O Cerqueda afianza a quinta praza.
Golpe enriba da mesa do Malpica que tras duas derrotas seguidas goleaba ao veciño Buño no derbi local, (5-1), afianzase así o equipo da “Vila da vida” na cuarta praza recurtándolle o terceiro Volantes, (que descansaba), e poñendose a 3 puntos, eso si, cun choque máis. Non fallou o lider na casa do filial do Muxía, (2-4), que lle puxo as cousas difíciles nun intre do encontro, e tampouco fallaba o Sofán ante o Nantón, (4-2).
Por detrás destes o Cerqueda e o Oza tiñan un duelo importante na loita pola promoción e eran os cerquedenses os que se levaban os 3 puntos para afianzar a quinta praza. destacar o emapte do Laxe na sua visita o Inter de Brens, quinto empate dos laxenses no que vai de curso.
Xornada atrasada
A vindeira fin de semana xógase a xornada que foi suspendida por forte temporal polo que xa non haberá semana de descanso do Entroido. Tralas crónicas tes a previa desta xornada. Destacar nesta xornada que se vai a recuperar que temos un Sofán B-Sporting Zas no cumio da liga e na loita polo título.
GOLEADORES
Marcou esta semana por partida dobre tanto Raúl Corzón, (Sporting Zas), coma Ismael Ramos, (Sofán B), polo que siguen empatados na cabeza da táboa dos Pichichi con 27 goles, en 17 encontros o primeiro e en 18 o segundo, con 3 de penalti o zacense e 2 ó sofanista. Adrián Vázquez, (Sofán B), tamén fixo dobrete e suma 22 tantos, (1 pen), e ocupa unha semana máis o segundo caixón do podio. Completan o podio no terceiro chanzo Salah, (UD Cerqueda) e Raúl Lestón, (Volantes de Baño FC), ambos con 18 goles, o primeiro en 12 e o segundo en 15 encontros e con 2 dos goles de penalti Salah e 1 Raúl.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª DA COSTA
-21ª Xornada-
-23/02/2025-
CF Muxía B 2-4 Sporting Zas
SD Camelle 0-3 Atlético Pereiriña FC
CD Baiñas 2-0 Sporting Seaia CF
UD Cerqueda 3-1 SD Oza
SD Sofán B 4-2 CD Nantón
SCD Malpica 5-1 SCD Buño
Inter de Brens 1-1 SD Laxe
Descansa : Volantes de Baño FC
-CRÓNICAS-
Os rapaces muxiáns igualaron un 0-2.
CF Muxía B 2-4 Sporting Zas
Isidro Caamaño, (Adestrador do CF Muxía B) : “Partido impresionante, estes rapaces cada vez vai ido a máis ainda que nos están acostar caros os erros en defensa, pero moi normais xa que estou xogando cun central que viña de 4 meses sen xogar e e o outro que vai ser un central bo pero que lle queda un percorrido laongo, e ven sen pretempada. Na primeira metade eles tiveron 2-3 ocasións, nós levamos o vento en contra e eles xogaban con balóns longos e costoulles bastante agás que se puxeron por diante cun corner direto. Moi bo xogo co que o tempo permitía. Na segunda metade òñen gol nada máis comezar e os nsoso comezaron a xogar ben, balón por baixo e acurtamos e conseguimos empatar. logo eles en boa xogada fan o 2-3, pero desde aí ainda tivemos para facer o 3-3, en especial unha falta o longueiro e un balón que lle quitan a Toni de maneira impresionante. Puxéronse 2-4 e ainda demos a cara e tivemos para marcar. A segunda volta está sendo moi boa, os rapaces están competindo moi ben pero penalízanos os erros atrás. Cabe destacar que non puden contar nin con Ángel nin Isma e tiven que poñer a Xavi de porteiro, que fixo un grandísimo porteiro. Xoga pouco e está a pasalo mal e fixo moi bo partido sen ter que ver nada nos goles. estou moi contento e se seguimos nesta liña o equipo vai perder poucos partidos e a ver se contra o Baiñas ofrecemos este nivel e conseguimos a vitoria. O adestrador do Zas felicitounos polo traballo dos rapaces e creo que este equipo se sigue nesta liña para a vindeira tepada pode sorprender”.
Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “Chegabamos a Arliña con numerosas baixas e co factor vento como condicionante do encontro.
Na primeira metade, o Zas, xogando co vento a favor, foi aumentando a súa presión sobre a saída do Muxía, que apenas inquietou a portería de Guille. Os visitantes tiveron varias oportunidades claras, incluídos dous remates á madeira de Estefan e Mauro, ademais de dúas chegadas que non atoparon portería. O gol non tardaría en chegar, Juan marcou un gol olímpico, abrindo o marcador cun lanzamento directo dende o córner. Con ese 0-1 chegaríase ao descanso.
Na reanudación, o Muxía B deu un paso adiante e aproveitou o factor vento para gañar protagonismo, pero o Zas ampliou a vantaxe con Raúl, que anotou nada máis entrar ao campo. Con 0-2 no marcador, os locais non baixaron os brazos e cun empuxe constante dos de Isidro, lograron empatar o encontro en apenas 10 minutos, poñendo emoción ao tramo final. O Zas reaccionou de inmediato e Adrián Rama respondeu cun gol que volvía poñer aos visitantes por diante na seguinte xogada.
O partido converteuse nun intercambio de golpes, con ocasións en ambas áreas, pero sería de novo Raúl quen sentenciaría o encontro co definitivo 2-4 para o Sporting”.
Goles : 0-1, Juan, (26´); 0-2, Raúl Corzón, (55´); 1-2, Adrián Baamil, (71´); 2-3, Adrián Rama, (80´); 2-4, Raúl Corzón, (90´).
SD Camelle 0-3 Atlético Pereiriña FC
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no que empezamos levando un pouco o peso, iniciando xogadas dende o medio do campo tivemos un par de ocasións claras en sendos pases da morte, que non acertamos a marcar. Poñeríase por diante o Pereiriña nunha contra. Eles qedaríanse con 10 por doble carton amarelo.
Empezamos dominando a segunda parte con balóns en longo e tiros dende fora do área, pero non demos acertado, ata o minuto 20 deste segundo periodo non se acercarían a nosa portería, pero fariano cun remate o longueiro. Deulle confianza esa chegada e o Pereiriña empezou a crear chegadas perigosas, e nunha desas un centro sería rematado dentro do área poñendo o 0-2.
A partires de aí tivemos un par de ocasións clarísimas pero nada, o encontro volveuse un “correcalles” dun lado a outro e xa no último treito do partido o noso porteiro foi expulsado por unha falta fora do área, e case o remate o Pereiriña poñería a puntilla marcando o terceiro”.
Xogamos con : Pirata, Chans, Dido, Raiku, Martin, Steven, David V, Josiño, Gabi, Sandro e Lucas. Tamén xogaron : Kampi, Moha, Paulo e Davic C.
Goles : 0-1, Brais, (10´); 0-2, Martín, (78´); 0-3, Jesús, (94´).
Incidencias : O colexiado Óscar Rey expulsou con dobre cartón amarelo, (34´e 35´), ao xogador do Pereiriña, Brais e con vermello direto o porteiro do Camelle, Roi Búa, (85´), que voltaba baixo paus tras 3 meses por unha rotura nun dedo.
CD Baiñas 2-0 Sporting Seaia CF
Goles : 0-1, Pedro Rodríguez, (32´); 2-0, Raúl, (87´).
UD Cerqueda 3-1 SD Oza
Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Saimos os dous equipos moi enchufados no partido con ocasións en ambas porterías, ata que Salah ganaríalle moi ben a espalda a defensa do Oza e non perdonaría no man a man. Empatábanos o partido o Oza cun gol con polémica, xa que o noso parecer ese balón non entrou en ningún momento.
Xa despois do descanso fomos capaces de meterlle unha marchiña máis o partido, e primeiro Salah, nunha boa entrada na área dando un pase que metería un xogador rival en propia. E o último outro golpeó dende fora da área de Salah estaría moi atento Edu, (debutaba hoxe), o rexeite do porteiro e non perdonaría“.
Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Partido no que sabíamos que se saíamos dormidos nos iba costar un desgusto e saimos a dar guerra, intentando dominar o partido e creando ocasións sin ser capaces de materializalas, ata que no minuto 15 do primeiro tempo, Nacho regatea o porteiro e remata algo forzado, xa que o regate lle saira algo longo, e sacaría o lateral deles debaixo dos paus, cando xa se cantaba o primeiro da tarde en Xaviña.
A partires de aí despertaría o Cerqueda, un Cerqueda que nos crearía moitos problemas nos balóns en longo, froito deso chegaría o primeiro, balón as costas dos nosos centrais e un Salah, que para min foi o mellor do partido, define a perfección ante Samuel.
Reaccionaríamos ben, e tan só dous minutos despois Nacho facía unha internada por banda que lle da un pase atrás a Abib e este non perdoa. Pouco máis que añadir desta primeira metade e chegaríamos o descanso.
Un descanso que lle sentou moito mellor o Cerqueda, xa que en tan só 5 minutos, marcaría 2 tantos que nos pillaban algo dormidos. A partires de aí remar e aproveitar calquera ocasión para meternos no partido. Buscamos con balóns longos a velocidade que temos en ataque pero o marcador non se movería ata o final.
Partido no que os 5 primeiros minutos da segunda metade nos fastidiaron os puntos e felicitar o Cerqueda polo bo xogo que fixo e os 3 puntos. Agora toca o parón de carnavais e esperemos que consigamos volver a senda da vitoria en 2 semanas contra o Baiñas“.
Goles : 1-0, Salah, (33´); 1-1, Abib, (35´); 2-1, Alexis, (46´en propia porta); 3-1, Eduanys, (51´).
SD Sofán B 4-2 CD Nantón
Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Chegábamos a Sofán sabendo que iba a ser un partido moi complicado, ante un equipazo como é o Sofan B, pero ca ilusión de prolongar a racha de 112 días sin perder.
O inicio do partido foi como era de esperar, cun Sofán moi intenso e con un ritmo bastante alto, pero nós íbamonos defendendo en bloque baixo e ca idea de buscar posibilidade de contras. Unha desconexión de 15-20 minutos na primeira parte costounos moi caro porque en 2 saques de banda mal defendidos, e un córner, o rival puxose 3-0, e deixándonos un pouco tocados anímicamente. Ainda así antes do descanso tivemos opción de acortar distancias pero Yago finaliza un pouco forzado un man a man que salva o porteiro rival.
Na segunda parte axustamos un par de detalles no dibuxo e no plan de partido e fómonos soltando un pouco máis en ataque, e cando empezabamos a estar un pelín mais cómodos ca na primeira parte, o árbitro sinalaría un penalti bastante riguroso que supoñía o 4-0.
A partires de aí, empezamos a descolgar máis as liñas e a chegar máis o área rival, e foi David que chegaba tocado o partido, o que marcaba por partida dobre para deixar o 4-2 definitivo. O primeiro dos goles gañando un balón dunha falta sacada por Maikel, e o segundo tras un pase de Yago, e que David despois de encarar a 2 rivais marca un golazo cruzado.
Bo partido dos meus xogadores dos cal estou orgulloso e satisfeito do traballo feito. Felicitar o colexiado Rober que estivo de 10 en todo momento e o Sofán B polo partido, desexarlle moita sorte ata o final“.
Goles : 1-0, Adrián Vázquez, (16´); 2-0, Adrián Vázquez, (25´); 3-0, Isma Ramos, (27´); 4-0, Isma Ramos, (55´de penalti); 4-1, David Fariña, (66´); 4-2, David Fariña, (90´).
SCD Malpica 5-1 SCD Buño
Goles : 1-0, Aday, (21´); 2-0, Ferreiro, (31´); 3-0, Ferreiro, (49´); 4-0, Damián, (65´); 5-0, Francisco, (75´); 5-1, Brais Fraga, (77´).
Inter de Brens 1-1 SD Laxe
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “O partido estivo condicionado por o forte vento. Na primeira parte co vento a favor dominamos e tivemos ocasións pero non tivemos sorte cara o gol.
Na segunda co vento en contra o rival nos primeiros minutos conseguío facernos perigo e nunha das poucas ocasións, conseguiron poñerse por diante. Pouco despois tiveron ocasión de distanciarse de penalti, pero tiráronno fora. A partires de aí buscamos o empate, pero parecía imposible tras varias ocasións falladas. O empate chegaba con gol en propia meta, tras varios rexeites“.
Goles : 1-0, Evaristo, (55´); 1-1, Raúl, (76´).
Incidencias : O colexiado Óscar Rey expulsou con dobre cartón amarelo, (10´e 75´), ao xogador do Brens, Ricardo.
Descansou : Volantes de Baño FC
-CLASIFICACIÓN-
1º Sporting Zas : 48 puntos
2º SD Sofán B : 47 puntos
3º Volantes de Buño FC : 45 puntos
4º SCD Malpica : 43 puntos
5º UD Cerqueda : 38 puntos
6º SD Oza : 30 puntos
7º Atlético Pereiriña FC : 28 puntos
8º CD Baiñas : 23 puntos
9º CD Nantón : 22 puntos
10º Sporting Seaia CF : 15 puntos
11º SCD Buño : 15 puntos
12º Inter de Brens : 14 puntos
13º SD Camelle : 12 puntos
14º CF Muxía B : 11 puntos
15º SD Laxe : 5 puntos
PREVIA 17ª e 22ª Xdas
-17ª Xornada-
-02/03/2025-
CF Muxía B-CD Baiñas, ás — horas
UD Cerqueda-SD Camelle, ás 18:15 horas
SD Sofán B-Sporting Zas , ás 19:30 horas
SCD Malpica-Atlético Pereiriña FC, ás — horas
Inter de Brens-Sporting Seaia CF, ás — horas
Volantes de Baño FC-CD Nantón, ás 19:00 horas
SD Laxe-SCD Buño, ás 16:30 horas
Descansa : SD Oza
++++++
-22ª Xornada-
-09/03/2025-
Atlético Pereiriña FC–Sporting Zas, ás — horas
Sporting Seaia CF-SD Camelle-, ás 17:00 horas
SD Oza-CD Baiñas-, ás — horas
CD Nantón-UD Cerqueda-, ás — horas
SCD Buño-SD Sofán B-, ás — horas
SD Laxe-SCD Malpica-, ás 17:00 horas
Volantes de Baño FC-Inter de Brens-, ás — horas
Descansa : CF Muxía B
AVISOS
-Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.
-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.
-Fotos Zas : Sporting Zas
-Foto Cerqueda : Adrián “Gurita”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores