CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 1ª XDA – 3ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G4 : “A ESTEIRANA GOLEA E FAI DE PRIMEIRO LIDER…DERROTAS DE OUTES E MIÚDAS”.

A Esteirana primeiro lider do curso 2024/25.

 

Debutou forte a liga a Esteirana que lle endosaba unha “manciña” o Sonnoia Portus Apóstoli, colocándose por golaveraxe na primeira posición da táboa. Para este equipo histórico na volta das féminas de Esteiro, o primeiro gol foi obra de Sandra Dosil, logo marcarían Rut, (2) e Bárbara, (2). Pola sua banda o Outes e o As Miúdas comezaban o campionato con sendas derrotas.

Desexarlle unha pronta recuperación a Fran Figueroa, adestrador da Esteirana, e gran colaborador noso, e que ven de pasar. pola cuchilla para arranxar un problema no casco…A él lle adicamos estas crónica con todo cariño.

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-1ª Xornada-

-06/10/2024-

Bastavales UD 2-3 CD Mosteiro

Milladoiro SD 4-0 Catoira SD

CCD Taragoña 0-2 Céltiga FCF

SCDR Esteirana 5-0 EFF Sonnoia Portus Apóstoli

ED As Miúdas 0-2 Juventud Cambados

CD Rois 5-2 Outes FC

SD Chispa 2-1 EFMC Boiro B,

 

-CRÓNICAS-

 

SCDR Esteirana 5-0 EFF Sonnoia Portus Apóstoli

Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Bo debut a pesares das dudas e do nervio inicial, nun arranque no que as barbanzanas tiñan máis presencia no campo das locales, pero sin inquietar a meta de Naira. Pasado o minuto 10, tras un rexeite na frontal, Sandra abreu o marcador cun bo disparo, e dende ahí as locales dominaron o xogo e as ocasións mandando 3-0 no descanso con goles da capitana Bárbara e de Rut. Na reanudación mesma tónica con algún achegamento do Sonnoia que tanto a defensa como Naira superon frear, e novamente Rut e Bárbara materializarían cada unha o seu doblete particular para deixar os primeiros 3 puntos na casa ante un centenar de siareiros.

11 inicial: Naira, Terre, Sara, Nerea, Marta, Leti, Lara, Sandra, Lidia, Bárbara e Rut.
Cambios: Cris, Dara, Gina e Alba.

 

ED As Miúdas 0-2 Juventud Cambados

Encontro no que se adiantaron as cambadesas aos 20 minutos a consecuencia dun penalti que transformaba Aldara, e que certificaron a vitoria a volta de vestuarios tralo descanso cun tanto de Carla Varela, (52´).

 

CD Rois 5-2 Outes FC

Dani Salgueiro, (Adestradr do Outes FC Feminino) : “Primer partido da tempada, donde saliamos o campo algo nerviosas polo debut este ano, o día non acompañaba pero enseguida entraron as ganas.
Moi disputado no medio campo, co rois xogandonos moi largo. Un par de accions desafortunadas que nos supuxeron 2 lesions importantes o descanso que nos dañaron moito o planteamento. Pese a todo e co marcador complicado non perdemos a cara e logramos marcar dous goles que nos dan forzas para seguir loitando”…Marcaron polo Outes :  Gema Roo, (3-1)  e
Laura Lires, 85-2).

 

-CLASIFICACIÓN-

 SCDR Esteirana : 3 puntos

 Milladorio SD : 3 puntos

 CD Rois : 3 puntos

 Céltiga FC : 3 puntos

 Juventud Cambados : 3 puntos 

 CD Mosteiro : 3 puntos

 SD Chispa : 3 puntos

 Bastavales UD : 0 puntos

 EFMC Boiro B : 0 puntos

10º CCD Taragoña : 0 puntos

11º ED As Miúdas : 0 puntos

12º Outes FC : 0 puntos

13º Catoria SD : 0 puntos

14º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 0 puntos

 

 

-PREVIA-

-2ª Xornada-

-13/10/2024-

CD Mosteiro-SD Chispa, ás 17:00 horas

Catoira SD-Bastavales UD, ás 12:00 horas

Céltiga FCF-Milladoiro SD, ás 12:00 horas

EFF Sonnoia Portus Apóstoli-CCD Taragoña, ás 10:00 horas

Juventud Cambados-SCDR Esteirana, ás 18:00 horas

Outes FC-ED As Miúdas, ás 16:00 horas

EFMC Boiro B-CD Rois, ás 12:00 horas

AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe na web da RFGF.

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª Galega Feminina.

P.D. : Por motivos dun problema na vista que me impide estar moito tempo diante da pantalla do ordenador, traémosvos as crónicas deste xeito e non como habitualmente cas opinións dos adestradores. Estas están feitas gracias os comentarios de algúns adestradores ou afeccionados e seguindo a cronoloxía dos goles polas actas da RFGF, polo que pode haber algún erro.

 

-Foto Esteirana : Fran Figueroa

Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies