CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 22ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G4 : “VITORIAS DA ESTEIRANA E MIÚDAS E DERROTA DO OUTES ANTES AS LÍDERES MERECENDO MÁIS”.

Esteirana Feminino cos benxamíns campións da costa.

A Esteirana recuperou sensacións goleando as penúltimas, (10-0), e con Bárbara e Rut como apisonadoras. Nos prolegómenos do encontro, (como veredes máis abaixo), saltaron o campo as de Fran Figueroa acompañando ao equipo benxamín da Esteirana que ven de proclamarse campión da Liga da Costa Benxamín, e brindándolle un  “pasillo de campións”. Pola sua banda o As Miúdas derrotaba a un Bastavales, (2-1), que deu máis lata do que marca a sua posición na táboa e o Outes de Dani Salgueiro plantáballe cara o lider, Céltiga, e facía merecementos para sacar algo en positivo, (1-2).

GOLEADORAS

 Rut Castro, (Esteirana), sumou 3 goles para seguir primeira destacada na táboa de goleadoras con 48 tantos, (1 pen), en 19 choques. Segunda pasa a ser a sua compañeira Bárbara Caamaño tras acadar 6 goles ante o Milladoiro e poñerse con 37 en 21 encontros. Empate na terceira praza do podio de goleadoras con Aldara Muñíz, (Juventud Cambados), con 34 goles, 4 deles de penalti e en 21 encontros e Carla Núñez, (Chispa), tamén con 34 goles, en 20 encontros.

Desde hoxe “Copa da Costa Feminina”

Máis abaixo tes o cadro coas datas e horarios, con encontros hoxe, mañán e Domingo. PREME AQUÍ para ver a nosa previa.

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-22ª Xornada-

-13/04/2025-

Juventud Cambados 7-1 EFF Sonnoia Portus Apóstoli

Outes FC 1-2 Céltiga FCF

EFMC Boiro B 7-0 Catoira SD

CD Rois 4-3 CD Mosteiro

ED As Miúdas 2-1 Bastavales UD

SCDR Esteirana 10-0 Milladoiro SD

CCD Taragoña 2-6 SD Chispa

 

-CRÓNICAS-

SCDR Esteirana 10-0 Milladorio SD

 Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Arrancamos o partido da man dos nosos prebenxamíns que viñan de proclamarse campeóns da sua competición no encontro do sábado e contaxiáronos da sua máxia para afrontar o encontro coa mesma ilusión que o veñen facendo eles todo o ano. Son os MELLORES!.

Dende o arranque o duelo só tivo cor local, e puidemos recuperar sensacións con esas transicións rápidas que outrora nos deron tantos goles e puntos, polo que o encontro quedou resolto na primeira metade con Bárbara e Rut facendo o que mellor saben.

Na reanudación condiciónamos a maneira de atacar e quixemos manter a posesión do balón e baixou o ritmo do partido.
A mala nova foi a lesión de Carla, que nos fixo acabar o duelo con 10 xogadoras sobre o campo durante case media hora por un forte golpe nunha perna
“.

Goles : Primeira metade 8-0 con goles de : Rut,(3) e Bárbara, (5). Na segunda metade marcaron : Bárbara e Sandra.

 

O Outes plantoulle cara o lider.

Outes FC 4-3 SCDR Esteirana

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Viñan as líderes a casa, e tiveron que sufrir para levar os puntos. Partido con moitísima intensidade no que empezaba anotando o Céltiga nos primeiros minutos tras un despiste nunha marca pero nós seguimos co noso plantexamento, e antes do minuto 20 empatamos o encontro cunha xogada moi ben trenzada por Carla e Gema pola banda que remataba Erika, que está a recuperar gol. Xogada moi fermosa que denota o traballo do equipo.

A partires de aí o Celtiga intentaba entrar por bada pero sin éxito, e foi xusto antes do descanso nunha falta un pouco polémica que se poñen por diante.

A segunda metade foi máis do mesmo en disputa de balón pero só o Outes xeraba perigo real, pero sen acadar o merecido gol do empate. Tan só unha contra cando estábamos volcadas o ataque fai que elas queden nun man a man coa nosa porteira Lia, que aguantan increiblemente ben e bloca o disparo.

O final os puntos marcharon, pero a sensación do moi bo partido realizado ante as primeiras queda en Outes para darnos máis forzas“.

Goles : 0-1, Patricia, (8´); 1-1, Erika, (17´); 1-2, Alba, (40´).

Incidencias : O colexiado Óscar Costa expulsou con dobre cartón ao adestrador da Esteirana, Fran Figueroa, (26´e 64´), e con vermello direto a xogadora, Lara, (76´).vermello direto 

 

ED As Miúdas 2-1 Bastavales SD

Non vos podemos dar a crónica do comentario das Miúdas xa que non temos colaboración. Está aberta a posibilidade de facernos chegar os comentarios dos encontros así coma fotos tanto por parte de calquer adestrador, diretivo, xogadora ou afeccionado/a. Abaixo de todo están as diferentes maneiras de contactar connosco, así coma nas nosas redes sociais.

Goles : 1-0, Pati, (10´); 2-0, Pati, (48´de penalti); 2-1, Carmen Trigo, (53´).

 

-CLASIFICACIÓN-

Céltiga FC : 61 puntos

 SCDR Esteirana : 50 puntos

 SD Chispa : 49 puntos 

 CCD Taragoña : 47 puntos

 Juventud Cambados : 46 puntos

6º EFMC Boiro B : 37 puntos

ED As Miúdas : 31 puntos

 CD Rois : 30 puntos

 Outes FC : 28 puntos

 CD Mosteiro : 23 puntos

11º Bastavales UD : 22 puntos

12º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 15 puntos

13º Milladorio SD : 9 puntos

14º Catoria SD : -3 puntos

 

-PREVIA-

-23ª Xornada-

-27/04/2025-

SD Chispa – Juventud Cambados, ás — horas

EFF Sonnoia Portus Apóstoli Outes FC, ás — horas

Céltiga FCF – EFMC Boiro B, ás — horas

Catoira SD – CD Rois, ás — horas

CD Mosteiro – ED As Miúdas, ás — horas

Bastavales UD – SCDR Esteirana, ás — horas

 Milladoiro SD – CCD Taragoña, ás — horas

 

 

AVISOS

-Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.

 -Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.

 

-Foto Outes : Dani Salgueiro

-Foto e vídeo Esteirana : Fran Figueroa

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Os adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies