CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 21ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “NOVO PLENO DOS EQUIPOS COSTEIROS, (XALLAS, DUMBRÍA E CEE)”.

Adicatoria das xalleiras o seu adestrador.

Novo pleno de vitorias para os 3 equipos costeiros co Xallas derrotando por un axustado 1-0 ao Friol B pero sumando a 13ª vitoria consecutiva para descansar no Entroido con ventaxe sobre o segundo, Pastoriza, que sí xogará a vindeira semana na disputa da 17ª xornada que fora suspendida o 26 de Xaneiro por forte temporal para os equipos que xogaban ese Domingo. As xalleiras xogaran sábado e derrotaran o Cultural Maniños, (1-0). Nesa xornada só se xogara outro encontro, o Sporting Meicende 0-1 Tordoia.

Os outros dous equipos costeiros que esta semana gañaron con solvencia os seus choques si que terán competición o vindeiro Domingo 2 de Febreiro. As dumbriesas visitan ao segundo, Pastoriza, e ata lle poderían facer u favor as xalleiras en caso de puntuar, e as ceenses reciben no Sampaio de Refoxos ao Silva. Destacar na pasada xornada o Orillamar que derrotaba por 0-1 ao Cultural Maniños e aproveitando os resultadops dos de abaixo subía do descenso ata a 10ª praza, nuha zona super apretada xon só 3 puntos antre o Almeiras, que marca o descenso, e as propias coruñesas na metade da táboa.

Xallas vitoria con adicatoria

As rapazas do Xallas tiveron unha sorpresa para o seu adestrador Eloy García, que foi papá o venres e aparecéronlle no vestiario coma sempre ca imaxe da Virxe que teñen no vestiario e cunha adicatoria co nome da xalleira recén nada.

“Unímonos a felicitación o pai, nai e familiares, que Cataleya veña con toda a saúde do mundo por moitísimos anos e que como se di…que traia un pan debaixo do brazo”.

GOLEADORAS

Eva Lema, (CF Dumbría), encabeza a táboa das “Ada Heberberg” da liga de novo en solitario con 22 goles, (3 penalti), con Paula Veiga, (UC Cee), segunda con 20 goles en 18 encontros, (2 de penalti). No terceiro chanzo da clasificación están Ánxela Prado, (CD Lugo B), con 19 goles en 17 choques.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.

 

2ª GALEGA FEMINA G1

-21ª Xornada-

-23/02/2025-

Xallas FC 1-0 PM Friol B

 Orzán SD B 5-0 Silva SD 

 Cultural Maniños 0-1 Orillamar SD

 Brexo Lema 0-3 CF Dumbía

UD Carral 1-0 SD Tordoia 

 UC Cee 4-1 UDJ Almeiras

 Sporting Burgo 5-2 CD Lugo B

SCD Pastoriza 6-1 Sporting Meicende

 

CRÓNICAS

Xallas FC 1-0 PM Friol B

Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Visitaba o Fontenla un rival que xa nos costara gañar na primeira volta, saimos metidas e dominando o xogo toda a primeira parte con diversas ocasións de Oli, Espasandin ou Barci.

O gol chegaria nunha boa triangulación de Facal, Valeria e Oli que fai máxia nunha baldosa dentro do área e manda o balón as redes.

A segunda parte, segue a mesma tónica con ocasións de Sonia e Yaiza e vairos tiros lonxanos. Pero si que os últimos minutos perdemos o control do xogo e sufrimos un par de balóns as costas da nosa defensa que Rosío solventaría saindo moi ben, e María salvaría unha ocasión preto da liña de gol.

Gran partido das nosa, nova portería a 0 e van 13 vitorias consecutivas…Queda menos“.

Goles : 1-0, Olalla, (32´).

Incidencias : O colexiado Daniel Chouciño expulsou con vermello direto a xogadora do Friol, Foarea Mare, no minuto 93.

 

Brexo Lema SD 0-3 CF Dumbría

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Partido que comenzaría con 20 minutos de retraso o chegar tarde o colexiado, Este retraso fixo que ambos equipos empezaramos con un ritmo baixo e apático, pero segun iban pasando os minudos as nosas iban facéndose co control do partido, facendo superioridades en banda e xerando ventaxas tras unha boa circulación e boas accións individuales para gañar profundidade.

Anularíannos un gol dubidoso tras unha disputa entre Eva e a porteira, desde ese momento o equipo sabéndose superior comenzou a acelerarse e forzar xogadas, que nos farían perder esa claridade que tíñamos ata o momento, pero seguíanse sucedendo as ocasións e os centros a área, sin fortuna ata que sería Eva quen abriría o marcador, e pouco despois tras unha boa saida desde atrás a xogada remataría outra vez en Eva para facer o segunda da tarde.

Xa na volta do descanso o equipo local buscaría revolucionar o partido e nos buscabamos sentenciar o que fixo que desaparecera un pouco o control e o órde, ainda sendo nós dominadoras.

Co paso dos minutos as locales irian con todo a polo empate o que faría que Lucía tivese que aparecer facendo duas paradas, que permitiu que non nos acortaran distancias no marcador. Tras ese intre, e xa co equipo local morto fisicamente, gardando as enerxías para dar os últimos arreóns intentando recortar sucederíanse varias ocasións que non fomos capaces de convertir, ata cáseque contra o final tras outra boa internada por banda de Sabela, Eva remataría encontrándose ca porteira e aparecería Carla para aproveitar o rexeite e facer o definitivo 0-3″.

Goles : 0-1, Eva Leis, (42´); 0-2, Eva Leis, (44´); 0-3, Carla, (90´).

UC Cee 4-1 UDJ Almeiras

Goles : 0-1, María del Carmen, (1´); 1-1, Nayara, (13´); 2-1, Nerea, (47´); 3-1, Lucía Martínez, (76´); 4-1, Nerea, (79´).

Se alguén, (xogadora, directivo/a, colaborador/a do clube, afeccionado/a), quer colaborar mandándonos a información do UC Cee femeinino pode facelo contactando connosco.

 

-CLASIFICACIÓN-

Xallas FC : 56 puntos, (1 encontro máis)

SCD Pastoriza : 51 puntos

 Sporting Burgo : 39 puntos

4º UD Carral : 39 puntos

5º Orzán SD B : 39 puntos

 SD Tordoia : 38 puntos, (1 encontro máis)

CF Dumbría : 37 puntos

UC Cee : 36 puntos

9º PM Friol B : 22 puntos

10º Orillamar SD : 19 puntos

11º CD Lugo B : 18 puntos

12º Brexo Lema SD : 17 puntos

13º Cultural Maniños : 17 puntos, (1 encontro máis)

14º UDJ Almeiras : 16 puntos

15º Sporting Meicende : 14 puntos, (1 encontro máis)

16º Silva SD : 8 puntos

 

-PREVIA-

-17ª Xornada-

-02/03/2025-

Xallas FC 1-0 Cultural Maniños

  Brexo Lema-Orzán SD B, ás — horas 

UD CarralPM Friol B, ás 19:30 horas 

 UC Cee-Silva SD, ás — horas

 Sporting Burgo-Orillamar SD, ás 19:30 horas 

SCD PastorizaCF Dumbía, ás 19:00 horas 

Sporting Meicende 0-1 SD Tordoia

CD Lugo B-UDJ Almeiras, ás 18:00 horas 

 

AVISOS

A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.

As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Foto : Xallas FC/Eloy García

-Texto : Xosé Búa “Pirata

-Comentarios : Os adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies