CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 22ª XDA DA 3ª DA COSTA . “O ZAS GAÑA SUFRINDO NAMENTRAS SIGUE A LOITA APRETADA POLA 2ª PRAZA E PROMOCIÓN”.

Sandro fixo dous goles para o Camelle.

O lider Zas costoulle Deus e axuda levarse os 3 puntos do Sampaio de Refoxos ante un férreo Pereiriña e un forte vendo pero os de Rubén Forján salvaron a papeleta gañando pola mínima. Apretou o Sofán B que se repuxo goleando o Buño o venres, (0-5), para sacarse a espeiña da derrota a semana pasada ante o Zas.

Tampouco fallou o Volantes nun polémico choque ante o Inter de Brens, (4-2), que acabou con 4 expulsados nos de Baño. Tampouco fallou o Malpica na sua visita o Laxe que foi de máis a menos e que acabou mellor. O Cerqueda rmpataba co Nantón na loita por entrar na promoción, (1-1), un pouco que soubo a pouco a todos. O Oza voltaba goleando o Baiñas e o Camelle amosaba menos doenzas pola “Mikaela” cos de Seaia para levarse un trunfo despois de 9 xornadas sen facelo.

GOLEADORES

 Ismael Ramos, (Sofán B), ponse en solitario o fronte da táboa dos Pichichi con 28 goles, en 20 encontros. Non marcou Raúl Corzón, (Sporting Zas) e pasa a segundo con 27 tantos en 19 choque e no terceiro chanzo Adrián Vázquez, (Sofán B), que suma 25 tantos, (1 pen).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª DA COSTA

-22ª Xornada-

-09/03/2025-

Atlético Pereiriña FC 0-1 Sporting Zas

  Sporting Seaia CF 1-4 SD Camelle

 SD Oza 4-0 CD Baiñas

CD Nantón 1-1 UD Cerqueda

SCD Buño 0-5 SD Sofán B, CRÓNICA

SD Laxe 2-4 SCD Malpica

 Volantes de Baño FC 4-2 Inter de Brens

Descansa : CF Muxía B

 

-CRÓNICAS-

O Zas levouse un traballado e sufrido trunfo.

 

Atlético Pereiriña FC 0-1 Sporting Zas

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) :Un encontro moi igualado e condicionado polo vento, que dificultou o xogo combinativo e reduciu as ocasións claras en ambas áreas.

Dende o inicio, o Zas quixo levar o peso do partido, mentres que o Pereiriña apostaba por un bloque baixo e buscaba saír rápido por banda. Nos primeiros 20 minutos,o Zas tivo as ocasións máis claras: Raúl estrelou un remate no longueiro e pouco despois o porteiro do Pereiriña salvaba un disparo a bocaxarro. Sen embargo, tras ese inicio prometedor, o xogo ralentizouse, con moita loita no medio campo e poucas chegadas perigosas, chegando ao descanso co 0-0 inicial.

A segunda metade mantivo o mesmo guión. O empate servíalle ao Pereiriña, mentres que o Zas seguía buscando con paciencia ese gol que nos permitise levar os tres puntos. E finalmente chegou na acción que marcaría o partido: Andrés, nunha xogada de estratexia tras un córner, remataba con precisión para facer o 1-0 no marcador.

Nos minutos finais, o Zas tentou ampliar a vantaxe, pero o vento e a boa actuación do gardameta visitante impediron que o marcador se movese. O Pereiriña tentou algún achegamento, pero o Zas mostrouse sólido defensivamente e soubo pechar o partido sen sobresaltos”.

Goles : 0-1, Andrés Nieto, (70´).

 

Sporting Seaia CF 1-4 SD Camelle

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que o Seaia sae algo máis enchufado e no minuto 10 tras un fallo defensivo regalamos un man a man que acaba en gol. Lonxe de virnos abaixo e 5 minutos con duas internadas con Sandro en banda dereita volteamos o marcador. Seguiron sendo superiores pero con un marcaxe individual ao seu número 4, que foi o mellor do partido igualamos un pouco máis a contenda.

Na segunda parte con todo máis igualado. Sofren un temperá pero clarísima expulsión e o partido pasa a ser moito máis doce para o Camelle, que sen sufrir nada consegue o 1-3 cunha vaselina de Josiño e no desconto Lucas fai duas internadas por banda esquerda, na primeira remata ao poste e na segunda manda o balón o fondo das mallas para completar o 1-4 final”.

Goles : 1-0, Erik, (10´); 1-1, Sandro, (12´); 1-2, Sandro, (19´); 1-3, Josiño, (74´), 1-4, Lucas Caamaño, (85´).

Incidencias : O colexiado Manuel Castro expulsou con vermello direto ao xogador do Seaia, Iván Caamaño no minuto 57.

 

SD Oza 4-0 CD Baiñas

Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Partido no que entrábamos moi ben, controlando o balón e creando perigo, froito deso, no minuto 11, Nacho remata un moi bo centro de Iago Lavandeira e pon o 1-0 no marcador, a partires de ahí buscábamos a velocidad que temos no ataque pa buscar o segundo pero sería o Baiñas o que tiña a ocasión máis clara nun man a man con Samuel que sale e tapa perfecto. Reaccionaríamos aí sabendo que non íbamos ter as cousas doadas, xa que ainda que a clasificación non o diga, estábamos xogando contra un moi bo equipo. Nacho faría un xogadón por banda e no centro o segundo pau, Abib chegaría moi forzado e mandaba o balón pola liña de fondo.

Seguíamos buscando o segundo e o Baiñas o empate, estaba o xogo moi igualado ata que chegando o final do primeiro tempo, unha boa xogada na frontal da área, Salah anticípase nun balón dividido e no man a man define a perfección, para marcar o segundo e ir asi o tempo de lecer.

Xa na segunda metade trocamos o esquema e puxemos unha lña de 4 no centro do campo para intentar ter máis o balón e intentar controlar o partido, pero todo o contrario, perdemos o control no medio e todos os balóns divididos eran do Baiñas. Cando xa estábamos casi no final o Baiñas rematou un balón o longueiro que os metía de cheo no partido, pero a sorte estaba do noso lado e nunha contra perfeta, na que Archi manda un balón en longo a Nacho, este encara hacia dentro e no man a man gáñalle a partida o porteiro de Vimianzo, pero esta moi listo Fernando para coller o rexeite e sentenciar o partido. Primeiro gol do noso xuvenil que o leva máis que merecido, e esperemos que sea o primeiro de moitos, xa que esta traballando moi ben e aportando moito, tanto nos xuvenis como no primeiro equipo.

Tras esto eles viríanse un pouco abaixo e froito deso, de novo Salah remata un centro moi ben posto para facer o 4-0 definitivo e sumar 3 puntos moi importantes para asentarnos momentaneamente na sexta praza“.

Goles : 1-0, Nacho Pose, (11´); 2-0, Salah, (38´); 3-0, Fernando Salazar, (83´); 4-0, Salah, (84´).

 

CD Nantón 1-1 UD Cerqueda

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Un partido moi gris pola nosa parte na que non estuvemos finos con balón como viñamos estando estas últimas semanas e foi un partido moi incómodo.

Moito centrocampismo e idas e voltas por ambos equipos. Antes do descanso un balón longo que para nos, xa saira por liña de meta, o árbitro non o viu así e ca nosa defensa parada o Cerqueda adiantase 0-1, sendo o máis listo. Erro pola nosa parte por non seguir ata o final. Asi fomos o descanso.

Na segunda parte melloramos un pouco pero seguíamos moi incómodos, ante un Cerqueda que tivo as súas para matar o partido pero non era capáz. Na recta final quedamos con 10 por un dobre amarelo moi rigurosa e facía moito máis difícil a remontada.

O equipo seguiu empuxando e creendo e no desconto un claro derribo do meta visitante sobre Manuel propicia o penalti co que Jorge facía o definitivo 1-1, que fai que sumemos un punto nun partido gris e pouco vistoso para o aficionado”.

Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Comentario en espera…”.

Goles : 0-1, Salah, (40´); 1-1, Jorge Rey, (93´).

Incidencias : O colexiado Rai Reborido expulsou con dobre cartón amarelo ao xogador do Nantón, Carlos Vidal, (45´+2 e 82´).

 

SD Laxe 2-4 SCD Malpica

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Empezamos ben o partido e conseguimos sorprender cun gol a contra e non deixamos facer o seu fútbol o Malpica no primeiro tercio do primeiro tempo. Tras estes bos minutos nosos o Malpica aproveitou que nos durmimos e remontaron chegando con 1-4 ao descanso.

Trocamos algunhas cousas tralo descanso e xa competimos moito mellor. No treito final quedábamos cun menos por expulsión de Diamel, pero seguimos moi metidos no encontro e conseguimos reducir distanzas a saida dun saque de curruncho e incluso puidemos facer o terceiro. Os malpicáns tamén gozaron de algunha ocasión aproveitando que nos arriscamos para buscar meternos no encontro cun gol”.

Goles : 1-0, Alejandro, (3´); 1-1, Luis Manuel, (15´); 1-2, Jonatan, (27); 1-3, Fernando Torres, (61´); 1-4, Sergio, (43´); 2-4, Alejandro, (54´).

Incidencias : O colexiado Roberto Baña expulsou con dobre cartón amarelo ao xogador do Laxe, Djamel, (39´e 66´).

 

Volantes de Baño FC 4-2 Inter de Brens

Goles : 1-0, Borja, (15´); 2-0, Josiño, (16´); 3-0, Mariño, (27´); 3-1, Adrián Pasantes, (46´); 4-1, Miguel Papín, (67´en propia porta); 4-1, Alejandro, (86´en propia porta).

Incidencias : O colexiado Xesús Fontes expulsou con dobre cartón amarelo ao xogador do Volantes, Hugo González, (84´e 84´), e con vermello direto ao delegado Manuel Priegue, (84´), o adestrador Gustavo Figueiras, (95´) e o xogador Roberto Lado, (95´).

 

Descansou : CF Muxía B

 

-CLASIFICACIÓN-

 Sporting Zas : 54 puntos

 SD Sofán B : 50 puntos

3º Volantes de Buño FC : 49 puntos

4º SCD Malpica : 49 puntos

 UD Cerqueda : 40 puntos

  SD Oza : 33 puntos

 Atlético Pereiriña FC : 28 puntos

 CD Baiñas : 26 puntos

 CD Nantón : 24 puntos

10º Sporting Seaia CF : 18 puntos

11º SD Camelle : 16 puntos

12º SCD Buño : 15 puntos

13º Inter de Brens : 14 puntos

14º CF Muxía B : 11 puntos

15º SD Laxe : 8 puntos

 

PREVIA

-23ª Xornada-

-16/03/2025-

CF Muxía B – Atlético Pereiriña FC, ás 17:00 horas

  Sporting Zas – Sporting Seaia CF, ás — horas

 SD Camelle – SD Oza, ás — horas

CD Baiñas – CD Nantón, ás 16:30 horas

UD Cerqueda – SCD Buño, ás 18:15 horas

SD Sofán B – SD Laxe, ás — horas

 SCD Malpica – Volantes de Baño FC, ás — horas

Descansa : Inter de Brens

AVISOS

 -Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.

-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.

 

-Fotos Zas : Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies