CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 1ª XORNADA DA 3ª DA COSTA :

 

 3ª da Costa

Primeiro dicir que proximamente comezaremos como cada ano coas crónicas coas manifestacións dos adestradores, ou membros das plantillas e diretivas, xa que nestes intres é imposible para min por mor de asuntos persoais, e como sabedes esta é unha web caseira na que as veces o traballo ou a saúde fan que non se poida facer todo como un quer. De antemán agradecer ás máis de 60.000 visitas que temos o día.

 

1ª xornada

Comezou a 3ª da Costa esta pasada fin de semana e fíxoo con tan só duas vitorias locais, a do Xallas FC goleando o Ameixenda, e a do Oza pola mínima. Empate do Soneira, “in extremis”. Como xa saberedes xalleiros e vimianceses non quixeron xogar na 1ª Galicia e refundáronse para comezar dende esta categoría. Tamén dicir que o Sofán B é equipo de nova factura, filial do único representante que temos na Preferente Norte.

Por outra banda o Buño derrotaba a domicilio ao Nantón por 2-3, nun choque que no 85 ía 2-2, tras igualar os nantoneses un 0-2 adverso. Polo mesmo resultados derrotaba a domicilio o Malpica o Seaia, (2-3), nun choque no que os seaieses empataban a dous, (2-2) no desconto, pero Ibrahima dáballe os 3 puntos os malpicáns pouco despois. 

A goleada da xornada chegaba por parte do Xallas por 8-0 sobre o Ameixenda que comeza dando as sensacións da pasada tempada. Os goles foron repartidos a partes iguais na primeira e segunda metade. Pola sua banda o Oza derrotaba ao único equipo da zona sur cun tanto de Arib aos 71 minutos de xogo.

O Zas goleou ao Pereiriña nun encontro moi disputado con dous goles en cada tempoe e cun expulsado por bando. O Soneira veuse sorprendido polo filial do Sofán que chegou a poñerse 3-0 na segunda mtade, (73´), empatando no desconto final cun gol de Xabier, (3-3).  Tamén empataron Corcubión e Laxe, (1-1), nun choque moi trabado e o que empataba era o Corcubión cun gol de César Lojo no desconto final, neutralizando o gol de Paredes no 30. Os corcubioneses xogaban con 10 dende o 71 e os laxenses quedaban con 10 no desconto.

 

Os detalles da xornada

-Amosaronse 28 cartóns amarelos nos 7 encontros xogados, 8 máis ca Liga da Costa, pero deles  con 6 vermellos, 5 deles diretos,

-Tan só se pitou un penalti, e foi no Seaia-Malpica a favor dos malpicáns.

-Pereiriña, Lira e Ameixenda, son os únicos equipos que non conseguiron marcar.

-Sergio Rodríguez é máximo goleador desta primeira xornada con 4 tantos. Logo fixeron dobrete, Touriñán, (Zas), Fran Montes, (Seaia), Elías, (Buño), e Ibrahima, (Malpica).

 

 

1ª xornada

Pereiriña 0-4 Zas

Goles : 0-1, Eloy, (12´ propia porta); 0-2, Lucas Caamaño, (22´); 0-3, Touriñán, (67´); 0-4, Touriñán, (76´)

Corcubión 1-1 Laxe

Goles : 0-1, Paredes, (38´); 1-1, César Lojo, (desconto)

Nantón 2-3 Buño

Goles : 0-1, Brais, (57´); 0-2, Elías, (64´); 1-2, Iván, (65´); 2-2, Alberto, (76´); 2-3, Elías, (85´).

Seaia 2-3 Malpica

Goles : 0-1, Ibrahima, (25´); 0-2, Fran Pombo, (35´); 1-2, Fran Montes, (58´); 2-2, Fran Montes, (90´ de penalti); 2-3, Ibrahima, (desconto).

Sofán B 3-3 Soneira

Goles : 1-0, Gonzalo, (27´); 2-0, Adrián, (38´en propia porta); 3-0, Nacho Eirís, (73´); 3-1, Basti, (76´); 3-2, De la Sierra, (78´); 3-3, Xabier, (desconto).

Oza 1-3 Lira

Goles : 1-0, Arib, (71´)

Xallas 8-0 Ameixenda

Goles : 1-0, Sergio, (4´); 2-0, Sergio, (5´); 3-0, Sergio, (11´); 4-0, Adrián, (25´); 5-0, Sergio Prego, (58´); 6-0, Jose “Ancho”, (61´en propia porta); 7-0, Pensado, (79´); 8-0, Sergio, (86´).

Descansa : Cerqueda

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

 

-2ª XORNADA-

Sporting Zas-Xallas FC

24/09/2023 ás 17:00 horas

SD Laxe-Atlético Pereiriña FC

24/09/2023 ás 17:00 horas

SCD Buño-UD Corcubión

24/09/2023 ás 17:00 horas

SCD Malpica-CD Nantón

17/09/2023 ás 18:00 horas

Soneira SD-UD Cerqueda

24/09/2023 ás 17:00 horas

CF Lira-Sofán B

24/09/2023 ás 17:00 horas

SD Ameixenda-SD Oza

24/09/2023 ás 17:00 horas

Descansa : Sporting Seaia CF

 

Os días de encontros e horarios son oficiosos, son os que ten agora mesmo a RFGF polo que pode haber trocos e os xa reais poñerémolos na previa do venres.

 

CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”