CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 19ª Xda DA LIGA DA COSTA : “EMOCIÓN SEN CUARTEL POR ARRIBA E POR ABAIXO”.

LIGA DA COSTA

19ª Xornada

Cabana SD 2-1 Sporting Zas

SD Coristanco 3-1 UD Cerqueda

SD San Lorenzo 0-0 SD Castríz

Corme CF 4-3 Muxía CF

CD Baiñas 2-5 UC Cee

SCD Malpica 1-3 SD Ponteceso

SCD Buño 1-4 SCDR Esteirana

CD Muros 0-0 CF Lira

 

A tódolos xogadores que sufriron lesións esta xornada desexámoslle unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

CRÓNICAS

Trepidante encontro unha vez máis antre cormeláns e muxiáns.

 

Corme CF 4-3 Muxía CF

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Partido marcado polo vento sendo unha parte pa cada equipo.
Empezaba o partido co Corme querendo xogar,e cun Muxía que non quería deixar xogar,cortando cada xogada con falta.Os primeiros 15 min pa estar co vento encontrá salíamos bastante ben, sempre que non nos cortaban a xogada con falta. O Muxía intentaba presionar arriba pero o perigo conseguíano mais con balons en largo.E así nace o primer gol.O segundo e un golazo de falta imposible de parar. Nos acusamos os dous goles, e nunha perdida en medio campo, cun tiro o largueiro da no noso porteiro e quedalle o balón a placer pa marcar o terceiro. Conseguíramos recortar por medio de Alejo logo dunha gran xogada colectiva,chegando o así o descanso. Empezaba a segunda parte e xa no primeiro minutos avisamos, primeiro con disparo de Alejo que saca o porteiro,e despuis cun disparo de Sueiro que se marchar lambendo o largueiro.O Muxia encerrado atrás e tratando de salir a contra pero sin peligro ningún. Despois de varias xogadas por banda e pases atrás sin encontrar rematador,conseguíamos o segundo cun tiro de Doldi dende a frontal que se lle escapa o porteiro. Nada mais sacar de centro o Muxia cun balón en largo e despois dun rexeite consigue rematar e Suso desvía o balón o larguero. O partido xogábase no campo do Muxía e máis ainda cando un xogador deles vio a segunda amarilla. O empate marcaríao Alejo nun penalti sobre Toni que non discutió ninguén. E acto seguido o propio Toni marcaría a placer recollendo un rexeite a tiro de Lucas. O Muxía intentaríao pero non conseguiría crear peligro, e nós en varias contras puidemos matar o partio
“.

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) :  “Fixemos un gran partido, no primer tempo puxémonos 0-3 con goles de Isma Pose, Víctor Alcaina e Julián. Tiramos dous balóns ó longueiro e fallamos dous “man a man”, e nun córner un defensa saca o balón na líña de gol. Pero non foi suficiente, o Corme reducíu diferencias, quedámonos con dez inxustamente, e acabaron remontando cun penalti, e un gol en fora de xogo. Intentámolo nos últimos minutos pero non fomos capaces de empatar”.

Goles : 0-1, Isma Pose, (18´); 0-2, Víctor Alcaina, (33´); 0-3, Julián, (45´ de penalti); 1-3, Alejo, (79´); 2-3, Adrián Doldán, (63´); 3-3, Alejo, (76´); 4-3, Toni, (78´);

Árbitro : Alberto Baña.

Incidencias : expulsou ao xogador do Muxía CF por dobre cartón, (16´e 63´) e o técnico dos muxiáns, Diego Lobelos, (65´e 77´). e amonestou aos muxiáns : Adrián Alcaina e Maikel. Polos cormeláns viron cartón : Adrián Núñez, Lucas, Aitor, Dani Casal e Diego.

 

O Cabana levouse o “duelo de necesitados”.

 

Cabana SD 2-1 Sporting Zas 

Duda, (Delegado do Cabana SD) : “Partido no que era ante un rival directo coma era o Zas, empezamos defendendo os balóns en largo as espaldas e defendendo ben, na contra cas bandas mediante Castro, Simón e Vidreiro, pero non serian de moito perigo, e eles co vento en contra apenas inquedaban a portería defendida por Víctor. Na segunda metade co vento en contra saimos a presionar e non deixar que nos colleran as espaldas, con moi bo traballo de toda a defensa sen crear perigo. No minuto 35 da segunda metade marcaría Castro de penalti cometido sobre el mesmo. Seguimos loitando e presionando alto e chegaría o gol da tarde cun gran gol de Cachadiña de falta. Seguiríamos sen baixar o ritmo, pero no desconto o Zas marcaría nunha falta colgada, na que Víctor non puido facer máis. Nos últimos minutos tivemos unha ou duas ocasións por Raúl Corzón que se irían fora, e outra falta de Cacha que pararía moi ben o porteiro rival. Moi ben equipo, ben traballado e loitado, esta e a liña a seguir. Desexarlle tamén desde aquí unha pronta recuperación a Roberto pola sua lesión no encontro de xuvenís“.

Roberto, (Presidente do Sporting Zas) : “Duelo de necesitados no que o Cabana sumou 3 puntos moi importantes ante un rival direto pola salvación. Na primeira metade  respeto antre ambas escadras foi a nota reinante. Apenas se inquietaron as metas. Tralo descanso o Cabana púxose cun 2-0 no marcador. O primeiro de castro o trasnformar un penalti e o segundo de falta dende o borde do área executada por Cacha. Antes do final Atu facía un gol para o Sporting Zas que o metía no partido pero non se movería o marcador”.

Goles : 1-0, Castro, (76´ de penalti); 2-0, Diego “Cacha”, (86´); 2-1, Atu, (90´).

Árbitro : Bruno Méndez.

 

 

SD Coristanco 3-1 UD Cerqueda

Alejandro “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Partido no que volvemos a mostrar unha boa cara, levando o peso do partido a través do balón contra un Cerqueda que esperaba atrás coa súa defensa de 5 buscando saír a contra.
Na primeira media hora dúas ocasións moi claras, unha para cada equipo. Primeiro, unha falta de Lagoa que ía a escadra sacabaa cunha Gran parada Mauricio. E a nosa, unha gran xogada de Castiñeiras que no man a man saca Darío. De novo contestaba o Cerqueda con un balón pasado nun córner que remataban a porta libre pero chegaba Mauricio “in extremis”. Chegaría acto seguido o noso gol, tras unha segunda xogada nun balón colgado remataba Pazos ó fondo. Antes do descanso, un penalti do porteiro a Joni transformabao Castiñeiras no 2-0 co que se chegaba o descanso. Nesa mesma xogada era expulsado o visitante Méndez polas protestas. Na reanudación, chegaría pronto tras unha boa xogada colectiva o 3-0 de Mario tras asistencia de Joni. A partir de aí, empurraronnos os visitantes o noso campo a través de faltas laterais e saques de banda colgados. Poñendo o definitivo 3-1 nunha destas xogadas.
De aquí ó final dúas boas ocasións para eles ás cales contestou con grandes paradas o noso meta
“.

Javier Souto, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido malo na Rocheira dos 2 equipos. Empezou o partido mui igualado e con poucas ocasions, solo destacar unha falta directa que desvía o porteiro do Coristanco ó pau. E así foi o partido hasta que unha inocente falta na banda a colga na área e marca o Coristanco. A partir de ahí veuse arriba o Coristanco e apretou ao Cerqueda a base de intensidad e mais ganas. E neses últimos minutos de asedio do Coristanco o árbitro pita penalti a favor do Coristanco. Desde a miña posición non o vexo xa que estou mui lonxe, pero incluso varios xogadores do Coristanco dinme que non é, e nesa xogada expulsa a Méndez do Cerqueda por protestas, seguramente acerta o árbitro. Con 2-0 e con 10 vamos o descanso e saímos convencidos e poder remontar, e nada mais salir do descanso, error clamoroso do árbitro nunha xogada de ataque do Coristanco que sale de banda, varios xogadores se paran e o árbitro non o ve (seguramente por seguir o xogo desde 30 metros de distancia) deixa seguir e.gol. 3-0. A partir de ahí a base de colgar balons o Cerqueda dominou a segunda parte con 1 gol e varias ocasions clarísimas nas que o porteiro do Coristanco estuvo mui acertado. En resumen, mal Coristanco, moi mal Cerqueda e moi mal arbitraxe. Todos nos equivocamos, pero pódese recoñecer que non pasa nada”.

Goles : 1-0, Pazos, (37´); 2-0, Daniel, (44´ de penalti); 3-0, Mario, (47´); 1-03-1, Diego Fernández, (49´);

Árbitro : Óscar Rey

Incidencias : Expulsou con dobre cartón ao xogador do UD Cerqueda, Crístian, (43´e 44´).

 

 

CD Baiñas 2-5 UC Cee

José Barca, (Adestrador do CD Baiñas) : “O resultado foi unha cousa moi rara, pois fixemos unha primeira metade espectacular, fomos buacalos arribam fixémoslles unha presión moi alta e ainda que fóramos 2-0 o descanso non sería moito, pois tivemos moitas ocasións, moitas, moitas. Santi, (duas), Diego, (2), Baba…E na derradeira xogada do partido non se entenden o noso porteiro e o central e regalamos un balón que vai gol. Nada máis comezar a segunda metade un saque de banda longo cáelle nos pés a un deles e marcan. Os rapacse xa lles costou, despois destas semanas que o están a pasar mal e costoulles levantarse. Tentámolo e márcannos de falta direta. No cómputo xeral tivemos máis ocasións ca eles. As derrotas que están a sufrir os rapaces estánlles pesando animicamente, son moitas seguidas e agora haberá que tomar decisións drásticas a ver se pode cambiar esto“.

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Iniciamos o partido con vento en contra e con moitas precaucións defensivas e sen asumir riscos na saida de balón, practicando un fútbol máis directo do habitual, ainda así, tivemos tres boas ocasións para adiantarnos no marcador pero Bruno en dúas xogadas individuais e Lojo que quedou solo diante do porteiro non atinaron a marcar. Sí o conseguiu Santi Díaz nunha xogada individual e a raíz do gol pasamos uns minutos de dúbidas.Tivemos a fortuna de marcar xusto antes do descanso nun mal entendemento dun cetral e o porteiro rival que aproveitou Patera. Na segunda metade marcou Ezequiel no minuto 2 e a partir de ahí o partido foi un monólogo azul. Marcou de novo Eze nun espectacular lanzamento de falta e pouco despois Patera puso o 1-4 nun bo remate de cabeza tras un córner lanxado por Ezequiel. O 1-5 foi obra de Leo, que uns intres antes fallara por pouco unha boa vaselina, nun acrobático remate de tacón. Nos últimos minutos recortou Charlie cun gran gol de tiro lonxano. Bo partido do noso equipo para cambiar a imaxe da xornada anterior”.

 

Goles : 1-0, Santi Díaz, (38´); 1-1, Adrián Canosa, (43´); 1-2, Ezequiel, (47´); 1-3, Ezequiel, (57´); 1-4, Adrián, (61´); 1-5, Leo Picallo, (84´); 2-5, Carlos Antelo, (85´).

Árbitro : Marcos Ordóñez

 

 

SCD Malpica 1-3 SD Ponteceso

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Partidazo o disputado onte por un e outro equipo, empezamos moi ben e metendo o Puenteceso no seu campo os primeiros 20 minutos, nese momento foi tamen cando chegou o noso gol. A partir deso en vez de seguir na misma línea viñemonos un paso para atras e o Puenteceso empezou a facernos daño. Chegaría o primeiro gol do Puenteceso en claro fora de xogo, que non sería sinalado polo árbitro. Co empate no marcador tivemos unha clarísima ocasión de gol que Alberto Hombre non sería capáz de meter a porta valeira. O segundo do Puenteceso chegaría nun xogadón individual de Puente, e así nos iríamos o descanso. Na segunda parte melloramos pero ainda así o Puenteceso tamén estaba moi forte. Gran partido o de onte, pena que o arbitraxe fora tan malo como para desesperar os que perdimos e os que gañarón“.

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Foi un partido igualado na primeira metade. Nós tíñamos o vento a favor e non soubemos aproveitalo. Eles estaban máis metidos no partido, e os balóns divididos eran deles. Tíñamos o balón pero non ideas, e o Malpica saía co balón xogado, e eran profundos cando o necesitaban. Meteron un gol e mereceron outro, erros recurrentes nosos e acerto deles. Chegamos ó descanso cunha ventaxe mínima e inmerecida.
Na segunda parte fómonos facendo co control do partido. Pouco a pouco foron chegando as ocasións e non sentenciamos ó choque ata o final do encontro. Nesta segunda parte fomos merecedores da vitoria por xogo e ocasións. O peor do encontro foi a lesión do seu xogador que espero que se quede nun susto
“.

Goles : 1-0, David, (8´); 1-1, Montes, (26´); 1-2, Puente, (36´); 1-3, Sergio, (90´ de penalti).

Árbitro : David Vázquez.

Incidencias : Saeu lesionado o xogador do SCD Malpica, Alberto Hombre. Nun principio paraecía de moita gravidade, que a ten pero menos do que se pensaba e sofre unha rotura de fibras e un forte golpe no xeonllo.

 

 

SCD Buño 1-4 SCDR Esteirana

Richard, (SD Buño) : “Primeira parta con dominio e posesión da Esteirana, pero sen chegar con moito perigo a portería defendida por Brais . Puxémonos por diante nunha boa xogada entre Elías e Miguel, que remataría moi ben Zinho
Emparían eles antes do descanso. Na segunda parte empezou moi forte a Esteirana e logo se puxo por diante, nunha xogada de corner. O Buño volcouse o ataque e tirou dous tiros o longueiro, pero a contra mataría o partido o equipo visitante con 2 goles máis”.

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Un partido onde xogamos a primeira parte contra o vento. O Buño moi repregado e xogando con balón directo ao xogador de arriba. Nós tendo o balón, raseándoo e intentando crear perigo a raíz de combinar e ter paciencia. Marcaron nun balón longo, nada máis empezar, que nos colleu mal colocados e o seu dianteiro resolveu moi ben. O noso gol chegou dun centro lateral que remata Elías, 1-1 ao descanso. Na segunda parte dominámola de principio a fin e foron chegando os goles por medio de Code, Elías e Carlos. Creo que fomos de menos a máis e conseguimos tres puntos merecidamente”.

Goles : 1-0, Martín, (13´); 1-1, Elías Ruso, (35´); 1-2, Alberte, (57´); 3-11-3, Elías Ruso, (72´); 1-4, Carlos Lestón, (77´)

Árbitro : Manuel Espasandín.

 

 

SD San Lorenzo 0-0 SD Castríz

Santi Cambón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido moi disputado no campo das Pedreiras, por varias circunstancias, o estado irregular do campo, e polas fases de vento que facían moi difícil xogar en longo. Con todo esto, viuse unha primeira parte moi igualada, na que o equipo visitante xogaba co vento a favor, e a través dun ataque directo xeraba algunha ocasión de perigo, sobre todo tras segundas xogadas. É un equipo local que xeraba ocasións a través de pases longos, combinacións por banda e centro. Na segunda metade, os primeiros minutos, foron como case toda a primeira parte, moi igualada. Pero a partires de aquí, o equipo local colleu o dominio territorial do partido e o control do xogo, tamén gracias o paso atrás que dou o equipo visitante. Xeramos moitas ocasións tras internadas por banda con centros laterais, balón parado e desde tiros de media distancia. Esta tarde os de Verdillo intentárono, pero non estarían acertados de cara a portería e encontráronse cun equipo visitante moi combativo ata o último minuto. Empate a ceros final nun partido no que as defensas se impuxeron as dianteiras”.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “O contexto do partido era que levamos un mes para completar unha comvocatoria ou mesmamente un equipo. Partido complicados, un dos mellores rivais, que xa nos gañara 1-5 na primeiravolta. Sabíamos que xogaban un fútbol moi direto, o que preparamos toda a semana e saínos moi ben. Os rapaces fixérono moi ben. En todo o partido non foron quen de facernos dano. Tamén a nós nos costaba facer perigo. Un fútbol moi direto, moi disputado, moi intenso con moitas disputas e encontronazos e o final non se decantou para ningún lado. O vento reinante influenciou moito. Na segunda eles co vento a favor tiraron máis arriba e aí si que o balón rondaba a nosa portería dando sensación de perigo. Nos tivemos duas contras moi craras, unha de Brais Sendón que non culminou ante o porteiro e quitoulla o central e outra de Iván Pastoriza que tamén diante do porteiro mandouna fora. O resultado creo que foi o máis xusto“.

Goles : 0-0

Árbitro : Óscar Santos.

 

 

CD Muros 0-0 CF Lira

Para ver a crónica deste encontro xogado sábado : PREME AQUÍ

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

PICHICHI

1º-Alejo, (Corme CF) : 19 goles en 14 encontros, (4 de penalti)

2º-Xuco, (SD Ponteceso) : 18 en 16, (3 p)

3º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 16 en 19, (3 p)

4º-Iván Pombo, (UD Cerqueda) : 13 en 16, (5 p)

5º- Ezequiel, (UC Cee) : 13 en 17

6º- Elías Ruso, (SCDR Esteirana) : 13 en 18, (1 p).

 

PRÓXIMA XORNADA, (20ª)

-02/02/2020-

UD CerquedaSporting Zas

SD Castríz-SD Coristanco, (17:00 horas)

Muxía CF-SD San Lorenzo

UC Cee-Corme CF

SD Ponteceso-CD Baiñas

SCDR Esteirana-SCD Malpica, (16:45 horas)

CF Lira-SCD Buño

CD Muros-Cabana SD

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Fotos Sporting Zas-SD Coristanco : Roberto-Sporting Zas

-Fotos : piratasdemuxia.es

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.