CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 20ª Xda DA 3ª DA COSTA : “FC CAMARIÑAS E OUTES CF SEGUEN NA LOITA POLA LIGA E UN POSTO DA PROMOCIÓN ESTÁ NO AIRE”.

Estes colaboradores podes visitalos a un “click” na portada da web.

 

RESULTADOS

20ª Xornada

16/02/2020

UD Monte Louro 3-1 CF Castrelo

FC Camariñas 7-1 SD Camelle

Outes CF 1-0 UD Corcubión

SD Laxe 1-1 CD Nantón

CF Porteño 5-1 SD Ameixenda

Descansa : Sporting Seaia CF

 

Estado do Campo da Grixa, (Ponte do Porto).

 

COMENTARIO

FC Camariñas e Outes CF que acadaban da man o ascenso, seguen na loita polo título. Ambos sacaron adiante os seus encontros, os camariñáns de maneira folgada no derbi contra o SD Camelle, (7-1), nun choque que se rompeu ca expulsión do xogador camariñán Dido no ecuador da primeira metade, e os da Serra que tiñan moitos atrancos para derrotar ao UD Corcubión, (1-0), nun choque con resultado incerto ata o final. No que se refire a promoción, falla saber un dos contendentes. Monte Louro, Laxe e Nantón eperan comapñeiro de loitas, ademáis os loureses xa teñen asegurada a terceira praza, polo que esperan a ver quen entra, Camelle, (que ocupa a 6ª praza que é a que está en xogo), ou Sporting Seaia, que a un punto dos camelláns está fora. Xa con moitas carambolas podería chegar a entrar o Castrelo, que tería que gañar os dous encontros que quedan e no derradeiro recibe o Camariñas que segundo o que faga na proxima xornada o Outes, terá que facer él o mesmo na derradeira, na que descansan os da Serra. A xornada estvo marcada polo forte vento con refachos de ata 100 Kms/hora e a contínua chuvia, o Campo da Grixa, (Ponte do Porto) foi o que máis sufreu a dureza fos elementos.

Agora a liga para ata o 1 de Marzal por mor do “Entroido”.

 

Co “Hat-trick” ante o Camelle, Brandon lidera a táboa de goleadores con 17.

 

CRÓNICAS

 

FC Camariñas 7-1 SD Camelle

Berto Suárez, (Adestrador do FC Camariñas) : “Partido cun tempo desastroso no “Hermanas Patiño”. A primera parte empezou con 20 minutos bos nosos con 2 ou 3 ocasións falladas e para non variar regalamos o gol, e outra vez a remolque. Remontamos rápidamente e fomos o descanso 2-1. Na segunda parte xa non houbo partido, moi superiores e fomos metendo gol tras gol e así esperando a os últimos 90 minutos desta liga que xogaremos contra o Castrelo para conseguir o obxetivo do título”.

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Quedamos cun home menos por expulsión de Dido no minuto 20 da primeira parte, chegou tarde a un balón dividido. Ainda así na primeira parte co vento a favor conseguimos competir e cun home menos poñernos por diante. O Camariñas antes do descanso doulle a volta o marcador con dous bonitos goles donde pouco se podía facer. Na segunda romperíase definitivamente o partido cun penalti por man dentro da área. A partir de aí co vento en contra e un home menos viñémonos abaixo e o Camariñas senteciou. Darlle a noraboa o Camariñas e desearlle sorte na loita polo titulo”.

 

Goles : 0-1, David Vieites, (227´); 1-1, Martín, (32´)2-1, Brandon, (33´); 3-1, Daniel, (52´de penalti); 4-1, Mickael, (66´)5-1, Martín, (70´); 6-1, Brandon, (75´); 7-1, Brandon, (77´).

Árbitro : Esteban Domínguez.

Incidencias : Expulsou con vermello direto a Dido do SD Camelle, (21´).

 

 

Outes CF 1-0 UD Corcubión

Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) :Primeira parte aburrida, sin un dominador e sin ocasións de gol. Na segunda si dominamos e xeramos ocasións de gol, pero non acertábamos coa portería ata o tramo final”.

Antón Lestón, (Xogador do UD Corcubión) : “Visitábamos un dos campos máis complicados da categoría e aínda por riba con eles xogandose o título, así que sabíamos que ía ser difícil. Pero cun gran traballo de todos e sendo moi solidarios en defensa, fixemos que eles non estiveran cómodos en ningún momento. Ademais o forte vento e a velocidade dos nosos xogadores de arriba facían que fosemos perigosos. O conto cambiou na segunda, onde atacaron moito máis e mellor e onde ocnseguiron o gol nunha xornada desafortunada da nosa defensa. Puidemos sacar un punto cunha ocasión que se foi por enriba do longueiro no último suspiro, pero non houbo sorte. Destacar por certo, o gran partido de Mario Suárez, reconvertido a porteiro onte, pola falta de efectivos“.

Goles : 0-1, Alberto, (82´).

Árbitro : Rodrigo Nieto

 

 

SD Laxe  1-1 CD Nantón

José Antelo, (Adestrador do SD Laxe) : “Un partido moi disputado no que nos tivemos que aplicar sobre todo na 2ª parte a raiz da expulsión, para mín inxusta.Unha primeira parte que nos costoume meternos no partido, pero ainda asi tivemos ocasións. Eles adiantaríanse aproveitandose dun erro defensivo noso, pois dun disparo no que non fomos o rexeite o dianteiro só tivo que empurrala para dentro. Xa na segunda, e cun home menos fomos superiores e só faltaba que nunha delas entrara o gol, e asi foi sobre o minuto 85, dun centro rematou Jorge.Teño que felicitar os meus xogadores polo gran partido realizado, e polo esforzo da segunda parte donde posiblemente merecimos algo máis“.

Rodrigo Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Vente e choiva que condicionaron o fútbol. Vin a un Laxe que sigue cos árbitros a voltas, e nos regalamos faltas a un Laxe que soupo aprobeitar o que tiñan, que con un menos non é facil. Vai estar moi bonita a promoción, se finalmente nos toca contra eles”.

Goles : 0-1, Micael, (20´); 1-1, Jorge, (85´).

Árbitro : Rai Reborido

Incidencias : Expulsou con vermello direto a Manuel do SD Laxe, (36´).

 

Foto do SD Ameixenda na que se ve o fatal estado da “Grixa”.

 

CF Porteño 5-1 SD Ameixenda

Javi Baña, (Adestrador do CF Porteño) : “Un partido insufrible, donde por condicións do campo xogábase a calquera cousa menos o futbol…Hoxe marcamos as ocasións que fixemos e pouco máis. O descanso 2-1 e na segunda parte nós con cambios, e eles sin cambios, e por empuxe e físico, logramos materializar as ocasións de gol. O dito, un gran aplauso tanto a aficiòn como a todos os xogadores, por seguir con esta actitude tan positiva despois do ano máis duro da historia do Porteño. Gracias a vós tamen por o gran trato que nos dades, e nós a seguir, e xa planificando a próxima temporada, que seguramente será moitísimo mellor ca esta”.

Fernando Domínguez, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Partido xogado nun campo?, infernal. Gran esforzo dos dous equipos, que en moitas partes do terreo de xogo xa tiñan dabondo con aguantarse de pe. No Ameixenda tivo que xogar Ezequiel de porteiro ó non poder dispoñer nin de Rivers nin de Rubén. E ademais si ter suplentes. Moitas vantaxes para o rival, e ainda así os rapaces déronlle a cara ó partido. Mais acostumbrado a un campo en moi mal estado, o Porteño adiantouse mediado o primeiro tempo, e cando marcou o segundo xa parecía que estaba todo resolto. Pero a pouco do descanso Ariel facía o 2-1 e o partido seguía aberto. No segundo tempo marcou pronto o Porteño o 3-1, m.51. Pero o encontro seguía igualado e dispuso o Ameixenda de duas ou tres boas ocasións de marcar. A partir do m.70, o non ter cambios, foi notándose o cansazo e o Porteño xa non tivo dificultad para deixar o partido resolto, marcando nos minutos 80 e 90. Victoria xusta do Porteño pero demasiado abultada para o visto no campo da Ponte”.

Goles : 1-0, Marcos, (25´); 2-0, Javier, (35´); 2-1, Ariel, (38´); 3-1, Javier, (51´); 4-1, Brais, (80´); 5-1, Edgar, (90´).

Árbitro : Manuel Rodríguez.

 

Encontro con moitas ocasións para ambas escadras.

 

UD Monte Louro 3-1 CF Castrelo

Juan Porrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “En primer lugar felicitar al Camaiñas y Outes por su ascenso a Liga da Costa. Partido que aprovechamos para dar minutos a todos los jugadores. Primera parte fea con un mal juego por parte de los dos equipos lo unico bueno que marcamos 2 goles para estar traquilos el resto del partido. Segunda parte con 4 cambios mejoramos en los primeros minutos y tras un buen gol de Riki el Castrelo se hecho para arriva y conseguiria el gol de la honra”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Partido no que creo que o estar sin porteiro nos influeu no resultado, case na primeira xogada un balón en longo, e unha falta de entendemento entre o central e o porteiro, aprobeitaríao o xogador do Louro para adiantar o equipo no marcador. O segundo gol viría nun regate que se veu obligado o porteiro a facer dentro da area, o seu despexe caería nun xogador do Louro que dende 30 metros poñeríalle o balón por enriba dél marcando gol. Na segunda parte foi dominio noso en ocasión, ainda que o gol chegaría por parte do rival, cun gol d Riki que escorado a unha banda poñería o balón con efecto e marcaría, un auténtico golazo pola escadra. Nós segueríamolo intentando e fomos capaces de reducir distancias cun gol de Samuel. Teríamos ocasións claras, e incluso balóns o pao, pero o marcador non se movería”.

Goles : 1-0, Samuel, (9´); 2-0, Abel, (37´); 3-0, Antonio, (47´); 3-1, Samuel, (63´).

Árbitro : Eusebio Rodríguez.

 

CLASIFICACIÓN

 

 

 

PICHICHIS

-Brandon, (FC Camariñas) : 17 en 18 encontros

-Josiño, (CD Nantón) : 15, (2 de penalti) en 17 encontros

-José “Pesco”, (UD Monte Louro) : 12, (1 de penalti) en 13 encontros

-Martín, (FC Camariñas) : 12 en 16 encontros

 

PROXIMA XORNADA

21ª Xornada

01/03/2020

UD Monte Louro – SD Ameixenda 

CF Castrelo – Sporting Seaia CF

 SD Camelle – Outes CF

  UD Corcubión – SD Laxe

 CD Nantón – CF Porteño 

Descansa : FC Camariñas

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

Camariñas e Outes xa ascendidos loitan polo título e

esperan compañeiro de ascenso.

 

-Foto Monte Louro-Casrelo : Manu Olveira

-Foto Ameixenda : Fernando Domínguez

-Foto Brandon e montaxe ascensor : piratasdemuxia.es

-Foto da Grixa : Javi Baña

-Texto : Adestradores/piratasdemuxia.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.