CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 23ª Xda DA LIGA DA COSTA : “O PONTECESO NOVO LIDER TRALOS EMPATES DE ESTEIRANA E CORME”.

 

RESULTADOS

23ª Xornada

-23/02/2020-

Cabana SD 3-0 SD Castríz

UD Cerqueda 1-1 Muxía CF

Sporting Zas 2-3 UC Cee

SD Coristanco 1-2 SD Ponteceso

SD San Lorenzo 1-1 SCDR Esteirana

 Corme CF 2-2 CF Lira

CD Baiñas 1-4 CD Muros

SCD Malpica 2-0 SCD Buño

 

A tódolos xogadores que sufriron lesións esta xornada desexámoslle unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

CRÓNICAS

 

Bo partido do Sporting Zas ante o UC Cee que non se refrendou no resultado.

 

Corme CF 2-2 CF Lira

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Partido no que o Corme non se sentíu cómodo en ningún intre. Plantexamento impecable do Lira que acumulou xogadores no medio do campo, gañando todos os balóns nesa parcela e convirtíndose en claro dominador do partido. Pese a verse con un 2-0 no marcador na segunda parte, non deixaron de crer nas suas posibilidades e consegueron un empate tan bonito, coma merecido, co doblete de Crístián na derradeira media hora“.

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : “Chegabamos unha semana mais xustiños de efectivos e con so 12 xogadores en total, a un campo e contra un rival que a priori nos facia pensar que era tarea complicada sacar algo positivo.
Plantexamos un partido conservador, esperando replegados e sin deixar espacios e na recuperación tratar de manter posesion sin rifar e acto seguido ser o mais verticales posible. Saleu moi ben, a verdad e que fixemos quizais o mellor partido da tempada, e os rapaces deron un nivel moi alto. Ainda así nunha boa xogada do Corme e nunha desgraciada nosa onde un rebote deixou o balon os pes do rival que solo tivo que empuxar facia que fosemos 2-0 abaixo. Sobre todo na segunda parte creabamos e dominabamos, tiñamos ocasions, algunha delas clarisima que era mais dificil fallala que metela, incluso un penalti desos tontos, pero penalti como a catedral que o arbitro non veu e asi seguiamos. Pero seguimos o noso, con intensidade, calidade e bo futbol, e o final fixose xustiza. Dous goles de Cristiam que remachaba o bo facer de todas as liñas puxeron un mais que merecido empate final.
“.

Goles : 1-0, Sergio, (26´); 2-0, Manu Bermúdez, (61´); 2-1, Crístian Caamaño, (64´); 2-2, Lucas, (desconto) Crístian Caamaño, (88´).

Árbitro : Óscar Santos.

Incidencias : Expulosou nodescotno por dobre cartón o xogador cormelán sergio, (88´e 90´).

 

 

Cabana SD 3-0 SD Castríz

Duda, (Delegado do Cabana SD) : “Partido no que comezariamos presionando o contrario de medio campo para arriba,con algunhas chegadas pero sen perigo,eles intentaban buscar balons as espaldas na que a defensa nosa estaria moi segura,a media hora de encontro tiveron unha cabezazo nun balon colgado que sacaria moi ben victor,s e filos do descando unha xogada de simon que centraria o balon na que castro de cabeza marcaria o 1-0 e chegariamos o descanso Na segunda parte mais do mismo chegabamos a porteria do rival pero sen acabar de finalizar ben,os 20 minutos penalti claro por mans do defensor rival,que moreno non perdonaria e seria o 2-0,eles intentaban con algunha chegada pero a nosa defensa estaria moi segura en todo o partido files do final do partido,Duda roubaria un balon en campo propio e chegaria a porteria contraria que dende fora da area cruzario o balon na que o porteiro non puido facer nada e seria o 3-0 finalizando asi o partido“.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Victoria merecida do Cabana que xogou con máis intensidade e acerto durante casi todo o partido. Nós afrontamos o encontro en horas baixas, polas lesións e sancións, e soamente demos a cara durante os primeiros 20 minutos, onde dominamos e tivemos varias ocasións. Cando se nos acabou o forza, o Cabana impúxose en tódalas accións e chegou ó descanso con merecida ventaxa. Na segunda parte intentamos cambiar o ritmo pero foinos imposible, non eramos quen de crear peligro. No minuto 70, cun penalti absurdo, acabouse o partido. 20 minutos da basura nos que demos mala imaxe e ó final chegaría o terceiro do Cabana contra 10 xogadores, xa que non tiñamos relevo para un xogador que se tivo que retirar lesionado. Só nos queda esperar para recuperar ós lesionados e volver a ser competitivos para lograr a permanencia. Con 5 xogadores no campo sin estar en condicións para xogar, puntuar é un milagro”.

Goles : 1-0, Castro, (36´); 2-0, Diego, (71´); 3-0, Iván, (90´).

Árbitro : Iván Ferreiro.

 

 

Sporting Zas 2-3 UC Cee

Roberto, (Presidente do Sporting Zas) : “Primeira metade de ida e voilta na que se alternaron as ocasións en ambas porterías. De gol olímpico adiantábanse os ceesnes obra de Ezequiel. O memso Ezequiel facía o segundo para o seu equipo a balón parado de novo. Apartires desto só hounbo un equipo no campo e foi o Sporting Zas e conseguiría igualar o marcador con goles de Dani e Moli. Eran os mellores intres dos locais, pero Adrián remataría nun posible fora de xogo a gol. Ata o final monólogo do Sporting Zas e Dani tería o empate nas suas botas, pero toparíase cunha excelente man de Joselu para salvar o seu equipo“.

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Iniciouse o partido co noso equipo tratando de levar a iniciativa do xogo ante un rival que se posicionaba plegado tratando de evitar que xogásemos polas zonas centrais e buscando roubar para sair á contra. Non houbo ocasións claras no primeiro cuarto de hora pero conseguimos adiantarnos cun córner olímpico de Ezequiel, uns minutos despois Leo rouba un balón na área rival e cando ía encarar ó porteiro, un defensa derrúbao pero o árbitro, para asombro de todos, non sinala penalti. Na segunda metade non variou o guión do encontro e conseguimos poñernos 0-2 cun gol de falta de Ezequiel e tivemos un par de ocasións nos pés de Bruno para cerrar o partido pero non atinou a sentenciar. E cando parecía que o partido sería cómodo, o Zas conseguiu acurtar distancias, colleu folgos e catro minutos despois empatou o encontro e fíxonos pasar uns momentos de nervios. Puxémonos de novo por diante nunha contra, na que o balón chega a Bruno que lle pon un gran centro a Patera para que de cabeza anotase o gol que nos dou os tres puntos. Puido empatar o Zas no minuto 90 cun tiro desde a frontal da área pero evitouno Joselu cun paradón a man cambiada cando o balón se colaba pola escadra“.

Goles : 0-1, Ezequiel, (22´); 0-2, Ezequiel, (51´); 1-2, Dani, (65´); 2-2, Adrián, (69´); 2-3, Adrián, (78´).

Árbitro : David Vázquez. 

Incidencias : Expulsou ao xogador local, Abdessamad con vermello direto, (77´) e ao visitante Iago que levaba 5 minutos no campo, (90´).

 

 

CD Baiñas 1-4 CD Muros

Ángel Insua “Rosqui”, (Adestrador do CD Baiñas) : “Estuvemos ben na primeira parte aguantando ben os delanteros do Muros e creando ocasions, puxemonos por diante fomos o descanso co 1-0 no marcador. Na segunda parte intentamos seguir coa misma idea pero de poder matar o partido pasamos o empate dos muradáns, a partir de aí é como si entráramos en Bbarrena, e acabouse o partido para noós, non competimos e ningún momento como si se nos fora da cabeza todo o falado, e todo o feito hasta o minuto 60….e un auténtico despropósito o que aproveitou o Muros para sacar os tres puntos“.

Sarillo, (Delegado do CD Muros) : “Na primeira parte pouco futbol e poucas ocasións, onde dominou o Baíñas e conseguiríase adiantar. Empataría Xavi nun balón dividido na area. Na segunda superior o Muros, chegando antes a todos os balóns e gañando os balóns divididos. Gozando de moitas ocasións. Faría Dani Jurjo o 1-2 nunha xogada individual, indose do defensa e metendo o balón na escadra. O terceiro presión alta de Xavi, que rouba e asiste para Jose. E o último nunha contra que remata Xavi”.

Goles : 1-0, Santi Díaz, (11´); 1-1, Xavier, (61´); 1-2, Daniel (70´); 1-3, José, (78´); 1-4, Xavier, (90´).

Árbitro : David Cancela

 

 

SCD Malpica 2-0 SD Buño

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Foi un partido duro no que amosamos un moi bo nivel a base de traballar. Puxémonos pronto por diante no marcador cun golazo de Jairo. Pero tamen nos quedariamos pronto con un home menos tras a expulsión de Laik no min28 . Ainda así seguimos sendo dominadores do encontro e un pouquiño antes do descanso faria o segundo Xaco cun golazo dende o medio campo. Na segunda parte mais do mismo, tivemos varias ocasións claras para ampliar o marcador pero non estaríamos acertados“.

Richard, (Xogador do SD Buño) : “Derbi malpicán con pouca transcendencia. Empezou o partido moi igualadoata o minuto 24 donde o malpica marcaria o 1-0. Expulsaríanlle 1un home o Malpica pero co marcador a favor levaría o peso do xogo. Na primeira xogada da segunda parte o malpica faria o 2 a cero cun gol lonxano de Xaco que faría moito dano o Buño que cos malos resultados os xogadores viríanse abaixo e non serian capaces de facer dano. O Malpica o contragolpe terían un par de ocasións que non culminaron, e nos últimos 10 minutos o Buño tería un man a man de Elías e unha ocasión de Antelo que non entrarían“.

Goles : 1-0, Jairo, (5924´ ); 2-0, Joaquín, (45´ ).

Árbitro : Pablo Rama

Incidencias : Expulsou ao xogador local Laik con dobre cartón amarelo, (29é 29´).

 

 

 

UD Cerqueda 1-1 Muxía CF

Javi Souto, (Xogador do UD Cerqueda) : “Partido mui igualado e intenso. Na primeira parte creo que estuvemos mui ben movendo ben o balón e dominando o partido. Xeramos 3-4 ocasions clarísimas de gol e o Muxía intentaba salir a contra con Manu Nogueira que descargaba sobre os rápidos xogadores de banda, e nunha xogada en banda chegou un claro penalti e o 0-1. A partir de aí o Muxía estuvo mellor durante uns 10 min hasta o descanso. Na segunda parte o partido foi mais de fútbol directo e nun balón largo empatamos. A partir de ahí moitos nervios e pouco fútbol, anque o Muxía ó contraataque si que creou varias ocasiones para facer o segundo. En general creo que o empate foi xusto xa que fomos mellores na primeira parte o eles na segunda tamén nos fixeron máis perigo”.

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Partido moi disputado dende o principio, houbo momentos donde cada equipo se impuxo ó rival, Víctor marca de penalti feito sobre Isma Pose. Rojo pudo empatar, e pouco despois Toja, Manu e Víctor puderon ampliar a ventaxa. No segundo tempo, Rojo empata nada máis comezar, e a partir do gol, nós dispuxemos de máis ocasións, aínda que tamén levaban perigo. Non se movería xa o marcador”.

Goles : 0-1, Víctor Alcaina, (30´ de penalti); 1-1, Iván Rojo, (54´);

Árbitro : Adrián Pérez

Incedencias : Expulsou por vermello direto ao xogador do SCD Buño, David, (66´) e ao xogador do CD Muros, Juan Rey con dobre cartón, (55´e 81´).

 

 

SD Coristanco 1-2 SD Ponteceso

Alejandro “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Primeira media hora cun ritmo tremendo do Ponteceso que se puxo por diante cun gol tras xogada en banda e centro que remataban en boca de gol. E posteriormente un golazo expectacular nunha xogada ensaiada á saída dun córner que dende 25 metros enchufaban na escadra.
A partir de aí cambiou totalmente o encontro e a única explicación á que non sacasemos algo positivo foron os erros ante o porteiro. Primeiro Casti e Villajos non foron quen de aprobeitar un centro que se paseou entre eles e a portería. Despois, xusto antes do descanso sería Corral o que si conseguía mandar un rexeite tras un córner ao fondo para poñer o 1-2. Na segunda parte dominio total noso, cunha única chegada do Ponteceso que atallaba Rubén.
E outras dúas clarísimas que non conseguimos meter, un penalti sobre Corral que Mario mandaba o pau e un man a man do propio Corral que picaba ante a saída do porteiro e marchaba rozando a rede. Os últimos minutos foron de balóns directos e centros laterais o de o Ponteceso se defendiu perfectamente
“.

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Comenzamos mellor o encontro. A primeira media hora foi nosa. Domino, chegdas e dous goles que facían xistiza o visto no campo. A partir de ahí o Coristanco foi igualando o choque e conseguían recortar antes do descanso. Na segunda o choque foi de dominio alterno con ocasións por ambos lados, máis claras as deles xun man a man e un penalti que non consigue transformar Mario. Partido de empate que nos levamos para Ponteceso con moito esforzo, traballo e esa pizca de fortuna que siempre é necesaria“.

Goles : 0-1, Martín, (15´); 0-2, Alberto, (24´); 1-2, Marcos, (43´).

Árbitro : Luis M. Insua.

 

 

SD San Lorenzo 1-1 SCDR Esteirana

Santi Cambón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Tarde pracida nas Pedreiras,que estaba a rebosar de afeccionados,en parte porque viña o Lider da liga,a Esteirana.O partido foi moi disputado na que os primeiros minutos de cada período estiveron sen control claro pero co paso dos minutos o equipo local facíase co control,non tanto do balón ,pero sí territorial,e tamén xeraba mais cantidade de ocasións.Sobre todo entrando por banda e sacando centros laterais é o equipo visitante xeraba perigo en saidas rápidas e balons largos as espaldas dos centrais locales.Adiantaríase o equipo visitante,na primeira parte, a través dunha falta directa.Empataria o equipo local a través dunha falta lateral,mediada a segunda metade.Reparto de puntos nas Pedreiras,que non lle valdria a ningún dos dous equipos“.

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Partido disputado nun terreo de xogo o que en ningún momento nos adaptamos. O San Lorenzo, loxicamente, estivo máis cómodo. Tivemos que buscar solucións e igual que eles pois xogamos directo. Os dous equipos tiveron as súas ocasión, creo que nós máis claras, pero os goles chegaron a balón parado. O partido foi igualado e o resultado creo que xusto. O noso gol marcouno Pablo de falta directa na primeira parte e o deles ven dun remate de cabeza nunha falta escorada a esquerda”.

Goles : 0-1, Pablo Rama, (13´); 1-1, Raúl, (59´).

Árbitro : David Castreje

 

 

CLASIFICACIÓN

 

PICHICHI

1º-Alejo, (Corme CF) : 22 goles en 18 encontros, (4 de penalti)

2º-Xuco, (SD Ponteceso) : 18 en 17, (3 p)

3º- Iván Pombo, (UD Cerqueda) : 18 en 20, (6 p)

4º-Elías Ruso, (SCDR Esteirana) : 16 en 21, (2 p).

5º-Ezequiel, (UC Cee) : 16 en 21

6º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 16 en 22, (3 p)

 

PRÓXIMA XORNADA, (22ª)

-01/03/2020-

Muxía CF – SD Castríz 

UC Cee – UD Cerqueda

SD Ponteceso – Sporting Zas

SCDR Esteirana – SD Coristanco, (17:00 horas)

CF Lira – SD San Lorenzo, (16:30 horas)

CD Muros – Corme CF

SCD Buño – CD Baiñas, (18:00 horas)

SCD Malpica – Cabana SD

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Foto : Roberto/Sporting Zas

Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.