Punto que non satisface nen a Louro nen a Porteño.
O Camariñas derrotaba o Muros e volvía a abrir fenda na cabeza da táboa tralo inesperado empate do Xallas ante o Cee, (1-1), quedándo os camariñáns con 3 puntos sobre os xalleiros. Arrímase o soneira os de Santa Comba e aguanta a presión do Baio que loita pola promoción na que están os vimiancese con 2 puntos máis cos baieses. Descólganse desta loita, de momento, o Monte Louro e o Porteño tras empatar no duelo direto e xa senten no cogote o Corme que empata cos da Ponte do Porto a 35 puntos e a 1 dos de Louro.
Por abaixo como xa decíamos o Cee empataba e nada menos que co Xallas. Levaban os ceenses 12 derrotas consecutivas desde que empataran na casa do Mazaricos alá polo 16 de Novembro do 2024, (3-3). O resto dos de abaixo aproveitanse de que o Lira non gaña, e desta vez voltou a perder, pois o resto dos que están por arriba tampouco foron quen de gañar. Derrotas de Mazaricos e Muros e empate no enfrontamento direto antre Coristanco e Outes.
Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.
GOLEADORES
Volveu Djibril, (Cam, ariñas FC)despois de 3 meses en Senegal e volveu con dous goles os que lle fixo o Muros para poñerse con 19 goles, en 16 encontros, (6 de penalti), na cabeza da táboa empatado con César Lojo, (UD Corcubión) que tamén ten 19 dianas, pero en 21 choques, (2 pen). Martín “MC”, (CD Baio), está segundo con 15, (3 p) en 21 encontros e pecha o podio Alberto 2Vía”, (Soneira SD), con 12, (4 pen), en 21 xogos.
LIGA DA COSTA
-22ª Xornada-
-09/03/2025-
Corme CF 3-0 Cabana SD
Camariñas FC 3-0 CD Muros
SD Coristanco 3-3 Outes FC
UD Corcubión 1-0 CF Lira
CD Baio 2-1 CF Mazaricos
Soneira SD 3-2 Ponteceso SD
UD Monte Louro 0-0 CF Porteño
UC Cee 1-1 Xallas FC
AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-CRÓNICAS-
Corme CF 3-0 Cabana SD
Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte moi igualada ainda que o Corme estivo máis cómodo que nós no seu plan de partido, buscándonos facer dano por bandas.
Nós tivemos varias ocasións nos pés de Migueliño e na cabeza de Ferreiro, pero serían eles os que acertarían nunha das poucas chegadas que tiveron, índonos 1-0 o descanso.
Na segunda parte saimos coa intención de darlle a volta o partido pero marcaron o segundo na sua primeira chegada e co 2-0 poñíase todo costa arriba. O Corme quedou con 10 pouco despois pero nin así fomos capaces de acortar distancias a pesar de ter ocasións para facelo pero non estivemos acertados, e eles nunha contra ainda fixeron o 3-0 que sería definitivo“.
Xogamos con : Manu Nanton, Mario, Noé, Ferreiro, Aarón, Nando, (David), Hugo, (Miki) Moreno, Simón, Migueliño, (Leis), e Cristian, (Pablo).
Goles : 1-0, Teo, (32´); 2-0, Borja, (48´); 3-0, Yago, (79´).
Incidencias : A colexiada Andrea Barbeira, expulsou con dobre cartón a Aitor do Corme, (32´e 50´).
Virtoia para abrir fenda na cabeza da táboa.
Camariñas FC 3-0 CD Muros
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Vitoria moi im`portante xa que víñamos dunha derrota e había que cortar esa dinámica. Partido moi completo o que fixemos e penso que fomos os verdadeiros dominadores do xogo, da posesión e das ocasións e reflexa o que foi o partido cos meus sempre metidos de cheo no encontro ante un rival que trataba de facernos dano na contra pero que controlamos moi ben. Fomos o descanso con 2-0 e trala reanudación o equipo sigueu ca mesma ambición e gañas e na procura do twerceiro gol para xa acabar con maior tranquilidade como así foi. Tres puntos que nos veñen de marabilla para seguir nesta loita na cabeza da táboa e nun treito da liga no que todo o mundo se xoga algo”.
Goles : 1-0, Djibril, (18´); 2-0, Soule, (34´); 3-0 Djibril, (79´).
SD Coristanco 3-3 Outes FC
Goles : 0-1, Sanchiño, (60´); 1-1, Diego, (60´); 1-2, Martín, (66´); 2-2, Daniel, (78´); 2-3, Yago, (93´de penalti); 3-3. Diego, (95´de penalti).
Incidencias : O colexiado Alberto Pombo, expulsou con vermello direto a José Ángel, (32´) e o técnico Sergio Santamaría con dobre amarela, (87´e 89´), ambos do Outes FC.
UD Corcubións 1-0 CF Lira
Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Un partido moi raro con dominio do Corcubión, con moitas ocasións de gol pero non entraban.
Partido para gañar ben pero ata o minuto 40 da segunda parte, cunha xogada moi boa de César que pasaría o balón atrás e Iago e este marcaría o gol da vitoria. Houbo tres penaltis moi claros que o árbitro non pitou, o Lira tivo un par de ocasións moi boas pero fui un partido que se acabara 4-1 ou 4-2 tampouco pasaba nada.
Sigue o Corcubión mirando máis para arriba que para os postos de abaixo e a ver si seguimos con esta dinámica…Moita sorte o Lira ata o final, a ver si pode salvarse que teño amigos alí”.
Goles : 1-0, Iago Lema, (83´).
CD Baio 2-1 CF Mazaricos
Goles : 1-0, Sergio (16´); 2-0, Pazos, (71´); 2-1, Bryan, (83´).
SD Soneira 3-2 Ponteceso SD
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido donde eles levaron a iniciativa case todo o tempo.Nos saímos replegados intentando sorprender como así foi no primeiro tempo co 0-1 pero despois na segunda parte non nos funcionou tan ben.Eles conseguiron darlle a volta o marcador ponhendose 3-1.
Ainda que recortamos distancias co 3-2 e incluso demos un paso adiante os tres puntos quedaron en Vimianzo de maneira xusta.Arrastramos moitas baixas xa dende inicio de campanha e xa entrando no último tercio de esta vamos ver si non pasamos apuros e seguir remando hasta o final”.
Goles : 0-1, Daniel, (14´); 1-1, Brais, (55´); 2-1, Gusa, (71´); 3-1, Ricardo, (78´); 3-2, Hadrián, (83´).
Incidencias : O colexiado Luis M. Insua, expulsou con dobre cartón no desconto final o 2º adestrador do Soneira, Jesús Antonio Fernández.
Empate no que puido haber goles.
UD Monte Louro 0-0 CF Porteño
Comentario cedido pola páxina de FaceBook do UD Monte Louro : “A pesares do resultado partido moi entretido. Na primeira metade partido moi físico, con moita presión por ambos os lados e salvo unha ocasión de Iker Lado que tirou a bocaxarro e o porteiro fixo un paradón, pouco máis que salientar.
Na segunda metade eles baixaron ou seu ton físico e pouco a pouco dispuxemos de varias ocasións nas que puidemos abrir a lata pero non houbo sorte.
Hoxe temos que destacar a volta do extranxeiro de Abel Rey e de Óscar Farinos que ca súa volta fixéronnos cambiar a dinámica en canto a xogo e manexo do balón…Imos Louro!!!“.
Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Partido igualado ante un equipo moi ben traballado, con moita movilidade de xogadores en ataque e con bo trato de balòn. Tamèn en defensa son moi solidarios e defenderonnos ben colectivamente. Estivo moi igualado sin un dominador claro na primeira mitad con apenas 1 ocasiòn para cada equipo.
Na segunda parte mais do mesmo, eles teñen un remate no 1°pao tras un saque de corner e nos buscando a profundidade con internadas por ambos lados que acabaron en foras de xogo moi o lìmite. Sabìamos que o partido ìa ser largo e disputado e tamèn tiñamos planificado que os que saìran do banquillo ìan ter un papel relevante no partido para intentar rompelo aportando velocidade e profundidade.
O equipo intentouno ata o final, incluso con 10 sobre o tapete tivemos chance para levarnos os 3 puntiños. Algo que tampouco considerarìa xusto para o Louro, xa que eles tamèn fixeron un moi bo traballo e no còmputo xeral o noso porteiro tivo que intervir en 2 remates que ben puideron ser gol. Asì que valoramos moito este punto conseguido ante un moi bo rival nun campo moi dificil. Felicitar ao Louro e a Bibi pola tempada que estàn a facer, na miña opiniòn estàn dentro dos rivais mais duros aos que nos enfrontamos nesta liga“.
Goles : 0-0
Incidencias : O colexiado Borja Buján, expulsou con dobre cartón o xogador do Porteño, Crístian Álvarez, (47´e 74´).
UC Cee 1-1 Xallas FC
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Visitábamos o colista pero xa íamos avisando nos entrenos que era un encontro trampa xa que tódolos rivais apretan e despois os excesos de confianza soen pasar factur e desta volta foi un fel refrexo do que pasou no campo. Comezamos co vento en contra e púxosenos o encontro de cara rápido cun gol de Doro que finalizaba unha xogada por banda. Cada saque de porta rival co forte vento chegaba a nosa porta, o que daba fe ao que perxudicaba o foirte vento. Nun erro en medio campo o Cee empátanos e así iríamos o descanso. Na segunda queríamos ter un pouco máis de calma co vento a favor e tratar de mater e bolón e darlle amplitude o campo, cousa que non fomos quen de facelo, posiblemente no peor encontro que tivemos nesta tempada. Antre o ascenso de confianza e dun Cee que ía de menos a máis. Tivemos ocasións claras, en especuial unha de Doro baizxo paus,. Puidemos levarnos os 3 puntos a pesares de xogar mal, pero decir que eles tamén tiveron as suas. Deixámonos 2 puntos moi importantes e agora hai que trocar o chip e pensar que nos estamos xogando algo e que temos un traballo feito e as veces parece que faltan algo de gañas. Agora a entar cambiar a actitude e optar a estar onde estamos“.
Goles : 0-1, Doro, (11´); 1-1, Ezequiel, (18´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Camariñas CF : 51 puntos
2º Xallas FC : 48 puntos
3º SD Soneira : 42 puntos
4º CD Baio : 40 puntos
5º UD Monte Louro : 36 puntos
6º CF Porteño : 35 puntos
7º Corme CF : 35 puntos
8º UD Corcubión : 33 puntos
9º Ponteceso SD : 31 puntos
10º Cabana SD : 27 puntos
11º Outes FC : 26 puntos
12º SD Coristanco : 23 puntos
13º CD Muros : 23 puntos
14º CF Mazaricos : 22 puntos
15º CF Lira : 14 puntos
16º UC Cee : 6 puntos
-PREVIA-
-23ª Xornada-
-16/03/2025-
Xallas FC-Corme CF, ás 16:30 horas
Cabana SD-Camariñas FC, ás — horas
CD Muros-SD Coristanco, ás — horas
Outes FC-UD Corcubión, ás — horas
CF Lira-CD Baio, ás — horas
CF Mazaricos-Soneira SD, ás 17:00 horas
Ponteceso SD-UD Monte Louro, ás — horas
CF Porteño-UC Cee, ás 16:30 horas
Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.
AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Foto Camariñas : Dulce Crocu
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores