CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 23ª Xda DA LIGA DA COSTA NA QUE O LIDER SEGUE FORTE E POR ABAIXO ALGÚNS COMPLÍCANSE

Emilio Corzón, (centro), vaise do Baiñas e queda, Sancho, (esq).

-O Mazaricos lévase o encontro da xornada-

-Dimite Emilio Corzón no CD Baiñas e vaise Mayor-

23ª xornada da Liga da Costa, na que o CF Mazaricos, tiña enfronte ao Volantes de Baño CF, que de gañar sería candidato a todo. Queda moito bacallao que cortar e neste encontro puido pasar de todo. Namentras Sil ve o resultado xusto, (1-2), para Amoedo, o máis xusto tería sido unha igualada, o que si foi é un encontro de moita calidade e que puido caer para calquer lado. O segundo en discordiaCorme CF tiña enfronte a outro dos sureños o CD Muros que plantou cara, e que perdeu os papeis con duas expulsións seguidas que non desaproveitaron os do Roncudo. De capa caida van Muxía CF e CD Baiñas. Os muxiáns caían no seu féudo ante o UD Cerqueda que repiteu o resultado da ida, (0-2) e o CD Baiñas desconxuntábase ante un CF Lira que ve as cousas cada véz mellor, (1-5). Dimitía do seu cargo de adestrador Emilio Corzón no conxunto baiñés que ata final de temporada será dirixido por Sancho. Dende aquí o noso agradecemento pola sua colaboración a Emilo, e o noso desexo de velo pronto polos terreos de xogo adestrando. Tamén deixa o equipo baiñés o xove Mayor, ao que o clube desexa moita sorte na sua nova andaina noutro proxecto. Por abaixo o UC Cee tomaba un sorbo de aire fresco o levarse o derbi ante o SD Ameixenda, un choque que puido caer para calquer lado, (1-0) e que se decideu no minuto 87 cun tanto de Rafa. por tódolos campos norteños se notou a “Mikaela”, pero no que máis foi no “Xaviña” no que José Barca debutaba no banco do Sporting Zas, pero veu como o efecto “Mikaela” foi o revés e goleaban aos zacenses que xogan co fío da navalla, (4-0). Tamén houbo efluvios mikaelísticos no San Lorenzo-Malpica, un encontro que o resultado parece que dí moi diferente ao que foi o encontro en realidade, (3-2). Onde se viveu un gran encontro foi no “Agra de Filgueira” no que UD Monte Louro SD Ponteceso, empataban nun gran encontro…Abrindo a nova completa tes os resultados, crónicas, clasificacións, pichichis, próxima xornada, etc…

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas…

Preme abaixo en “Ler a nova completa…” para VER MÁIS…

RESULTADOS

CRÓNICAS
Muxía CF 0-2 UD Cerqueda
 
 
-Adrián Lema, (Adestrador do Muxía CF) : “Cando nos chegue o seu comentario colgarémolo aquí”.
 
-Javi Souto, (Xogador do UD Cerqueda) : “Na primeira parte estivemos moi ben plantados, coa defensa bastante adiantada e deixando moi pouco espacio, e ó Muxía costoulle moito facernos perigo, de feito creo que na primeira parte nin tiraron a portería. O Cerqueda roubando no medio e saindo rápido daba máis sensación de perigo : un man a man de Molinos, e un par de xogadas nas que a defensa do Muxia estivo bastante insegura. Nunha mala saida de balón, pase entre a defensa, e Méndez só marca no man a man. Pide o Muxía fora de xogo, e teño dúbidas, ainda que creo que un dos laterais quédase enganchado e rompe o fora de xogo. Na segunda parte apretou máis o Muxía e o Cerqueda meteuse un pouco atrás, así o Muxía creou perigo en varios remates a balón parado. Os cambios deron aire ó Cerqueda que matou o partido á contra. Creo que fomos xustos vencedores, xa que tíñamos claro que facer con balón e sin él. Noraboa tamén ó Muxía, persoalmente gustoume a sua actitude e tamén a do árbitro”.
 
Goles : 0-1, Méndez, (45´); 0-2, Diego, (76´).
 
 
 

CD Baiñas 1-5 CF Lira

 
Sancho, (Adestrador do CD Baiñas) : “Partido que xogamos sen tensión e que o Lira nos dominou completamente. Conseguimos adiantarnos e chegar o descanso en ventaxa, pero unha segunda parte chea de despropósitos tanto defensiva, como ofensivamente, pola nosa parte, e a maior intensidade do Lira chegouse o resultado final que ainda puido ser maior o seu favor. Aproveito para a titulo personal agradecerlle a Emilio a sua labor e que foi un autentico pracer traballar ó seu lado, e que espero velo pronto polos campos de fútbol, xa que e un gran entrenador”.
 
-Diego Lobelos, (Adestrador do CF Lira) : “Fixemos unha primeira parte boa, pero en un dos poucos fallos que tivemos, recibimos o único gol da primeira parte. Pouco a pouco fomos asentandonos e facendo o noso xogo, puidemos empatar en varias accións, pero non o logramos. Tras o descanso, na primeira xogada Oli facía o empate e dou moita seguridade o equipo, pois nas seguintes xogadas puidemos adiantarnos en varias ocasións. Toni fixo o segundo e Mamadou o terceiro. O equipo estaba a facer un xogo moi vistoso e con moitas ocasións. O Baiñas fallou algunhas moi claras nas botas de Pablo Muiño, que onte non tivo o día, xa que soen acabar na rede, e eso aproveitámolo para cerrar o partido con dous goles máis de Oli, que cerrou un actuación individual perfecta.
Resultado que nos acerca ó obxetivo e da forza para os seguintes partidos. A parte negativa foi a lesión de Crístian que esperemos se quede nun susto”.
 
Goles : 1-0, Felipe, (10´); 1-1, Oli, (46´); 1-2, Toni, (62´); 1-3, Mamdou, (76´); 1-4, Oli, (80´); 1-5, oli, (82´).
 

UC Cee 1-0 SD Ameixenda

 
-Ángel Insua “Rosqui”, (Adestrador do UC Cee) : “Plantexounos bastantes problemas o Ameixenda porque xogou repregado e moi ordenado defensivamente, o que nos levou a xogar algo precipitados nos metros finalis. Tentamos crear ocasións pero eles sacaron sin problemas os nosos Intentos. Por ocasións na primeira parte ben puidemos ir 1-1, pero na segunda xa dominamos máis e sin que crearan perigo eles. Marcamos o gol da victoria cun golazo de Rafa que debutaba facendo un gran partido“.
 
-Fernando, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Xogábase moito o Cee neste encontro de rivalidade local, e intentou manifestar esa necesidade controlando e dominando o partido. Por contra o Ameixenda situábase ben en defensa e non concedía ocasións de gol, que no Cee limitábanse a tiros lonxanos ou saques dende o corner. Según pasaban os minutos o Ameixenda iba medrando no partido hasta que nos últimos 20 minutos do primeiro tempo tuvo o control do xogo, e ainda que non tiña oportunidades claras, si chegaba con asiduidade a área de Maikel.
No segundo tempo voltou a sair o Cee dominando e mesmo parecía que podería rachar o encontro, pero os cambios no Ameixenda deron bo resultado e outra vez fíxose co partido. Mataso e Alex eran os donos do medio-campo, e precisamente nun balón en longo a Mataso, Maikel sae a despexar levando balón e xogador por diante e cometendo un mais que posible penalti, pero…No treito final do partido non se atinaba a pensar noutro resultado que non fora o empate, xa que era o xusto polo visto no campo. Pero pouco entende o fútbol de xustiza, e no m.87 Rafa aproveitou un rexeite nun corner para marcar de tiro cruzado. Noraboa os nosos veciños e a ver si estes tres puntos lle sirven para manter a categoría. Hasta o próximo domingo
“.
 
Goles : 1-0, Rafael, (87´).
 
Incidencias : O árbitro Rubén Reborido expiulsou con vermello direto ao xogador do UC Cee, José M Bermúdez no minuto 85. Foi un derbi no limpo no que tan só houbo dous cartóns amarelos máis, un para cada equipo.
 
 
 
 
 
SCD Buño 4-0 Sporting Zas
 
-Tito Pedreira, (Adestrador do SCD Buño) : “Primera victoria en casa y merecida. Sobre todo por el apoyo de la afición que nos va a animar. Primera parte con respeto pero con iniciativa del zas. Más posesión y buscando estrategia de saques de esquina. Tuvimos varias contras en la primera parte y marcamos el 1-0. Los últimos 15 fueron más de mantener. La segunda parte salimos con otra actitud e intuyendo que tendrían que ir a por el partido. El acierto en las contras marcó la reacción del Zas. Partido limpio y buen arbitraje“.
 
-José Barca (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido moi igualado nos primeiros 60 minutos. Eles adiantáronse casi na única ocasión da primeira parte, e nós tamén só tivemos unha ocasión clara neste tempo. O segundo tempo empezou coma o primeiro, igualado. A última media hora pegamos un baixón moi grande e o Buño foi moi superior incluso podendo levar un marcador máis abultado“.
 
Goles : 1-0, Borja, (17´); 2-0, José Pose, (65´); 3-0, Borja, (67´); 4-0, José Pose, (85´).
 
 
 
SD San Lorenzo 3-2 SCD Malpica  
 
-Pablo Mallón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “A Mikaela estivo moi presente no encontro e moi condicionados os dous equipos, por esa circunstancia non se pudo ver un bo encontro o domingo. Na primeira metade fomos mellores dominamos e tivemos ocasións e só un regalo noso fixo que se meteran no partido. A segunda parte foi moi mala polos dous bandos, pero eles tiveron máis o balón e casi empatan nunha ocasión ó final, ainda que eu creo que non faría xustiza, porque tivémolas para sentenciar o encontro varias veces. Tres goles de Brais, que reafirma o bo momento de forma no que se atopa“.
 
-Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Empezou o partido da peor maneira, tivemos un cuarto de hora que non estivemos nada seguros atrás e pagámolo encaixando 2 goles nos primeros minutos. Despois deso estivemos moito mellor pero xa ca lousa de ter que remontar 2 goles, marcados o 2-1 nunha mala saida do porteiro local e un bo golpeo de Gonzálo. Tras o descanso fixemos case todo ben chegando a portería contraria constantemente, pero serían eles os que anotarían o 3-1, nunha falta de entendemento entre a nosa defensa e o porteiro. Tras eso seguímolo intentado e cáseque o conseguimos anotando pronto o 3-2 de falta directa a golpeó de Jairo. Xa contra o final unha ocasión clara de Jairo iríase rozando o pao“.
 

Goles : 1-0, Brais Cancela, (16 de penalti´); 2-0, Brais Cancela, (26´); 2-1, Gonzalo, (36´), 3-1, Brais Cancela, (72´); 3-2, Jairo, (73´).

 
Incidencias : O árbitro David Castreje expulsou con vermello direto ao malpicán, Gonzalo no minuto 93´.
Volantes de Baño CF 1-2 CF Mazaricos
-José Manuel Sil, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Creo qe foi un partido igualado con muito ritmo e moi competido. Unha vez dito esto, creo que o resultado totalmente xusto. Ante un gran equipo mui ordenado humilde, con bos xogadores, disciplinados, e qe saben competir en todas situacións. O meu equipo non estivo mal pero fáltanos muitas cousas, e demostrase cada domingo.  E pagámolas indisciplinas. Mui orgulloso eso si do esforzo que fixemos todos. Sentímolo moito pola afición, (creo que das mellores da costa, sin dúbida, sempre pendiente do noso equipo e centrados no noso equipo, verdadeiramente dóeme por eles, non se merecían este final de partido, porque xa teñen qe soportar clases de moralidade e ética, por parte de quen non esta en disposición de dalas. A seguir mellorando. Por eles. Felicitar o Mazaricos pola victoria e sobre todo por o gran equipo que son. Xogamos con 10 por expulsion Rachón a ultima media hora. Unha pena porque estaba máis preto o 2-0 que o empate. Pero damos facilidades sub-realistas”.
 
-Roberto Amoedo, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido que sabíamos da sua dificultade e importancia, nunha primeira parte na que o Volantes a contra nos creaba moito perigo. Nós non estivemos cómodos en todo o encontro. Moitas disputas e transicións moi rápidas. O único perigo chegaba a balón parado. Na segunda, unha falta directa pon o 1-0 e a partir de aí xa fomos a polo partido. O Volantes ben pechado atrás e tratando de matar a contra, nun corner chegando o remate foi Piki quen conseguíu poñer a igualada, despois no desconto Martín, nunha carreira dende medio campo fixo o segundo. Resultado inxusto, posto que o empate sería o máis xusto. Gran partido contra un moi bo equipo. A seguir loitando para acadar o único obxetivo que nos queda“.
 

Goles : 1-0, Ángel “Pesco”, (57´); 1-1, Isma Pedrosa; (89´); 1-2, Martín, (99´).

 
Incidencias : O árbitro Miguel Ferrol que estivo asistido nas bandas por Óscar Costa e Francisco Manuel Brión, expulsou por dobre cartón ao xogador do Volantes de Baño CF, Juan “Rachón”.
 
UD Monte Louro 1-1 SD Ponteceso 
 
-Óscar Leis, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Partido ante un gran rival, para mín dos que mellor futbol fai na categoría. Dominaron gran parte do partido e nós esperando para roubar e sair. Primeira parte con poucas ocasións por ambos lados. No inicio da segunda adiantáronse nunha boa xogada e a partires de aí fixemos os mellores minutos do encontro, buscamos o empate e topámolo nun remate espectacular de Juan de Celia de chilena. Seguimos buscando o segundo gol que o lograríamos, pero o árbitro considerou fora de xogo. O Ponteceso tivo as suas opcións tamén, pero xa non se movería o resultado“.
 
-David Grela, (Xefe de prensa do SD Ponteceso) : “Partido correspondente a vixésimoterceira Xornada da Liga da Costa, contra o Montelouro. Partido igualado, moito centrocampismo, donde nós tivemos a posesión practicamente todo o encontro, salvo os minutos finais nos que quedamos con dez tras a lesión de Luca e o Louro volcouse sobre a porteria de Damián, o cal fixo unha moi boa actuación. Comezamos dominando e nunha falta sacada por Matías remataria Ismail de cabeza ao poste, na ocasión máis clara da primeira parte. Na segunda, ao pouco de empezar, un centro medido de Iván rematariao Luca de cabeza facendo o 0-1. Seguíu o partido coa misma tónita, ata que nun saque de banda do Louro marcarian un golazo espectacular de chilena facendo o 1-1. De aí ata o final, acercamentos dos dous equipos buscando a victoria, un man a man desperdiciado por Mendieta e un gol anulado para eles. Agora a pensar no próximo encontro“.
 

Goles : 0-1, Luca, (48´); 1-1, Juan de Selia, (52´).

 
Corme CF 4-1 CD Muros
-Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : “Partido difícil polas baixas que tíñamos, e por un rival que viña nunha liña ascendente. Un Muros moi ven pechado atrás e que buscaba en balóns a espalda da defensa crearnos perigo sin éxito. Nunha primera parte que tivemos controlado o partido, pero sin crear moito perigo. Puxémonos por diante do marcador despois dunha gran xogada colectiva, por medio de Sergio, con cal remataría a primera metade. Na segunda metade seguía o mesmo guión, e nunha falta lateral conseguirían empatar o partido. A partires do empate adiantamos liñas en busca da victoria e creamos varias ocasións,  pero non conseguiríamos poñernos por diante do marcador ata o minuto 80 por medio de Alejandro, con cal o Muros descentrouse e conseguiríamos poñer terra de por medio con dous goles de Lucas. Victoria importante que nos permite seguir pelexando polo título. Agradecer a nosa afición polo seu apoio, e os xogadores polo gran traballo que están a facer”.
 
-David González “Bibi”, (Adestrador do CD Muros) : “Foi un partido igualado ata o minuto 80, a partires das expulsións perdémolos papeis. As expulsións nosas foron xustas. Felicitar o Corme pola victoria e nos a seguir remando. Para acabar estou vendo que cando se perde e pero culpa dos árbitros ou polas lesións eu personalmente eso vexo unha excusa. O peor da derrota son as expulsións e ai e donde estou cabreado falamos que este partido podiase perder pero non queríamos perder xogadores pos seguintes partidos. Para acabar a xente de Muros espero que nos veña animar que penso cos chavales do pobo meréceno“.
 
Goles : 1-0 , Sergio, (6´); 1-1, Yanki, (62´); 2-1, Alejandro, (82´); 3-1, Lucas, (83´); 4-1, Lucas, (93´).
 
Incidencias : O árbitro, Óscar Santos expulsou con dobre cartón aos xogadores do CD Muros : Adán, (66´e 83´) e a Juan Rey, (75´e 80´).
 
 
 
-CLASIFICACIÓN-

-24ª XORNADA-

17/02/2019

  CD Muros – SD Ponteceso

UD Cerqueda – Corme CF

CF Lira  – Muxía CF

SD Ameixenda – CD Baiñas

Sporting Zas – UC Cee

CF Mazaricos – SCD Buño

SCD Malpica – Volantes de Baño CF

SD San Lorenzo – UD Monte Louro .

-TÁBOA DE PICHICHIS-

-Alejo, (Corme CF) : 33, (7 de penalti)

-Ángel “Pesco”, (Volantes de Baño CF) : 19, (4 de penalti)

-Pablo Muiño, (CD Baiñas) : 17

-Estéfano, (CF Mazaricos) : 15, (2 de penalti)

-Isma Pedrosa, (CF Mazaricos) : 15
-Crístian Caamaño, (CF Lira) : 14

-Manu Nogueira, (Muxía CF) : 14

-Berto, (Volantes de Baño CF) : 13

-Brais Cancela, (CD Baiñas) : 13, (1 de penalti).

-Os goles son os recollidos nos actas arbitrais-

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-