O Camariñas saeu máis lider das Redondas.
O Camariñas fíxolle un “set en branco” ó Cabana, (0-6), para distanciarse máis na táboa trala derrota do Xallas co Corme, (1-2), un Corme que se pon de cheo na loita pola promoción. Record de empates nunha xornada con 4 e deles víronse involucardos equipos que loitan pola promoción coma o Soneira e o Baio que empataban co Mazaricos, (2-2), que loita por evitar o descenso o igual co Lira, de Óscar Leis que empataba cos baieses. Un Óscar Leis ao que lle damos a benvida na colaboración cos seus comentarios dos encontros, colaborando como xa ten feito en tódolos equipos nos que estivo. O Porteño tamén se engancha a loita pola promoción tras derrotar o Cee, (2-0), e descólgase o Monte Louro tras caer co Ponteceso, (2-1), que se afasta da “zona quente”.
Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.
GOLEADORES
Djibril, (Camariñas FC), chegou con fame de goles e leva 5 nos dous encontros xogados desde a sua volta para poñerse con 22 goles, en 17 encontros, (7 de penalti), na cabeza da táboa en solitario con César Lojo, (UD Corcubión) de segundo con 20 dianas, en 22 choques, (3 pen), tralo seu gol o Outes desta xornada. Martín “MC”, (CD Baio), ocupa o terceiro escalón do podio con 15 tantos, (3 p) en 22 encontros.
LIGA DA COSTA
-23ª Xornada-
-16/03/2025-
Xallas FC 1-2 Corme CF
Cabana SD 0-6 Camariñas FC
CD Muros 1-1 SD Coristanco
Outes FC 1-1 UD Corcubión
CF Lira 2-2 CD Baio
CF Mazaricos 2-2 Soneira SD
Ponteceso SD 2-1 UD Monte Louro
CF Porteño 2-0 UC Cee
AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-CRÓNICAS-
Xallas FC 1-2 Corme CF
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Recibimos a un Corme que todos sabemos que sempre está loitando na parte de arriba da táboa e que incluso xogou varios anos en categorías superiores, e con xogadores destacables. Esta semana aumentamos o nivel físico dos adestramentos sabedores de que nos estaba a faltar eso nos derradeiros encontros con respecto a primeira volta na que se notou a boa pretempada que fixemos. Primeira metade na que tentamos combinar porque sabíamos que se non o facíamos rápido eles teñen xogadores con boa condición física. Tivemos algunha ocasión máis ca eles pero non estamos con sorte e foise o descanso co empate a cero.
Na segunda introucimos trocos con xuvenís que o están a facer ben, que nos están a dar un plus e deron un pouco de algo diferente, pero non foi suficiente. Volveuse a lesionar Doro que viña de 3 meses lesionado. Marcou o ritmo de xogo ata que lle durou a gasolina, pero como é gañador nato forza sempre e volveu a romper. Puxémonos por diante cun gol de Sergio Barbeira pero na seguinte xogada empataban tras un rexeite do noso porteiro.
O empate non nos valía e a desesperada trocamos o plantexamento con defensa de 3 e a ver si nos saía e eles logo nunha contra reciben en banda esquerda e fixeron un golazo por toda a escadra. Aplaudirlle o Corme, unha derrota que nos doe moito e o obxetivo vaise centrar en entrar nos Play-off e que esta racha negativa se acabe pronto e sguir ainda que neste mes non están saindo as cousas pero temos que estar orgullosos do que estamos a facer.“.
Goles : 1-0, Sergio Barbeira, (48´); 1-1, Samu Costa, (50´); 1-2, Israel, (92´).
Incidencias : No minuto 60 saeu lesionado o capitán xalleiro, Sergio Prego “Doro”. Xogador mítico da costa que voltaba a xogar fai un par de semanas tras unha longa lesión e ao que lle desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.
Gran partido de Mario Suárez ante o Cabana.
Cabana SD 0-6 Camariñas FC
Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Saimos mal o partido e os 15 minutos xa perdíamos 2-0. O Camariñas co vento a favor facíanos moito dano e nós só tivemos unha ocasión nun remate de Ferreiro a saida dun córner. Eles antes do descanso facían un par deles máis o terceiro de novo a salida precisamente dun córner.
Na segunda parte saimos mellor pero nunha contra eles facían o 0-4 e despois o noso porteiro foi expulsado no penalti que supuxo o 0-5. Acabamos o partido con Moreno de cancerbeiro e un menos pero o equipo competiu ben tendo ocasións claras xa antes da expulsión con 2 tiros o longueiro, por medio de Moreno e Castro, e outra boa parada nun remate deste último.
Cerca do final chegaría o sexto e o marcador non se movería máis, derrota ante un gran Camariñas con un gran Mario e un gran Djibril que marcaron a diferencia”.
Xogamos con : Manu, (Alvarellos), Leis, Noé, Ferreiro, Aarón, Nando, (David), Simón, Moreno, Miki, (Hugo), Migueliño, (Roi), e Castro, (Pablo).
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Vitoria fantástica ante un equipo que sabíamos que nos podía poñer as cousas moi difíciles. Tíñamos que sair de principio a querer mandar e así foi xa que os 11 minutos xa íamos 0-2 e cheamos o descanso con 0-3. Tivemos dez minutos malos onde o Cabana foi mellor e puido facer algún gol, pero voltamos a coller o mando e a ser mellores e dominadores do xogo.
Vitoria para seguir aí arriba e hai que traballar cada semana nestes 7 encontros que quedan sabedores de que como se ve calquera lle pode gañar a calquera”.
Goles : 0-1, Djibril, (18´); 0-2, Djibril, (11´); 0-3 Mario, (45´+ 2); 0-4, Mario, (61´); 0-5, Djibril, (81´de penalti); 0-6, Mario, (83´).
Incidencias : O colexiado Santiago Lobón, expulsou con vermello direto a Diego Suárez, (80´), porteiro do Cabana SD nun penalti cometido por este.
CD Muros 1-1 SD Coristanco
Goles : 0-1, Sergio Regueira, (23´); 1-1, Xoaquín, (64´).
Outes FC 1-1 UD Corcubións
Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Partido moi malo por ambas partes, sin apenas ocasións. Poñeríase o Outes por diante con un disparo desde 25 metros e pouco máis tarde quedarían cun home menos, e no desconto da primeira metade igualaríase a cousa ca expulsión de Mario no Corcubión. Arbitraxe lamentable para ambas partes.
Na segunda máis do mesmo, partido malo e no desconto empataba para nós César Lojo o transformar un penalti”.
Goles : 1-0, Stefan, (29´); 1-1, César Lojo, (95´de penalti).
Incidencias : O colexiado Borja Buján, expulsou con dobre cartón a Sanchiño, (10´e 38´), e con vermello direto a Adrián Liste, (90´), por parte do Outes e a Mario, (45´+ 2), e o adestador Ángel López, (82´), con vermello direto no Corcubión.
CF Lira 2-2 CD Baio
Óscar Leis, (Adestrador do CF Lira) : “Competimos bastante ben ante un moi bo equipo como é o Baio, que se adiantou con un gol nun centro que se envenena e acaba sorprendendo o noso porteiro. Reaccionamos ben e nunha contra na que Raúl remata e tras o rexeite do porteiro acaba marcando Juan.
No inicio da segunda parte Pablo Leis con un disparo dende o borde da área faría o noso segundo gol, o Baio facíanos perigo sobre todo con MC pero defendémonos con órde e buscábamos tratar de sair a contra para poder pechar o partido, pero no minuto 75 quedamos cun menos e aí ainda aparecen máis MC, un centro preciso, precisamente dél, propiciou un grandísimo remate de Manu Vila para facer o empate definitivo.
Ainda que é un bo punto ante un gran rival sábenos a pouco dada a nosa situación na clasificación”.
Goles : 0-1, Lucas, (26´); 1-1, Juan, (31´); 2-1, Pablo Leis, (48´); 2-2, Manu Vila, (80´).
Incidencias : O colexiado Diego Grille, expulsou con dobre cartón a Xoel, (72´e 75´), cando levaba tan só 10 minutos no campo.
CF Mazaricos 2-2 SD Soneira
Goles : 1-0, Luis Mayán, (34); 1-1, Alberto “Vía”, (45´+ 2); 2-1, Bryan, (50´); 2-2, Ricardo, (77´).
Ponteceso SD 0-0 UD Monte Louro
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Jogo de equipas na parte media da tabla. Quizas eles perderon unha oportunidade para volver a engancharse para a promoción e nos alonxarnos máis da parte baixa. Foi un partido parexo, con pouco ritmo e poucas oportunidades. Adiantárense eles e o momento xa empatamos nos primeiros 20 minutos. Puideron volver a ponherse por diante pero a Diosa Fortuna sonrriunos a nós.
Nada máis empezar a segunda parte marcou Luca o 2-1 e nos minutos seguintes ben poidemos sentenciar. Eles repuxéronse e buscaron o empate con pouca sorte.Tiveron unha boa oportunidade que o árbitro interpretou coma fóra de xogo que eu creo que non era. De aí o final incertidume polo resultado e pouco máis.Tres puntos para nós que nos dan tranquilidade de cara a recta final…Seguir pelexando“.
Comentario cedido pola páxina de FaceBook do UD Monte Louro : “Partido no que os balóns parados condenáronnos.
Na primeira metade saímos moi ben arriba e sen moitos problemas atrás. Brais levaba moito perigo continuamente e nunha acción individual o mesmo meteu ou gol, a saída dun corner empataron e ainda así e todo dispuxemos de varias ocasións claras.
Na segunda metade o inicio eles noutro balón parado fixeron o tanto definirivo, intentámolo con máis corazón que cabeza.
Hoxe agradecer o esforzo dos nosos ainda que sen resultado positivo. Na próxima semana tentaremos volver a senda da vitoria…Imos Louro!!!“.
Goles : 0-1, Brais, (14´); 1-1, Iván, (19´); 2-1, Luca, (84´).
CF Porteño 2-0 UC Cee
Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Partido igualado e difícil porque o Cee plantexounos o xogo direto sobre a ùltima lñea sacando Bouzòn e buscando os nosos fallos defensivos e de aì intentando sacar probeito e as veces conseguìano.
Tivemos que madurar o partido pouco a pouco intentando collerlle o tino ao contexto que tiñamos. Levou adaptarnos 70 minutos ata que conseguimos marcar. A verdade e que a xente que entrou desde o banquillo acelerou e o ritmo de xogo incrementou facéndonos donos do partido. O segundo gol a 10 do final xa nos daba máis tranquilidade. Felicitar ao Cee porque penso que vai dar máis dunha sorpresa de aquì ao final“.
Goles : 1-0, Pardiñas, (72´); 2-0, Alan, (82´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Camariñas CF : 54 puntos
2º Xallas FC : 48 puntos
3º SD Soneira : 43 puntos
4º CD Baio : 41 puntos
5º CF Porteño : 38 puntos
6º Corme CF : 38 puntos
7º UD Monte Louro : 36 puntos
8º Ponteceso SD : 34 puntos
9º UD Corcubión : 34 puntos
10º Outes FC : 27 puntos
11º Cabana SD : 27 puntos
12º CD Muros : 24 puntos
13º SD Coristanco : 24 puntos
14º CF Mazaricos : 23 puntos
15º CF Lira : 15 puntos
16º UC Cee : 6 puntos
-PREVIA-
-24ª Xornada-
-23/03/2025-
Camariñas FC – Corme CF, ás — horas
SD Coristanco – Cabana SD, ás — horas
UD Corcubión – CD Muros, ás — horas
CD Baio – Outes FC, ás — horas
Soneira SD – CF Lira, ás 17:00 horas
UD Monte Louro – CF Mazaricos, ás — horas
UC Cee – Ponteceso SD, ás — horas
CF Porteño – Xallas FC, ás — horas
Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.
AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Fotos Cabana-Camariñas : Dulce Corcu
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores