CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 1ª XORNADA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 CON VITORIAS DO MUXÍA, (NO DERBI CO CORME), DO DUMBRÍA E BERGANTIÑOS B E DERROTA DO CEE.

2ª GALEGA FEMININA G1

  • -1ª Xornada-

  • -RESULTADOS-
  • Bergantiños FC B 2-1 Eirís S.D.

  • CF Dumbría 5-3 S.D. San Lázaro

  • CF Muxía 4-2 CF Corme

  • A.D. Nicrariense 2-1 Brexo Lema S.D.

  • Victoria C.F. C 3-0 S.D.C. Órdenes

  • S.D. Tordoia 6-1 Unión Club Cee

  • Orillamar S.D. 0-6 S.C.D. Milagrosa

    • Descansa: SCDR Esteirana
    • Comentario dos encontros
      Todo aquel adestrador que queira deixarnos a sua visión do encontro do seu equipo pode facelo no whatsapp 626 72 00 47. Só poñeremos as impresións dos que nolos manden.

    -Crónica xeral dos equipos da Costa-

    A primeira xornada deixou un bo balance para os conxuntos da Costa. O Muxía levou o derbi ante o Corme, que competiu moi ben ata o treito final. O Dumbría conseguiu unha espectacular remontada fronte ao San Lázaro, mentres que o Bergantiños B estreouse con vitoria grazas ao acerto de Lucía Canosa. Pola contra, o UC Cee caeu con claridade en Tordoia. A Esteirana descansou nesta xornada.

    Crónicas

    Bergantiños FC B 2-1 Eirís SD

    Gran debut do filial carballés, que se impuxo cun dobrete de Lucía Canosa. O Bergantiños dominou a primeira parte e colleu unha renda suficiente para controlar un segundo tempo máis apertado, no que o Eirís recortou diferenzas.

    Goles:1-0, 19´ Lucía Canosa; 2-0, 39´ Lucía Canosa; 2-1, 71´ Joana.

    CF Dumbría 5-3 SD San Lázaro

    O Dumbría asinou unha remontada espectacular. Tras un inicio moi negativo (0-2 aos sete minutos), o equipo foi quen de reaccionar con carácter e darlle a volta ao choque. Mariña e Paula Fandiño, con dous tantos cada unha, foron decisivas para sumar os primeiros tres puntos.

    Goles:0-1, 3´ Ana Carballo; 0-2, 7´ Irene Rebolo; 1-2, 33´ Mariña; 1-3, 47´ Irene Rebolo; 2-3, 48´ Adriana; 3-3, 69´ Paula Fandiño; 4-3, 72´ Mariña; 5-3, 94´ Paula Fandiño.

    CF Muxía 4-2 CF Corme

    O derbi en Arliña foi moi intenso. O Muxía, dirixido por Noe Iglesias no seu debut, mostrou oficio para remontar no tramo final a un Corme moi competitivo que chegou a poñerse por diante.

    O técnico cormelán Rubén Souto analizouno así o encontro:

    “Primeiro partido para estrear a nova categoría, onde nos desprazamos a Arliña a competir cun Muxía que está chamado a ser quen lle discuta o título ao Tordoia, cun equipo moi competitivo xa do ano pasado e cunhas incorporacións que marcarán moitísimo a diferenza nesta liga.

    Condicionamos moito o partido para que elas non estivesen cómodas e, cando nós tivemos o balón, facerlles dano, sabendo que un equipo do seu potencial sempre che vai xerar ocasións, pero penso que conseguimos facer ambas cousas ata o último tramo de partido.

    Adiantaríanse nunha acción individual espectacular de Eva Lema, que dez minutos despois seriamos quen de empatar nun balón lonxano de Carla que xerou un rexeite e aproveitou Cris para marcar.

    Unha primeira parte moi igualada onde o meu equipo executou moi ben o plan de partido que levabamos preparado.

    Saímos na segunda con moita confianza, pero tamén é certo que o Muxía saíu moito mellor que na primeira parte e cunha marchiña máis. Aínda así puxémonos por diante no marcador cun balón loitado moi ben por Nati ata a liña de fondo e dando un pase atrás para que volvese marcar Cris para o 1-2. Aí si que o Muxía empezou a apretar e a encerrarnos atrás e, nun tiro exterior de Laura (¡que marabilla de xogadora!), meterían o 2-2.

    Xusto na seguinte xogada conseguimos xerar un man a man con Vero que parou moi ben a nosa veciña. A partir de aí o Muxía foi crecendo e empezando a dominar con máis claridade. Co 2-2 tivemos que facer os cambios obrigados de Nati, que estaba sendo das mellores do partido, e tamén de Saskia, que todos sabemos o que nos dá en defensa. Sen ambas, si que penso que fomos superadas ao 100% por este gran Muxía.

    Estou moi orgulloso do meu equipo. Quizais este ano os obxectivos sexan distintos, pero que ninguén se esqueza que este vestiario é o dun equipo campión, e competiremos cada partido como tal.”

    Goles:1-0, 9´ Eva Lema; 1-1, 19´ Cris Veres; 1-2, 50´ Cris Veres; 2-2, 56´ Lau Doce; 3-2, 87´ Barca Toba; 4-2, 88´ Eva Lema.

    SD Tordoia 6-1 UC Cee

    O UC Cee tivo un debut duro ante un dos favoritos a zona alta. O Tordoia foi moi superior dominando as duas partes. As ceenses quedaban cunha xogadora menos no 69 cando Nerea Suárez vía o segundo cartón amarelo, xa con 5-1 no marcador.

    Goles:1-0, 21´ Rebeca Puente; 2-0, 40´ Ana Domínguez; 3-0, 41´ Andrea Costa; 3-1, 43´ Nayara Casais; 4-1, 45´ Andrea Costa; 5-1, 60´ Ana Domínguez; 6-1, 77´ Rebeca Puente.

    Clasificación 

    1. SCD Milagrosa – 3

    2. SD Tordoia – 3

    3. CF Dumbría – 3

    4. CF Muxía – 3

    5. Bergantiños FC B – 3

    6. AD Nicrariense – 3

    7. Unión Campestre – 3

    8. Victoria CF C – 3

    9. SCDR Esteirana – 0

    10. Brexo Lema SD – 0

    11. Eirís SD – 0

    12. San Lázaro SD – 0

    13. CF Corme  – 0

    14. Cultural Maniños – 0

    15. SDC Órdenes – 0

    16. UC Cee – 0

    17. Orillamar SD – 0

    18. 2ª Xornada

    19. – 28/09/2025

      • SCDR Esteirana – Orillamar SD, ás 12:00 horas

      • Unión Campestre – CF Muxía, ás 12:30 horas

      • SD San Lázaro – SD Tordoia, ás 16:00 horas

      • CF Corme – CF Dumbría, ás 17:00 horas

      • Eirís SD – Victoria CF “C”, ás 18:00 horas

      • SCD Milagrosa – Cultural Maniños, ás 18:00 horas

      • SDC Órdenes – AD Nicrariense, ás 18:30 horas

      • UC Cee – Bergantiños CF B, ás 18:30 horas

      • Descansa: Brexo Lema SD

      • (Os horarios son oficiosos non oficiais)

      • -Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”