CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 19ª XDA DA LIGA DA COSTA : “CAMARIÑAS E XALLAS NON FALLAN E SIGUEN DA MAN E ENGÁNCHANSE A TODO O BAIO E SONEIRA”.

Importante vitoria do Soneira ante o Monte Louro.

 

Non fallou o Camariñas que se levou un traballado e sufrido trundfo en Mazaricos e tampouco o Xallas que tivo que suar para derrotar o Muros, polo que ambas escadras siguen a puntos no máis alto da liga. A derriota do Monte Louro ante o Soneira, (0-1), fai que o Baio se coloque terceiro, e o propio Soneira rebase o Monte Louro collendo a cuarta praza e mandando os de Louro a 5ª.

Por abaixo o Cee non ten atisbos de levantar cabeza e tampouco o Lira, que suma a 7ª derrota consecutiva e habendo sumado tan só 3 puntos dos derradeiros 39. Queda nestes intres a loita máis centrada para, (de abaixo arriba), Coristanco, Mazaricos, Muros, Corcubión, Outes e Cabana, por evitar a antepenúltima praza que podería ser de arrastre o final de campionato. Antre o Cabana, (9º) e o Coristanco, (antepenúltimo), hai tan só 5 puntos.

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.

GOLEADORES

O podio dos goleadores da competición sigue encabezado por Djibril, (Camariñas FC), ainda que non veu porta os seus 17 goles, (6 de  penalti), mantéñeno no máis alto da lista, pero agora con César Lojo, (UD Corcubión), que marcou por segunda xornada consecutiva 2 e suma 17 dianas, 1 pen). Na prata está Martín “MC”, (CD Baio), con 15, (3 p), tralos dous goles que lle marcou esta xornada o Cee e no bronce, Alberto “Vía”, (Soneira SD), con 10, (4 pen).

 

LIGA DA COSTA

-19ª Xornada-

-09/02/2025-

Xallas FC 2-1 CD Muros

Outes FC 5-4 Cabana SD

CF Lira 0-2 Corme CF

CF Mazaricos 2-3 Camariñas FC

Ponteceso SD 2-1 SD Coristanco

CF Porteño 3-2 UD Corcubión

UC Cee 1-6 CD Baio

UD Monte Louro 0-1 Soneira SD

 

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-CRÓNICAS-

 

Xallas FC 2-1 CD Muros

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Recibíamos o Muros ca presión extra de que o Camariñas gañara o día anterior, nuha xornada na que non quedaba outra que gañar. A primeira metade nosa foi regular, falta de ritmo e de ideas, ainda que víamos a debilidade do rival, pero gañábamos as costas da defensa pero sen ser quen de aproveitalo. O gol deles chega nunha falta lateral mal defendida por nós, e o rival entra só con dous xogadores, mandando o balón o longueiro e para adentro.

Na segunda tivemos que trocar posicións, en especial en bandas, nas que xogábamos a pé cambiado e pasamos a xogar a pé natural de banda. Esto foi efectivo e comezamos mellor e o gol do empate chegou tras dar entrada a Facal, o xogador que estábamos reserbando, e nun saque de curruncho empataba él o encontro. A partires de aí fomos máis arriba e chegando, tamén co feito de que o Muros baixou fisicamente.

O segundo noso ben nunha acción parecida o preimeiro e desta volta Macareno finalizaba en segunda acción. Vitoria que nos soubo moito, somos todos xogadores da casa e iso dalle maior mérito, e con este obxetivo que é máis grande co que comezábamos no inicio de tempada”.

Goles : 0-1, Alonso, (10´); 1-1, Yago, (70´); 2-1, David Pereira, (85´).

Incidencias : O colexiado, Alejandro tato expulsou con vermello direto o xogador muradán, Francisco Rodríguez no 95.

 

Outes FC 5-4 Cabana SD

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido no que estivemos mal nos inicios da primeira parte e segunda, encaixando 2 goles moi pronto o que non nos permitiu sumar nada, cando ofensivamente sí estivemos bastante ben.

Na primeira parte empezamos mal e os 40 segundos xa nos marcaron o 1-0, despois empataría Manuel pero volveríamos a estar flouxos atrás e concedemos o 2-1. A partires de aí ata o descanso fomos mellores e conseguimos irnos o descanso gañando 2-3 con goles de Manuel e Simón.

Na segunda volvemos a encaixar pronto o 3-3 e ó 4-3, e o partido abriuse moito con ocasións para ambos equipos, pero seríamos nós os que lograríamos acertar e empatar. Despois do 4-4 tivemos ocasións claras nos pés de Simón e Pablo, pero sería o Outes na última xogada do partido o que acertou quedándose coa vitoria“.

Xogamos con : Manu, Noé, David, (Leis), Ferreiro, Aarón, Nando, Miki, (Hugo),Moreno, (Cristian), Simón, Castro, (Pablo), e Manu Romero.

Goles : 1-0, Sergio, (1´); 1-1, Manu Romero, (6´); 2-1, Kevin Lariño, (10´); 2-2, Manu Romero, (31´); 2-3, Simón, (37´); 3-3, Álvaro, (48´); 4-3, Kevin Lariño, (50´); 4-4, Castro, (66´); 5-4, Xabier, (94´).

 

CF Lira 0-2 Corme CF

Goles : 0-1, Wenceslao, (4´); 0-2, Samu Costa, (11´).

Incidencias : A colexiada, Andrea Barbeira expulsou con dobre cartón, (83´e 92´), o xogador do Corme, Joshua.

 

CF Mazaricos 2-3 Camariñas FC

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido moi completo do Camariñas en tódolos sentidos, a pesar dun resultado que foi excaso debido a gran cantidade de ocasións que desperdiciamos sobre todo na segunda metade.

Partido no que a pesares de quedar con dez cando o marcador era de 2-2, o equipo sacou orgullo e clase para dominar e ir a polo partido, donde o premio chegaría nos minutos finais.Tres puntos para seguir na loita na cabeza da clasificación”.

Goles : 0-1, Javier Antelo, (4´); 1-1, Bryan, (15´); 1-2, Martín, (45´); 2-2, Adrián, (64´); 2-3, Hugo, (85´).

 

Ponteceso SD 2-1 SD Coristanco

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Foi un partido cativo. As dúas equipas saímos con moita precaución e pouco xogo. Seguramen eles mellor cá nos.

No segundo tempo ca expulsión do porteiro deles todo se liberou, máis tanto para un lado coma po outro. Fíxose un ida e volta un tanto feo…goles, emoción, barullo pero pouco fútbol. Un sin sentido futbolístico“.

Goles : 0-1, Alejandro, (64´); 1-1, Eloy, (68´); 2-1, Martín, (73´de penalti).

Incidencias : O colexiado, Esteban Domínguez expulsou con vermello direto ao porteiro do Coristanco, Rubén no 51´.

 

CF Porteño 3-2 UD Corcubión

Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Saìmos ben o partido. No minuto 6 unha falta o longueiro, e xerando ocasiòns e dominando o partido. No 22 marca Pablo de cabeza a saìda dun corner. O Corcubión coas ideas moi claras facendo cambios de orientación en diagonal sobre César Lojo, pero era algo que xa tiñamos falado e quizais nos beneficiaban máis a nos que a eles, xa que a partires de aì conseguíamos o rechace e podìamos xogar.

O gol deles ben nun saque de porta defectuoso que lle cae a César Lojo, o cal non o tíñamos ben vixiado e no man a man bate moi ben por abaixo. Nós temos unha de Brais que dispara alto dentro da área. 1-1 o descanso.

Tamèn saimos ben desde a caseta na segunda metade, xerando ocasións e combinando no último cuarto de campo. Nunha xogada acaba con falta e chega o 2-1. Seguimos sendo dominadores encerrándoos no seu campo. Chega o 3-1 de Darío no 65.

O Corcubiòn fixo cambios intentando virse arriba e nos cando roubábamos atacábamos en superioridade, aì non estivemos moi finos, xa que tivemos 4×3 e 3×2 que non soubemos resolver ben. Tivo unha Yuyo que parou ben o seu meta, unha Alan que tamén sacou unha boa man enviando a corner, tivo outra Martín dentro da área a centro de Alan. Chegamos ao 90 co Corcubión colgando balóns a área e xerándonos incertidume, pois non éramos capaces de ser solvertes e contundentes nos despexes.

No 94, nun barullo no área sae a achicar o meta e pitan penalti, chega o 3-2 e quedaban 3 minutos do descotno. Inda tivemos a oportunidad de facer o 4° nunha contra co Corcubión volcado, pero como che decía a semana pasada, estanos costando ser solventes nas áreas. Non conseguimos concretar todas as que xeramos e complicámonos na nosa área en situacións que non entrañan perigo algún. Pero bueno, intentaremos gañar confianza, tamén creo que a base de encaixar menos goles, xa que marcarlle un gol ao Porteño ten que ser moi caro para os rivais, e agora mesmo estamos de oferta, sáelles moi barato“.

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Partido moi complicado nun campo difícil de xogar, para nos unha primeira parte moi igualada na que nun corner marcaría o Porteño e pouco despois empataría César nun balón que roubou él mesmo e finalizaría por baixo para o empate.

Na segunda máis do mesmo, eles máis acostumados o campo marcarían o segundo nunha falta que o árbitro dixo que entrara, pero o balón foise buscar o corner, subiría o marcador. Nós tentando empatar, pero polos solos non aguantábamos de pé, e noutro corner marcaría Darío o 3-1. O Corcubión intentaríao e de penalti César facía o que sería definitivo 3-2. Un partido moi difícil de xogar”.

Goles : 1-0, Pablo, (22´); 1-1, César Lojo, (66´); 2-1, Crístian, (55´); 3-1, Darío, (65´); 3-2, César Lojo, (95´de penalti).

 

Ocasión clara do Monte Louro.

 

UD Monte Louro 0-1 Soneira SD

Comentario cedido polo FaceBook UD Monte Louro :Partido moi dificil ante un gran rival. Na primeira metade partido moi igualado na que dispuxemos de algunha ocasión para marcar pero no último suspiro desta primeira metade eles abriron a lata de corner.

Na segunda metade o gol afectounos e sempre nos costou facer transicións e apenas tivemos chegadas.Toca recuperarnos e voltar a senda da vitoria…Vamos Louro!!!“.

Goles : 0-1, Ricardo, (45´+ 1).

 

UC Cee 1-6 CD Baio

Goles : 0-1, Souto, (3´); 0-2, Martín MC, (15´); 0-3, Souto, (47´); 0-4, Souto, (54´); 0-5, Martín MC, (62´); 1-5, Ezequiel, (85´); 1-6, Sergio, (89´).

 

-CLASIFICACIÓN-

-16ª Xornada-

 Camariñas CF : 42 puntos

  Xallas FC : 42 puntos

 CD Baio : 33 puntos

 UD Monte Louro : 31 puntos

5º CF Porteño : 29 puntos

 SD Soneira : 29 puntos

 Corme CF : 29 puntos

 Ponteceso SD : 28 puntos

 Cabana SD : 23 puntos

10º Outes FC : 22 puntos 

11º UD Corcubión : 21 puntos

12º CD Muros : 20 puntos

13º CF Mazaricos : 18 puntos

14º SD Coristanco : 18 puntos

15º CF Lira : 11 puntos

16º UC Cee : 5 puntos

 

-PREVIA-

-20ª Xornada-

-16/02/2025-

Cabana SDCD Muros, ás — horas

Corme CF-Outes FC, ás — horas

Camariñas FC-CF Lira, ás — horas

SD Coristanco-CF Mazaricos, ás — horas

UD Corcubión-Ponteceso SD, ás — horas

CD Baio-CF Porteño, ás — horas

Soneira SD-UC Cee, ás — horas

Xallas FC-UD Monte Louro, ás — horas

 

Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Fotos Monte Louro : Arquivo Edu Olveira/FaceBook UD Monte Louro

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies