O Dumbría levouse o trunfo pola mínima.
Caeu o Xallas e xa é noticia pois levaba 13 xornadas consecutivas sumando de 3 en 3. A derradeira e ademáis única derrota das xalleiras databa do 3 de Novembro do 2024, fora ante o Silva, 83-1), que será o rival das de Santa Comba da vindeira xornada. As rapazas de Eloy García caían ante o Pastoriza pola mínima e cun gol polémico. Este gol válelle as pastoricenses para arrebatarlle o liderato as xalleiras por un punto. Pola mínima gañou o Dumbría o Cultural Maniños nun choque no que faltulles puntería as de Santi Cubelo para non ter que esperar ao final para levarse os puntos. Puntos que lle valen para remontar na táboa ao outro equipo costeiro, o Cee, que caía por 2-1 na sua visita ao filial do Lugo.
GOLEADORAS
Eva Lema, (CF Dumbría), non marcou esta semana pero sigue na cabeza da táboa das “Ada Heberberg” da liga con 23 goles, (3 penalti), en 20 encontros. Segunda sigue Ánxela Prado, (CD Lugo B), que fixo 1 esta semana, e ten 22 goles en 19 choques. Paula Veiga, (UC Cee), é terceira con 20 goles en 18 encontros, (2 de penalti), e empatada con ela, está Lucía Camisón, (SCD Pastoriza), con 20 en 20 choques, todos os goles de xogada.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.
2ª GALEGA FEMINA G1
-22ª Xornada-
-09/03/2025-
Silva SD 0-4 PM Friol B
Orillamar SD 2-4 Orzán SD B
CF Dumbía 1-0 Cultural Maniños
SD Tordoia 3-1 Brexo Lema SD
UDJ Almeiras 0-2 UD Carral
CD Lugo B 2-1 UC Cee
Sporting Meicende 0-7 Sporting Burgo
SCD Pastoriza 1-0 Xallas FC
CRÓNICAS
CF Dumbría 1-0 Cultural Maniños
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Empezamos o partido xerando un monton de ocasións, pero coa polvora mollada, de normal deberíamos ter o partido de cara nos primeiros minutos, incluso fallamos un penalti, esto fixo que nos empezáramos a precipitar e non termináramos de xerar ben os espacios ou non finalizáramos escollendo a mellor opción.
Co paso dos minutos as rivais estarían cómodas defendéndose e con unha porteira que xa no lo puxo complicado na ida facendo moi boas paradas.
Canto máis tempo pasaba máis insistíamos, ata volcarnos o ataque sabedoras de que merecíamos ganar o partido. Esto provocou que os repregues defensivos canda vez fosen de menor cantidade numérica e leváramos un gran susto tras unha contra do equipo visitante. Chegaría por fin no minuto 91 o gol da vitoria por parte de María e a locura no Conco.
Preocupante todo o que conseguimos xerar e o pouco que convertimos, esperemos recuperar a puntería nesta semana”.
Goles : 0-1, María Pérez, (91´).
Plantilla do Xallas FC Feminino.
SCD Pastoriza 1-0 Xallas FC
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Tocou a derrota despois de 13 xornadas gañando e ante o rival direto co que nos xogabamos o liderato. Saimos moi metidas dende o primeiro e con moita intensidade, sabendo o partido que nos tocaba facer, ante un rival moito máis físico ca nós. Na primeira parte estivemos moi sólidas e non concedemos ningun tiro a portería, si que o partido foi moi trabado e con moi pouco xogo fluido por ambas partes.
Tivemos 4 ocasións de gol antes do descanso, un tiro de fora do área de Noe, que a porteira cando parecía que estaba superada por arriba saca unha man imposible. Un man a man de Cali que a porteira sae e achícalle moi ben o espazo, tamén un novo tiro dende a frontal do área por medio de Espasandín que dispara raso e axustado e no que a porteira volve amosar o seu nivel cun auténtico paradón, e ainda teríamos unha máis nunha xogada ensaiada a balón parado que o golpeo de Facal marcha rozando a escadra, e con 0-0 chegabamos ao descanso.
Xa na segundfa metade facemos un troco, e aos 5 minutos do reinicio, Cali nun man a man coa porteira estrela o balón na cruceta ante a saída desta. O gol delas chegaría no seu primeiro tiro a porta e con senda polémica, xa que o balón sae de banda con claridade e a nosa xogadora parase. A raiz do seu gol, pártese o partido, temos un novo man a man de Olalla que define mal ante a porteira rival. Elas terían un tiro máis ao longueiro co partido cáseque rematado.
Se hai que perder, ten que ser así, dándoo todo no campo. Non podo estar máis orgulloso de todas elas, e queda moita liga, só 1 punto nos separa do liderato…Hai que seguir”.
Goles : 1-0, María Candela, (77´).
CD Lugo B 2-1 UC CeeSilva SD
Goles : 1-0, Ánxela, (1´); 1-1, Lucía Martínez, (1´); 2-1, Xiana, (11´).
Se alguén, (xogadora, directivo/a, colaborador/a do clube, afeccionado/a), quer colaborar mandándonos a información do UC Cee femeinino pode facelo contactando connosco.
-CLASIFICACIÓN-
1º SCD Pastoriza : 57 puntos
2º Xallas FC : 56 puntos
3º UD Carral : 45 puntos
4º Sporting Burgo : 45 puntos
5º Orzán SD B : 42 puntos
6º SD Tordoia : 41 puntos
7º CF Dumbría : 40 puntos
8º UC Cee : 39 puntos
9º PM Friol B : 25 puntos
10º CD Lugo B : 24 puntos
11º Brexo Lema SD : 20 puntos
12º Orillamar SD : 19 puntos
13º Cultural Maniños : 17 puntos
14º UDJ Almeiras : 16 puntos
15º Sporting Meicende : 14 puntos
16º Silva SD : 8 puntos
-PREVIA-
-23ª Xornada-
-16/03/2025-
Xallas FC – Silva SD, ás 18:45 horas
PM Friol B – Orillamar SD, ás 17:00 horas
Orzán SD B – CF Dumbía, ás 16:30 horas
Cultural Maniños – SD Tordoia, ás 19:15 horas
Brexo Lema SD – UDJ Almeiras, ás 10:00 horas
UD Carral – CD Lugo B, ás 19:30 horas
UC Cee – Sporting Meicende, ás 12:00 horas
Sporting Burgo – SCD Pastoriza, ás 19:30 horas
AVISOS
A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.
As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Foto Xallas : Eloy García
-Texto : Xosé Búa “Pirata
-Comentarios : Os adestradores