O Ponteceso primeiro lider do curso 2024/25.
Por motivos dun problema na vista na recuperación dunha operación, que fai que poida estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, pedímoslle máis ca nunca a colaboración aos adestradores para traer as crónicas coma acotío. Tmén se agradece algunha foto para arrimarlle os comentarios.
Se falta algunha iremos completando segundo nos vaian chegando, xa que o artigo está aberto ata completar, se queren mandárnolas. Tamén aclarar que non temos os teléfonos do SD A Baña e SCD Pastoriza B, os únicos dous equipos que non son da costa, pero cos que trataremos de contactar por se queren deixar as suas impresións dos encontros.
3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 2
-1ª Xornada-
(06/10/2024)
Bergantiños CF B 4-0 SD A Baña
SD Fisterra 1-4 CF Mazaricos
Ponteceso SD 6-0 Sporting Zas
SCD Pastoriza B 0-4 Corme CF
CF Muxía 4-1 Soneira SD
EFCC Juan Cabrejo 3-0 UD Corcubión
Cabana SD 1-0 UD Cerqueda
-CRÓNICAS-
Bergantiños CF B 4-0 SD A Baña
Goles : 1-0, Julia Varela, (4´); 2-0, Clara Rodríguez, (13´); 3-0, Yoursa, (24´); 4-0, Julia Varela, (26´).
SD Fisterra 1-4 CF Mazaricos
Goles : 0-1, Silvia, (13´); 0-2, Silvia, (28´); 1-2, Antía, (40´); 1-3, Tamara, (52´); 1-4, Lídia, (87´).
Ponteceso SD 6-0 Sporting Zas
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD Feminino) : “Primeiro partido de liga fronte a un dos equipos de nova creación desta temporada, o Sporting Zas, ante o que tocaba demostrar dentro do campo a experiencia que levan de vantaxe. Foron as locais as que abriron o marcador aos tres minutos de partido nun man a man de Muíño coa porteira. A pesar diso as xogadoras de Curro non entraron no campo todo o centradas que deberían facendo unha primeira parte onde si dominaron pero onde non foron quen de demostrar o xogo que caracteriza o conxunto. No minuto 41 Eva Lago aumentaría a distancia cun moi bo tiro dende fóra da área que acabaría na escuadra da portería poñendo o 2-0. O 3-0 poñeríao, de novo, Muíño que lle quitou o esférico a porteira para anotar outro tanto antes do descanso.
Na segunda parte as de Ponteceso seguiron sumando ocasións claras que non se transformaron e outras que si subiron o marcador. Noemí aproveitaría un rexeitamento de Oanes para sumar o cuarto. Muíño firmaría o hat trick no minuto 61 e Lucivili poñería o broche ao final tras varios rexeitamentos dentro da área, marcando así o seu primeiro gol. Bo comezo para as xogadoras do Puenteceso que a pesar de non facer o seu mellor partido consiguen poñerse líderes do grupo nesta primeira xornada.
Agora repoñer enerxía e prepararse para o próximo encontro que será contra o Corme. O próximo fin de semana toca derbi no Cairo”.
ALIÑACIÓN: María, Berdeal (Lucivili 70′), Myre (Sabela 58′), Ainhoa, Noe (Laura R 58′), Silvia (Lara 58′), Eva, Lago, Oanes, Muíño, Noemí.
Goles : 1-0, Andrea, (3´); 2-0, Eva, (41´); 3-0, Andrea, (44´); 4-0, Noemi, (48´); 5-0, Andrea, (66´); 6-0, Lucía, (83´).
SCD Pastoriza B 0-4 Corme CF
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF Feminino) : “Partido que daba o inicio a competición, algo que facia falta porque estábamos con moitas ganas de empezar xa. Noventa minutos de dominio absoluto en donde a falta de puntería nos deixou un mal sabor de boca, sobre todo nos primeiro 45 min, está claro que debemos mellorar en ese aspecto si queremos competir polos postos de privilexio, polo demais, partido moi completo en todas as facetas do xogo do equipo“. Corme CF : Lucía (Belén), Saskia, Aroa (Laura), Irene (Candela), Lucía, Zeltia (Nerea), Ana, Olalla, Cris, Carla e Naroa.
Goles : 0-1, Zeltia, (54´); 0-2, Carla, (57´); 0-3, Naroa, (60´); 0-4, Saskia, (84´).
CF Muxía 4-1 Soneira SD
Roland Caamaño, (Adestrador do Soneira SD Feminino) : “Debut histórico do Soneira ante todo un Muxía.O Soneira fixo un gran traballo intentando defenderse, pero moi rápido o Muxía metíanse por diante con dous goles nos 10 primeiros minutos. Parecía que o choque acabaria con goleada, pero o equipo irmandiño, nunha gran xogada triangulando entre Kenny, Ana e Zoe conseguiron deixar a Kenny soa coa porteira conseguindo recurtar diferencias no marcador. O choque igualábase algo máis, pero antes do descanso Nerea Barrientos volvía ampliar a renda. Na segunda, unha gran Patri conseguía sentenciar facendo o 4-1 pero o Soneira pelexou por chegar á área rival ata o pitido final“.
Goles : 1-0, Nerea Barrientos, (3´); 2-0, Patri Romaní, (10´); 2-1, María Villaverde, (18´); 3-1, Nerea Barrientos, (41´); 4-1, Patri Romaní, (59´).
EFCC Juan Cabrejo 3-0 UD Corcubión
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC Juan Cabrejo Feminino) : “Partido no que se notaba que era o primeiro da competición e había nervos de màis que pesar de que se nos puxo de cara no primeiro minuto de partido onde xa nos adiantámos no marcador. Non tivemos moita claridade có balón sobre todo na primeira metade mellorando na segunda e de aí conseguiríamos dous goles máis para finalizar o partido co 3-0 final“.
Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión Feminino) : “Comezamos algo nervosas e con algunha baixa de última hora, tanto é así que no minuto 1 xa encaixamos gol. Tivo un largueiro o Camariñas e nós algún tiro de lonxe pero pouco máis entre os dous. Na segunda empezamos mellor e puidemos acercarnos mais a porteria contraria sen atinar a ter unha ocasión para poñer o empate. A partir de lesión de Carla, a nosa capi, baixamos algo o ritmo e as locais foron máis superiores ata o 3-0 final”.
Goles : 1-0, Paula Mouzo, (1´); 2-0, María García, (74´); 3-0, María García, (85´).
Cabana SD 1-0 UD Cerqueda
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD Feminino) : “Partido dominado polo Cabana que dispuxo de varias ocasións que por desacertó no remate, e as boas intervencions da porteira visitante mantiveron a dúbida ata o final do partido, se ben e certo que o Cerqueda apenas se acercou a meta do Cabana“. Xogaron polo Cabana : Miriam, Alison (Aitana), Laura, Aroa, María (Valeria), Inma, Alejandra (Sheila), Iria (Antia Torres), Saray (Natalie), Antia Pazos, Adriana.
Miguel Ángel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda Feminino) : “Típico partido de comenzó de liga con nervos con imprecións pero fómonos asentando no campo e centrándonos no partido estivemos moi seguras atrás, defendendo moi xuntas, facemos moi boas axudas e resistindo, contra un Cabana que ten un gran equipo, tentábamos chegar a portería rival pero costábanos moito. Tocounos sufrir, porque como digo o Cabana ten un gran equipo, pero esto acaba de empezar e vamos a seguir loitando“.
Goles : 1-0, Antía Pazos, (27´)
-CLASIFICACIÓN-
1º Ponteceso SD : 3 puntos
2º Bergantiños FC B : 3 puntos
3º Corme CF : 3 puntos
4º CF Mazaricos : 3 puntos
5º CF Muxía : 3 puntos
6º EFCC “Juan Cabrejo” : 3 puntos
7º Cabana SD : 3 puntos
8º UD Cerqueda : 0 puntos
9º SD Fisterra : 0 puntos
10º Soneira SD : 0 puntos
11º UD Corcubión : 0 puntos
12º SCD Pastoriza B : 0 puntos
13º SD A Baña : 0 puntos
14º Sporting Zas : 0 puntos
-PREVIA-
-2ª Xornada-
(13/10/2024)
SD A Baña-Cabana SD, ás 18:00 horas
CF Mazaricos-Bergantiños CF B, ás 17:00 horas
Sporting Zas-SD Fisterra, ás 12:00 horas
Corme CF-Ponteceso SD, ás 17:00 horas
Soneira SD-SCD Pastoriza B, ás 12:15 horas
UD Corcubión-CF Muxía, ás 16:30 horas
UD Cerqueda-EFCC Juan Cabrejo, ás 12:00 horas
AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe na web da RFGF.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”