Michael Vilela, (CF Muxía), un dos veteranos da Liga da Costa, comezou marcando.
LIGA DA COSTA
Primeiro dicir que proximamente comezaremos como cada ano coas crónicas coas manifestacións dos adestradores, ou membros das plantillas e diretivas, xa que nestes intres é imposible para min por mor de asuntos persoais, e como sabedes esta é unha web caseira na que as veces o traballo ou a saúde fan que non se poida facer todo como un quer. De antemán agradecer ás máis de 60.000 visitas que temos o día.
1ª xornada
Comezou a Liga da Costa esta pasada fin de semana e algún dos equipos favoritos sobre o papel non foron quen de gañar os seus encontros. Tan só dous equipos se levaron os 3 puntos a domicilio, o Mazaricos, un dos recén descendidos da 1ª Galicia, que vencía ao Camariñas nun choque controlado, (1-2), pero no que sufreu nos derradeiros minutos de encontro, e o Coristanco que se levaba a vitoria nun atractivo encontro no que se adiantaban os da Terra da Pataca, víanse remontados e conseguían remontar de novo.
O Muxía empataba co Porteño, (recén ascendido), (3-3), nun choque no que os da Ponte do Porto se poñían 0-2, e os da Vila da Barca conseguían empatar, pero xa no desconto os porteños conseguían poñerse de novo por diante e cando parecía que se ían levar os 3 puntos, vían como de novo empataban os muxiáns, que estreaban novo diseño de vestimenta cun homenaxe a Nosa Señora da Barca co santurario na camiseta.
Tampouco pasou do empate o Corme, neste caso no derbi municipal a domicilio ante o Ponteceso, (1-1). Adiantábanse os cormeláns de penalti transformado por Alejo na primeira metade e Luca empataba na segunda. Pola sua banda o Monte Louro derrotaba ao Cabana pola mínima cun tanto de Luis Miguel na segunda metade.
Cee, Baiñas, e Castríz comezaban forte goleando non seus encontros. Os ceenses derrotaban por 4-2 ao Volantes nun choque no que tiñan que remontar tras ver como os de Baño lles remontaban o gol inicial de Bruno, conseguindo o cuarto no desconto final. Pola sua banda o Baiñas facíalle unha “manciña” o Camelle, (5-0), no duelo de recén ascendidos, nun choque máis igualado co que di o marcador, pero no que os baiñeses foron demoledores de cara a porta. A outra goleada chegou nun choque no que o Castríz facíalle un 4-0 ao Outes que o ano pasado foi a revelación da primeira volta.
Os detalles da xornada
-Amosaron 36 cartóns amarelos nos 10 encontros xogados con tan só un expulsado, Castiñeiras, (Coristanco), por dobre cartón.
-Tan só se pitaron dous penaltis, un foi no Ponteceso-Corme a favor dos cormeláns e outro no Baiñas-Camelle, a favor dos baiñeses.
-Camelle, Outes e Cabana son os únicos equipos que non conseguiron marcar.
-Braulio, (Castriz), Brais, (Porteño), Ezequiell, (Cee), e Kevin, (Baiñas), son os máximos goleadores con 2 cada un.
RESULTADOS E GOLEADORES
Cee 4-2 Volantes
Goles : 1-0, Bruno, (3´); 1-1 Adrián, (14´); 1-2, Manuel, (38´); 2-2, Ezequiel, (40´); 3-2, José Lago, (50´); 4-2, Ezequiel, (desconto).
Baiñas 5-0 Camelle
Goles : 1-0, Kevin, (30´); 2-0 Fabián, (42´); 3-0, Héctor, (44´); 4-0, Dylan, (60´ de penalti); 5-0, Kevin, (desconto).
Camariñas 1-2 Mazaricos
Goles : 0-1, Raúl, (35´); 0-2 Mario, (37´); 1-2, Djibril, (79´).
Ponteceso 1-1 Corme
Goles : 0-1, Alejo, (17´de penalti); 1-1, Luca, (53´).
Muxía 3-3 Porteño
Goles : 0-1, Brais, (32´); 0-2, Brais, (55´); 1-2, Álex, (69´); 2-2, Michael, (76´); 2-3, Dani Omar, (desconto); 3-3, Iago Muiño, (desconto).
Castriz 4-0 Outes
Goles : 1-0, Braulio, (20´); 2-0 Adrián, (29´); 3-0, Sebas Rial, (40´); 4-0, Braulio, (desconto)
Muros 2-3 Coristanco
Goles : 0-1, Raúl, (19´); 1-1, Xabier, (23´); 2-1, Javier, (31´); 2-2, Sergio, (43´); 2-3, Lagoa, (46´).
Monte Louro 1-0 Cabana
Goles : 1-0, Luis Miguel, (53´).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
-2ª XORNADA-
Volantes de Baño FC-UD Monte Louro
24/09/2023 ás 17:00 horas
SD Camelle-UC Cee
24/09/2023 ás 16:30 horas
CF Mazaricos- CD Baiñas
24/09/2023 ás 16:30 horas
Corme CF-Camariñas FC
23/09/2023 ás 18:30 horas
CF Porteño-Ponteceso SD
24/09/2023 ás 16:30 horas
Outes FC-CF Muxía
24/09/2023 ás 18:00 horas
SD Coristanco-SD Castriz
23/09/2023 ás 18:00 horas
Cabana SD-CD Muros
24/09/2023 ás 16:30 horas
Os días de encontros e horarios son oficiosos, son os que ten agora mesmo a RFGF polo que pode haber trocos e os xa reais poñerémolos na previa do venres.
CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ