A Esteirana antes do choque da xornada.
Empate ante a Esteirana, (2º) e o Chispa, (3º), no choque da xornada, (0-0), que fixo que as arousanas caesen a quinta praza nun choque no que as de Fran Figueroa fixeron méritos para moito máis esto fai que o Taragoña, que goleou ao As Miúdas no 2Eleuterio Balayo, (0-3), e que son as rivais das de Esteiro para a semana, pasen a ser terceiras. O Outes goleaba ao Mosteiro, (4-1), e colle a puntos as veciñas do As Miúdas na metade da táboa.
GOLEADORAS
Rut Castro, (Esteirana), primeira na táboa de goleadoras non marcou pero sigue mandando de maneira plastante cos seus 44 tantos, (1 pen), en 17 choques. Pasa a ser segunda tras marcar 4 goles, Aldara Muñiz, (Juventud Cambados), 4 deles de penalti e en 18 encontros e no terceiro posto temos a Bárbara Caamaño, e Carla Núñez, (Chispa), ambas con 30 en 19 encontros, e ninguanha fixo gol no encontro que as enfrentou e que acabou a ceros.
3ª GALEGA FEMININA G4
-20ª Xornada-
-30/03/2025-
EFF Sonnoia Portus Apóstoli 0-5 Céltiga FCF
Juventud Cambados 8-1 Catoira SD
Outes FC 4-1 CD Mosteiro
EFMC Boiro B 6-0 Bastavales UD
CD Rois 4-1 Milladoiro SD
ED As Miúdas 0-3 CCD Taragoña
SCDR Esteirana 0-0 SD Chispa
-CRÓNICAS-
Outes FC 4-1 CD Mosteiro
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Partido importante según a clasificación pois estábamos e seguimos estando moi igualadas.
Empezamos sin moito tino de cara a portería incluso antes de que Laura metera o primeiro gol. Pero xusto despois deso dispuxemos de 2 dous man a man coa porteira visitante que non supemos resolver. Xusto antes do descanso nun barullo na área tras un corner, un despexe noso bate na rival e acaba entrando.
A segunda parte foi moi diferente, enfadadas polo inxusto do marcador co referente o fútbol visto, saimos con moita máis intensidade e dominamos o balón e as ocasións, sobre todo con unha gran Carla inspirada a hora de regatear, que ahora si meteu dous bos goles tras deixar atrás a todas as defensas.
Puntos que quedaron en Outes e a pensar no domingo con moitas gañas“.
Goles : 1-0, Lires del Río, (14´); 1-1, Sheyla, (45´+ 1); 2-1, Lires del Río, (52´); 3-1, Carla, (67´); 4-1, Carla, (80´).
Incidencias : o colexiado José Ramón Fernández expulsou con vermello direto a porteira visitante Thalía no 36´.
SCDR Esteirana 0-0 SD Chispa
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Partido disputado entre as segundas contra as terceiras clasificadas que viñan en racha ascendente tras ser o único conxunto capáz de vencer ás líderes de maneira moi clara, e as locais recuperando sensacións trala vitoria contundente no derbi, polo que se esperaba un duelo bonito de ver.
Na primeira metade moitas imprecisións e ocasións para os dous bandos, as arousanas agardaban en campo propio pero lanzaban con perigo á contra con varias transicións, nas que apareceu unha Maruxa moi enchufada. Por parte das nosas chegábamos tamén con certa claridade pero fallábamos na toma de decisións nos metros finais.
A segunda metade foi máis de dominio das “roxazuis” e as visitantes apenas inquietaron a área de Maruxa, pero novamente pecamos de precipitación a pesares e ter ás rivais metidas en 3/4 de campo… pero esa claridade de cara o gol de outrora, desta volta virou en ansiedade e acabou deixando o duelo en táboas nunha tarde de calor onde non soubemos rubricar o traballo feito no partido cos 3 puntos“.
SCDR Esteirana : Maruxa, Lidia, Nerea, Terre, Martina, Lara, Sandra, Nuria, Leti, Bárbara e Rut . Tamén participaron : Alba, Inés, Gina e Lola.
Goles : 0-0
ED As Miúdas 0-3 CCD Taragoña
Non vos podemos dar a crónica do comentario das Miúdas xa que non temos colaboración. Está aberta a posibilidade de facernos chegar os comentarios dos encontros así coma fotos tanto por parte de calquer adestrador, diretivo, xogadora ou afeccionado/a. Abaixo de todo están as diferentes maneiras de contactar connosco, así coma nas nosas redes sociais.
Goles : 0-1, Paula, (25´); 0-2, Luna, (35´); 0-3, Marina, (64´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Céltiga FC : 55 puntos
2º SCDR Esteirana : 47 puntos
3º CCD Taragoña : 44 puntos
4º Juventud Cambados : 43 puntos
5º SD Chispa : 43 puntos
6º EFMC Boiro B : 31 puntos
7º CD Rois : 27 puntos
8º ED As Miúdas : 25 puntos
10º Outes FC : 25 puntos
9º CD Mosteiro : 23 puntos
11º Bastavales UD : 19 puntos
12º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 15 puntos
13º Milladorio SD : 9 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-PREVIA-
-21ª Xornada-
-06/04/2025-
SD Chispa – EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 17:00 horas
Céltiga FCF – Juventud Cambados, ás 12:00 horas
Catoira SD – Outes FC, ás 12:15 horas
CD Mosteiro – EFMC Boiro B, ás 19:00 horas
Bastavales UD – CD Rois, ás 19:15 horas
Milladoiro SD – ED As Miúdas, ás 17:00 horas
CCD Taragoña – SCDR Esteirana, ás 19:30 horas
AVISOS
-Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
-Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Os adestradores