CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 21ª Xda DA LIGA DA COSTA : “O CORME DERROTA O PONTECESO NO DERBI LOCAL E AFIANZA A PRIMEIRA PRAZA”.

 

O CD Muros mandoulle ánimos ao seu adestrador Felipe “Cacharro” que tivo estes días o duro e triste pasamento da sua dona, (D.E.P.), un sentimento de ánimos e apoio ao que nos unimos dende piratasdemuxia.es

 

RESULTADOS

21ª Xornada

09/02/2020

Cabana SD 2-2 UD Cerqueda

Sporting Zas 1-3 SD Castríz

SD Coristanco 1-3 Muxía CF

SD San Lorenzo 0-3 UC Cee

Corme CF 3-1 SD Ponteceso

CD Baiñas 0-4 SCDR Esteirana

SCD Malpica 2-4 CF Lira

SCD Buño 4-5 CD Muros

 

A tódolos xogadores que sufriron lesións esta xornada desexámoslle unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

CRÓNICAS

 

Corme CF 3-1 SD Ponteceso

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Gran partido o vivido hoxe no cairo.Con dous equipos que non especularon ahora de xogar. Na primeira os dous equipos presionavamos a salidas do balon.Nos co vento encontra costabanos mais a salida e o Ponteceso co vento a favor buscaba balons en largo.Adelantariase o Ponteceso logo dun saque de banda rapido,e dunha combinación donde sacarían un tiro cruzado que Suso rexeitaría e Abel recollería o rechaze pa empujar o balon. Nos saíamos ben da presión pa estar encontra de vento pero solo teríamos un gran ocasión nun tiro de Lucas cruzado, que desbiaron a corner pasando mui cerca do pau. A segunda parte empezábamos forte e Alejo puido empatar cun tiro ca esquerda que da no lateral da rede.Seria Lucas cun tiro o segundo pau que empataría os cinco minutos da segunda.Eran minutos donde non deixábamos salir o ponteceso e con esa presion Sueiro cun disparo dende a frontal apiques consigue o empate.Fonron un quince minutos donde domibamos pero araiz do minuto vinte o Ponteceso repuxose e empezou a ter mais a pelota e nos a buscar as contras pero sin grandes ocasions por nimgun dos bandos.Cando parecia que o partido acabaría en empate aparecio Alejo que nun gran tiro cruzado canseguira a remontada que xa non sei cantas van.Co Ponteceso volcado Lucas aprobeitaria un balon en largo para sentenciar o partido diante da salida do porteiro“.

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Foi un partido malo marcado polo vento, sin apenas xogo combinativo, moito balón en largo, moita brega e xogadas duras e dudosas propias dos derbis. Na primeira tuveolo a favor e non nos supemos imponer un pouco máis para anotar algun tanto máis que nos dera máis ventaxa e tranquilidade. Na segunda sairon a por todas e empataron cedo. Tiveron quince minutos nos que nos ahogaron e non supemos sacar o equipo do noso campo. A partir de ahí recompuxemonos e fixemos os mellores minutos do encontro con algunha ocasión para poñernos por diante de novo pero non foi o dia. O gol, casi co tempo cumplido, matou o partido“.

Goles : 0-1, Abel, (19´); 1-1, Lucas, (48´); 2-1, Alejo, (88´); 3-1, Lucas, (desconto)

Árbitro : Adrián Pérez, asistido nas bandas por Chrístian Sendón e Manuel Rodríguez.

 

 

Cabana SD 2-2 UD Cerqueda

Duda, (Delegado do Cabana SD) : “Partido no que comezamos nos primeros 15 minutos algo dormido e nun corner chegaría o gol deles, dende ese momento chegaríamos con perigo en balóns directos e colgados no que Darío pararía ben,iriase aroon case nun man a man e o balon iriase rozando o pao, eles apenas chegarian a nosa porteria defendida por Víctor, segueríamos chegando a porteria rival na que Simón fallaria cando xa se cantaba gol e chegaríamos o descanso co 0-1 no marcador. Na segunda metade salimos mais a presionar e tendo ocasións claras pero que non chegarian a entrar,nunha boa xogada combinativa marcariannos o 0-2. Pero a falta de 20 minutos tivemos un arreón que chegariamos cun gol de Simón que nos poñeria 1-2. Seguimos presionando e atacando con boas paradas de Darío e nos corners faríamos perigo,e nun deles marcaríamos gol, no que o balón a tiro de Raúl Corzón, tocaría nun rival e Darío chegaría a tocar pero o balon iríase o pao entrado e facendo o empate 2-2. A finais do partido habería un penalti clarísimo por dobres mans do Cerqueda na que seria moi protestada e o árbitro non quixo ver…Chegando o final do encontro cun 2-2“.

Javi Souto, (Xogador do UD Cerqueda) : “Partido malo dos 2 equipos. Na primeira parte sin apenas ocasións marcamos na salida dun córner. Nos intentábamos ter o control e eles buscar balons o espacio e correr. Ningún dos 2 tuvo ocasións. No inicio da segunda parte viñeron os mellores minutos do Cerqueda, movendo ben o balón hasta que marcamos o 0-2 nunha boa xogada. Non estábamos pasando apuros e e tiñamos o partido controlado, pero a falta de 10 minutos nun gran error noso en defensa marcan o 1-2. A partir de ahí o Cabana peleu cada balón como se fora o último e puxonos e moitos apuros a base de intensidad e ganas…hasta que nun corner intentamos despejar e marcamos en propia o 2-2. No desconto o partido pudo caer para os 2 lados, primeiro a favor do Cabana cun penalti por mano que o árbitro non ve, e despois a favor nosa nun remate a balón parado que sale por encima por pouco. En resumen, mui mal partido….e a seguir”.

Goles : 0-1, Javi Souto, (14´); 0-2, Diego, (61´); 1-2, Simón, (79´); 2-2, Raúl Corzón, (83´).

Árbitro : Manuel Espasandín.

 

 

Sporting Zas 1-3 SD Castríz

Roberto, (Presidente do Sporting Zas) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) :Partido ó que chegabamos outra vez con problema de xogadores dispoñibles e contra un rival que se pode considerar un derbi, ó haber varios rapaces que xogaron nos dous equipos. Empezamos o partido co vento en contra, e cando aínda estabamos na fase de tanteo entre os dous equipos, o Zas adiantouse nunha falta frontal no medio campo colgada ó área. A nós entráronnos os nervios e precipitabamosnos tanto en ataque como en defensa, e eles polo contrario, empezaron a coller seguridade tiveron bos minutos con balón, con posesións largas pero sin xerar peligro. Co paso do tempo, fomos mellorando e chegaron as ocasións, ata que 10 minutos antes do descando unha moi boa progresión de Martín Gemelo por banda esquerda acabou nun pase a Espi para que empuxara o balón. Na segunda parte, co vento a favor, cambiamos o esquema e avanzamos no posicionamento. Conseguimos embotellar ó Zas no seu propio campo e ter ataques continuados, pero o gol non chegou ata o 75, cunha apertura de Anxo a banda dereita para a internada de Iván Pastoriza que bateu ó porteiro. Antes tivera precisamente Anxo un tiro desde dentro da área que sacou un defensa baixo paus co porteiro superado. De aí ó final, o Zas dou sensación de peligro en varias faltas colgadas ó area, pero nós acabamos sentenciando xa no minuto 90 cunha falta ó borde do área que Espi sacou para Brais Sendón que remachou prácticamente na línea de gol. En resumen, creo que foi unha victoria xusta e que por momentos fixemos un xogo dun nivel alto. É de agradecer tamén a aposta polo fútbol combinado do Zas a pesar da súa situación clasificatoria“.

Goles : 0-1, Brais, (8´); 1-1, Pablo, (37´); 1-2, Iván, (74´); 1-3, Brais, (90´).

Árbitro : Carlos Señarís

 

 

CD Baiñas 0-4 SCDR Esteirana

Ángel Insua “Rosqui”, (Adestrador do CD Baiñas) : Plantexamos ben o partido e na primeira parte penso que dominamos pois dispuxemos de máis ocasións ca eles. Non as aproveitamos e o de sempre chegan eles no 45 prácticamente e marcan de penalti o 0-1. Nesa xogada acaba expulsado Baba por ver a segunda cartuliña. A segunda parte cambiou o dominador, eles coa superioridade numérica pasaron a levar a iniciativa e conseguiron levar os tres puntos. Levan unha temporada mui boa“.

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Partido rodeado de unhas condicións que non axudaron moito.
Primeiro o horario, ás tres da tarde……en fin. Segundo, o terreo de xogo, este campo é perigoso para os xogadores. Acabar sin lesionados é unha victoria. O balón vai a saltos e facer un control e unha aventura e ademáis polos laterais cheo de auga. Terceiro o vento. Xogamos a primeira parte en contra de vento, intentamos ter o balón e facelo circular pero nos custaba moito, buscábamos por dentro porque por fora, coa auga, o balón non ía. O Baíñas moi pechado e cando recuperaba buscaba directo ao seu dianteiro. Creáronnos perigo en faltas desde medio campo que metían na área e un par delas foron rematadas fora por pouco. A pouco para o descanso chegamos a área e o rechace chega a Samu que chuta da nun contrario e o árbitro pita penalti que marca Elías. Antes do descanso é expulsado Baba. Na segunda parte, o Baíñas con dez, e os cambios, tivemos o balón e foron chegando ocasións e os goles. O Baíñas, na segunda parte pagou o esforzo da primeira, e segundo foi indo o partido foron deixando cada vez máis espazos e soubemos aproveitalos”.

Goles : 0-1, Elías Ruso, (45´ de penalti); 0-2, Elías Ruso, (60´); 0-3, Brais Romero (83´); 0-4, Álex Rama, (desconto´).

Árbitro : Luis M. Insua

Incidencias : Expulsou ao xogador do CD Baiñas, Baba por dobre cartón, (37´e 45´).

 

 

SCD Malpica 2-4 CF Lira

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí“.

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : “Chegábamos a Malpica atravesando unha xeira moi negativa de resultados e de efectivos. Polo que plantexamos un partido de contención e contraataque aproveitando os espacios do campo e a velocidade e desborde da nosa xente de arriba. Saeunos ben a idea, posto que despois de duas aproximacións do Malpica chegaria o noso primeiro gol en unha xogada de Crístian. Case de seguido outra contra nos daria outra vez por medio de Crístian o segundo, e xa antes do descanso nunha falta lonxana Miguel poñía o 0-3. A volta de vestuarios o Malpica apretou moito e puxose co 2-3 moi pronto, o que fixo que nos puxeramos un pouco nerviosos e concederamos duas boas ocasions que puderon levarnos o empate. Pero soubemos sufrir , e a base de un traballo bestial de todo o equipo sacamos adiante ese intre, para dispor de outras ocasións e asi nunha xogada individual de Toni por banda con pase atras e rematada por Mamadou que pon o 2-4 e remata o partido. Partido de inmesa loita física do Lira que permite romper unha xeira moi negativa“.

Goles : 0-1, Crístian Caamaño, (2´); 0-2, Crístian Caamaño, (19´ ); 0-3, Miguel, (28´); 1-3, Juan, (57´ ); 2-3, David, (59´ ); 2-4, Mamadou, (79´ ).

Árbitro : Iván Ferreiro.

 

 

SCD Buño 4-5 CD Muros

Richard, (SD Buño) : “Partido de tolos en Xaviña. Empezou o partido igualado cos equipos repregados. Un Buño que tentaba combinar, pero cando perdía o balón o Muros saía moi ben a contra, con xogadores rápidos. Un minuto antes do descanso o Muros fixo o 0-1 que faría moito dano o Buño. Na segunda parte o Buño saeu enchufado pero os 5 minutos marcaría o equipo muradán o 0-2 nun fallo defensivo. En 10 minutos tolos remontamos o partido con goles de Zinho, Antelo de falta, e outro en propia porta. Regalamos o empate a tres na “xogada tonta” do partido. Un xogador  muradán tirado, os nosos xogadores parados, e o Muros a proveitouno e marcaron. A contra farían o 3-4 e o 3-5. Seguimos peleando e Luis Miguel marcou o 4-5 a falta de 5 minutos. No desconto fixéronlle un penalti a Antelo que pararía moi ben o porteiro visitante”.

Sarillo, (Delegado do CD Muros) : “Na primeira parte dominamos, chegando varias veces. Todas as faltas eran rematadas. Nunha destas marcaría Iván, pero anularían por fora de xogo. Tivo unha boa Xavi, pero para ben o porteiro. Pero logo Siaba deixa só a Xavi e este faille unha vaselina ao porteiro para adiantarse no marcador. Na segunda faríamos rápido o 0-2. O Buño veuse arriba, e nos empezamos a cometer moitos fallos. Conseguirían remontar o partido. Cun gol de falta, outro en propia de Flavio, e un nun centro lateral Siaba con dous goles empataría e poríanos por diante para o 3-4. Cada equipo quedaríase cun home menos. Mandou Ivi unha falta a cruceta. De novo Gesto poñería a tranquilidade. Pero cando parecía que o partido acabaría sen problemas para o Muros, o equipo “oleiro” recurtou. E na última xogada do partido penalti a favor deles, e Rubén, hoxe en portería, convertiríase en heroe ao ataxar o penalti”.

Goles : 0-1, Xavier, (44´); 0-2, Miguel, (50´); 1-2, Martín, (51´); 2-2, Antelo, (58´); 3-2, Flavio, (61´ propia porta); 3-3, Álex Siaba, (63´); 3-4, Miguel, (70´); 3-5, Álex Siaba, (76´); 4-5, Luis, (88´);

Árbitro : Óscar Santos

Incedencias : Expulsou por vermello direto ao xogador do SCD Buño, David, (66´) e ao xogador do CD Muros, Juan Rey con dobre cartón, (55´e 81´).

 

Víctor Alcaina, que esta mesma semana perdía a sua avoa, (D.E.P.), e do seu irmán e compañeiro de equipo, Adrián Alcaina, facía de penalti o terceiro dos muxiáns. Os nosos ánimos pola perda que sufriron ambos rapaces.

 

SD Coristanco 1-3 Muxía CF

Alejandro “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Primeira parte disputada na que ningún foi capaz de facerse dono do balón. Creaba moito perigo o Muxia a balón parado, e poñíase por diante cun centro lateral rematado polo seu capitán.  Ós poucos minutos, unha falta na frontal transformabaa en gol Javi para poñer o empate provisional.  Continuaba a mesma dinámica, e de novo unha falta lateral acababa no 1-2 previo o descanso. Tendo nós aínda un par de chegadas perigosas a balón parado na cabeza de Dani e Villajos. Á volta de vestiarios seguíase vendo un duelo disputado, ata que unha patada de Mauricio nunha saída por alto acarreaba súa expulsión e o penalti correspondente. Transformabao o Muxia, e tras isto unha celebración que non gustou a algún dos nosos xogadores acabou cunha tángana que traía a expulsión de Álex. De aquí o final nada destacable“.

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Comezamos ben o partido adiantándonos por medio de Michael, que remataba un córner sacado por Víctor Alcaina. Os locais, tras o gol, tiveron 20 minutos moi bos e empataron cun bonito gol de falta, pero Manu Nogueira fixo o segundo tras un tiro de Adrián ó pau. No segundo tempo, Victor Alcaina fixo o definitivo 1-3 de penalti. Houbo máis ocasións claras, pero o marcador xa non se movería“.

Goles : 0-1, Maichel, (9´);, 1-1, Javier, (15´); 1-2, Manu Nogueira, (26´); 1-3, Víctor Alcaiana, (74´de penalti).

Árbitro : Daniel Martínez.

Incidencias : Expulsou con vermello direto a Alejandro Lópe, (75´) e por dobre cartón a Muricio, (72´e 73´), ambos do SD Coristanco.

 

 

SD San Lorenzo 0-3 UC Cee

Santi Cambón, (Adestrador do SD CastrízSan Lorenzo) : “Partido moi disputado nas Pedreiras na que o equipo local tiña o dominio territorial do partido,e xeraba ocasions a través de entradas por banda e centros laterais e o equipo visitante a través de balons largos os dianteiros,e segundas xogadas.Nos minutos finais da primeira parte adiantariase o equipo visitante a través dun corner.Na segunda parte foi un pouco mais do mesmo o equipo local xeraba ocasions a través de entradas por banda e centros laterais e o visitante seguia intentando a través de balons longos.Mediada a segunda metade,adiantaríase de novo o Cee a través dunha falta lateral directa,é minutos despois marcaria o terceiro a saida dun corner.Partido no que o equipo local intentouno pero a falta de acerto de cara gol é os detalles defensivos no balon parado condearonno a unha nova derrota“.

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Partido moi serio do noso equipo no que tratamos de non cometer erros na saida de balón nun campo de reducidas dimensións. Xogamos máis directo do habitual e acumulamos xogadores na zona central para intentar controlar o xogo. Pese a iso a primeira gran ocasión foi para o San Lorenzo nunha internada pola nosa banda dereita na que o remate do xogador locar saiu rozando o pao, nós tivemos un par de boas oacasións nos pés de Bruno pero non atinou a materializar. Adiantámonos no minuto 42 nun saque de esquina lanzado por Ezequiel que remata Patera no segundo pao, con este resultado chegamos ó descanso. Aos 5 minutos da reanudación Bruno puxo o 0-2 no marcador cun espectacular lanzamento de falta que entrou por toda a escadra, a partir dese momento fomos moi superiores e Bruno a piques estivo de poñer o 0-3 paro o seu tiro cruzado a sae a rentes do pao. Houbo unha xogada que pudo cambiar o encontro na que Carlos fai un paradón co pé para evitar o 1-2. Pouco despois, Ezequiel faría o 0-3 desde fóra da área no rexeite dun córner, tivo Bruno o 0-4 pero a súa vaselina foise alta. Intentou o San Lorenzo recurtar distancias pero a concentración da nosa defensa conseguíu que mantivésemos a portería a cero”.

Goles : 0-1, Adrián, (41´); 0-2, Bruno, (50´); 0-3, Ezequiel, (60´).

Árbitro : Lucas Vicente

Incidencias : Expulsou do SD San Lorenzo por dobre cartón a Alejandro García, (76´e 76´).

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

PICHICHI

1º-Alejo, (Corme CF) : 22 goles en 16 encontros, (4 de penalti)

2º-Xuco, (SD Ponteceso) : 18 en 17, (3 p)

3º-Elías Ruso, (SCDR Esteirana) : 16 en 20, (2 p).

4º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 16 en 21, (3 p)

5º- Iván Pombo, (UD Cerqueda) : 15 en 18, (5 p)

6º- Ezequiel, (UC Cee) : 14 en 19

 

PRÓXIMA XORNADA, (22ª)

-16/02/2020-

SD Castríz UD Cerqueda, (17:00 horas)

Muxía CF – Sporting Zas, (16:30 horas)

UC Cee – SD Coristanco

SD Ponteceso – SD San Lorenzo

SCDR Esteirana – Corme CF, (17:00 horas)

CF Lira – CD Baiñas

CD Muros – SCD Malpica

SCD Buño – Cabana SD, (17:00 horas)

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Foto Muros : Sarillo/CD Muros

Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.