CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 20ª Xda DA LIGA DA COSTA : “A DERROTA DO SAN LORENZO DEIXA SÓS A CORME, PONTECESO E ESTEIRANA NA LOITA POR TODO”.

LIGA DA COSTA

20ª Xornada

-02/02/2020-

 

Importante vitoria UD Cerqueda ante o Sporting Zas.

 

UD Cerqueda 4-2 Sporting Zas

SD Castríz 3-0 SD Coristanco, (Suspendido)

Muxía CF 3-0 SD San Lorenzo

UC Cee 0-3 Corme CF

SD Ponteceso 3-1 CD Baiñas

SCDR Esteirana 3-0 SCD Malpica

CF Lira 0-3 SCD Buño

CD Muros 0-0 Cabana SD

 

A tódolos xogadores que sufriron lesións esta xornada desexámoslle unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

CRÓNICAS

Alejo xa suma 21 goles esta tempada cos dous que fixo ante o UC Cee.

 

UC Cee 0-3 Corme CF

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí“.

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Empezaba o partido cun Cee esperándonos en medio campo e nos levando o peso do partido. O cee buscaba rápidas contras e sobretodo balons as espaldas dos centrales que co vento a favor volvíanse mui peligrosos,pero conseguiría facer mais peligro con saques de banda en largo,tendo unha ocasion mui clara que atrapa ben o noso porteiro. Nos tiñamos o balon e o control do partido pero faltabanos acertar no ultimo pase pa crear ocasions claras.O gol nace nunha presion arriba,Manu rouba ,cede a Toni e este deixalle o balon a Doldi pa empujar o balon. A segunda empezaba cun Cee un pouco mais agresivo e despuxo de varias ocasions.Dous tiros dende a frontal mui peligroso e un balon que deixaba solo o delantero co noso porteiro, pero Peon chega mui ben o cruce pa mandar o balon a corner. A raiz do segundo gol e co Cee en inferioridad o partido dominamolo con mais claridade e dispuxemos de varias ocasions.Nunha delas Alejo nun man a man non perdonaria pa matar o partido. Non solo se gañaron tres puntos,pois Eloy volvia a xogar despuis de 6 meses apartado dos terrenos de xogo,e asi recuperamos un home que é importantisimo nesta plantilla”.

Goles : 0-1, Adrián Doldán, (31´); 0-2, Alejo, (60´); 0-3, Alejo, (83´);

Árbitro : Carlos Señarís

Incidencias : expulsou ao xogador do UC Cee, Álex Agulleiro con dobre cartón, (60´e 61´).

 

CD Muros 0-0 Cabana SD 

Sarillo, (Delegado do CD Muros) : Mal partido pola nosa parte. En ningún momento fomos capaces de controlar o encontro. Eles puderonse por por diante, pero saca xandre un man a man. Nos a mais clara foi un remate de Xaco de cabeza, onde se luce o porteiro, e o rechace mandao Jurjo ao pau. Tuvo jurjo un man a man nada mais empezar a segunda metade, pero manda o balón arriba. Volvería aparecer Xandre para salvar ao Muros, con 2 paradóns“.

Duda, (Delegado do Cabana SD) : “Partido no que comezamos esperando algo atras e intentado salir as contras polas bandas con ferreiro e vidreiro,e con raul corzon chegando os balons as espaldas,eles buscaban sempre os balons colgados tanto en cornes como en saque de bandas,no que a nosa defensa estaria moi seguro durante todo momento,o cuarto de hora de partido o muros teria unha clara ocasion nun cornes que entre pazos e o rival o balon salvaría moi ben victor e daria no pao e saliria fora, destacar que nesa xogada Pazos sufriria un corte na cabeza e dor nas cervicales e teria que ser substituido e o rival tamen, a medio hora de partido Vidreiro iria man a man ante o porteiro que pararia e o balon quedaria morto na area que despexaba a defensa, chegariamos o descanso co 0-0. Na segunda parte saliriamos igual defender e salir por bandas os 10 minutos tubo unha clara ocasion de Ferreiro que o porteiro faria un paradón, teriamos outra nas botas de moreno que rebotaria no defensa indo a corner, eles apenas chegaban a nosa porteria,nos ultimos 10 minutos sufririamos algo pero a nosa defensa estivo intratable, e chegariamos con 0-0 final”.

Goles : 0-0

Árbitro : Roberto Couñago.

 

Vitoria do UD Cerqueda ante o Sporting Zas.

 

UD Cerqueda 4-2 Sporting Zas

Javi Souto, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que empezamos bastante ben, tendo o balón e movendo con criterio mentres o Zas esperaba no replegado e nunha boa presion sobre a sua salida de balón roubamos e marcamos o 1-0. A partir do min 25 mais ou menos o Zas subiu o equipo e apretou mui arriba a salida de balón nosa e foron seguramente os seus mellores minutos anque sin crear ocasions. Antes do descanso tuvemos unha boa ocasión para ir con 2-0 pero Puyol parou un penalti a Iván Rojo, un paradón. Salimos na segunda parte ben plantados e nun tiro de falta desde lonxe falla Puyole poñemonos 2-0. O Zas seguia xogando ben, pero sin profundidad e sin generar peligro e en 2 accions aisladas, Lagoa marca en propia a salida dun corner e Manu Fuentes marca de falta, 2-2. A partir de ahí volvemos a coller o ritmo do partido e creamos varias ocasions cas que sentenciamos o partido. Gustoume o Zas, pero creo que fomos xustos ganadores xa que a penas nos crearon ocasións e nos si generamos 5-6 claras“.

Roberto, (Presidente do Sporting Zas) : “Vitoria do cerqueda para alonxase da zona de perigo. Na 1ª metade o forte vento condicionou a saida do balón do Cerqueda. Apesares de iso sería nos primeiros minutos cando subía o primeiro gol o marcador. Por parte do Zas non foi inquietada a meta dos cerquedenses en ningún intre. Antes do descanso, Puyol” paráballe un penalti inexistente a Iván Rojo. Xa na segunda metade o encontro cambiou e así chegaron os goles. Iván Rojo facía o segundo para os cerquedenses. Tras iste gol o Zas reaccionou e consigueu igualar o 2-0, con goles de Guillamet e Manu, pero un novo gol de Iván Rojo metía por diante de novo aos locais. Este gol caíalle coma unha xarra de auga aos zacenses. Xa no desconto cos de Zas volcados a poloempate chegaba o definitivo 4-2″.

Goles : 1-0, Nicolás, (6´); 2-0, Iván Rojo, (48´); 2-1, Guillamet, (55´); 2-2, Manu, (63´); 3-2, Iván Rojo, (75´); 4-2, Lorenzo, (90´).

Árbitro : David Cancela

Incidencias : Expulsou con dobre cartón ao xogador do UD Cerqueda, Crístian, (43´e 44´).

 

 

SD Ponteceso 3-1 CD Baiñas

Taski, (Diretivo do CD Baiñas) : “Partido mui igualado e marcado pola vento, sin claras ocasions por parte de ningun equipo pero con moita intensidade, decidiu o balón parado no tempo de desconto, contentos co traballo realizado“.

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Partido condicionado, supoño que como a maioría, polo vento.
Na primeira tuvemolo en contra, pero ainda así tuvemos o balón e xogabamolo con criterio pero sin finalizar as xogadas. Eles marcaron de penalti e lanzaron un balón á madeira. Nos intentábalomo con máis corazón que cabeza pero o gol non chegaba, incluso erramos un penalti. Na segunda, co vento a favor, lanzámonos a polo partido pero non tiñamos ideas nin claridad en ataque. Eles ó contragolpe podían marcar en calquer intre.  Marca Recarey de falta e os minutos pasan e non somos quen de poñernos por diante. Xa sobre a bocina Alberto Recarey marca un golazo pola escuadra desde 40 metros que nos daba a victoria. Partido moi traballado ante un gran Baiñas que estivo a piques de levar algo positivo”.

Goles : 0-1, Alvite, (14´); 1-1, Alberto Recarey, (59´); 2-1, Alberto Recarey, (desconto´); 3-1, Alberto Recarey, (desconto´).

Árbitro : Óscar Rey

 

 

SCDR Esteirana 3-0 SCD Malpica

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Non entramos ben no partido, moi relaxados e sin a intesidade necesaria para afrontalo. Creo que foi a peor primeira parte da tempada.  Aínda así tivemos un par de ocasións claras para poder marcar. O Malpica tivo unha clarísima pero o balón pasou paralelo a portería e foi despexado pola defensa. Segundo foi indo o partido fomos millorando e volvemos a ter algunha ocasión e marcamos o primeiro gol. A partir de ahí tivemos o control ata o descanso. Cando o árbitro pita o final, non sei porque, expulsa a un xogador do Malpica. Na segunda parte, e co Malpica con un menos, dominamos o partido e foron chegando ocasións e os goles. Custounos entrar no partido pero fomos de menos a máis e sin facer un gran partido creo que a victoria é merecida“.

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí“.

Goles : 1-0, Elías Ruso, (40´); 2-0, Brais, (78´ de penalti); 3-0, Álvaro, (83´).

Árbitro : José Manuel Sánchez.

Incidencias : Expulsou por dobre cartón ao malpicán, Joaquín, (10´e 45´).

 

 

CF Lira 0-3 SCD Buño

Juan Rey, (CF Lira) : “Saimos moi mal o partido sin intensidad, sin chispa e sin concentración.
Errabamos o pase, chegabamos tarde na presión e estabamos lentos en defensa. A peor primeira parte da tempada con diferencia. O Buño aproveitaria esto e marcaria un gol que lle daba ventaxe o descanso. Tratamos de correxir na medida do posible no descanso o desaguisado, e ainda que melloramos algo non o suficiente para ser capaces de levantar o partido. Asumimos mais riscos e o Buño aproveitou duas contras para matar o partido”.

Richard, (SD Buño) : “Partido igualado en Lombáns. Empezou o buño mais enchufado no partido con 1 par de ocasións de Zinho e Elías. No minuto 25; adiantarianos cunha boa xogada de Luis Miguel que remata Antelo por enriba do porteiro . O Lira tiña a posesion do balon pero non faria moito perigo. No minuto 55 un pase de fran en largo rematariao antelo crizado facendo o 0 -2. O Lira empuxaría con xogadas boas de Toni, pero o meta Brais estivo moi seguro e o final do partido marcamos o 0-3 por medio de Martín. Vitoria merecida do Buño que nos vai reforzar moito de cara a recta final de liga”.

Goles : 0-1, Antelo, (25´); 0-2, Antelo, (57´); 0-3, Martín, (desconto)

Árbitro : Bruno Mendez.

 

 

Muxía CF 3-0 SD San Lorenzo

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) :O vento foi protagonista, e durante o primer tempo, cando o San Lorenzo tíñao a favor, o balón estivo no noso campo moito tempo, buscamos o gol con algún ataque perigoso, pero non fomos capaces de anotar. A mellor ocasión foi para o xogador visitante Brais Cancela, que cruza demasiado e vaise fora. No segundo tempo fomos dominadores e creamos varias ocasións. Manu Nogueira remata a gol un tiro de Toja. Logo Víctor Alcaina provoca un penalti que él mesmo anota, e pouco despois, lanza á rede unha falta.
Ata o final puidemos facer outro gol en varias ocasións, pero o marcador non se movería“.

Santi Cambón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido moi condicionado e con pouca historia, polo gran vento que facía en Muxía. A primeira parte o equipo de Verdillo tiña o vento a favor,e tamen tivo o dominio espacial no campo pero era moi dificil levar o control polas circunstancias climatolóxicas. Ainda así tivo varias ocasions a balon parado e algunha internada por banda.Na segunda parte un pouco como a primeira,un Muxía co aire a favor que tiña o dominio territorial pero non podia levar o control,pllas mesmas circunstancias,a diferencia estivo na estratexia que o equipo local adiantouse nun corner, con varios rechaces. O segundo nun claro penalti e o terceiro nunha falta lateral. Gañou o equipo con mais efectividade, e nesta tarde foi o Muxía“.

Goles : 1-0, Manu Nogueira, (57´); 2-0, Víctor Alcaiana, (69´de penalti); 3-0, Víctor Alcaina, (73´).

Árbitro : Luis M. Insua.

Incidencias : Expulsou a Ricardo do corpo técncio, por dobre cartón, (56´e 56´).

 

 

SD Castríz 3-0 SD Coristanco

(Suspendido no minuto 80´)

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “O partido estivo marcado por dous factores: o vento e a arbitraxe.
Na primeira parte o Coristanco xogou co vento a favor, e nós posicionámonos máis atrás do habitual, co cal eles non foron capaces de crearnos peligro, nin combinando porque tíñamos moita densidad de xogadores no medio, nin en fútbol directo porque non deixamos espacios detrás da defensa. O partido era de chegar 0-0 ó descanso, pero adiantámonos cun gol de córner sacado por Brais Sendón e rematado por Alex Forján. Nunha acción individual de Espi, o seu defensor entroulle sin balón de por medio e o árbitro expulsouno. Na segunda parte fomos a intentar sentenciar o partido, e ó pouco de empezar, noutro córner metemos o 2-0. Sacou Alex Forján e entre Alex Mourelle e o seu defensa meteron o balón na portería. A partir de aí, abriuse totalmente o partido. Tivemos 4 ou 5 ataques con superioridad clara que non soubemos xestionar nas últimas accións, e eles no ida e volta tamén se achegaron á nosa portería. Un saque largo do noso porteiro David Gerpe, foi convertido en gol por Espi tras gañarlle a acción ós seus centrales.
Despois do 3-0 eles aumentaron as protestas ó árbitro e tras 5 minutos quedaron sin o mínimo de xogadores necesario”.

Juni, (Adestrador do SD Coristanco) : “Partido que durou menos de 90 minutos por 4 expulsións e unha lesión nosas.
Pero que o “señor colexiado” xa decantara case definitivamente ós 30 minutos ó obviar unhas mans escandalosas na área local. E na xogada inmediatamente posterior conceder un gol do Castriz tras controlar coa man o balón o atacante.
Para poñer a guinda 5 minutos despois sacaba o vermello directo a Mario por unha entrada a destempo merecedora de cartón amarelo. Nada máis comezar a segunda parte gol de córner que nos metemos nós, e pouco despois outro á contra para poñer o 3-0. Continuaban entretanto as decisións incomprensibles, saques de banda o revés, faltas en cada contacto en contra, permisividade nas perdas de tempo… Ata que colmou a nosa paciencia e un “non protestes que nolas vai pitar en contra” de Pazos acababa coa segunda vermella directa e desatando a loucura que culminaba con 2 expulsións mais. Quedamos con 7 e a lesión de Castiñeiras fixo parar o partido. A “rara” actuación arbitral non debe empañar o serio e tremendamente competitivo partido realizado polo Castriz que en condicións normais seguramente tería gañado o partido igualmente”.

Goles : 1-0, Alejandro, (33´); 2-0, Pablo, (78´); 3-0, Alejandro Mato, (50´en propia porta).

Árbitro : Pablo Rama

Incidencias : Expulsou do SD Coristanco a Mario, (45´+1´), con vermello direto por xogo perigoso, e a José M Pazos e Adrián Pazos, ambos con dobre cartón e a Jonathan, por decirlle reiteradamente o colexiado : “eres moi burro”. Tamén foi expulsado o adestrador dos coristanqueses por entrar no terewo de xogo a protestar e decirlle : “Estás coma unha puta cabra”, ou “esto é un puto cachondeo, ven aquí a rirse de nós. Vale que sexamos veciños pero que veña a facer o seu puto traballo”, segundo recolle o acta arbitral. Tendo en conta outros precedentes, daráselle o encontro perdido ao SD Coristanco por 3-0. Asimesmo o clube da Terra da pataca terá que facer fronte a duras sancións deportivas e varias económicas.

 

CLASIFICACIÓN

 

 

PICHICHI

1º-Alejo, (Corme CF) : 21 goles en 15 encontros, (4 de penalti)

2º-Xuco, (SD Ponteceso) : 18 en 16, (3 p)

3º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 16 en 20, (3 p)

4º-Iván Pombo, (UD Cerqueda) : 15 en 17, (5 p)

5º- Elías Ruso, (SCDR Esteirana) : 14 en 19, (1 p).

6º- Ezequiel, (UC Cee) : 13 en 18

 

PRÓXIMA XORNADA, (21ª)

-09/02/2020-

Cabana SD-UD Cerqueda, (17:00 horas)

Sporting Zas-SD Castríz, (17:30 horas)

SD Coristanco-Muxía CF, (17:00 horas)

SD San Lorenzo-UC Cee, (16:15 horas)

Corme CF-SD Ponteceso, (17:00 horas)

CD Baiñas-SCDR Esteirana, (15:00 horas)

SCD Malpica-CF Lira, (por determinar)

SCD Buño-CD Muros, (17:00 horas)

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Fotos Sporting Zas : Roberto-Sporting Zas

-Foto Alejo : Edu Cambón

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.