.
Goles : 1-0, Rober, (12´); 1-1, Chrístian, (43´); 2-1, Mauro Romaní, (47´); 2-2, Tiago, (73´); 2-3, Jose “Congui”, (85´ en propia porta).
Boimorto CF 5-1 SD San Lorenzo
Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“Entraba moi mal o partido o San Lorenzo e no minuto 1 xa iba perdendo. Foi entrando no partido pero chegaba o 2-0. Conseguía recortar Eloy a balón parado.
Acabamos mellor a primeira parte e principio da segunda pisando área rival, pero chegou o gol do Boimorto, na seguinte xogada Rubén manda un balón o pao e tivemos varias para recortar distancias pero non chegou, e o Boimorto co equipo volcado sentenciou”.
Goles : 1-0, Iván Calvo, (1´); 2-0, Diego, (31´); 2-1, Eloy, (38´); 3-1, Alexandre, (60´); 4-1, Brais, (76´); 5-1, Borja, (85´).
SD Fisterra 3-1 SR Calo
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Encontro quinto contra sexto e ante yun equipo que na primeira volta foi o que máis superior a nós foi, ainda que conseguimos empatar. Encontro con moito respecto e ainda que tiñan algunha baixa, tamén nós tivemos as de Luisete e Makay, de larca duración e non contábamos con Dani e Isaac, que este último foi expulsado a semana pasada. Adiantámonos pronto e xogaos cómodos co vento en contra e aproveitando o resultado a favor. Eles foron asentándose e eles comezaron a xerar moitos problemas para a nosa defensa con Ardrían, dos máximos goleadores e consiguen empatar. esto fixo que despertásemos e volver a estar cómodos no partido e poñémonos pro diante en segunda xogada aproveitada por Bruno. Na segunda co vento a favor estivemos mellor en defensa sen conceder nada e tivemos duas ou 3 xogadas, cun gol anulado a Lobelos, e tentamos que non tiveran ocasións. Nun balón que rouba Juan e co tempo de desconto caseque agotado e Juan recibe de Bruno e é derribado e penalti, pero liase un pouco todo, aparecen cartóns por protestar, e pita falta en lugar de penalti e marca na falta Bruno superando a barreira. Houbo outro penalti por mans que non pitou. Agora a traballas duro que ainda que imos a xogar co colista vai a ser un encontro complicado“.
Goles : 1-0, Bruno, (1´); 1-1, Jonathan, (36´); 2-1, Bruno, (42´); 3-1, Bruno, (95´).
Incidencias : O colexiado Brais Díez, expulsou con dobre cartón a Jonathan, (94´e 94´), e con vermello direto a Paulo, (93´), Esteban, (90´) e Xabier, (94´), todos eles do Calo.
Vizoño SD 2-2 SD Castriz
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido moi condicionado polo forte vento racheado, que facía moi difícil prever a traxectoria do balón para os defensas e porteiro.
Na primeira parte tivémolo nós a favor. Saímos coa idea de elaborar máis o xogo e non caer nas precipitacións do último partido contra o Tordoia. Dentro do que deixaban as condicións do vento, estivemos ben e debimos deixar o partido sentenciado no descanso, porque aparte do doblete de Borja Gándara, erramos un penalti e 3 ocasións moi claras.
Na segunda parte, a pesar do vento en contra, fomos quen de controlar o xogo e non conceder ocasións ó Vizoño, ata que entrou Licky o seu dianteiro e revolucionou o encontro, cazando dous rexeites na nosa área e empatando o partido.
Nos últimos 15 minutos fomos a pola vitoria, pero con máis corazón que cabeza, tendo unha última ocasión clarísima, pero o centro de Iván Pastoriza foi desviado polo último defensa cando quedaban sós varios compañeiros“.
Goles : 0-1, Borja, (5´); 0-2, Borja, (45´+ 2); 1-2, Diatta, (70´); 2-2, Diatta, (74´).
Incidencias : A colexiada Camila Araujo, expulsou con dobre cartón a Ánxo, (45´e 82´), do Vizoño.
Bastavales UD 1-1 SCDR Esteirana
Goles : 1-0, Julian, (83´); 1-1, Bieito, (95´).
SD Agolada 1-1 CF Dumbría
Goles : 0-1, Diego Estévez, (16´); 1-1, Víctor, (30´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Club do Mar : 54 puntos
2º UD Carral : 51 puntos
3º CF Dumbría : 46 puntos
4º Boimorto CF : 45 puntos
5º SD Fisterra : 37 puntos
6º SR Calo : 33 puntos
7º CF Muxía : 32 puntos
8º SD Tordoia : 30 puntos
9º SD Castriz : 30 puntos
10º Vea CF : 30 puntos
11º Praiña SPC : 29 puntos
12º SCDR Esteirana : 26 puntos
13º Vizoño SD : 26 puntos
14º Bastavales UD : 24 puntos
15º SD Agolada : 20 puntos
16º Bertamiráns FC : 17 puntos
17º SD San Lorenzo : 10 puntos
18º Vista Alegre SD : 9 puntos
PREVIA
-24ª Xornada-
-02/03/2025-
Club do Mar–SD San Lorenzo, ás — horas
SCDR Esteirana-CF Muxía, ás — horas
SR Calo-Bastavales UD, 06/02 ás 21:00 horas
Vista Alegre SD-SD Fisterra, ás — horas
SD Castriz-Vea CF, ás 17:00 horas
Bertamiráns FC-Vizoño SD, ás — horas
CF Dumbría-SD Tordoia, ás — horas
Praiña Sporting Club-SD Agolada, ás — horas
UD Carral-Boimorto CF, ás — horas
AVISOS :
Os horarios son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores