O Zas sigue aguantando a presión no liderato.
O lider Zas non fallou ante o Seaia, (2-1), a pesares de quedarse con 10 a media hora de xogo e tendo que remontar e aguanta a presión do Sofán que goleaba a un Laxe o que se lle está a facer longa a tempada. Golpe enriba da mesa do Malpica que goleaba a un rival direto polo ascenso coma o Volantes, (3-0), resultado que aproveitou o cerqueda para seguir na loita pola promoción, unha loita na que tamén está inmerso o Oza que se levaba os 3 puntos de Camelle.
GOLEADORES
Ismael Ramos, (Sofán B), fixo 2 goles e chegou esta xornada aos 30, en 21 encontros. Tamén marcou Raúl Corzón, (Sporting Zas) e sigue segundo con 28 tantos en 20 choque e no terceiro chanzo Adrián Vázquez, (Sofán B), que marcou 2 e suma 27 tantos, (1 pen).
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª DA COSTA
-23ª Xornada-
-16/03/2025-
CF Muxía B 0-5 Atlético Pereiriña FC
Sporting Zas 2-1 Sporting Seaia CF
SD Camelle 1-2 SD Oza
CD Baiñas 0-0 CD Nantón
UD Cerqueda 3-1 SCD Buño
SD Sofán B 8-0 SD Laxe
SCD Malpica 3-0 Volantes de Baño FC
Descansa : Inter de Brens
-CRÓNICAS-
CF Muxía B 0-5 Atlético Pereiriña FC
Isidro Caamaño, (Adestrador do CF Muxía B) : “Un encontro malo no que por mor dun erro o Pereiriña ponse por diante o cuarto de hora de xogo e pasamos a ser claros dominadores tendo ocasións como para empatar e remontar e irse o descanso por diante pero non foi así. Na segunda metade encaixamos moi pronto houbo baixada de brazos con este gol e o Pereiriña con maior experiencia as 3 que tivo enchufounas“.
Goles : 0-1, Agusto, (14´); 0-2, Martín, (52´); 0-3, Brais, (57´); 0-4, Juan “O vello”, (60´); 0-5, Agusto, (84´).
Vitoria do Zas en inferioridade numérica.
Sporting Zas 2-1 Sporting Seaia CF
Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “Encontro disputado no San Andrés ante unha gran afluencia de público, nun ambiente propio do tramo final da tempada, onde cada punto vale ouro.
O Seaia comezou sorprendendo e adiantouse moi pronto no marcador cun balón ás costas da defensa do Zas, aproveitando un desaxuste para facer ó 0-1. A resposta local non se fixo esperar, dominando a posesión e xerando varias ocasións claras, pero sen acerto ante a portería do Seaia. A situación complicouse ainda máis cando, pasada a media hora de xogo, Adrián Rama viu o cartón vermello, deixando ao equipo cun home menos para o resto do encontro.
Pero este Zas ten carácter de campión, e apenas uns minutos despois, Roberto Amoedo sacou un disparo espectacular dende o medio do campo que entrou pola escadra, un auténtico golazo imposible de deter para o porteiro do Seaia, poñendo o 1-1 e devolvendo a esperanza aos locais. O colexiado foi gañando protagonismo con decisións discutibles, pero co empate chegaríamos ao descanso.
Na segunda metade, a pesar da inferioridade numérica, o Sporting Zas saíu mellor, controlando o balón e xerando as mellores ocasións. A insistencia tivo premio cando, aos 15 minutos da reanudación, o árbitro sinalou penalti por man dentro da área. Raúl,converteu desde os once metros para darlle a volta ao marcador e poñer o 2-1 no marcador.
Os últimos minutos foron de empuxe do Seaia, que buscou a igualada con balóns longos, pero o Zas soubo manexar a vantaxe con oficio, sen conceder opcións claras ao rival. Con esta vitoria, o equipo encadea 12 triunfos consecutivos e segue firme na súa loita polo campionato e o ascenso”.
Goles : 0-1, Sergio, (10´); 1-1, Roberto Amoedo, (32´); 2-1, Raúl Corzón, (58´de penalti).
Incidencias : O colexiado Pablo Rama expulsou con vermello direto ao xogador do Sporting Zas, Adrián Rama a media hora de xogo.
SD Camelle 1-2 SD Oza
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Saleu con moita velocidade o Oza, (xa contabamos con eso), e pronto abriron o marcador nunha xogada mal cuberta por nós e o pouco poñeríanse 0-2 logo dun penalti. Non baixamolos brazos e empezamos a xogar e a trenzar algunha xogada pero as cousas non saían. O Oza buscaba contras e gozando de oportunidades pero tampouco acertarían.
Axustamos filas tralo descanso e case na primeira xogada, nun balón en longo, Lucas recortaría distancias tras un man a man. A partires de aí o partido foi un “correcalles” con oportunidades para os dous lados, con balóns longos por ambas partes, pero ainda así intentaríamos trenzar xogadas por banda e centros, pero outra vez as cousas non sairon.
Foron expulsados un xogador de cada equipo por unha pequena tangana no minuto 65, ainda así o partido seguiu igual de tolo pero o marcador non se movería”.
Xogamos con : David Caamaño, Vicente, Dido, Ruso, Martín, Steven, David Vázquez, Fabian, Kampi, Josiño e Lucas Caamaño. Tamén xogaron : Lucas Dios, Sandro, Raiku e Gabi.
Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Partido no que sabíamos que nos iba costar conseguir os tres puntos, xa que é un rival que se fai moi forte no seu campo e íbamos xogar nun terreo de xogo ao que non estamos acostumados.
Empezábamos o partido moi forte, gañando a maioría dos duelos e xa antes de cumprir o primeiro minuto de xogo unha prolongación de Archi, Nacho engancha o balón de primeiras e mandaría o balón rozando o pau, seguíamos intentando de tódalas maneiras e sin correr moito risco na zona defensiva, ata que no minuto 11, Christian, xuvenil de primeiro ano, que está a facer un temporadón tanto nos xuvenis coma connosco. Colle un balón no centro do campo, conduce ata a liña de tres cuartos e pon un balón perfecto para que Abib controlase da mellor maneira e só contra o porteiro crúzalla moi ben.
Seguíamos insistindo, xa que sabíamos que ese 0-1 non nos garantizaba nada e 5 minutos despois do gol de Abib, Archi fai unha internada por banda e no seu intento de meterse hacia dentro o seu central chega algo forzado e pitaríase penalti. Un penalti moi protestado polos locais xa que entenden que non e suficiente contacto como para selo. Transformaría o propio Archi,. Pouco máis que destacar deste primeiro tempo, o partido volveríase tolo, balóns en longo buscando as costas dos centrais, pouco xogo controlado e un medio do campo que apenas entraba en xogo e asi irían pasando os minutos ata chegar o tempo de lecer.
Xa no descanso falamos no vestiario que cero confianzas, que non nos podíamos dormir que había que intentar sentenciar pronto, que en calquer momento o Camelle metíase no partido, e asi foi, segundo 20 do segundo tempo, balón en longo, descoordinación entre a defensa e Samuel e aí chega Lucas, o máis listo da clase para definir con unha expléndida vaselina a Samuel, aí si que o Camelle nos encerrou un pouco no noso campo e nós non sabíamos por donde sair.
Sentáranos mal o descanso e estábamolo demostrando, ata que no minuto 62 un balón aillado que acaba en saque de banda, o lateral deles propínalle unha bofetada o noso dianteiro sin facer nada e este comete un erro de infantís, levantándose e devolvéndolla, sendo así os 2 expulsados polo colexiado. A partires de aí un partido moi tolo, un Camelle algo mellor ca nós buscando o empate e nós intentando matar o partido as contras pero non o logramos, chegando con este resultado o pitido final.
O mellor do partido foron os 3 puntos que trouxemos para Carballo e pensar xa no partido da semana que ven, que recibimos no Carral o Sporting Zas, líder da categoría e de seguro que nos complica as cousas moito“.
Goles : 0-1, Abib, (11´); 0-2, Archi, (16´de penalti); 1-2, Lucas Caamaño, (46´).
Incidencias : O colexiado do encontro Óscar Santos, expulsou a Vicente do Camelle e a Archi do Oza tras un rifirafe antre os dous no minuto 62.
CD Baiñas 0-0 CD Nantón
Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Unha primeira parte un pouco descontrolada condicionada polo vento na cal o tíñamos en contra e non éramos capaces de establecer un control do partido e cun Baíñas que estivo algo mellor ca nós en ese sentido. Unha primeira parte sin grandes ocasión salvo un man a man de Yago que salva o meta local.
Na segunda parte xa co vento máis calmo e a favor, fomos xa capaces de impoñer algo de autoridade no xogo e as chegadas de perigo foron indo a máis. Un balón de Jorge o pau, 2 tiros de Yago que saen desviados por pouco, outro remate de Cabeza de Jorge que saca milagrosamente o porteiro e un tiro potente dende a frontal dó área de Maikel, foron as máis claras pola nosa parte.
Ainda así con todo ese dominio en ocasións iba ser o Baiñas o que dispoñería da ocasión máis clara do partido logo dun erro noso, un pase atrás deixa o dianteiro man a man co noso porteiro e acaba en penalti. Jose adivina o lado e sálvanos do que sería un resultado moi inxusto xa que si alguén merecía gañar penso que era o Nantón pola cantidade de situacións de gol que xeramos. Destacar a actuación do porteiro local.
Un punto que nos sabe a pouco e que sigue alongando a nosa mala sorte de cara a gol“.
Goles : 0-0.
A mezcla de xuventude e veteranía no Cerqueda.
UD Cerqueda 3-1 SCD Buño
Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido dominado con balón de principio a fin pero no que apenas se xeraron ocasións claras de gol na primeira parte.
Xa na segunda adiantouse o Buño nunha xogada aillada, e parece que nos serviu para despertar e ir a polo partido como había que habelo feito antes. Bo partido en global e volvemos a sumar de 3″.
Goles : 0-1, Andrés, (48´); 1-1, Brais, (52´); 2-1, Salah, (62´); 3-1, Chrístian, (75´).
SD Sofán B 8-0 SD Laxe
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Fomos a Sofán con baixas moi importantes e notouse desde o principio. A primeira parte ainda aguantamos, pero na segunda notouse ainda máis a diferencia antre os dous equipos. A ver si vamos recuperando xente”.
Goles : 1-0, Piedrafita, (5´); 2-0, Adrián Vázquez, (13´); 3-0, Adrián Vázquez, (46´); 4-0, Iván, (55´); 5-0, Isma Ramos, (59´); 6-0, Breogán, (74´); 7-0, Isma Ramos, (75´); 8-0, Nacho Moreno, (85´).
SCD Malpica 3-0 Volantes de Baño FC
Goles : 0-1, Alejandro Louro, (18´en propia porta); 2-0, Jonatan, (30´); 3-0, Francisco José, (67´).
Descansou : Inter de Brens
-CLASIFICACIÓN-
1º Sporting Zas : 57 puntos
2º SD Sofán B : 53 puntos
3º SCD Malpica : 52 puntos
4º Volantes de Buño FC : 49 puntos
5º UD Cerqueda : 43 puntos
6º SD Oza : 36 puntos
7º Atlético Pereiriña FC : 31 puntos
8º CD Baiñas : 27 puntos
9º CD Nantón : 25 puntos
10º Sporting Seaia CF : 18 puntos
11º SD Camelle : 16 puntos
12º SCD Buño : 15 puntos
13º Inter de Brens : 14 puntos
14º CF Muxía B : 11 puntos
15º SD Laxe : 8 puntos
PREVIA
-24ª Xornada-
-23/03/2025-
Sporting Seaia CF – Atlético Pereiriña FC, ás — horas
SD Oza – Sporting Zas, ás — horas
CD Nantón – SD Camelle, ás 17:00 horas
SCD Buño – CD Baiñas, ás — horas
SD Laxe – UD Cerqueda, ás — horas
Volantes de Baño FC – SD Sofán B, ás 17:00 horas
Inter de Brens – CF Muxía B, ás — horas
Descansa : SCD Malpica
AVISOS
-Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.
-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.
-Foto Cerqueda : Adrián “Gurita”
-Fotos Zas : Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores