O Sporting Zas novo lider da liga por golaveraxe.
Oza e o Nantón poñen patas arriba a cabeza da liga e apretan a loita por todo. Os ocenses derrotaban ao Sofán B, (3-2), lider da competición, no derbi carballés, e ademáis remontando un 0-2 a un equipo o sofanistas intratable, que só coñecera unha vez a derrota e tras unha xeira de vitoria tras vitoria desde o 22 de Nadal cando caía por 0-2 ante o Cerqueda na 14ª xornada, a partires de aí 4 vitorias seguidas, sendo con diferenza o equipo máis goleador da liga con 91 goles a favor e tan só 20 en contra.
Outra gran sorpresa que afecta a parte alta foi a derrota do Malpica ante o Nantón, (4-1), que xogou media hora cun home menos. O Malpica no primeiro treito da competición e ata fin de 2024 estaba lider intratable e agora suma 3 derrotas nos derradeiros 4 encontros, algo increible vendo o o seu periplo na liga na que sumou unha soa derrota en 14 encontro, con 12 vitorias e un empate.
Estes resultados unidos a sua vitoria fixeron que teñamos novo lider, o Sporting Zas, e co Volantes de Balño segundo cos mesmos 45 puntos, caen a terceira praza os rapaces do Sofán B, con un punto menos e na 4ª o Malpica a 5 puntos dos líderes. Na loita pola promoción están Cerqueda, que desaproveitou os resultados na vcabeza o non pasar do empate co Sporting Seaia no derbi malpicán, (1-1), eo o Oza, que daba a campanada.
GOLEADORES
Non marcaron nin Raúl Corzón, (Sporting Zas), nen Ismael Ramos, (Sofán B), pero siguen liderando a táboa dos Pichichi con 25 goles, en 16 encontros o primeiro e en 17 o segundo, con 3 de penalti o zacense e 1 ó sofanista. Adrián Vázquez, (Sofán B), vío porta nesta xornada e suma 20 tantos, (1 pen), e ocupa unha semana máis o segundo caixón do podio de realizadores. Completa o podio no terceiro posto Raúl Lestón, (Volantes de Baño FC), con 18 goles, o en 15 encontros e con 1 dos goles de penalti.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª DA COSTA
-20ª Xornada-
-16/02/2025-
Sporting Zas 5-0 SD Camelle
Atlético Pereiriña FC 2-0 CD Baiñas
Sporting Seaia CF 1-1 UD Cerqueda
SD Oza 3-2 SD Sofán B
CD Nantón 4-1 SCD Malpica
SCD Buño 3-2 Inter de Brens
Volantes de Baño F 4-1 CF Muxía B
Descansa : SD Laxe
-CRÓNICAS-
Sporting Zas 5-0 SD Camelle
Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “O encontro arrancou cun Zas con ganas de levar o peso do partido, dominando a posesión e buscando penetrar a defensa de Camelle a través da circulación do balón. Pola súa banda, o Camelle optou por unha estratexia un pouco máis conservadora, replegando as súas liñas e buscando balóns longos á súa referencia ofensiva, Lucas.
Os primeiros minutos foron de tanteo, sen grandes ocasións en ningunha das dúas áreas, pero co paso do tempo, o Zas comezou a atopar espazos e a xerar algún perigo. A clave para abrir o marcador chegou cun auténtico golazo de Estefan, que cun disparo lonxano sorprendeu ao porteiro visitante e puxo o 1-0 no electrónico.
Dez minutos despois, o Sporting ampliou a súa vantaxe nunha contra perfectamente executada por Redondo, que soubo definir cunha vaselina ante a saída do porteiro. Con este 2-0, chegouse ao descanso cun Zas moi cómodo no encontro.
Tralo paso polos vestiarios, o guión non variou. O Zas seguiu apostando polo xogo combinativo mentres que o Camelle mantivo a súa aposta por un bloque baixo e balons a Lucas. Aos 15 minutos desta segunda metade, un gol en propia porta puxo o 3-0.
A partir dese momento, o ritmo de xogo baixou, pero os cambios deron un novo impulso ao Zas. O xuvenil Mauro, apareceu no segundo pau en dúas ocasións para asinar un dobrete que pechou definitivamente o encontro cun contundente 5-0.
Máis aló do resultado, o momento máis especial da tarde chegou coa volta aos terreos de xogo de Peke despois de máis dun ano de lesión no xeonllo. Un regreso moi celebrado pola xente de Zas, que sabe da importancia deste xogador no equipo”.
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Un dos partidos mais serios que fixemos ultimamente e ainda asi levamos 5…Partido no que levou o mando o Zas, e nós ordenadiños ben defensivamente, intentando facer aljunha contra pero nin eles nin nós conseguíamos trenzar ningunha xogada, ata que eles dun tiro cruzado dende fora da área conseguen poñer o 1-0. Seguíamos cun ritmo alto pero quen volveu a marcar foi o Zas antes do descanso.
A segunda parte comezamos levando un pouco a iniciativa pero nunha chegada deles acabaría en gol propia meta, gol que nos fixo baixar os brazos. A tenor diso colleu o peso do partido o Zas con moitas chegadas e ocasións e así chegaron dous goles máis en sendos pases da morte para completar o definitivo 5-0″.
Goles : 1-0, Estefan, (29´); 2-0, Iváb Redondo, (41´); 3-0, Martinsiño, (59´en propia porta); 4-0, Mauro, (73´); 5-0, Mauro, (80´).
Atlético Pereiriña FC 2-0 CD Baiñas
Goles : 1-0, Diego Oca, (44´); 2-0, Brais, (53´).
Sporting Seaia CF 1-1 UD Cerqueda
Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “A espera do seu comentario“.
Goles : 0-1, Pedro Gundín, (4´); 1-1, Alejandro, (93´).
Incidencias : O colexiado Adrián Pérez expulsou con vermello direto o delegado do Seaia, Alberto Villanueva no 94´.
SD Oza 3-2 SD Sofán B
Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Repetíase a historia da semana pasada, un choque no que conseguiríamos de novo os 3 puntos contra un rival que só perderá 1 partido en toda a temporada e a clasificación asi o demostra, xa que eran líderes ata o momento.
Empezaríamos o partido moi dormidos, cometendo erros de alevíns e froito deso marcaron no minuto 6 un gol que o colexiado anularía por fora de xogo, pero 2 minutos despois marcarían o primeiro do partido e prácticamente na seguinte xogada outro man a man con Samuel que Saydou non perdoa, 0-2 e Ainda non se chegara o minuto 10 do primeiro tempo.
Nervos porque sabíamos que a semana anterior o filial sofanista viña de meterlle 9 o Seaia, pero os rapaces querían demostrar que o partido da Pedra Queimada non fora pura casualidade e asi foi, metéronlle unha marchiña máis o partido e fomos o ataque, creando ocasións que non entrarían, ata que pasado o ecuador da primeira metade, Abib remataría un bo centro para recortar distancias. Cambiaríamos o sistema a un 4-4-2 para ir a polo empate e así foi, un saque de banda baixaria Moreno o balón e dende o chan remataría o fondo das mallas para empatar o partido, resultado de 2-2 co que chegaríamos o descanso.
Comenzaba a segunda parte cun guión moi parecido o do primeiro tempo, nós durmidos e un Sofán indo arriba para conseguir o gol da vitoria,. Dez minutos tardaríamos en despertar e volver a crear as mellores ocasións, nunha segunda parte que se decidía con xogo no medio do campo e que creo que fomos superiores o rival.
Eles tamén querían gañar o partido e seguir no máis alto da táboa pero encontráronse con un muro chamado Samuel, que para min foi o mellor do partido e sacaba todo o que lle chegaba, con 2 mans a escadra cando se cantaba xa gol en Sofán.
Chegarían os últimos 10 minutos con moita presencia nas duas áreas pero sin entrar a pelota, ata que Nacho pasado o minuto 80 recibía un moi bo pase de Lavandeira e definía a perfección o primeiro pau desatando a tolemia nas gradas do Carral.
Tocaba aguantar o chaparrón e as acometidas dun Sofán que foi arriba e tivo varias ocasións para polo menos empatar o partido, pero unha defensa perfecta, e de novo Samuel dábannos os 3 puntos, que nos fan seguir pensando en asegurar o Play off.
Felicitar os rapaces todos polo enorme traballo que fixeron e toca pensar no Cerqueda, que de seguro nos espera un partido moi bonito para o espectador“.
Goles : 0-1, Adrián Vázquez, (8´); 0-2, Saydou, (9´); 1-2, Abib, (22´); 2-2, Alejandro, (44´); 3-2, Nacho Pose, (81´).
CD Nantón 4-1 SCD Malpica
Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido moi completo dos chavales. Os 2 equipos chegábamos con baixas a un partido no que a priori o Malpica estaba chamado a levar o peso do mesmo, pero a balanza igualouse máis do esperado. No minuto 15, o protagonista do partido, (o señor colegiado), non quixo pitar un penalti clarísimo sobre Jorge cando quedaba man a man co porteiro.
Sabiamos que acumulando xente no medio íbamos seguir causándolle problemas o rival. Encontrámonos moi gusto e facendo dano as costas da defensa, e froito deso unha xogada de Jorge con Javi supuxo que Javi quedara man a man co porteiro e de vaselina fixo o 1-0. O partido seguía con un ida e volta e nunha contra levada entre Josué, Jorge e Yago.. termina con Jorge asistinto a Yago para o 2-0. Asi foi como chegamos o descanso.
Na segunda parte un corner mal defendido por nós o Malpica facía ó 2-1 e metíase no partido. A partires de aí o señor colexiado quixo ser prortagonista e expulsou a Adri e o noso mister de maneira moi rigurosa, e cambiou a vara de medir de xeito radical.
Cando máis estaba apretando o Malpica cun home máis, unha conexión de Jorge-Yago deixa a Yago man a man e despois de regatear o porteiro rival marca o 3-1 a porta baleira. Na siguiente chegada nosa, Jorge completaba unha actuación estelar co gol da tarde, un golazo por toda a escadra. A partires de aí renunciamos un pouco o ataque e defendemos con unllas e dentes o 4-1 que sería definitivo.
Gran traballo dos nosos xogadores que demostraron ser moito máis do que di a táboa. Destacar a actuación do colexiado Tomás Garrido, xa que todo mundo viu que tivo dobre vara de medir durante os 90 minutos e apesar de ganar 4-1 deixou a familia de Nantón moi cabreada cas suas decisións“.
Goles : 1-0, Javier, (22´); 2-0, Iago Torres, (37´); 2-1, Aday, (51´); 3-1, Iago Torres, (73´); 4-1, Jorge, (77´).
Incidencias : O colexiado Tomás Garrido, expulsou con dobre cartón ao xogador do Nantón, Adrián Abelenda, (34´e 64´), e ao seu adestrador drián Varela, (45´+2 e 68´).
SCD Buño 3-2 Inter de Brens
Goles : 1-0, Eduardo, (26´); 2-0, Fran Santiago, (39´); 2-1, Adrián Pasantes, (71´); 2-2, Alejandro, (73´); 4-1, Javier, (90´).
Incidencias : O colexiado do encontro Xoel Forján, expulsou con dobre cartón aos xogadores do Buño, Fran Santiago, (84´e 84´), e Adrián Pose, (84´e 84´).
Volantes de Baño FC 4-1 CF Muxía B
Isidro Caamaño, (Adestrador do CF Muxía B) : “Partido bueno ante el Volantes de Baño y en el que hicmos un muy buen partido, jugando a dos toques, haciendo paredes, mucho balón en nuestros pies pero fallamos en defensa yencajamos 3 goles en pocos minutos. Tuve que cambiar el sistema y el Volantes decir que los dos primeiros fueron golazos, a partir de los cuales les jugamos de tu a tu pero pesaron esos 3 goles del primer tiempo, pero hasta el descanso mantuvimos más él balón tuvimos varias ocasiones pero no quisieron entrar.
En el segundo se marcó el 3-1 y al Volantes les costó mucho. Tuvimos ocasones para hacerles más daño. Buen partido como decía siendo incisivos, con mucha mobilidad, pero lo que valen son los goles. Nos medimos de tu a tu contra un equipo que lucha por ascender. tenemos que seguir en esta línea y a ver si le damos una alegría al clubcontra el Zas, va a ser difícil pero a ver”.
Goles : 1-0, Raúl Lestón, (11´); 2-0, Héctor, (19´); 3-0, Josiño, (21´); 3-1, Adrián Baamil, (54´); 4-1, Manuel, (59´).
Descansou : SCD Buño
-CLASIFICACIÓN-
1º Sporting Zas : 45 puntos
2º Volantes de Buño FC : 45 puntos
3º SD Sofán B : 44 puntos
4º SCD Malpica : 40 puntos
5º UD Cerqueda : 35 puntos
6º SD Oza : 30 puntos
7º Atlético Pereiriña FC : 25 puntos
8º CD Nantón : 22 puntos
9º CD Baiñas : 20 puntos
10º Sporting Seaia CF : 15 puntos
11º Inter de Brens : 13 puntos
12º SD Camelle : 12 puntos
13º SCD Buño : 12 puntos
14º CF Muxía B : 11 puntos
15º SD Laxe : 4 puntos
PREVIA
-21ª Xornada-
-23/02/2025-
CF Muxía B-Sporting Zas, ás — horas
SD Camelle-Atlético Pereiriña FC, ás 17:00 horas
CD Baiñas-Sporting Seaia CF, ás — horas
UD Cerqueda-SD Oza, ás — horas
SD Sofán B-CD Nantón, ás — horas
SCD Malpica-SCD Buño, ás 17:00 horas
Inter de Brens-SD Laxe, ás — horas
Descansa : Volantes de Baño F
AVISOS
-Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.
-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.
-Fotos Zas : Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores