CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 23ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “VITORIAS DE XALLAS E CEE E DESCARRILAMENTO DO DUMBRÍA”.

Celebración tradicional do Xallas no vestiario.

Importante vitoria do Xallas para seguir presionando o lider Pastoriza, que se mantén en solitario cun punto por enriba das xalleiras. Tamén sumaba de 3 o Cee que goleaba o Sporting Meicende, 83-0), e o que daba a de cal e dunha maneira que non nos ten acostumados era o Dumbría que tras remontarlle o gol inicial o Orzáb B e acabar a primeira metade 1-2, na segunda sufría un descarrilamento para acabar caendo por 7-2.

GOLEADORAS

Ánxela Prado, (CD Lugo B), que fixo 1 esta semana, e ten 23 goles en 20 choques empata na cabeza da táboa ca muxiana Eva Lema, (CF Dumbría), que non marcou esta semana e tamén suma 23 goles, (3 penalti), en 20 encontros. Segunda é outra costeira, Paula Veiga, (UC Cee), é terceira con 20 goles en 18 encontros, (2 de penalti), os mesmos ca Lucía Camisón, (SCD Pastoriza), con 20 en 21 choques, todos os goles de xogada.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-23ª Xornada-

-16/03/2025-

Xallas FC 4-0 Silva SD

 PM Friol B 1-0 Orillamar SD

 Orzán SD B 7-2 CF Dumbía

Cultural Maniños 0-2 SD Tordoia

Brexo Lema SD 1-1 UDJ Almeiras

UD Carral 3-1 CD Lugo B

UC Cee 3-0 Sporting Meicende

Sporting Burgo 0-1 SCD Pastoriza

 

CRÓNICAS

 

Orzán SD B 7-2 CF Dumbría

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Partido que pese a non competilo da mellor maneira desde o inicio conseguimos ir con ventaxa no marcador o descanso, sin saber moi ben o como e o porque na segunda parte non soubemos competir como estábamos acostumadas a facelo, certo e que tiñamos baixas importantes, pero non e escusa, non podemos dar esta imaxe.

Enfrentámonos a un equipo con calidade e fame, e nós fomos un equipo con medo e con dúbidas, o cal demostramos que ainda e a nosa realidade e non estamos preparadas para competir de momento por algo máis. Outro aprendizaxe para seguir traballando e medrando.

Goles : Primeira metade 1-2. Comezou marcando Marta para as coruñesas, (24´), e remontaban as dumbriesas con goles de Paula Fandiño, (27´) e Claudia Gundíns, (36´). Na segunda empatou Sara, 848´), para as coruñesas e completaron o 7-2, Alexia con 2, (o primeiro de penalti), Marta, Sara, e Ángela.

 

Xallas FC 4-0 Silva SD

Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Volvíamos a noso feudo tras a dura derrota do finde pasado, ante o único rival que nos gañou na primeira volta. Sabíamos que tíñamos que volver a senda da victoria para seguir pelexando polos obxectivos marcados e así foi. Saimos ao campo loitando cada balón, sen deixar xogar case as rivais.

O primeiro gol chegou nunha apetura en banda de Espasandín a Oli e esta fai unha aunténtica obra de arte dende a frontal da área. O segundo chegaría tras unha gran xogada combinativa, na que Barcia fai un bo 1 vs 1 e saca un bo centro, que remataría Carla na área chegando dende atrás con esa forza que nos acostuma en cada acción, partidazo da nosa mediocentro no dia de hoxe.

O terceiro chegaría nunha nova xogada de Barcia por banda que saca un novo centro e remata as redes a nosa flamante convocada coa Selección Galega Sub 16 ” Espasandín”.

Teríamos algunha ocasión máis por medio de Cali que a porteira fai un autentico paradón, tras quedar soa contra ela, tras un gran pase de Oli. Facal tamén o intentaría cun par de tiros dende a frontal.

Tras o descanso facemos cambios e seguimos dominando cun gran xogo combinativo, metería o cuarto Cali a pase de Espasandín.Teríamos de novo ocasións por medio de Carmen, tras un bo centro de Yaiza ou de Oli que pica o balón por enriba da porteira e vaise fora por moi pouco. Rosío tería que aparecer nun xogada aillada, cunha gran parada nun man man. Gran partido das nosas para seguir pelexando o liderato“.

Goles : 1-0, Olalla, (7´); 2-0, Carla, (22´); 3-0, Espasandín, (35´); 4-0, Aintzane, (52´).

 

UC Cee 3-0 Sporting Meicende

Goles : 1-0, Naiara, (11´); 2-0, Naiara, (47´); 3-0, Lucía Ramos, (51´).

Se alguén, (xogadora, directivo/a, colaborador/a do clube, afeccionado/a), quer colaborar mandándonos a información do UC Cee femeinino pode facelo contactando connosco.

 

-CLASIFICACIÓN-

SCD Pastoriza : 60 puntos

Xallas FC : 59 puntos

 UD Carral : 48 puntos

Orzán SD B : 45 puntos

5º Sporting Burgo : 45 puntos

 SD Tordoia : 44 puntos

7º UC Cee : 42 puntos

8º CF Dumbría : 40 puntos

9º PM Friol B : 28 puntos

10º CD Lugo B : 24 puntos

11º Brexo Lema SD : 21 puntos

12º Orillamar SD : 19 puntos

13º UDJ Almeiras : 17 puntos 

14º Cultural Maniños : 17 puntos

15º Sporting Meicende : 14 puntos

16º Silva SD : 8 puntos

 

-PREVIA-

-24ª Xornada-

-16/03/2025-

Orillamar SD – Silva SD, ás 16:30 horas 

CF DumbíaPM Friol B, ás 12:00 horas 

SD TordoiaOrzán SD B, ás 18:00 horas

UDJ Almeiras – Cultural Maniños, ás 12:00 horas 

CD Lugo B – Brexo Lema SD, ás 18:00 horas 

Sporting Meicende – UD Carral, ás 19:00 horas 

SCD Pastoriza – UC Cee, ás 16:30 horas 

Sporting Burgo – Xallas FC, ás 16:30 horas 

 

AVISOS

A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.

As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Foto Xallas : Eloy García

-Texto : Xosé Búa “Pirata

-Comentarios : Os adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies