RESULTADOS
(Equipos “Zona Pirata”)
23ª Xornada
16/02/2020
SD Negreira 0-3 SD Soneira
Atlético Riveira 2-0 SD Tordoia
Volantes de Baño CF 1-0 Praiña Sporting Club
CF Dumbría 2-2 CD Unión
CD Baio 4-2 SD Piloño
CF Mazaricos 1-1 Esclavitude SD
José Manuel “Sil” adestrador do Volantes de Baño CF.
CRÓNICAS
Volantes de Baño CF 1-0 Praiña Sporting Club
O Volantes de Baño CF vencía ao 8º clasificado o Praiaña Sporting Club, nunha semana de “augas revoltas” no clube muradán, xa que o venres pola tarde parece ser que o técnico José Manuel “Sil”, presentaba a sua dimisión do cargo, e tras unha xuntanza da diretiva aceptábase i era destituido do seu cargo. Segundo nos comentaba un dos xogadores, o venres pola tarde : “nós estamos co adestrador e queremos sacar esto adiante, polo que se él se vai, somos moitos os que tamén nos iremos”. José Manuel “Sil”, é un dos artífices dos mellores intres da historia do equipo de Baño, que a pesares de estar destituido dirixeu o encontro ante o Praiña, para que os xogadores fosen e non deixasen o equipo e acadaban a vitoria cun solitario tanto de Charles aos 11 minutos de xogo.
José Manuel “Sil”, (Adestrador do Volantes de Baño CF) : “Creo que o Volantes foi mellor en todos aspectos do xogo. Non nos fixeron ningunha ocasión, e nos tivemos infinidade delas. Como en casi todos partidos este ano. Ainda que como é normal só se mira o marcador, eu como adestrador teño que estar un peldaño por enriba e analizar os partidos, e salvo en 3 fomos moi superiores o rival, en ocasións creadas e recibidas, que creo que é como se ten que medir que equipo foi superior. Non por o número de pases senón por ocasións creadas e recibidas. Despois evidentemente está o acerto e hai equipos con moi bos xogadores que con unha ocasión fan dous goles, e outros no que un xogador falla 5 ou 6 “man a man” co porteiro nun partido“.
Volantes de Baño CF : David, Charles, Alejandro, Thiago, Rubén, Jesús, Sergio, Juan “Rachón”, Berto, Óliver e Roberto Amoedo. Tamén xogaron : Godofredo, Damián, Abel, e Ángel.
Goles : 1-0, Charles, (11´).
CF Dumbría 2-2 CD Unión
Remontou o CF Dumbría o gol inicial dos barbanzáns tras un penalti aos 19 minutos de xogo, con goles de Yuyo e Marcote, pero tras acadar o máis difícil e sen tempo a disfrutalo igualabanlle o encontro os visitantes.
Pablo Conde , (Adestrador do CF Dumbría) : “Cando nos chegue o seu coemnatrio colgarémolo aquí”.
CF Dumbría : Ánxo, David García, Samuel, Berto, David Pasantes, Sergio, Darío Capelo, Yuyo, Diego Cespón, Jose Marcote e Caamaño. Tamén xogaron : Mario, Pablo, Santi Castro, e José Manuel “Gusa”.
Goles : 0-1, Iván, (19´ de penalti); 1-1, Yuyo, (66´); 2-1, Marcote, (76´); 2-2, Sergio Ramos, (79´).
SD Negreira 0-3 SD Soneira
Vitoria incontestable do SD Soneira para chagar a este descanso do “Entroido” afianzando a terceira praza e a 2 puntos do lider CF Dumbría e tan só 1 do segundo chanzo, ocupado polo SD O Pino.
Pedro Gómez, (Adestrador do SD Soneira) : “Cando nos chegue o seu coemnatrio colgarémolo aquí“.
SD Soneira : Javier Souto, De la Sierra, Javi “Rubio”, Crístian, Ricardo, Diego Lois, Brais Mouzo, Adrián, Mario, David e Javier Alonso. Tamén xogaron : Alejandro, Basti, Alberto, e Rober “Pladur”.
Goles : 0-1, Ricardo, (13´); 0-2, De la Sierra, (52´); 0-3, Rober “Pladur”, (90´).
Incidencias : O colexxiado Adrián Casal, asistido nas bandas por Mario Sanín e Íiria García, expulsou con vermello direto no banco o xogador do SD Soneira, Darío, (21´), e tamén con vermello direto abandoaría o terreo de xogo o xogador nicraniense, Ander, (87´), e con dobre cartón, Stefan, (90´e 90´).
Soubo a pouco o punto acadado no “Pedra d´Ouro”.
CF Mazaricos 1-1 Esclavitude SD
Chicho, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido unha vez máis condicionado polo fuerte vento e chuvia reinante
Salimos co vento a favor cun posicionamiento avanzado para aprovechar o condicionante do aire… E durante toda a 1 parte tuvemos o Esclavitud cerrado na sua área…Pero erramos en 2 ocasións claras de Viturro e Kevin. Acabando o 1 tempo hai un clarísimo penalty num tiro de Maroñas que un central saca coa man debaixo dos paus cando o balón entraba… Pero desgraciadamente nin o árbitro, nin o línea o acertaron a ver. Sin máis chegamos o descanso e facemos premisa en que co vento en contra as axudas en defensa iban ser claves para frenar o 2 balón. O equipo sale moi ben e Barbeira erra por 2 veces ocasións claras, nunha contra no único fallo defensivo o Esclavitud pódese poñer por diante pero aparece Dani Fedello para salvar cunha man espectacular. Seguimos facendo máis cousas para ir por diante pero non acabamos de definir e facemos cambios ofensivos para tratar de chegar con máis xente cando pisamos área rival. Raúl CHUMIKO transforma pola escuadra unha falta o borde da área que lle fan a Viturro. Aí tivemos outra ocasión para matar o partido… Pero hoxe non estubemos finos de cara o gol… E no desconto co partido morrendo non acertamos a despexar ben un balón largo deles…E no rexeite cáelle o seu extremo esquerdo que fai o empate. Sin máis tempo para máis, escapanse 2 puntos ante un rival direto… E deixanos un sabor agrio polo bo facer do equipo que sigue en línea ascendente en canto a traballo e compromiso.Toca pensar no Flavia para o día 1 de Marzo, e aproveitar o descanso de Antroido para seguir entrenando“.
CF Mazaricos : Dani “Fedello”, Fano, Raúl “Chumiko”, Mario, Maroñas, Pose, Adrián, Piqui, Borja, Barbeira, Yago, Kevin, Ricardo e Vitu. Tamén xogaron : Isma Pedrosa, Raúl, e Yago Dosil.
Goles : 1-0, Raúl “Chumiko”, (80´); 1-1, Antón, (90´).
CD Baio 4-2 SD Piloño
Encontro moito máis complicado do que di o resultado xa que tras adiantarse os baieses nas primeiras de troco, vían como cun tanto o fío do descanso e outro os poucos do reinicio, empataban os visitantes. Conseguían empatar un cuarto de hora despois os baieses, e non sería ata o treito final cando se decantaría o choque o seu favor definitivamente, cun gol de penalti de Martín “MC”, (que xa fixera anteriormente o da igualada), e outro de Iván Rodríguez no desconto.
Bruno, (Delegado do CD Baio) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.
CD Baio : Diego, Norberto, Martín “MC”, Bieito, Braian, Santiso, Iván Rodríguez, Iván García, Adrián, Yago e Alejandro. Tamén xogaron : Mario, David e Sergio.
Goles : 1-0, Iván García, (6´); 1-1, Diego, (38´); 1-2, Diego, (52´); 2-2, Martín “MC”, (66´); 3-2, Martín “MC”, (82´ de penalti); 4-2, Iván Rodríguez, (desconto).
Incidencias : O colexiado do encontro, Denís Añón, que estivo asistido nas bandas por Víctor Jacobo Rodríguez e Pablo Carreira, expulsou con vermello direto no desconto ao adestrador visitante Román Blanco, e ao seu axudante Daniel Machado e no 82´ensinoulle dous cartóns o goleador visitante Diego.
Atlético Riveira 1-0 SD Tordoia
Dani Calvete, (Adestrador do SD Tordoia) : “Partido condicionado polo forte vento. Non fomos capaces de encontrarnos cómodos en ningún momento. Houbo ocasións para os dous lados. O Ribeira poñeríase por diante na primeira parte e aguantaría moi ben do resultado. No desconto despois de ter unha moi clara para empatar, faríannos o definitivo 2-0 nunha contra”.
SD Tordoia : Juan J. Cornes, Alejandro, José Antonio, Iván, Martín, Denís, Daniel, Manuel, Óscar, Dubra e Jorge. Tamén xogaron : Rubén Fariña, Rubén Fraga, Nicolás, e Adrián.
CLASIFICACIÓN
CF Dumbría : 1º con 44 puntos
SD Soneira : 3º con 42
SD Tordoia : 7º con 34
CD Baio : 12º con 29
CF Mazaricos : 13º con 26
Volantes de Baño CF : 17º con 23
24ª Xornada
01/03/2020
SD Soneira-SD Agolada : ás 16:30 horas
SD Tordoia-SD Negreira : ás 16:30 horas
SD O Pino-Volantes de Baño CF : ás 16:30 horas
CF Dumbría-CD Unión : ás 16:30 horas
CD Lalín-CD Baio-SD Piloño : ás 16:30 horas
Flavia SD-CF Mazaricos : ás 16:30 horas
–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.
www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.