CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 22ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “VITORIA DO SAN LORENZO NUN DOS DERBIS PARA DEIXAR O “FAROLIÑO VERMELLO” E EMPATE NO OUTRO ANTRE ESTEIRANA E FISTERRA E DOLOROSAS DERROTAS DO CASTRIZ E O DUMBRÍA”.

O San Lorenzo deixa o “faroliño vermello”.

 

Aquí tedes as crónicas e moito máis da 22ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.

Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.

CRÓNICA XERAL

Tíñamos dous derbis esta xornada, tal e como xa vos anunciábamos nas crónicas da semana pasada e na nosa “AXENDA PIRATA”, e mentres que no que se xogana mo “Xosé Luis Vara”, antre o Esteirana e o Fisterra, non se pasaba do empate a ceros nun campo con ambientazo e nun choque con emoción ata o final, no outro tamén cun gran ambente no “As Pedreiras”, o San Lorenzo remontáballe o gol inicial ao Muxía no minuto 94. Non acadaba unha vitoria o equipo de Verdillo desde o 29 de Nadal, (3-4 o Bertamiràns). Esta segunda vitoria dos verdilleses válelles para cederlle a praza de colista o Vista legre.

Os outros dous equipos costeiros da categoría, Castriz e Dumbría, sumaban unha derrota nos seus feudos polo mesmo resultado, (0-3).

GOLEADORES

Diego Estévez, (CF Dumbría),  sigue con 21 goles, (1 de penalti), en 19 choques, e como tampouco veu porta Isaac Fábregas, (SD Fisterra), siguen empatados na táboa cos mesmos 21 tantos, (2 de penalti Isaac). Completa o podio de goleadores Adrián García, (SR Calo), con 18 dianas, (4 de penalti).

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

-22ª Xornada-

-16/02/2025-

SD San Lorenzo 2-1 CF Muxía

Club do Mar 2-0 Bastavales UD

SCDR Esteirana 0-0 SD Fisterra

SR Calo 1-3 Vea CF

Vista Alegre SD 1-1 Vizoño SD

SD Castriz 0-3 SD Tordoia

Bertamiráns FC 2-2 SD Agolada

CF Dumbría 0-3 UD Carral

Praiña Sporting Club 0-3 Boimorto CF

 

-CRÓNICAS-

(En elaboraión…)

SD San Lorenzo 2-1 CF Muxía

Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“Partido de moita desputa e xogo directo polo estado do césped, que non consigue recuperarse. Entraba mal o San Lorenzo ó partido e nun erro en saída de balón adiantábase o Muxía. Na primeira metade os locais poucas ocasións crearon salvo algunha xogada a balón parado.

Na segunda metade os locais salen máis enfocados e intesos e nunha xogada que o xuvenil Rodri non da por perdida consegue metela dentro do campo para que fagan penalti sobre Riki, o cal él mesmo transforma para poñer o 1-1 no marcador. Tras este gol o Muxia da un paso adiante e ten varias chegadas con perigo pero non conseguen marcar e mesno o San Lorenzo evita un gol sobre a línea de fondo. Finalmente, os locais, co empuxe da afición, conseguen marcar outro tanto nunha falta que colgan arriba por medio do xuvenil Isma”.

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido complicado nun campo no cal era imposible xogar. Fomos superiores durante todo o partido xerando un montón de ocasións en xogo direto pero a a falla de puntería acabaría por darnos o partido como perdido.

Adiantámonos pronto con gol de Mauro, e na segunda tras 5 ocasións claras de gol chega o empate nun penalti dubidoso, e no derradeiro minuto a única ocasión do San Lorenzo nun balón parado doulle a vitoria“.

Goles : 0-1, Mauro Romaní, (6´); 1-1, Riki, (65´de penalti); 2-1, Isma Pena, (94´).

 

SCDR Esteirana 0-0 SD Fisterra

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “O resultado de cero a cero parece que fala mal do encontro pero non foi así o derbi, non é que houbera moitas ocasións pero sí que houbo ocasións claras por parte dos dous equipos e cun choque moi disputado.

Na primeira metade foron eles moito mellores, sorprendíannos e nós non éramos capaces de axustar pola disposición que eles plantean. Xa me gustou moito este equipo na primeira volta, un conxunto moi be traballado e que nós fixo sufrir moito na primeira metade, ata que conseguimos axustar a defensa, pero antes cometemos moitos erros. Eles no primeiro periodo tiveron bastantes ocasións pero salvounos Joselu, así coma un gol anulado por fora de xogo clara. Nos puidemos marcar nunha indecisión deles na qyue Bruno puido marcar.

Na segunda tamén sairon primeiro mellor, tivemos que cambiar un pouco todo ca lesión de Isma na primeira metade. Xa estivemos mellor no transcurso dos 45 minutos, pero eles tiveron un par delas que saca ben o noso porteiro. Logo xa con achegamentos tívoa Bruno e noutra xogada centro do propio Bruno e Isaac non marca por moi pouco e a máis clara foi un man a man de Isaac que erra na definición, nunha chegada con motos dos nosos. Oli fixo un bo disparo lonxano a base do pau por parte dos esteiráns. Derbi intenso pero sen faltas duras con moito respeto polas duas escadras. Sumamos o terceiro empate seguido e botamos de menos unha vitoria”.

Goles : 0-0

Incidencias : O colexiado Rubén Rodríguez, expulsou no 93 con vermello direto ao xogador fisterran, Isaac Fábregas.

 

SD Castriz 0-3 SD Tordoia

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Un dos peores partidos do Castriz esta tempada, por non decir o peor.
Estivemos xa espesos desde o principio, pero o encontro estaba igualado.

Á media hora empezouse a quentar o xogo, con entradas duras e piques entre os dous equipos, e aí xa perdimos o rumbo, mentras que o Tordoia mantívose estable e manexou ben os tempos do partido, ata desesperarnos.

Espero que polo menos nos sirva para aprender a xestionar este tipo de encontros no futuro”.

Goles : 0-1, Denís, (33´); 0-2, Alberto, (59´); 0-3, Alberto, (68´).

 

CF Dumbría 0-3 UD Carral

Goles : 0-1, Jacobo, (51´); 0-2, Jonatan, (77´); 0-3, Crístian, (94´).

 

-CLASIFICACIÓN-

Club do Mar : 51 puntos

 UD Carral : 48 puntos

CF Dumbría : 45 puntos

 Boimorto CF : 42 puntos

 SD Fisterra : 34 puntos

SR Calo : 33 puntos

CF Muxía : 32 puntos

SD Tordoia : 30 puntos

 SD Castriz : 29 puntos

10º Praiña SPC : 29 puntos

11º Vea CF : 27 puntos

12º SCDR Esteirana : 25 puntos

13º Vizoño SD : 25 puntos

14º Bastavales UD : 23 puntos

15º SD Agolada : 19 puntos

16º Bertamiráns FC : 14 puntos

17º SD San Lorenzo : 10 puntos

18º Vista Alegre SD : 9 puntos

 

PREVIA

-23ª Xornada-

-23/02/2025-

Boimorto CF-SD San Lorenzo, ás 19:00 horas

CF Muxía-Club do Mar, ás — horas

Bastavales UD-SCDR Esteirana, ás — horas

SD FisterraSR Calo, ás — horas

Vea CF-Vista Alegre SD, ás 12:00 horas

Vizoño SD-SD Castriz, ás — horas

SD Tordoia-Bertamiráns FC, ás — horas

SD Agolada-CF Dumbría, ás — horas

UD Carral-Praiña Sporting Club, ás — horas

 

AVISOS :

Os horarios son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.

 

-Foto San Lorenzo : Iván Rojo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

 

 

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies