Saida o campo no “Pinguel” de Ponteceso.
Por arriba as rapazas do Bergantiños B caía derrotadas e xa é noticia pois non o facían dende a xornada 6ª e fora concretamente co Corcubión, (3-0), e parece que lles teñen a medida tomada pois 13 xornadasdespois as corcubionesas volvían a impoñerse as bergantiñanas, (0-2). O Corme gañaba sin apuros e o Muxía igualmente. Coa derrota das de Carballo o Ponteceso, (4º) ponse a un punto e o Cabana a 4. O salto máis significativo foi o do Corcubión que aproveitaba as derrotas do Juan Cabrejo de Camariñas e do Mazaricos para remontalos na clasificación e a nova a destacar foi o empate do Fisterra que suma en positivo tras 9 derrotas consecutivas. As fisterranas empataban co Cerqueda, (1-1). O Soneira outro dos equipos noveis da liga sumaba a sua cuarta vitoria a costa do A Baña, (2-4).
GOLEADORAS
Naroa Parga, (Corme CF), vai coma unha flecha a polos 50 e xa ten 43 goles nos 19 encontros disputados e tras facer 3 esta xornada. A muxiana Patri Romaní, (CF Muxía), sigue con 20 materializados en 18 choques, e Barca Toba, (CF Muxía), que esta semana non xogou, sigue ocupando a terceira praza do podio de máximas realizadoras cos seus 18, (5 p) en 11 encontros.
3ª GALEGA FEMININA G2
-19ª Xornada-
(23/03/2025)
Cabana SD 1-0 Sporting Zas
CF Mazaricos 1-5 Corme CF
SD A Baña 2-4 Soneira SD
Bergantiños FC B 0-2 UD Corcubión
SD Fisterra 1-1 UD Cerqueda
Ponteceso SD 2-0 EFCC “Juan Cabrejo”
SCD Pastoriza B 2-4 CF Muxía
-CRÓNICAS-
Cabana SD 1-0 Sporting Zas
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Chegaba a Cabana un Zas en clara progresión no seu primeiro ano e foi un rival que no primeiro tempo dispuxo de duas claras ocasións para adiantarse no marcador, pero faltoulle acertó a hora de rematar. O Cabana levaba a iniciativa pero tampouco acertaba a hora de finalizar as ocasións, con un tanto anulado a Adriana por falta a gardameta.
No segundo tempo as locais acrecentaron o seu dominio e dispuxeron de varias ocasións con lanzamento o longueiro incluido, sin ser capaces de materializar, ata que cerca do final unha pena máxima dáballe a oportunidade que Míriam, i esta non a desaproveitaba poñendo o 1-0 que sería definitivo“.
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido marcado polas baixas do Zas ,só con 2 trocos disponibles para afrontar o partido. Xogo rápido e direto buscando segundas xogadas ou centros ambos equipos. Ocasións claras para ambos lados durante todo o partido donde as porteiras foron as grandes protagonistas. Xa nos últimos minutos un penalti claro por mans rompía o empate a favor do Cabana“.
Goles : 0-1, Míriam, (87´ de penalti).
CF Mazaricos 1-5 Corme CF
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Unha das saidas que tíñamos marcadas como moi complicadas, quizais está sendo un ano irregular para as amarelas, pero a min é un equipo que me gusta moito, cun nivel competitivo moi alto e no seu campo máis.
Así que fomos moi mentalizadas de facer un partido moi serio e así saleu, cuns primeiros 45 minutos moi completos do meu equipo, a excepción da relaxacion da última xogada do primeiro tempo que acabou no gol rival.
Na segunda parte houbo 10-15 minutos iniciais donde si que non tivemos o control do partido e houbo moitas imprecisións, pero a partir de aí xa nos fomos asentando e volvendo a dominar o encontro.
Moi contento coa seriedade coa que sale o equipo a competir cada Domingo, +3 e minutos para todas, así que a pola seguinte final, que e contra un rival que nolo puxo moi complicado na primeira volta, así que estamos avisadas“.
Xogamos con : Aroa, Saskia, Laura, Irene, Zeltia, Olalla, Lucía, Natalia (Candela), Ana, (Salomé), Naroa, Cris e (Aurora).
Goles : 0-1, Zeltia, (28´); 0-2, Natalia, (34´); 0-3, Naroa, (57´); 1-3, María Senra, (44´); 1-4, Naroa, (70´); 1-5, Naroa, (79´).
SD A Baña 2-4 Soneira SD
Leti Fernández, (Adestradora do SD A Baña) : “A espera do seu comentario para subilo aquí…“.
Goles : 0-1, María Villaverde, (17´); 0-2, Zoe, (15´); 1-2, Sara Pose, (45´+1); 1-3, Sara peña, (48´); 1-4, Daniela, (79´); 2-4, Xastia, (89´).
Bergantiños FC B 0-2 UD Corcubión
Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Primera derrota en casa de la temporada ante un rival que jugó bien sus cartas.
Mal partido del Bergan en una primera parte dónde se empezó bien, acercándonos al área rival y con ocasiones, pero que con el paso del tiempo nos fuimos disipando en el campo. El gol nos dejó más tocadas aún y no supimos encontrar nuestro juego.
En la segunda parte, llena de interrupciones y continuas pérdidas de tiempo, no hubo ritmo de partido ni continuidad . A seguir trabajando para corregir errores y recuperar sensaciones”.
Goles : 0-1, Andrea, (31´); 0-2, María Castro, (86´).
SD Fisterra 1-1 UD Cerqueda
Miguel Ángel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “A espera do comentario para añadilo aquí…”.
Goles : 0-1, Mónica, (2´); 1-1, Xaira, (80´).
As capitanas co colexiado do encontro.
EFCC “Juan Cabrejo” 5-1 SCD Pastoriza B
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Este domingo disputouse no Pinguel un partido complicado ante un rival físico e combativo como o Escola Juan Cabrejo. As de Camariñas puxéronllo difícil ao Puenteceso, pero xa na primeira parte as de Curro xeraron varias ocasións de perigo, por parte de Claudia, na que a porteira visitante sacaría unha man salvadora, tamén tiveron claras ocasións Oanes, Muíño e a propia killer Andrea.
O marcador abriuse no minuto 23, cando Andrea, aproveitou unha xogada de córner para anotar o primeiro gol do encontro.
Na segunda metade, nos primeiros minutos tería o Camariñas unha ocasión moi clara na que o balón rondaría a liña de gol e con despexe da defensa pontecesá, tamén tería varias ocasións o Puenteceso e ata un gol anulado a Claudia por unha falta a porteira cando rexeitara un balón, poñería o segundo tanto Myre desde o punto de penalti tras unha pena máxima clara sobre Oanes .
Con esta vitoria, as de Curro suman tres puntos clave que as deixan a só un punto do terceiro posto da clasificación”.
Xogamos con : María, Berdeal, (Karen, 41′), Ainhoa, Myre, Laura R, Oanes, (Virgi 70′), Eva Carril, Lago, Claudia, Andrea, (Lucivili 79′), e Muíño.
Juan Cabrejo, (Adestrador do Escola de Fútbol “Juan Cabrejo”, (Camariñas)) : “Eu non puiden estar o coincidirme co equipo senior da Liga da Costa pero polo que me comenta Pepucho foi un partido no que saimos moi ben e tivemos unha moi boa ocasión, pero foron elas as que se adiantaban nun saque de canto. Na segunda metade tamén saíamos ben e competindo pero o gol da sentenza chegou cunha pena máxima”.
Goles : 1-0, Andrea, (23´); 2-0, Myrella, (59´ de penalti).
Nerea Barrientos marcou un dos goles do Muxía.
SCD Pastoriza B 2-4 CF Muxía
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía B) : “Chegábamos con baixas ao partido, sobre todo pola ausencia de Barca que estaba enferma. Empezaría o partido e costounos moito tempo adaptarnos ao campo xa que é máis grande ao que estamos habituadas e non tardaría en chegar o primeiro gol en contra despois dun penalti.
Empezariamos a estar máis cómodas e a sobrepoñernos do gol intentando combinar e facendo varias chegadas a área. Tras un corner a favor nun rexeite marcaría Elsy de volea para poñer o empate, e pouco despois Andrea marcaría ó 1-2 co que iríamos o descanso.
Na segunda parte xa máis tranquilas e co marcador a favor gozaríamos de varias ocasións nas que Nerea a pase de Patri, e Raquel de cabeza, daban os goles da tranquilidade.
Seguimos cos bos resultados nesta segunda volta e ahora toca pensar no partido contra o Ponteceso“.
Goles : 1-0, Andrea Lamas, (11´de penalti); 1-1, Elsy, (21´); 1-2, Andrea Insua, (28´); 1-3, Nerea Barrientos, (54´); 1-4, Raquel, (69´); 2-4, Noa, (81´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 55 puntos
2º CF Muxía : 46 puntos
3º Bergantiños FC B : 41 puntos
4º Ponteceso SD : 40 puntos
5º Cabana SD : 37 puntos
6º UD Corcubión : 35 puntos
7º EFCC “Juan Cabrejo” : 33 puntos
8º CF Mazaricos : 33 puntos
9º SCD Pastoriza B : 17 puntos
10º Sporting Zas : 15 puntos
11º Soneira SD : 14 puntos
12º UD Cerqueda : 8 puntos
13º SD A Baña : 6 puntos
14º SD Fisterra : 6 puntos
-PREVIA-
-20ª Xornada-
(30/03/2025)
Corme CF – Sporting Zas, ás 12:00 horas
Soneira SD – CF Mazaricos, ás 19:15 horas
UD Corcubión – SD A Baña, ás 12:15 horas
UD Cerqueda – Bergantiños FC B, ás 16:00 horas
EFCC “Juan Cabrejo” – SD Fisterra, ás 18:00 horas
CF Muxía – Ponteceso SD, ás 12:00 horas
SCD Pastoriza B – Cabana SD, ás 12:00 horas
AVISOS
-Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poñeremos na AXENDA PIRATA os oficiais.
-Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
-Estamos abertos a recibir comentarios dos encontros por parte dos adestradores, xogadoras, colaboradores dos clubes, ou diretivos, ou tamén fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Foto Cabana-Zas : Prensa Sporting Zas
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Foto, texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Adestradores
