O Camariñas abre fenda na cabeza da táboa.
Un solitario tanto de Mario Suárez no Conchido antes do descanso válelle ao Camariñas para ampliar a sua ventaxe na cabeza da táboa ante o empate do Xallas na Fontenla ante o Cabana, (2-2), e deixar así aos camariñáns con 4 puntos de vantaxe sobre os xalleiros.
O Baio que era o máis beneficiado da xornada con este empate e especialmente o do Soneira co Porteño, (1-1), que pon aos baieses no posto de promoción, (3º), con un punto sobre os vimianceses e 2 sobre o Monte Louro que ca sua vitoria en sobre o Cee, (1-5), sigue enganchado a lota por promocionar. Unha loita a que se engancha o Corme, a 5 puntos do Baio. Por abaixo trunfo vital do Lira tras 5 derrotas consecutivas e ademáis ante un rival direto coma o Coristanco, (1-0), que é o equipo que ten por arriba e que marca a salvación, agora a 5 puntos dos lirachos ao igual co Mazarios e un punto máis ca estes o Muros. Escápase o Corcubión desta zona tempestual tras derrotar ao Mazaricos a domicilio, gracias a ser o único que venceu dos que teñen esta loita ademáis dos lirachos.
Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.
GOLEADORES
César Lojo, (UD Corcubión) sigue primeiro nos goleadores con 19 dianas, (2 pen), cunha media de gol por encontros. O segundo chanzo do poido é de Djibril, (Camariñas FC), cos seus 17 goles, (6 de penalti), e completa o podio unha semana máis, Martín “MC”, (CD Baio), con 15, (3 p).
LIGA DA COSTA
-21ª Xornada-
-23/02/2025-
Xallas FC 2-2 Cabana SD
CD Muros 1-2 Corme CF
Outes FC 0-1 Camariñas FC
CF Lira 1-0 SD Coristanco
CF Mazaricos 1-2 UD Corcubión
Ponteceso SD 1-2 CD Baio
CF Porteño 1-1 Soneira SD
UC Cee 1-5 UD Monte Louro
AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-CRÓNICAS-
Xallas FC 2-2 Cabana
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Encontro ante un Cabana que viña tendo moi bos resultados e vindo de menos a máis nesta liga. Na primeira metade tocounos o vemto en contra o que fixo que o Cabana tivera máis poder ofensivo e de feito o seu gol primeiro chega dun tiro dende lonxe que colle moi ben o seu xogador e mete por toda a escadra no que non puido facer nada o noso porteiro. Nós non chegábamos a sua área e así fomos o descanso.
Sabíamos que co vento a favor na segunda íamos a ter as nosas e así foi. O Cabana saeu máis repregado e nós tivemos máis control do balón e facendo moitas ocasións en especial a balón parado. Fidalgo marcaba a saida dun corener que sacou Peque. Logo pecamos un pouc de egoistas, non aproveitamos unha boa xogada e eles poñíanse de novo por diante nun corner e 2 minutos despois conseguíamos empatar nunha boa xogada de equipo e o encontro non deu para máis.
Temos que aprender dos erros coma os que tivemos ante un moi bo Cabana e destacar que ainda que temos baixas que non serven de disculpa destacar a labor dos rapaces do xuvenil no que temos un moi bo equipo”.
Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte moi boa pola nosa parte donde tivemos varias ocasións claras para marcar nos pés de Manu, Fernando, Migueliño, e Aarón, pero un Couto excepcional só encaixou un golazo de Aarón desde 40 metros por toda a escadra. Fómonos o descanso cun corto 0-1 para o visto no campo e sabendo que co vento en contra íbamos sufrir na segunda parte e así foi.
O Xallas igualou o partido e despois pasamos uns minutos nos que fomos inferiores, e nos derradeiros 15 minutos o partido volverse a igualar. Marcamos o 1-2 a saida dun córner botado por Moreno, que rematou moi ben Ferreiro pero 2 minutos despois empataría o Xallas outra vez, e nos 6 minutos de desconto anuláronnos un gol a Pablo por fora de xoga de Migueliño. O final reparto de puntos nun bo partido“.
Xogamos con : Alvarellos, (Manu) , Mario, (Pablo), Noé, Ferreiro, Aarón, Fernando, Moreno, Miki, (David), Migueliño, Cristian, e Manuel, (Leis).
Goles : 0-1, Aarón, (32´); 1-1, Sergio Barbeira, (46´); 1-2, Sergio Ferreiro, (82´); 2-2, David, (84´).
CD Muros 1-2 Corme CFOutes FC
Goles : 0-1, Xoel, (36´); 1-1, Flavio, (74´); 1-2, Israel, (93´).
Camariñas FC 4-1 CF Lira
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido que xa esperábamos que ía ser complicado polo ben que o estaba a facer o Outes ultimamente e máis na casa. Un equipo con xente rápida arriba que tíñamos que controlar e así o fixemos. No primeiro tempo tratamos de levar o peso do partido pero a vedade é que eles tamén tiveron ocasións ainda que non marcaron. Nos antes do descanso conseguimos marcar por medio de Mario e na segunda tratamos de meter o segundo que nos dera a tranquilidade pero non chegou e a incertidume mantívose ata o final. Desexarlle a un dos xogadores do Outes que tivo que ser trasladado en ambulancia que non fora nada e que esté ben“.
Goles : 0-1, Mario Suárez, (42´).
CF Lira 1-0 SD Coristanco
Goles : 0-1, Cibrán, (73´).
CF Mazaricos 1-2 UD Corcubión
Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Unha primeira parte mala por parte nosa e moi boa do Mazaricos, que tería algunha ocasión máis que nós, e no minuto 45 marcaba o gol para ir así o descanso.
Na segunda parte moito mellor o Corcubión con moitas ocasións para empatar e no os poucos minutos empataría Iago Lema. Seguiríamos xerando ocasións e marcaba César Lojo ó 1-2.
Apretou o Mazaricos un pouco ata o final pero o Corcubión defendería moi ben o resultado, e o final acadaría un trunfo moi importante que os alonxa un pouco máis dos postos de abaixo“.
Goles : 1-0, Sergio (45´+ 3); 1-1, Iago Lema, (57´); 1-2, César Lojo, (71´).
Ponteceso SD 1-2 CD Baio
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido ben disputado de parte a parte. Na primeira parte eles esperaron nun 1-4-4-2 lineal por deci-lo dalgunha forma e deixaron que leváramos a iniciativa. Houbo poucas oportunidades nas dúas porterías.
Na segunda parte ca ventaxa que levamos o descanso seguimos buscando a sentencia eles cambiaron a 1-4-4-2 en rombo ou “diamente inglés” e conseguiron facernos daño primeiro co empate e despois co segundo gol. O partido tivo bastante dureza por parte do Baio cousa que o árbitro non quixo ou non puido atallar. Incluso algo altanero por momentos…pero bueno.
Nos vamos con unha de cal e outra de area e así non avanzamos…e volvemos a mirar para abaixo“.
Goles : 1-0, Martín, (38´de penalti); 1-1, José Ángel, (68´); 1-2, Adrián, (73´).
Incidencias : O colexiado Manuel Castro expulsou con dobre cartón a Norberto do Baio, (37´e 90´).
CF Porteño 1-1 Soneira SD
Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Partido moi igualado e moi competido ante un gran equipazo con mois bos futbolìstas, dos que desequilibran partidos. Marcamos moi pronto, min.3 Alfredo ao saque de corner.
Despois creo que controlamos o partido por momentos e noutros èramos superados na medular pero sen sufrir ocasions claras de gol. Unha parada de Mariolo na 1°parte e o gol que nos meten nun remate tras un centro lateral no 94.
Reclamaron un penalti por mans de Mayor, pero o balòn pegoulle cerca do hombro e co brazo pegado ao corpo. Nos, claras tivemos un remate o longueiro de Darìo no min, 7. Un remate de Alfredo arriba no 35, Brais na àrea pequena tras disparo de Mayor e rechace do poreiro.
Na 2° parte saìmos moi ben do vestuario tendo Alan no 48 e Pejo no 51 que para ben o seu meta. Un remate de Darìo que se colaba a porterìa e saca un defensa no 55. De ahì ao final eles intentaban atacar e nos puidemos sentenciar con varias contras con moito espacio, pero entre o mal estado do campo e que non estivemos moi finos cerca da àrea neses ùltimos pases non fomos quèn de meter o 2°.
Xa no ùltimo temos unha de Ibra a centro de Carrabete que casi entra. Co 90 cumplido intentaban colgar balòns os que a nosa defensa estivo moi ben, pero nun centro lateral xa sobre o 94 ou asì conseguen rematar a gol.
Rematamos o partido cun mal sabor de boca, pois xa sabes como è esto do fùtbol, cando pensas que tes o peixe casi na saranda ven un golpiño de mar e ròmpeche o anzuelo.
Asì que nada, orgullosos de competir asì cos que estàn arriba, pena os 3 puntiños que nos viñan moi ben para asomar ahì a cabeciña, pero bueno, a seguir remando que queda moito e moi bonito de xogar“.
Goles : 1-0, Alfredo, (3´); 1-1, Adrián, (94´)
UC Cee 1-5 UD Monte Louro
Comentario cedido polo FaceBook UD Monte Louro : “Por fín chegou a nosa décima victoria que nos fai coller confianza, como nota negativa a lesión de Ricardo Martinez de Oliveira que esperemos se quede en pouca cousa.
.
Goles : 0-1, Brais, (38´); 0-2, Iker, (41´); 0-3, Jorge, (55´en propia porta); 0-4, Iker, (86´); 1-4, Javier, (90´); 1-5, Javier, (89´).
Incidencias : O colexiado Rai Reborido expulsou con dobre cartón a Noé do Cee, (74´e 90´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Camariñas CF : 48 puntos
2º Xallas FC : 44 puntos
3º CD Baio : 37 puntos
4º SD Soneira : 36 puntos
5º UD Monte Louro : 35 puntos
6º Corme CF : 32 puntos
7º CF Porteño : 31 puntos
8º Ponteceso SD : 28 puntos
9º Cabana SD : 27 puntos
10º UD Corcubión : 27 puntos
11º Outes FC : 25 puntos
12º CD Muros : 20 puntos
13º CF Mazaricos : 19 puntos
14º SD Coristanco : 19 puntos
15º CF Lira : 14 puntos
16º UC Cee : 5 puntos
-PREVIA-
-21ª Xornada-
-23/02/2025-
Xallas FC-Cabana SD, ás — horas
CD Muros-Corme CF, ás — horas
Outes FC-Camariñas FC, ás — horas
CF Lira-SD Coristanco, ás 17:00 horas
CF Mazaricos-UD Corcubión, ás — horas
Ponteceso SD-CD Baio, ás 16:30 horas
CF Porteño-Soneira SD, ás — horas
UC Cee–UD Monte Louro, ás — horas
Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.
AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.
-Foto Outes-Camariñas : Dulce Crocu
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores