As defensas impuxéronse na Arliña.
Foron 29 goles os que se acadaron nesta xornada con 19 en dous encontros, os 10 que lle endosou o lider intratable Corme, (que abre máis fenda na clasificación), ao Zas, e os 9 que lle puxo o Corcubión o A Baña, polo resto só houbo dous equipos que nin marcaron nin lles marcaro e foi no empate antre o Muxía e o Ponteceso, (0-0), no que era o encontro da xornada e no que houbo ocasións como para que caera algún gol en cada portería. Este empate aproveitao o Bergantiños B para arrimarse o segundo, (Muxía), a 3 puntos e despegarse do que era o terceiro Ponteceso con 3 puntos máis agora as carballesas que collen a terceira praza relegando as pontecesanas a cuarta praza a que se acerca o Corcubión a 3 puntos, os mesmos co Cabana que empataba co Pastoriza B, (1-1).
GOLEADORAS
Naroa Parga, (Corme CF), queda a un dos 50 e xa ten 49 goles nos 20 encontros disputados gracias aos 6 que lle fixo o Zas nesta xornada. A muxiana Patri Romaní, (CF Muxía), non veu porta e sigue con 20 materializados en 19 choques, e Barca Toba, (CF Muxía), que tampouco veu porta sigue a terceira do podio de máximas realizadoras cos seus 18, (5 p) en 12 encontros.
3ª GALEGA FEMININA G2
-20ª Xornada-
(30/03/2025)
Corme CF 9-0 Sporting Zas
Soneira SD 1-1 CF Mazaricos
UD Corcubión 10-0 SD A Baña
UD Cerqueda 1-3 Bergantiños FC B
EFCC “Juan Cabrejo” 2-0 SD Fisterra, CRÓNICA
CF Muxía 0-0 Ponteceso SD
SCD Pastoriza B 1-1 Cabana SD
-CRÓNICAS-
O Corme goleou o Zas nunha excelente primeira metade.
Corme CF 9-0 Sporting Zas
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Tíñamos unha pequena espiña clavada con éste partido dende a primeira volta, posto que foi o peor partido pola nosa parte do ano, así que tómalo moi en serio desde o primeiro minuto. Contentas polo +3, portería a cero e minutos para todas…Vamos a pola seguinte final!!”.
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido marcado por un inicio espectacular do Corme ofensivamente que xa deixou sentenciado o encontro nos primeiros 15 minutos. O Zas non se encontrou a gusto nos 45 minutos iniciais donde o Corme cun recital de Naroa deixaba todo decidido cun claro 9-0.
A segunda parte xa baixando a intensidade ambos equipos non pasou nada destacable. Para nos sírvenos de aprendizaxe e seguir collendo minutos de xogo para afrontar os partidos finais“.
Goles : Naroa, (6), e Cristina, (3).
Soneira SD 1-1 CF Mazaricos
Goles : 1-0, Sara, (34´); 1-1, Raquel, (59´).
UD Corcubión 10-0 SD A Baña
Goles : (Primeira metade 4-0). Alexandra, (4), Sandra, María Castro, Serena e Paula, (3).
O Bergantiños celebrando no Xabiña.
UD Cerqueda 1-3 Bergantiños FC B
Miguel Ángel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “O partido estivo moi competido desde o minuto un ata o minuto noventa. Nós saimos moi ordeadas apretando arriba na saida de balón e obligando o rival a xogar en longo e os balóns chegaban sin perigo a nosa porteira, e nun fallo noso márcaronos o primero gol, pero nós seguimos apretando e presionando por todo o campo e nunha falta, bastante rigurosa, a o borde da área marcaron o segundo.
Seguimos co noso plan e poucos minutos despois conseguíamos reducir a diferencia e seguimos en busca o empate, e xa no derradeiro minuto noutro despiste defensivo fan o terceiro, pero o partido non marcou a diferencia que hai na calsificación…Un orgullo como compite este noso equipo”.
Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Buen partido contra un equipo vecino para recuperar sensaciones dónde sólo el larguero en varias ocasiones y otra gran actuación de Inés (portera del Cerqueda) evitó un goleada.
Empezamos fuertes ya desde el pitido inicial haciendo mucho daño por las bandas y comenzando a sucederse las ocasiones. Una primera gran parada de Inés y un larguero serían los primeros resultados de nuestras llegadas. Fruto de una ocasión y tras un balón perdido en el área marcaría a placer Ainhoa el primero a los diez minutos.
La primera parte seguiría esta línea a pesar de estar condicionadas por el viento en contra lo cuál unido al continuo juego aéreo rival metió en problemas un par de veces a nuestra zaga.
En la segunda parte, con un guión parecido, mantuvimos el control del balón, aunque pecamos de precipitación en ataque.
Una gran falta directa convertida por Carmen ampliaría el marcador. Poco después, en una jugada discutida marcaría el Cerqueda tras una primera buena intervención de Nere.
El partido varió poco y se puso algo duro. En el último minuto, en una buena internada Antía centraba para que Arancha sentenciara el partido“.
Goles : 0-1, Ainhoa, (9´); 0-2, Carmen, (57´); 1-2, Carla, (60´); 1-3, Arancha, (91´).
EFCC “Juan Cabrejo” 2-0 SD Fisterra
Patri Romaní conducindo o balón.
CF Muxía 0-0 Ponteceso SD
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía B) : “Partido de poder a poder ante un rival da zona alta da táboa en loita polo segundo posto.
Empezaríamos o partido co vento en contra e co proposito de non encaixar gol defendendo en bloque medio. O Ponteceso tería varias oportunidades para adiantarse pero Vero e un tiro o traveseiro fixeron que chegásemos ao descanso 0-0.
Na primeira ocasión da segunda parte, teríamos a máis clara para adiantarnos tras un tiro de Barca que pararía a porteira e novamente volvería a parar o rexeite que tiraría Patri. Haberia algunha que outra ocasión máis para nós pero sin sorte, e por parte do Ponteceso sacaríamos un remate dun corner na liña de gol.
Empate xusto xa que houbo unha parte para cada equipo.
Seguimos na loita por afianzar ese segundo posto na táboa e co bo sabor de boca de culminar outro partido ca portería a cero”.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O Puenteceso xogaba este domingo un partido importante na Arliña para reducir a distancia cos rivais de arriba e acercarse máis ao Muxía, xa que o Corme está cada día máis lonxe.
As de Curro viaxaron a Muxía coas ideas claras que debían puntuar neste partido, e así foi nun encontro que rematou sen goles pero sendo un auténtico partidazo.
Este resultado non foi porque non houbera ocasións, todo o contrario, durante a primeira parte ambos equipos tiveron as súas oportunidades. Pola parte das de Ponteceso, as ocasións máis claras foron un tiro de Claudia que pasou rozando o pau e un de Silvia que deu no largueiro e saíu fóra e Eva Lago tamén estrelaría de novo outro balón no pau xa no 45′.
Pola parte das locais tamén houbo varias ocasións perigosas, pero María, que estivo incrible na portería durante todo o encontro, logrou paralas todas.
Na segunda parte foi a mesma dinámica, os dous conxuntos tiveron posibilidades de poñer o marcador ao seu favor. O Muxía, nesta ocasión co aire a favor, tivo a oportunidade de chegar máis facilmente á portería rival, pero de novo María, salvando perfectamente a portería, non permitiría que ningún balón entrase no seu feudo , e Claudia por parte das pontecesán remataría un córner na que sacarían baixo paus as defensoras locais.
E así remataría o partido, cunhas táboas que deixan moi boas sensacións no equipo pontecesán e que demostran que, despois dunha primeira volta na que non se puntuou todo o que se debería, están recuperando sensacións para rematar a tempada no mellor posto posible”.
Xogamos con : María, Berdeal, Ainhoa, Myre, Karen (Laura R 85´), Silvia (Lara 87´), Eva Carril, Lago, Oanes, Claudia, Muíño. Tamén: Virgi e Colores.
Goles : 0-0
SCD Pastoriza B 1-1 Cabana SD
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partía con moitas baixas o Cabana debido a unha viaxe de estudios e tiña que improvisar porteira sendo Sheila a elexida e cumplindo perfectamente coa sua labor.
Partido con poucas ocasións e bastante igualado que cerca do descanso viu como o Pastoriza quedaba con 10 logo de unha expulsión por dobre amarela. O Cabana non puido aproveitar esa superioridade e adiantábase o Pastoriza nunha indecisión da defensa cabanesas. Porfiaron as visitantes e pronto empataría Irene.
Ata o final intentos bastante descontrolados do Cabana de gañar o partido pero as locais defendéronse ben e sacaron algunha contra perigosa ainda que sen consecuencias. Empate que sabe a pouco pero dadas as circunstancias moi valorado”.
Xogamos con : Sheila, Irene, María, Laura, Valeria, (Begoña), Inma, Iria, Antía Pazos, Natalie, (Alison), Adriana, (Jessie Pose), e Saray (Nuria).
Goles : 1-0, Noa, (57´); 1-1, Irene, (65´).
Inciedencias : O colexiado Óscar López expulsou por dobre cartón a xogadora do Pastoriza, Luna, (32´e 40´).
Muxía, (2º) e Ponteceso, (4º) na Arliña.
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 58 puntos
2º CF Muxía : 47 puntos
3º Bergantiños FC B : 44 puntos
4º Ponteceso SD : 41 puntos
5º UD Corcubión : 38 puntos
6º Cabana SD : 38 puntos
7º EFCC “Juan Cabrejo” : 36 puntos
8º CF Mazaricos : 34 puntos
9º SCD Pastoriza B : 18 puntos
10º Soneira SD : 15 puntos
11º Sporting Zas : 15 puntos
12º UD Cerqueda : 8 puntos
13º SD A Baña : 6 puntos
14º SD Fisterra : 6 puntos
-PREVIA-
-20ª Xornada-
(30/03/2025)
Cabana SD – Corme CF, ás 12:00 horas
Sporting Zas – Soneira SD, ás 19:15 horas
CF Mazaricos – UD Corcubión, ás 12:15 horas
SD A Baña – UD Cerqueda, ás 16:00 horas
Bergantiños FC B – EFCC “Juan Cabrejo”, ás 18:00 horas
SD Fisterra – CF Muxía, ás 12:00 horas
Ponteceso SD – SCD Pastoriza B, ás 12:00 horas
AVISOS
-Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poñeremos na AXENDA PIRATA os oficiais.
-Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
-Estamos abertos a recibir comentarios dos encontros por parte dos adestradores, xogadoras, colaboradores dos clubes, ou diretivos, ou tamén fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-FotoZas : Prensa Sporting Zas
-Fotos Muxía-Ponteceso : Marina Busto/Marcos “Curro”
-Foto, texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Adestradores