Fran Moreira fixo o “gol da honra” dos muxiáns.
Aquí tedes as crónicas e moito máis da 21ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.
Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
CRÓNICA XERAL
Partidazo no Arasolis no que o Fisterra fíxolle fronte o lider Club do Mar sacándolle un empate, (1-1), empate que non aproveitou o Dumbría que caía ante o Praiña, (3-2), e deixaba pasar a oportunidade de empatar co lider na táboa clasificatoria. O Castriz voltaba a senda do trunfo tras duas xornadas seguidas perdendo e favía a domicilio ante o Agolada, (1-3). A Esteirana caía na sua visita o Vea, 84-2), e o Muxía sufría un descalabro total na sua visita o Boimorto, (7-1).
GOLEADORES
Diego Estévez, (CF Dumbría), non marcou e sigue estancado noscon 21 goles, (1 de penalti), o que fixo que Isaac Fábregas, (SD Fisterra), co seu gol o lider colla o veciño na táboa cos mesmos 21 tantos, (2 p). Completan o podio de goleadores Adrián García, (SR Calo), con 18 dianas, (4 de penalti) e Borja Casal, (Boimoroto CF), con 13, dos que 4 fíxolos esta xornada o Muxía.
Derbis na proxima xornada
Para a vindeira xornada, da que tedes a previa o final destas crónicas, temos dous derbis. O San Lorenzo recibe o Muxía nas Fontiñas e a Esteirana recibe o Fisterra no 2Xosé Luis Vara”.
PRIMEIRA FUTGAL G2
-21ª Xornada-
-09/01/2025-
Boimorto CF 7-1 CF Muxía
Bastavales UD 1-0 SD San Lorenzo
SD Fisterra 1-1 Club do Mar
Vea CF 4-2 SCDR Esteirana
Vizoño SD 1-2 SR Calo
SD Tordoia 3-0 Vista Alegre SD
SD Agolada 1-3 SD Castriz
UD Carral 2-1 Bertamiráns FC
Praiña Sporting Club 3-2 CF Dumbría
-CRÓNICAS-
Boimorto CF 7-1 CF Muxía
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido no que non estivemos en ningún momento. o gol no segundo 25 certificao. O campo nunhas malas condiciÓns e as numerosas baixas tampouco nos axudaron, ainda así non son excusas como para perder desa maneira. Agora toca levantarse e pensar en San Lorenzo“.
Goles : 0-1, Iván, (1´); 2-0, Borja, (17´); 3-0, Borja, (27´); 3-1, Fran Moreira, (30´); 4-1, Borja, (32´); 5-1, Jose “Congui”, (50´propia porta); 6-1, Borja, (73´); 7-1, Roi Fuentes, (81´).
Bastavales UD 1-0 SD San Lorenzo
Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“Partido disputado con moito xogo direto por ambos equipos provocado polas dimensións e mal estado do terreno de xogo. Costoulle o San Lorenzo entrar en partido pero co paso do tempo foi chegando e creando perigo, mesmo Iago estrelou un balón no longueiro.
Na segunda parte o San Lorenzo ten que facer dous cambios por lesión. O Bastavales foi creando mais perigo por banda e tendo varias ocasións pero Mario estivo moi ben para evitalas, ata que no minuto 88 chega o gol local, un gol que fai moito dano os visitantes, xa que en estas duas semanas foron merecedores de máis”.
Goles : 1-0, Rubén, (87´).
Vea CF 4-2 SCDR Esteirana
Goles : 1-0, Lucas, (14´); 2-0, Lucas, (16´), 3-0, Julián, (27´); 3-1, Elías Ruso, (32´); 4-1, Lucas, (69´); 4-2, Antón Lestón, (82´).
SD Agolada 1-3 SD Castriz
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Victoria nun campo sempre complicado, máis alá da clasificación do Agolada. Eles empezaron mellor, ben colocados e con máis intensidade para gañar os segundos balóns que provocan co seu ataque directo.
Pouco a pouco fómonos afacendo a ese tipo de partido, e cando os igualamos en intensidade, fomos dominadores no xogo, combinando ben e chegando á portería contraria con frecuencia. Así chegaron unha clara ocasión de Noly e despois o gol de Adrián García nunha internada.
Nun erro noso na continuación da saida de balón, o Agolada aproveitouno ben e empataron o encontro. Pero practicamente na seguinte xogada, derrubaron a Iván Pastoriza na área e Adrián García puxo o 1-2 de penalti. Así chegouse ó descanso.
Na segunda parte seguimos controlando e domiñando o xogo, pero erramos varias ocasións para sentenciar o partido. Nos últimos minutos, xa co encontro roto con eles buscando o empate á desesperada, anotamos o 1-3 nunha acción de Rodo que empuxou Fabián na liña de gol.
Victoria importante para alonxarnos dos postos de descenso e poder mirar hacia arriba no que queda de liga“.
Goles : 0-1, Adrián García, (14´); 2-0, Crístian, (27´); 1-2, Adrián García, (30´de penalti); 1-3, Fabián, (84´).
Praiña SP 3-2 CF Dumbría
Goles : 1-0, Soto, (11´); 2-0, Soto, (45´); 2-1, Xabier, (67´); 2-2, Babacar, (70´); 3-2, Álvaro, (87´).
SD Fisterra 1-1 Club do Mar
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partidazo o vivido no Arasolis, dos que gustan, un partido dos de hai moitos anos, con garra, disputa, non dar un balón por pedido e así de principio a final. Visitábanos o lider e amosou o bo equipo que ten, tanto dentro do oince coma nos trocos. O encontro non tivo grandes ocasións, polo ben que estiveron as defensas. Un ritmo moi alto de partido e moitoas xogadas de balón parado. Nos estivemos por intres máis preto da sua área pero sen chegar a finalizar. Nun balón que pedimos mans deles o colexiado tomou como involuntaria. Estando nós en ataque non finalizamos e eles na contra fan un golazo de bolea, na única aproximación que tiveron. Non nos viñemos abaixo e fixemos unha presión alta e antes do descanso tivemos unha de tiro cruzado.
Na segunda metade o encontro sigueu igula, pero sen ocasións, balóns colgados que ou ben o porteiro ou a defensa sacaban. Isaac facía o noso gol por medio de Isaac e fómonos arriba. Os dous equipos querendo gañar o que fixo tan vistoso o encontro. Bruno centrou dende a banda, Isaac remata e cando xa cantábamos gol sacou un defensa.
Eles tamén tiveron unha boa tras saque de lateral, pero foise desviada. Tivemos un 3 para dous no que Isaac cédella a Guille pero o seu tiro sae por pouco. Ata o final os dous equipos buscando a vitoria pero non se moveu o marcador que creo que foi xusto. Punto que nos sabe ben e pensar no derbi da vindeira semana en Esteiro a ver se nos chega esa vitoria que levamos buscando “.
Goles : 0-1, Óscar, (33´); 1-1, Isaac Fábregas, (61´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Club do Mar : 48 puntos
2º CF Dumbría : 45 puntos
3º UD Carral : 45 puntos
4º Boimorto CF : 39 puntos
5º SD Fisterra : 33 puntos
6º SR Calo : 33 puntos
7º CF Muxía : 32 puntos
8º SD Castriz : 29 puntos
9º Praiña SPC : 29 puntos
10º SD Tordoia : 27 puntos
11º SCDR Esteirana : 24 puntos
12º Vea CF : 24 puntos
13º Vizoño SD : 24 puntos
14º Bastavales UD : 23 puntos
15º SD Agolada : 18 puntos
16º Bertamiráns FC : 13 puntos
17º Vista Alegre SD : 8 puntos
18º SD San Lorenzo : 7 puntos
PREVIA
-22ª Xornada-
-16/02/2025-
SD San Lorenzo–CF Muxía, ás 16:15 horas
Club do Mar-Bastavales UD, ás — horas
SCDR Esteirana-SD Fisterra, ás 17:00 horas
SR Calo-Vea CF, ás — horas
Vista Alegre SD-Vizoño SD, ás — horas
SD Castriz-SD Tordoia, ás 17:00 horas
Bertamiráns FC-SD Agolada, ás — horas
CF Dumbría-UD Carral, ás — horas
Praiña Sporting Club-Boimorto CF, ás — horas
AVISOS :
Os horarios son oficiosos non oficiais. Na AXENDA PIRATA do venres poñeremos tódolos horarios xa marcados pola RFGF.
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.
-Foto de arquivo e Texto : Xosé Búa “Pirata”