A Esteirana saeu cabreada de Taragoña.
As exhibicións goleadoras do Outes, (a sua maior goleada en encontro oficial a domicilio), e o Miúdas que encheron de ledicia a ambas escadras contrastan co malestar do todo o equipo da Esteirana coa actuación arbitral ante o Taragoña, tal e como nos apunta o seu adestrador Fran Figueroa e como puidemos comprobar en varias manifestacións nas redes sociais tralo choque que acabou con duas expulsións no equipo de Esteiro e coa derrota no descotno final.
GOLEADORAS
Rut Castro, (Esteirana), sumou un tanto para seguir primeira destacada na táboa de goleadoras con 45 tantos, (1 pen), en 18 choques. Segunda con 32 goles, Aldara Muñíz, (Juventud Cambados), 4 deles de penalti e en 19 encontros e no terceiro posto temos a Bárbara Caamaño, e Carla Núñez, (Chispa), ambas con 31 en 20 encontros, tras marcar un cada unha nesta pasada xornada.
3ª GALEGA FEMININA G4
-21ª Xornada-
-06/04/2025-
SD Chispa 3-1 EFF Sonnoia Portus Apóstoli
Céltiga FCF 3-1 Juventud Cambados
Catoira SD 0-11 Outes FC
CD Mosteiro 0-4 EFMC Boiro B
Bastavales UD 2-1 CD Rois
Milladoiro SD 0-8 ED As Miúdas
CCD Taragoña 4-3 SCDR Esteirana
-CRÓNICAS-
Exhibición das da Serra en Catoira.
Catoira SD 0-11 Outes FC
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Empezamos moi enchufadas, querendo facelo ben dende o minuto 1 e así foi que xa nese minuto Laura roubou un balón en saida do Catoira e abreu o marcador.
A primeira metade foi de control absoluto do balón pola nosa parte, vixiando algun balón en longo hacia a extremo rival que Gema e Uxía controlaron perfectamente. Foron 4 goles nesa primeira metade e facendo a porteira rival varias boas paradas.
As segundas metades co marcador a favor ata o de agora costábanos seguir co gol pero este Domingo deixamos eso atrás atacando moito e ben para coller sensacións cara a portería para o que queda de tempada que non vai ser doado, e de paso darlle un empurrón a Laura na taboa de goleadoras.
Destacar o primeiro gol de Claudia Carou que fai un traballón en todos os entrenos e sempre que xoga, pero que non puidera marcar ata este Domingo“.
Goles : A primeira metade acabou con 0-4 con goles de Lires del Río, (3) e un de Erika. Na segunda metade Lires del Río fixo outros 5, sendo a estrela do encontro e completaron a goleada, Carla Vidal e Claudia.
CCD Taragoña 4-3 SCDR Esteirana
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Impropio nun partido así atoparnos con un protagonista que desluceu o traballo das xogadoras de ambos equipos, e máis ainda cando te xogas os postos de privilexio na clasificación.
Duelo intenso, sin un dominador claro do xogo, por fases de ida e volta e con bonitos duelos, e decisións arbitrales desafortunadas en cada lance, no que finalmente nos marchamos con 2 goles anulados por foras de xogo que só veu unha persoa, o último en inferioridade no que chegou a señalar o centro do campo antes de levantar a man, 3 expulsións, e unha actitude burlesca e fora de tono que nos desquiciou en todo momento.
Cando menos da que pensar que só houbese tarxenas para o noso bando por actitudes iguales entre os dous equipos.
Contento na misma medida que frustrado polo traballo das nosas, que non recibiron o que entregaron no campo por decisión da única persona que tiña que pasar desapercibida“.
SCDR Esteirana : Maruxa, Lidia, Nerea, Terre, Marta, Lara, Sandra, Nuria, Leti, Bárbara e Rut. Tamén participaron : Inés, Gina, Alba e Dara.
Goles : 0-1, Bárbara, (15´); 1-1, Luna, (36´); 2-1, Laura, (44´); 2-2, Leti, (51´); 3-2, Luna, (56´); 3-3, Rut, (66´); 4-3, Luna, (92´).
Incidencias : O colexiado Óscar Costa expulsou con dobre cartón ao adestrador da Esteirana, Fran Figueroa, (26´e 64´), e con vermello direto a xogadora, Lara, (76´).vermello direto
Milladoiro SD 0-8 ED As Miúdas
Non vos podemos dar a crónica do comentario das Miúdas xa que non temos colaboración. Está aberta a posibilidade de facernos chegar os comentarios dos encontros así coma fotos tanto por parte de calquer adestrador, diretivo, xogadora ou afeccionado/a. Abaixo de todo están as diferentes maneiras de contactar connosco, así coma nas nosas redes sociais.
Goles : Segundo o acta arbitral os 8 goles das muradanas chegaron na primeira metade e por esta órde : María, (4´), Sofía, (15´), María González, (21´), Pati, (75´ e 33´), Cristina, (38´), Carlota, (42´) e María González, (43´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Céltiga FC : 58 puntos
2º SCDR Esteirana : 47 puntos
3º CCD Taragoña : 47 puntos
4º SD Chispa : 46 puntos
5º Juventud Cambados : 43 puntos
6º EFMC Boiro B : 34 puntos
7º ED As Miúdas : 28 puntos
8º Outes FC : 28 puntos
9º CD Rois : 27 puntos
9º CD Mosteiro : 23 puntos
11º Bastavales UD : 22 puntos
12º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 15 puntos
13º Milladorio SD : 9 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-PREVIA-
-22ª Xornada-
-13/04/2025-
Juventud Cambados – EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 19:45 horas
Outes FC – Céltiga FCF, ás 18:15 horas
EFMC Boiro B – Catoira SD, ás 12:00 horas
CD Rois – CD Mosteiro, ás 18:45 horas
ED As Miúdas – Bastavales UD, ás 18:00 horas
SCDR Esteirana – Milladoiro SD, ás 17:00 horas
CCD Taragoña – SD Chispa, ás 12:30 horas
AVISOS
-Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
-Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Outes : Dani Salgueiro
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Os adestradores