CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 20ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “PLENO DE VITORIAS PARA OS EQUIPOS DA COSTA, (XALLAS, DUMBRÍA E CEE), COAS XALLEIRAS MANTENDO A DISTANZA NO LIDERATO”.

Tres novos puntos de celebración para as xalleiras.

Pleno de vitorias para os 3 equipos costeiros. O Xallas derrotaba o Meicende, (0-3), e mantén a distancia de 5 puntos na cabeza da táboa co segundo, Pastoriza, e o Dumbría que derrotaba ao Carral, (4-2), e o Cee o Tordoia, (1-3), van da man e a 4 puntos da promoción as dumbriesas e a 5 as ceenses.

GOLEADORAS

Eva Lema, (CF Dumbría), empata na cabeza da táboa das “Ada Heberberg” da liga, con Paula Veiga, (UC Cee), con 20 goles en 17 encontros, deles 2 penalti, a muxiana, e os mesmos en un encontro máis a ceense, (2 de penalti). No terceiro chanzo da clasificación están Ánxela Prado, (CD Lugo B), e Lucía Camisón, con 17 goles en 16 choques a primeira e 17 a segunda. 

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-20ª Xornada-

-16/02/2025-

PM Friol B 2-1 Orzán SD B

 Silva SD 0-1 Cultural Maniños

 Orillamar SD 3-1 Brexo Lema

 CF Dumbía 4-2 UD Carral

SD Tordoia 1-3 UC Cee

 UDJ Almeiras 1-3 Sporting Burgo

 CD Lugo B 0-2 SCD Pastoriza

Sporting Meicende 0-3 Xallas FC

 

CRÓNICAS

 

CF Dumbría 4-2 UD Carral

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Recibimos no conco a un dos equipos que lucha por estar nos postos altos e unha posible promoción de ascenso, e o equipo mostrou unha das suas mellores versións, con unha primeira parte case de 10, dominando o ritmo e tendo a calma necesaria para xerar espacios e aprobeitalos, xerando numerosas ocasións faltando poñer a guinda contra un equipo moi compacto e ordenado defensivamente.

Sería Kelly quen tras unha boa xogada de María engancharía o balón desde a frontal e poñería o 1-0. Pouco despois Paula Fandiño nos volvería a enseñar o seu poderoso golpeo facendo gol de falta direta. O equipo dominaría ata a o tempo de descanso podendo ter chegado cunha ventaxa máis amplia.

Trala volta dos vestuarios o equipo visitante daría un paso hacia adiante intentando pechrarnos en saida e conseguindo desconcertarnos, e incluso acortar distancias con unha falta dede a frontal, pero o equipo non baixaría o ritmo e conseguía adaptarse e facerse dominador do encontro, tendo varias ocasións para aumentar a distancia no marcador. Sería Claudia quen tras un bo balón de Eva e unha posterior boa xogada de un contra un faría o terceiro, gol que nos daba a tranquilidade.

Volveu o equipo a amosar a súa mellor versión controlando os ritmos e así chegaría o cuarto gol tras unha moi boa xogada colectiva e un remate de Eva de dianteira con fame de gol. Despois de ese momento o equipo rival volcaríase con todo a polo partido, momento no que soubemos sufrir concedendo unha única ocasión clara, tras un mal entendemento na saida da liña defensiva, na que quedarían man a man para facer o 4-2 defenitivo“.

Goles : 1-0, Kelly, (27´); 2-0, Paula Fandiño, (30´); 2-1, Sara, (49´); 3-1, Caludia, (67´); 4-1, Eva Leis, (82´); 4-2, Olalla, (88´).

 

Sporting Meicende 0-3 Xallas FC

Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Saída complicada a que nos tocaba ante un rival que se xogaba moito na parte baixa. Dominamos o partido de principio a fin a pesar das dúas baixas importantes que tiñamos. Fixemos un gran xogo asociativo e con unha presión tras perda moi intensa e rápidas. Tivemos a primeira ocasión por medio de Facal, que roza tras un gran pase da morte de Valeria. O gol chegaría tras unha gran xogada individual de Valeria que define con moita sangue fría. O segundo chegaría tras un gran pase de Laura ao espazo a Cali que definía ante a porteira con moita maestría.

A volta do descanso seguimos co mesmo ritmo. As rivais fan trocos e saen algo máis intensas, pero sen crearnos perigo ante un gran partido da liña defensiva liderada por Carla e Otero.

O gol da tranquilidade chegaría tras un pase de Yaiza que Espasandín manda ao fondo da rede. Teríamos algunha ocasión máis por medio de Oli.

Destacar o gran papel de Noe sostendo o medio campo, ao que non nos ten acostumados. Gran partido das nosas, vitoria e van 12 seguidas“.

Goles : 0-1, Valeria, (15´); 0-2, Cali, (42´); 0-3, Claudia, (65´).

 

SD Tordoia 4-2 UC Cee

Goles : 1-0, Andrea, (6´); 1-1, Nerea, (34´); 1-2, Lucía Martínez, (62´); 1-3, Lucía Martínez, (69´).8

Se alguén, (xogadora, directivo/a, colaborador/a do clube, afeccionado/a), quer colaborar mandándonos a información do UC Ce femeinino pode facelo contactando connosco.

 

-CLASIFICACIÓN-

Xallas FC : 53 puntos, (1 encontro máis)

SCD Pastoriza : 48 puntos

 SD Tordoia : 38 puntos, (1 encontro máis)

4º Sporting Burgo : 36 puntos

5º UD Carral : 36 puntos

 Orzán SD B : 36 puntos

CF Dumbría : 34 puntos

UC Cee : 33 puntos

9º PM Friol B : 22 puntos

10º CD Lugo B : 18 puntos

11º Brexo Lema SD : 17 puntos

12º Cultural Maniños : 17 puntos, (1 encontro máis)

13º UDJ Almeiras : 16 puntos

14º Orillamar SD : 16 puntos

15º Sporting Meicende : 14 puntos, (1 encontro máis)

16º Silva SD : 8 puntos

 

-PREVIA-

-21ª Xornada-

-23/02/2025-

Xallas FCPM Friol B, ás 16:30 horas 

 Orzán SD B-Silva SD, ás 20:00 horas 

 Cultural Maniños-Orillamar SD, ás 12:15 horas 

 Brexo Lema-CF Dumbía, ás 12:00 horas

UD Carral-SD Tordoia, ás 12:15 horas 

 UC Cee-UDJ Almeiras, ás 12:15 horas 

 Sporting Burgo-CD Lugo B, ás 18:00 horas 

SCD PastorizaSporting Meicende, ás 18:00 horas 

 

AVISOS

A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.

As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Foto : Xallas FC/Eloy García

-Texto : Xosé Búa “Pirata

-Comentarios : Os adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies