CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 23ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “O CORCUBIÓN RETRASA O “ALIRÓN” DO CORME E PREVIA DOS CUARTOS DA COPA DA COSTA”.

O Ponteceso goleou o Fisterra.

Por mor do apagón esta semana as crónicas veñen a conta gotas e segundo deixa o traballo. Todo estaba preparado para contar o primeiro título da historia para o Corme feminino pero pasou o que decía Arsenio : “Cuidado con la fiesta que luego te la quitan de los fuciños”. Todo estaba preparado no Cairo, día espectacular, ambente por todo o alto e unha afección entregada, pero pasou o que pasa as veces nestes casos, os nervos e a ansiedade puideron máis e o equipo non foi o de outras tardes, cousa que aproveitou o Corcubión para retrasar a festa unha semana, (2-2), pois o que é seguro e que vai a ser si ou si, por merecementos, 21 encontros gañados, 2 empatados e ningún perdido, 122 goles a favor e tan só 15 en contra, mandando en tódolos rexistros, ata no de máxima realizadora, Naroa con 56.

No resto de encontros a vitoria do Muxía ante o A Baña, (1-4), mantén as muxianas na segunda praza cunha marxe de 6 puntos sobre as terceiras, Ponteceso, con 9 puntos por disputar. As pontecesanas goleaban a domicilio ao Fisterra, (0-10), na maior goleada da xornada.

Na loita pola terceira praza andan o Bergantiños B, que goleaba ao Pastoriza B, (5-0), no duelo de filiais, e o Corcubión e dentro das matemáticas pero na 6ª praza está o EFCC Juan Cabrejo. A competición non vai a perder nen un chío dado que os equipos queren quedar o máis arriba posible, en especial os equipos de nova factura para os que quedará escrito a sua primeira participación e o que fixeron.

GOLEADORAS

Naroa Parga, (Corme CF), fixo 2 e suma 56 goles nos 23 encontros disputados. A muxiana Barca Toba, (CF Muxía) na segunda praza con 24 en 15 encontros. Terceira a sua compañeira de equipo Patri Romaní, (CF Muxía), con 21 en 20 encontros.

Mañán xoves volve a Copa da costa

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-23ª Xornada-

(27/04/2025)

Cabana SD 0-2 Soneira SD

Corme CF 2-2 UD Corcubión

Sporting Zas 1-1 UD Cerqueda

CF Mazaricos 0-2 EFCC “Juan Cabrejo”

SD A Baña 1-4 CF Muxía

Bergantiños FC B 5-0 SCD Pastoriza B

SD Fisterra 0-10 Ponteceso SD

 

-CRÓNICAS-

Corme CF 2-2 UD Corubión

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Non puido ser … Queríamos devolverlle a nosa a afición todo o cariño que nos levan dando desde que empezou ésta aventura, nunha tarde moi bonita de vivir no Cairo, co club e coa nosa afición volcada como sempre pasa neste club nas grandes citas, e non fomos quen de conseguilo. Cero reproches o meu equipo, que non deixaron de intentalo en ningún momento, con máis corazón que órde ésta vez, pero en estos días acostuma ser así, un aprendizaxe máis para a mochila, pero desta vez podíamos vivir sin el perfectamente…

Sentímolo moito polo club, que se volcou con nós, e pola nosa afición, que volviu a demostrar porque e a mellor, intentaremos traervos o título o antes posible para o pobo.

Darlle a noraboa a Corcubión, todo o equipo fixo un partido moi serio, moi intenso, e coas ideas moi claras, traballazo de Rubén no plantexamento, e partidazo de Alexandra, interpretando moi ben donde facer dano e demostrando porque, para min, e unha das grandes do noso fútbol”.

Goles : 1-0, Naroa, (19´); 1-1, Alexandra, (51´); 2-1, Naroa, (64´); 2-2, Sandra, (80´).

Cabana SD 0-2 Soneira SD

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Vitoria merecida do Soneira en Cabana nun partido que as visitantes empezaron dominando e creando ocasións que deron o seu froito por medio de María. As nosas estivieron moi lonxe do seu rendemento habitual e foron superadas polas soneiranas.

Na segunda parte pronto se poñerían co 0-2, tamén obra de María e o Cabana deu un paso a diante con máis corazón que cabeza, pero non foi quen de mellorar o resultado“.

Goles : 0-1, María Villaverde, (31´); 0-2, María Villaverde, (51´).

 

Zas e Cerqueda firmaron táboas.

Sporting Zas 1-1 UD Cerqueda

Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido disputado entre dous equipos moi iguales, pouco que contar con ocasións para ambos equipos pero sin acerto na definición na primeira parte.

A segunda parte misma dinámica, pero Andrea abría o marcador a hora de xogo para as locales a saida dun corner. Pasados 10 minutos o Cerqueda empataba nunha xogadas moi polémica donde o árbitro daba gol nun disparo lonxano e él situado no medio campo non vendo se o balón entrará ou quedará na liña.

Ante as protestas locais a reposta foi que lle parecerá que entrará, eso desquiciou as locais e non encontraron o xogo nos minutos finais”.

Goles : 1-0, Andrea, (62´); 1-1, Alba, (69´).

 

O Camariñas derrotou o Mazaricos na Picota.

CF Mazaricos 0-2 EFCC “Juan Cabrejo”

Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Partido moi completo o que fixemos en Mazaricos tanto a nivel defensivo como ofensivo no que acadamos unha gran vitoria.

Saímos coa idea de presionar para non deixar que o seu centro do campo xogara con claridade e buscar accións por banda para facer dano. O plan saleu moi ben e tras o golazo de Paula na metade do primeiro tempo todo foi mellor.

Na segunda parte saímos coa mesma idea e tivemos algunha chegada para facer o segundo pero non foi ata ben entrada esta segunda parte cando Laura Paredes faría o segundo gol, o da tranquilidade sendo a postre o resultado final de 0-2″.

Goles : 0-1, Paula Mouzo, (20´); 0-2, Laura Paredes, (71´).

 

SD A Baña 1-4 CF Muxía

Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido marcado polo intenso calor que facía que levaba a un ritmo baixo donde o Muxía intentaba encontrar espacios na adiantada defensa da Baña.

Pauliña faría o primeiro e pouco despois Barca facía o segundo para darlle tranquilidade o equipo. Antes do descanso Barca con un falta o longueiro e Nerea no rexeite puideron facer o terceiro.

Na segunda parte Ana facía o 0-3 e Barca tería outros dous balóns o longueiro´O A Baña recortaba distancias antes de que Loli fixera o 1-4 final“.

Goles : 0-1, Paula, (13´); 0-2, Barca, (23´); 0-3, Ana, (57´); 1-3, Zaira, (67´); 1-4, Dolores, (86´).

 

Bergantiños FC B 5-0 SCD Pastoriza B

Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) :“.

Goles : 1-0, Julia, (5´); 2-0, Sara, (9´); 3-0, Arancha, (44´); 4-0, Carmen, (89´de penalti); 5-0, Yousra, (90´).

 

O Ponteceso acadou a goleada da xornada.

SD Fisterra 0-10 Ponteceso SD

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :Tocaba viaxar a Fisterra nunha xornada marcada polo calor. As xogadoras de Curro xa comenzaron o partido dominando, ao cuarto de hora de partido xa levaban cinco goles producto das boas xogadas de Berdeal, Oanes, Muíño e Andrea. Claudia anotaría de penalti o sexto antes de ir ao descanso. A pesar diso as do Fisterra seguiron intentando meterse no partido pero sen moito éxito.

Na segunda parte a dinámica seguiu sendo a mesma e aproveitouse para repartir minutos entre as xogadoras. Finalmente 0-10, o equipo sigue con boa dinámica antes do partido da Copa da Costa contra o Escola Juan Cabrejo que é moi importante para continuar na competición“.

Goles : Primeira metade 0-6 con goles de : Claudia Oanes, Andrea Varela, Andrea Rodríguez, Laura e Claudia Pérez, (este último de penalti). Na segunda marcaron : Claudia Oanes, Andrea, Laura e Claudia Pérez.

 

-CLASIFICACIÓN-

 Corme CF : 65 puntos

 CF Muxía : 56 puntos

3º Ponteceso SD : 50 puntos

 Bergantiños FC B : 48 puntos

 UD Corcubión : 45 puntos

 EFCC “Juan Cabrejo” : 43 puntos

 Cabana SD : 38 puntos

 CF Mazaricos : 37 puntos

 SCD Pastoriza B : 21 puntos

10º Soneira SD : 21 puntos

11º Sporting Zas : 16 puntos

12º UD Cerqueda : 12 puntos

13º SD Fisterra : 6 puntos

14º SD A Baña : 6 puntos

 

-PREVIA-

-24ª Xornada-

(11/04/2025)

UD Corcubión – Soneira SD, ás — horas

UD Cerqueda – Corme CF, ás — horas

EFCC “Juan Cabrejo” – Sporting Zas, ás — horas

CF Muxía – CF Mazaricos – , ás — horas

SCD Pastoriza B – SD A Baña, ás — horas

Ponteceso SD – Bergantiños FC B, ás — horas

Cabana SD – SD Fisterra, ás — horas

 

AVISOS

 -Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poñeremos na AXENDA PIRATA os oficiais.

-Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

-Estamos abertos a recibir comentarios dos encontros por parte dos adestradores, xogadoras, colaboradores dos clubes, ou diretivos, ou tamén fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.

 

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto EF Juan Cabrejo : Dulce “Corcu”

-Foto Zas : Prensa Sporting Zas

-Foto, texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies