O Dumbría levouse un choque con festival de goles.
Aquí tedes as crónicas e moito máis da 20ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.
Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
CRÓNICA XERAL
Empate no derbi costeiro antre San Lorenzo e Fisterra, (2-2), e vitorias do Muxía, Dumbría e Esteirana. A única derrota chegaba por parte do Castriz, nos equipos da costa.
GOLEADORES
Diego Estévez, (CF Dumbría), non marcou pero sigue liderando a táboa de goleadores con 21 goles, (1 de penalti). Voltaba tras lesión o seu veciño, Isaac Fábregas, (SD Fisterra), e voltaba con olfato goleador marcando o segundo dos seus para situarse con 20, (2 p), a un do lider. Completa o podio de goleadores Adrián García, (SR Calo), con 18 dianas, (4 de penalti).
PRIMEIRA FUTGAL G2
-20ª Xornada-
-02/02/2025-
CF Muxía 2-1 Bastavales UD
SD San Lorenzo 2-2 SD Fisterra
Club do Mar 3-1 Vea CF
SCDR Esteirana 2-1 Vizoño SD
SR Calo 3-2 SD Tordoia
Vista Alegre SD 0-1 SD Agolada
SD Castriz 1-2 UD Carral
Bertamiráns FC 2-3 Praiña Sporting Club
CF Dumbría 4-3 Boimorto CF
-CRÓNICAS-
CF Muxía 2-1 Bastavales UD
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido condicionado un pouquiño polo vento, non saimos moi ben e xérannos varias ocasións ata que nunha perdida conseguen o 0-1. A partires do gol deles melloramos e empezamos a ter máis o balón e ter máis chegadas o área rival. Nunha xogada illada conseguimos o empate con gol de Víctor tras un bo disparo dende a frontal. Na segunda metade estivemos moito mellor e nunha xogada ensaiada de saque de curruncho conseguimos o 2-1“.
Goles : 0-1, Alejandro, (21´); 1-1, Víctor Alcaina, (34´); 2-1, Miguel, (67´en propia porta).
Incidencias : O colexiado Eduardo Eiríz expulsou no 90 con vermello direto o xogador muxián, Manuel que levaba no terreo de xogo 10 minutos.
SD San Lorenzo 2-2 SD Fisterra
Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“Partido de moita disputa e xogo direto por ambos equipos, polo mal estado do campo. Entrou mellor o San Lorenzo o partido pero non era quen de convertir as ocasións en gol, e xusto antes do descanso o Fisterra cun golazo dende lonxe poñíase por diante. Tras o paso por vestuarios o San Lorenzo dáballe a volta o maracador con 2 goles, e no minuto 75 empataba o Fisterra. No tramo final os nosos dispuxeron de varias ocasións para levarse os 3 puntos, pero non foron capaces de anotar”.
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi feo, moi difícil de xogar, o campo impracticable, que penso que lle perxudica a tódlos equipos incluso a eles que teñen rapaces con bo pé, pero están máis acostumados e adáptanse primeiro o terreo de xogo. Comezamos mal e Joselu sávanos en 3-4 xogadas en 15 minutos con moi boas paradas. Resbalóns e imprecisións por culpa do campo e eles tiveron varias para facer gol. Conseguimos aguantar e fomos tendo algunha ocasión pero con moitas trabas co tepe, que non nos dábamos adaptado. Guille disfrutou dunha boa na que o porteiro saca moi ben, Bruno tivo un par delas, unha a saida dun corner. Chega unha xogada clave, nun saque de banda, unha patada a Lobelos na área na que decidiron non pitar nada. Antes do descanso un saque en corto de Isma a Rubén e fai un golazo para poñerse por diante.
No descanso falamos de como tiña que ser o reinicio pero en 5 minutos desfíxose o que se falou. Na primeira falta lateral fan gol para empatar e nunha xogada por banda esquerda de Valdomir e consigue un golazo pola escadra. Tras un par de lesións eles tíranse máis atrás e comezamos a xerar perigo e nun saque de banda de Gabriel, Isaac fai o 2-2. Cando os embotellamos Michael puido facer o 2-3, dinme que no seu tiro o balón entrou pero dende o banco non podo dicir. Creamos ocasións claras e eles xogaban direto, pero o campo xa estaba moi mal. Fútbol pouco, moito xogo direto e moitas perdas”.
Goles : 0-1, Rubéna, (45´+2); 1-1, Eloy, (47´); 2-1, Ricardo, (55´); 2-2, Isaac Fábregas, (75´).
SCDR Esteirana 2-1 Vizoño SD
Goles : 1-0, Elías Ruso, (10´); 2-0, Adan, (24´), 2-1, Manuel, (99´en propia porta).
Incidencias : O colexiado Jacobo Rodríguez expulsou con vermello direto no 59 o delegado do Vizoño.
SD Castriz 1-2 UD Carral
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “A espera do comentario“.
Goles : 0-1, Miguel, (5´); 0-2, Jonatan, (72´); 1-2, José Rey, (75´).
CF Dumbría 4-3 Boimorto CF
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “A espera do comentario“.
Goles : 1-0, Baba, (22´); 1-1, Luis Miguel, (43´de penalti); 2-1, Xabier, (53´); 2-2, Alexandre, (55´); 3-2, Daniel, (72´); 3-3, Manuel, (87´); 4-3, Daniel, (90´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Club do Mar : 47 puntos
2º CF Dumbría : 45 puntos
3º UD Carral : 42 puntos
4º Boimorto CF : 36 puntos
5º SD Fisterra : 32 puntos
6º CF Muxía : 32 puntos
7º SR Calo : 30 puntos
8º SD Castriz : 26 puntos
9º Praiña SPC : 26 puntos
10º SD Tordoia : 24 puntos
11º SCDR Esteirana : 24 puntos
12º Vizoño SD : 24 puntos
13º Vea CF : 21 puntos
14º Bastavales UD : 20 puntos
15º SD Agolada : 18 puntos
16º Bertamiráns FC : 13 puntos
17º Vista Alegre SD : 8 puntos
18º SD San Lorenzo : 7 puntos
PREVIA
-21ª Xornada-
-09/01/2025-
Boimorto CF-CF Muxía, ás — horas
Bastavales UD-SD San Lorenzo, ás — horas
SD Fisterra-Club do Mar, ás — horas
Vea CF-SCDR Esteirana, ás — horas
Vizoño SD-SR Calo, ás — horas
SD Tordoia-Vista Alegre SD, ás — horas
SD Agolada-SD Castriz, ás — horas
UD Carral-Bertamiráns FC, ás — horas
Praiña Sporting Club-CF Dumbría, ás — horas
AVISO :
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores