CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 20ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O CAMARIÑAS VOLVE A MANDAR EN SOLITARIO TRALO EMPATE DO XALLAS NUNHA XORNADA NA QUE POR ARRIBA SÓ GAÑARON OS CAMARIÑANS E O SONEIRA”.

O Camariñas volve a mandar en solitario tras golear o Lira.

O Camariñas rompe a parella de baile no primeiro posto o vencer o Lira, (4-1), e aproveitar a igualada no duelo da xornada que enfrontaba ao Monte Louro e ao Xallas e que acabou en empate a uns, (1-1). Tampouco pasou do empate o Baio no seu choque co Porteño, (0-0), noutro dos duelos da xornada, un empate este e o do que ata agora era colider, Xallas, en terras louresas que si aproveitou o Soneira que goleaba ao Cee, (7-1), para encaramarse a terceira praza.

No duelo estelar por abaixo o Coristanco e o Mazaricos empataban, (2-2), o Muros perdía co Cabana noutro duelo por escapar e que lles senta de marabilla os cabaneses e o Outes que derrotaba a todo un Corme no “Cairo”, (0-2), para deixar a loita por evitar o posto de posible arrastre os cabaneses a 7 e os outeses a 6, pois na popa de todo o Lira e o Cee non dan síntomas de estar ainda vivos.

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.

GOLEADORES

César Lojo, (UD Corcubión) chega o máis alto do podio dos goleadores da competición con 18 dianas, (2 pen), un máis ca Djibril, (Camariñas FC), que sigue cos seus 17 goles, (6 de  penalti), e completa o podio Martín “MC”, (CD Baio), con 15, (3 p).

 

LIGA DA COSTA

-20ª Xornada-

-16/02/2025-

Cabana SD 4-1 CD Muros

Corme CF 0-2 Outes FC

Camariñas FC 4-1 CF Lira

SD Coristanco 2-2 CF Mazaricos

UD Corcubión 3-2 Ponteceso SD

CD Baio 0-0 CF Porteño

Soneira SD 7-1 UC Cee

Xallas FC 1-1 UD Monte Louro

 

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-CRÓNICAS-

Cabana 4-1 CD Muros

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Saimos moi ben o partido e pronto nos adiantamos no marcador con un bo gol de Manuel, dominamos o partido en todo momento e despois de varias ocasións claras conseguiríamos facer o segundo, e terceiro gol antes do descanso, por medio de Ferreiro, a saida dun córner, e Castro tras unha boa xogada de Migueliño.

Na segunda parte saimos outra vez ben e tivemos o partido controlado en todo momento. Eles tiveron 2 ocasións claras e nós outras duas nos pés de Castro e Simón, pero seríamos nós a 10 minutos do final os que marcaríamos o cuarto, por medio de Leis que transformaba un penalti cometido sobre él mesmo. No desconto o Muros marcaría o seu gol, nunha perda nosa no medio campo que aproveitaron ben”.

Xogamos con : Manu, Mario, (Miki), Noé, Ferreiro, Aarón, Fernando, Moreno, Castro, (Hugo), Migueliño, Simón, (Leis), Manuel Romero(Pablo).

Goles : 1-0, Manu Romero, (1´); 2-0, Sergio, (41´); 3-0, Castro, (44´); 4-0, Samuel, (83´de penalti); 4-1, Flavio, (90´).

 

Corme CF 0-2 Outes FC

Goles : 0-1, Álvaro, (53´); 0-2, Xabier, (55´).

 

Camariñas FC 4-1 CF Lira

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido que nos supuxo 3 puntos para seguir aí arriba e disputado ante un Lira que nos esperou atrás o que fixo que fóramos dominadores en canto a posesión e chegando pero sen acabar de concretar ocasións claras ata a xogada do gol. Eles chégannos tras adiantarnos e acadan o empate na única chegada a nosa porta. Pouico tardamos en poñernos de novo por diante o que non deu pé a ter dúbidas. O gol chegou de penalti por unhas mans dun xogador do Lira. Na segunda sigueu igual o encontro ata que chegou o terceiro e no desconto chegaría o cuarto. Os partidos de aquí a final de liga os encontros van ser todos difíciles dado que sexa por arriba sexa por abaixo tódolos equipos se xogan algo. Segunda vitoria consecutiva e a tentar de coller unha boa racha“.

Goles : 1-0, Hugo, (8´); 1-1, Raúl, (27´); 2-1, Javier, (30´de penalti); 3-1, Mario, (72´); 4-1, Martín, (92´).

 

SD Coristanco 2-2 CF Mazaricos

Goles : 0-1, Alejandro, (64´); 1-1, Eloy, (68´); 2-1, Martín, (73´de penalti).

Incidencias : O colexiado, Esteban Domínguez expulsou con vermello direto ao porteiro do Coristanco, Rubén no 51´.

 

UD Corcubión 3-2 Ponteceso SD

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Partido difícil contra un rival moi ben entrenado con moitos recursos e difícil de batir, pero un Corcubión un pouco dubitativo na primeira parte, pero ainda así entramos moi ben no partido e os 3 minutos marcaba Dani nun rexeite que batía o porteiro por alto. Pouco despois empataba o Ponteceso que durante 20 minutos estivo mellor que nós. Nos derradeiros minutos da primeira parte terían o partido controlado tento un par de ocasións moi claras que se irían fora.

Na segunda moi pronto nos poñíamos por diante nunha boa xogada de César que asistía a Iago Lema que só, marcaría un golazo imparable para o porteiro. seguimos co dominino pero o Ponteceso empataba a balón parado nun rexeite no que batían a Bruno cunha vaselina. Non nos viñemos abaixo e poñíamonos por diante tras un penalti que lle facían a César Lojo que él mesmo transformaba. 

Houbo 2 penaltis máis, un a César e outro a Iago que non os pitaría  o colexiado. O Ponteceso sigueu apretando ata o final pero sen premio.

Bo encontro no Cubaleiro con vitoria do Corcubión ante un rival dificilísimo, moi ben posicionado, e sabendo o que facer durante todo o partido. Sorte o Poenteceso ata o final”

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Encontro con máis emoción ca xogo por parte das dúas equipas. Eles adiantáronse pronto nunha acción a balón parado nada mais comezar, aínda así logramos empatar pronto. Intentamos levar a iniciativa xa que eles esperaban en medio campo. Defendíanse moi ben e apenas logramos situacións de perigo. O contrario o Corcubión facíanos bastante dano a contra e a balón parado.

Volveron a adiantarse e conseguimos igualar outra vez e a partires de aí as dúas equipas buscámola vitoria. Caeu para eles e non queda outra que felicitalos“.

Goles : 1-0, Daniel, (3´); 1-1, Martín, (11´de penalti); 2-1, Iago Lema, (53´); 2-2, Adrián, (62´); 3-2, César Lojo, (85´de penalti).

Incidencias : O colexiado Alberto Pombo espulsou con vermello direto o 2º Adestrador do Corcubión, Isidro Trillo, (39´).

 

 

CD Baio 0-0 CF Porteño

Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Partido moi igualado na 1º parte co Baio tendo o control os primeiros 15 minutos. Despois conseguimos ter nos máis acercamentos nos siguientes 15, con chegadas por banda de Iván na dereita e Alfredo na esquerda, e centros a área ben defendidos polo Baio. Do minuto 30 ao 45 o Baio volveu mandar sobre o verde tendo un disparo que parou ben Mariolo, esa foi a única intervención que tivo que facer, xa que nos segundos 45 minutos creo que o Porteño tivo o control do partido e fomos superiores en canto a aproximacións e acercamentos a área.

Conseguimos poñer perigo en 4-5 corners que sacou ben o seu porteiro, (por certo, un porteirazo). Tivemos 2 internadas de Alfredo pola dereita con pase atrás que rematamos defectuoso dentro da área. Despois un gol fantasma no que uns dicían que entrara e outros que non, eu desde a miña posición non vin nada, pero os nosos reclamaban gol.

Logo unha internada de Yuyo que pasou atrás e rematamos floxo as mans. E xa contra o final un centro lateral nunha incursión de Iván a que Alan non consegue conectar ben co balón, e outra de Martín a que non chega o Yuyo por centímetros.

Partido moi táctico, no que sabíamos que tíñamos que facer un gran esforzo e cubrir unha superficie de campo a que non estamos acostumados, pero no que o equipo estivo moi ben, sólido atrás que era algo que buscábamos as últimas xornadas e xerando ocasións na área contraria.

Na miña opinión penso que merecemos algo máis que un punto, igual sería mais xusto 2 para o Porteño e 1 para o Baio, pero o marcador final é o que manda, así que un puntiño máis e a seguir“.

Goles : 0-0

 

Soneira SD 7-1 UC Cee

Goles : 1-0, Alberto “Vía”, (15´); 2-0, Ricardo, (37´); 3-0, Adrián, (44´de penalti); 4-0, Adrián, (45´); 5-0, Alberto “Vía”, (50´); 5-1, Ánxo, (75´); 6-1, Sergio, (81´); 7-1, Sergio, (90´).

 

UD Monte Louro 1-1 Xallas FC

Comentario cedido polo FaceBook UD Monte Louro : “Partido moi bonito de ver e moi disputado. Na primeira metade o inicio anuláronnos un gol por fora de xogo que non era. O partido estaba moi igualado e con escasas oportunidades, a saída dun corner eles fixeron o seu gol e nós fomos pouco a pouco impoñéndonos no xogo, e finalizando a primeira metade dispuxemos dun penalti a favor que erramos.

Na segunda metade saímos en tromba en busca do empate e dispuxemos de ocasións clarísimas para empatar, nunha falta a favor conseguimos o empate grazas ou rexeite que consegueu Xián para facer ou 1-1 definitivo. De aquí ou final tratamos de buscar o segundo gol pero non houbo tempo para máis.

Volvemos estar orgullosos dous nosos xogadores, que a pesares do gran número de baixas seguen nun nivel alto de traballo e esforzo. Tamen queremos agradecer ou apoio d@s nos@s seareir@s que nos axudaron en todo momento…Imos Louro!!!.

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Encontro que xa sabíamos que ía a ser complicado polo rival que tíñamos en fronte e que xa nos puxo as cousas difíciles no encontro da Fontenla no que tivéramos que remontar. Partido complicado de sacar adiante que na primeira metade estivo marcado por moitas faltas e case todo o que pitaba era cartón amarelo, moitos deles excesivos, xa que poñía en perigo a ambos equipos por poder quedar cun menos. Dun saque de canto chegou o noso gol tras un erro do porteiro rival que non colle o balón e aproveita para adiantarnos Facal. Fomos o vestiario ca sensación de non crear perigo, e eles tampouco. Eles tiveron un penalti que mandaron o pau. Un dato curioso é que levamos só un penalti a favor e con este 10 en contra. Temos mala sorte neste apartado.

Na segunda máis do mesmo, encontro aburrido con moitas faltas, sen ocasións claras de gol ata que chega o deles na que baten a Couto que xa sacara duas moi boas nas que se puideron adiantar antes. A partir do gol subiron o ritmo a procura de sacar máis e nós tratamos de crear por banda pero non estivemos acertado. Non tivemos a intensidade de outros encontros. Creo que empate xusto para seguir remando e estar preto do Camariñas e seguir a estela como sexa. Toca aprender dos erros e seguir traballando que a liga é moi longa e para semana vennos o Cabana que chega nun intre enracha con varios resultados positivos e que non vai ser doado”.

Goles : 0-1, Yago, (37´); 1-1, Xián, (78´)

 

-CLASIFICACIÓN-

-16ª Xornada-

 Camariñas CF : 45 puntos

  Xallas FC : 43 puntos

 SD Soneira : 35 puntos

 CD Baio : 34 puntos

5º UD Monte Louro : 32 puntos

 CF Porteño : 30 puntos

 Corme CF : 29 puntos

 Ponteceso SD : 28 puntos

 Cabana SD : 26 puntos

10º Outes FC : 25 puntos 

11º UD Corcubión : 24 puntos

12º CD Muros : 20 puntos

13º CF Mazaricos : 19 puntos

14º SD Coristanco : 19 puntos

15º CF Lira : 11 puntos

16º UC Cee : 5 puntos

 

-PREVIA-

-21ª Xornada-

-23/02/2025-

Xallas FC-Cabana SD, ás — horas

CD Muros-Corme CF, ás — horas

Outes FC-Camariñas FC, ás — horas

CF Lira-SD Coristanco, ás 17:00 horas

CF Mazaricos-UD Corcubión, ás — horas

Ponteceso SD-CD Baio, ás 16:30 horas

CF Porteño-Soneira SD, ás — horas

UC CeeUD Monte Louro, ás — horas

Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Foto Camariñas-Lira : Dulce Crocu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies