CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 21ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “O CORME AS PORTAS DE CANTAR O “ALIRÓN” QUE PODERÍA SER NA VINDEIRA XORNADA”.

O Begantiños B empataba co Juan Cabrejo.

Nova vitoria do lider Corme e xa está a tiro de encontro e medio para cantar o “alirón”, con 5 que quedan por disputar e sempre que o Muxía gañe na vindeir xornada na que recibe ao Bergantiños que non pasaba do emapte co Juan Cabrejo nas Eiroas, (2-2)

GOLEADORAS

Naroa Parga, (Corme CF), fixo dous e xa suma 51 goles nos 21 encontros disputados. A muxiana Patri Romaní, (CF Muxía), non xogou e sigue con 20 materializados en 19 choques, e Barca Toba, (CF Muxía), que sumou un de penalti ante o Fisterra xa ten 19, (6 p) en 13 encontros. De derrotar na vindeira xornada o Corme o Soneira en Vimainzo e si o Muxía non acada a vitoria ante as bergantiñanans as cormelanas xa serían campionas de liga. As muxianas derrotaban a domicilio nesta xornada ao Fisterra, (0-4), e o Ponteceso a un punto das de Carballo, (4ª), goleaba ao Pastoriza B. Nos duelos parexos o Corcubión que vai 5º derrotaba ao Mazaricos, namentras que o Cerqueda levábase os puntos ante o A Baña, nun choque moi igualado, o mesmo co Soneira ante o Zas.

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-21ª Xornada-

(30/03/2025)

Cabana SD 0-2 Corme CF

Sporting Zas 2-3 Soneira SD

CF Mazaricos 1-2 UD Corcubión

SD A Baña 1-2 UD Cerqueda

Bergantiños FC B 2-2 EFCC “Juan Cabrejo”

SD Fisterra 0-4 CF Muxía

Ponteceso SD 6-1 SCD Pastoriza B

 

-CRÓNICAS-

Corme CF Feminino

Cabana SD 0-2 Corme CF

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Recibía o Cabana o líder invicto da competición e tentou poñelo en problemas pero o Corme impuxo o seu ritmo dende o primeiro. Defendíase ben o Cabana e tentaba contragolpear pero a defensa do Corme mostrábase firme. As visitantes achegábanse a portería de Míriam pero non conseguían transformar ata que apareciu Naroa e poñía o 0-1 no marcador.

Na segunda parte seguiu a mesma tónica cun Corme máis dominador e un Cabana combativo que poñía nalgún apreto as visitantes, pero volvía a ser Naroa quen poñía o 0-2 definitivo”.

Xogamos con : Miriam, Alison, (Begoña), Sheila, Laura, Valeria, (Antia Torres), Inma, Iria (Jessie Pose), Alejandra, Irene, Natalie (Nuria), e Saray, (Aroa).

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Primer partido do ano con calor e penso que eso afectou bastante a ambos equipos, pola nosa parte nunca fomos capaces de darlle continuidad o xogo, e ainda que por momentos si que éramos reconocibles, o sofoco polo calor fíxonos moitas veces xogar con precipitación e en consecuencia, moitas imprecisións.

Partido marcado tamén polas baixas en ambos equipos, no que penso que controlamos ben de principio a fin, e como única pega, a maiores do xa mencionado, non estivemos ben nos últimos metros, unhas veces por culpa de Míriam, QUE BARBARIDAD DE PORTEIRA!!!, e outras veces por malas decisións nosas …
+3, portería a cero e minutos para todas, así que a pola seguinte final!!!

Darlle a Noraboa a éste Cabana, e a Jose Manuel particularmente, por que esté quen esté no campo, cero escusas e sempre compiten!!!“.

Xogamos con : Lucía, Saskia, Laura, Irene, Zeltia, Olalla, Lucía, Natalia (Aurora) (Aroa), Ana (Candela), Naroa, e Cris.

Goles : 0-1, Naroa, (30), 0-2, Naroa, (51´).

 

Bonito encontro antre Zas e Soneira.

Sporting Zas 2-3 CSoneira SD

Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido entre dous equipos moi similares, con unha parte para cada equipo.
Na primeira parte máis balón para o Soneira pero sin perigo ainda que se adelantaría nunha xogada illada para ir mandando o descanso.

A segunda parte foi total para o Zas que logo facía o empate, pero noutra xogada de mala sorte zaense volvía adiantarse o Soneira. Seguía xerando e intentando o Zas que facía o empate no 90, e cando parecía que o partido acababa así, outra mala xogada defendida acababa no 2-3 final, favorable o Soneira”.

Goles : 0-1, Uxía, (11´); 1-1, Nuria, (55´); 1-2, Uxía, (58´); 2-2, Tania, (90´); 2-3, Zoe, (93´).

 

CF Mazaricos 1-2 UD Corcubión

Goles : 1-0, Silvia, (30´); 1-1, María Castro, (59´de penalti); 1-2, Noa, (66´).

 

 SD A Baña 1-2 UD Cerqueda

Leti Fernández, (Adestradora do SD A Baña) : Primeira parte en donde o equipo local aguantou moi ben, nun bo traballo de todas as xogadoras. Conseguimos chegar varias veces á portería rival sen resultado de gol.

Na segunda parte, sería Paula, quen estrenaría o noso marcador. Alegría que nos durou pouco posto que o equipo rival marcaría en cuestión de segundos tralo saque do medio campo.

O segundo gol chegaría por un penalti, consideramos erróneamente pitado pola colexiada, en donde o marcador se poría nun 1-2. Aínda así, as nosas viñéronse arriba e continuaron pelexando por un empate, dominando os últimos minutos de partido en donde nn saímos do campo das rivais con varios tiros das nosas e incluso unha falta a escuadra que non subirían ao marcador.

Seguimos aprendendo e intentando mellorar e orgullosa do equipo feminino”.

Miguel Ángel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Vitoria moi traballada desde o primero minuto ata o final, o rival tamén apretaba para conseguir a vitoria pero nós estivemos ben .

Na primeira parte costounos meternos no partido, pasados uns minutos fomos asentándonos e tivemos varias ocasións de marcar en xogadas de un contra un ca porteira, pero non acertamos.

Na segunda parte estivemos mellor, o rival meteu máis xente arriba pero sin crear perigo importante, e nun fallo noso marcou pero na siguiente xogadas xa conseguíamos empatar, e noutra xogada da nosa diantera, tivo un un contra un ca porteira e fíxolle penalti, marcámolo xa nos puxemos por diante. As rivais tentárono pero xa non puideron empatar…Estás nosas xogadoras compiten como campioas“.

Goles : 1-0, Paula, (64´); 1-1, Inés, (65´); 1-2, Mariña, (85´de penalti).

 

Bo encontro nas Eiroas antre carballesas e camariñanas.

Bergantiños FC B 2-2 EFCC “Juan Cabrejo”

Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Contentas con un buen empate en casa. A pesar de no mostrar nuestro mejor nivel, fuimos muy superiores en la segunda parte con un Cabrejo encerrado, aún así hemos conseguido sacar un resultado positivo. A seguir trabajando”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Partido do que tíñamos a premisa de defender moi ben e atacar buscando as costas da defensa e así foi como acadamos o gol. Tivemos ocasións para sumar o segundo pero sen embargo foron elas quen acadaban o empate tras un tiro lonxano. Tralo descanso seguimos ca mesma tónica pero se cabe tocando máis o balón e así chegou o segundo e nun balón que non fomos quen de parar chegou o empate para elas. Moi contento cas rapazas e non podo máis ca felicitalas polo traballo que están a facer e do que fixeron ante un gran equipo e seguimos a dar pasos de xigante que esto é o que conta”.

Goles : 0-1, Yara, (8´); 1-1, Carmen, (21´); 1-2, Alba Mouzo, (75´); 2-2, Julia, (76´).

 

Quinta portería a cero do Muxía en 6 choques.

SD Fisterra 0-4 CF Muxía

Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía B) : “Partido contra un rival da zona baixa da clasificacion. Partido con pouco ritmo donde conseguíamos marcar pronto e iríamos gañando o descanso 0-4.

Na segunda non conseguiríamos mover moi ben o balón e tendo en conta as baixas e o partido xa resolto nos primeiros 45 minutos, o importante era non encaixar gol e limitar riscos para o partido que nos ven nesta vindeira xornada”.

Goles : 0-1, Claudia, (7´); 0-2, Barca Toba, (19´de penalti); 0-3, Claudia, (32´); 0-4, Andrea, (39´).

 

O Ponteceso goleou ao Pastoriza.

Ponteceso SD 6-1 SCD Pastoriza B

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Esta semana tocaba enfrontarse a un rival que na primeira volta resultara complicado e contra o que custara moito sumar os tres puntos, xa que o equipo non estaba no seu mellor momento.

No Pinguel, todo foi distinto. As de Curro dominaron durante todo o primeiro tempo, mentres que as de Pastoriza apenas conseguiron facer dano. Dende o inicio, as de Ponteceso comezaron a xerar ocasións claras, aínda que non foi ata o minuto dez cando se abriu o marcador cun golazo de Eva Lago dende os tres cuartos de campo. Pouco despois, Oanes ampliaba distancias cun disparo dende fóra da área grande. As locais marcharon ao descanso vencendo 4-0, grazas tamén aos tantos da “killer” Andrea, tras un bo pase de Oanes, e de Claudia Pérez, que recibiu un pase filtrado entre a defensa e definiu con calma a un lado.

Na segunda metade, o cansazo e a calor fixéronse notar, pero as pontecesás volveron saír con forza. No minuto 53, Claudia anotou o seu segundo gol do encontro, e no 58, Muíño aproveitou un córner lanzado por Eva Lago para conectar un testarazo e facer o sexto.

Co paso dos minutos, as locais fóiselles notando o esforzo, mentres que as de Pastoriza semellaban ter aínda enerxías. Isto permitiulles gañar protagonismo co balón e crear máis perigo. Nunha destas ocasións, despois de que María tratara de deter un ataque, a portería quedou desprotexida e as visitantes aproveitaron para marcar o seu único tanto do partido, impedindo así que o equipo rematara con porta a cero.

Nas vindeiras semanas, tocará medirse ao Cabana en dúas fins de semana consecutivas: unha en liga e outra en Copa. Dous encontros complicados nos que agardamos que o equipo manteña esta boa dinámica, tanto para seguir nos primeiros postos como para continuar avanzando na Copa da Costa“.

Xogamos con : María, Berdeal, (Virginia 60´), Ainhoa, Myre, Karen (Lara 55´), Claudia. (Lucivili 70´), Eva, Lago, Oanes, Muíño, e Andrea, (Laura R, 45´).

Goles : 1-0, Eva Lago, (57´); 2-0, Claudia, (12´); 3-0, Andrea, (17´); 4-0, Claudia, (41´); 5-0, Claudia, (54´); 6-0, Andrea, (58´); 6-1, Carlota, (73´).

-CLASIFICACIÓN-

 Corme CF : 61 puntos

 CF Muxía : 50 puntos

3º Bergantiños FC B : 45 puntos

 Ponteceso SD : 44 puntos

 UD Corcubión : 41 puntos

 Cabana SD : 38 puntos

 EFCC “Juan Cabrejo” : 37 puntos

 CF Mazaricos : 34 puntos

 SCD Pastoriza B : 18 puntos

10º Soneira SD : 18 puntos

11º Sporting Zas : 15 puntos

12º UD Cerqueda : 11 puntos

13º SD Fisterra : 6 puntos

14º SD A Baña : 6 puntos

 

-PREVIA-

-22ª Xornada-

(30/03/2025)

Soneira SD – Corme CF, ás 12:00 horas

UD Corcubión – Sporting Zas, ás 19:15 horas

UD Cerqueda – CF Mazaricos, ás 12:15 horas

EFCC “Juan Cabrejo” – SD A Baña, ás 16:00 horas

CF Muxía – Bergantiños FC B, ás 18:00 horas

SCD Pastoriza B – SD Fisterra, ás 12:00 horas

Ponteceso SD – Cabana SD, ás 12:00 horas

 

AVISOS

 -Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poñeremos na AXENDA PIRATA os oficiais.

-Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

-Estamos abertos a recibir comentarios dos encontros por parte dos adestradores, xogadoras, colaboradores dos clubes, ou diretivos, ou tamén fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.

 

-Foto Bergantiños B : Noe Iglesias

-Foto Bergan B-EF Juan Cabrejo : Dulce “Corcu”

-Foto Zas : Prensa Sporting Zas

-Fotos Corme : Fin Lema

-Foto, texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies