Os xogadores do Muxía B e o Camelle posaron cunha pancarta da loita contra o cancro e portaron brazaletes verdes.
No único encontro xogado o sábado desta liga o Muxía B acadaba a terceira vitoria da tempada a costa do Camelle que se presentaba con numerosas baixas. Os rapaces e membros do filial do Muxía, o colexiado Esteban Domínguez, e os xogadores e membros do Camelle, (antre eles varios muxiáns), nos prolegómenos portaron e posaron cunha pancarta da loita contra o cancro e xogaron ortando brazalete verde cor da loita contra esta enfermidade que direta e indiretamente tócanos a todos. Muxía é pioneira na Costa da Morte sendo a primeira, ou das primeiras, asociacións de loita contra o cancro que se crearon en toda a zona.
Inesperada derrota do Malpica que caía no seu feudo ante un Oza que loita pola promoción, (1-2), e alónxase do primeiro posto caendo a cuarta praza a 4 puntos do Sofán B, que sigue intratable e facíalle o Seaia a goleada da xornada, (9-0), sumando xa a frioleira de 89 goles a favor por tan só 17 en contra. Tampouco fallaron o Zas e o Volantes que siguen aí a 2 puntos do lider.
GOLEADORES
Raúl Corzón, (Sporting Zas) e Ismael Ramos, (Sofán B), lideran a táboa dos Pichichi con 25 goles, en 15 encontros o primeiro e en 16 o segundo, con 3 de penalti o zacense e 1 o sofanista. Adrián Vázquez, (Sofán B), con 19 tantos, (1 pen), ocupa o segundo caixón do podio de realizadores e o terceiro posto é para Salah, (UD Ceyqeda) e Raúl Lestón, (Volantes de Baño FC), ambos con 17 goles, o priemrio en 11 encontro e deles 2 de penalti e o segundo en 14 encontros e con 1 de penalti.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª DA COSTA
-19ª Xornada-
-08/02/2025-
CF Muxía B 3-2 SD Camelle
CD Baiñas 2-4 Sporting Zas
UD Cerqueda-Atlético Pereiriña FC
SD Sofán B–Sporting Seaia CF
SCD Malpica 1-2 SD Oza
Inter de Brens 0-0 CD Nantón
Volantes de Baño FC 3-0 SD Laxe
Descansa : SCD Buño
-CRÓNICAS-
O mércores colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.
SD Camelle 2-3 CD Baiñas
Xusto se presentou a auga de borraxo para o encontro que se xogaba na Arliña nun choque no que se enfrontaban o filial do Muxía e un Camelle pragado de baixas pero que conta con moitos xogadores criados no clube muxián. Foi mellor o Muxía na primeira metade e foi o que gozou das mellores ocasións, duas que sacou David Camaño, unha que ía a escadra e outra por baixo, e outras duas que acabaron dentro. A primeira de Adrián “Repu”, pasada a media hora de xogo e a seuginda de Damián tras un rebúmbio no área pouco despois.
Na segunda metade xa co vento a favor os camelláns buscaron o gol que os puxera no encontro e conseguírono por medio de Lucas Caamaño a hora de xogo. Parecía que as tornas se trocaban co de costume “ritual”, de que o que leva o vento a favor trunfa, pero chegaba un gol dos locais, de novo de Damián, que desbarataba as esperanzas dos visitantes, que pediron fora de xogo do dianteiro muxián. Tocaba defender para os de Isidro e ir con todo os do Crejo e chegou o gol de Estiben para poñer o 3-2 e dar vidiña o choque ata o pitido final. Tralo 3-2 os camelláns pediron unhas mans no área muxiana que o coleexiado non veu.
Goles : 1-0, Adrián, (33´); 2-0, Damián, (38´); 2-1, Lucas Caamaño, (60´); 3-1, Damián, (68´); 3-2, Estiben, (75´).
O Zas venceu e sigue presionando o lider.
CD Baiñas 2-4 Sporting Zas
Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “O Zas saíu moi enchufado, controlando a posesión do balón e tentando levar o peso do encontro desde os primeiros minutos. Con todo, nos primeiros compases faltou profundidade no ataque, xa que os achegamentos á área do Baiñas foron tímidos e sen demasiado perigo. Pola súa banda, o conxunto local apostou por un xogo máis directo, buscando sorprender ao contragolpe con transicións rápidas, pero a defensa do Zas estivo firme e conseguiu frear esas tentativas.
O bo traballo defensivo dos visitantes e a súa boa circulación de balón acabaron tendo recompensa cando Redondo abriu o marcador cun gol que lle deu máis tranquilidade ao seu equipo. A partir dese momento, o Sporting comezou a asentarse con máis comodidade e ampliou rapidamente a vantaxe con dous goles de Raúl, que puxeron un claro 0-3 no marcador antes do descanso, deixando o partido ben encamiñado.
A segunda metade comezou cun ritmo máis baixo, especialmente por parte do Zas, que optou por un xogo máis pausado para administrar a vantaxe. O Baiñas aproveitou esa relaxación e logrou recortar distancias cun gol nunha contra, obra de Raúl, que puxo o 1-3 .
Ese tanto fixo reaccionar ao Sporting, que volveu poñer unha marcha máis no partido. Froito desa resposta chegou unha gran xogada colectiva que culminou novamente Raúl, asinando o seu hat-trick e deixando o encontro case sentenciado co 1-4. Nos minutos finais, o Baiñas logrou un segundo gol para poñer o 2-4 definitivo”.
Goles : 0-1, Redondo, (28´); 0-2, Raúl Corzón, (31´); 0-3, Raúl Corzón, (41´); 1-3, Raúl Antelo, (54´); 1-4, Raúl Corzón, (58´); 2-4, Pablo Calvo, (70´).
O porteiro do Cerqueda, xuvenil de primeiro ano, parou un penalti.
UD Cerqueda 2-1 Atlético Pereiriña FC
Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi dominado na primeira parte, na que xeramos varias ocasións claras que non fomos capaces de convertir. Sería Salah dende o punto de penalti tras unha man clara dentro da área do Pereiriña.
Na segunda todo se volviu un pouco tolo tras 2 penaltis que nos pitaron en contra, un encaixaríamolo e o outro aguantaría moi ben Breo, (xuvenil 1⁰ ano), no medio da portería pra detelo. Seguímolo intentando ata o final donde chegaría o premio con un golazo de Hugo, tras escaparse de un par de xogadores rivais e conectar un gran golpeo dende o frontal…A seguir sumando”.
Goles : 1-0, Salah, (35´de penalti); 1-1, Augusto, (62´ de penalti); 2-1, Hugo, (85´).
Incidencias : O colexiado Tomás Garrido expulsou con dobre cartón, (60´e 65´), o xogador do Cerqueda Adrián Verdes.
SD Sofán B 9-0 Sporting Seaia CF
Goles : A primeira metade acabou 5-0). Ismael Ramos, (2), Daniel Calvete, (2), Raúl Rodríguez, Marcial, Borja e Adrián Vázquez.
SCD Malpica 1-2 SD Oza
Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Tres puntazos no campo dun equipo que para min e dos favoritos da categoría. Empezaríamos o encontro os dous equipos tanteándonos entre nos, sin correr moitos fallos e esperando o que facía o rival. No minuto 10 unha pequena desconexión nosa colleria Chicha un balón na banda, e tras un pase a frontal da área para Julián este mandaría un disparo raso e duro o primeiro pau, no que Samuel non podería facer nada e adiantaríanse os malpicáns. A partires de aquí, quixemos buscar o empate pero non dabamos creado ese último pase que nos dera unha ocasión de gol clara, só un disparo de Nico desde a frontal que chapa ben o seu porteiro.
Xa cando parecía que íbamos ir con este resultado os vestiarios aparecería Nacho, que tras unha boa falta votada por Moreno, e na que o porteiro fai unha boa parada pero deixa o rexeite no área pequena, e o máis listo da clase empúxaa o fondo da rede. Chegaríamos así o tempo de lecer.
Sairiamos a segunda parte sabendo que íbamos ter as nosas xogadas para remontar o partido e asi foi. No 48 de xogo Nacho colle un balón na banda, fai un xogadón hacia adentro e da un pase atrás, que o central deles no intento de despexe manda o balón para dentro. Cambiaríamos o esquema para defender este resultado e intentar traer os 3 puntos para Carballo. O Malpica dou un pase adiante e meteu dous dianteiros para canto menos lograr o empate, e tivo ocasións para conseguilo, aAinda que nos nalgunha contra tamén podíamos marcar o terceiro e matar asi o partido, pero non o conseguimos quedando con este resultado o final dos 90 minutos.
Felicitar os rapaces por esta victoria máis que pelexada e que nos da un paso máis adiante para deixar un pouquiño atrás a séptima posición que sería quedar fora da fase de ascenso.
Queremos tamén agradecer o Malpica polo bo trato que tiveron connosco toda a semana, pendentes de ter que cambiar o partido para sábado e axudándonos en todo o que podían, con equipos así da gusto competir!!!.
Queríamos adicarlle esta vitoria a Roland, irmán do noso primeiro capitán, Javier Vilariño que falecia fai 2 semanas, (D.E.P.)”.
Goles : 1-0, Julián, (10´); 1-1, Nacho Pose, (43´); 1-2, Damián, (48´de penalti).
Volantes de Baño FC 3-0 SD Laxe
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Un bo partido por parte nosa, donde defendemos ben, e estivemos ben colocados no campo. Adiantouse o Volantes na primeira parte con un golazo, de fora da área por toda a escadra. Pero seguimos competindo e luchando polo empate. E tivemos un par de ocasións para facelo. No tramo final sentenciou o Volantes“.
Goles : 1-0, Manuel Lago, (24´); 2-0, Josiño, (76´); 3-0, Eduardo, (85´).
Inter de Brens 0-0 CD Nantón
Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido para olvidar.
Chegabamos a Cee ca ilusión de intentar sumar de 3 para seguir ca racha positiva, xa que non perdíamos dende o 3 de Novembro.
Entramos moi ben os primeiros 20 minutos, sendo donos do balón e con chegadas perigosas que frenou o porteiro local. Pero a partires de aí fomos entrando nun cúmulo de imprecisións e erros infantís que fixeron que o rival pouco a pouco fora collendo o peso do partido e tendo as ocasións máis claras, con 2 remates o pau.
Antes do descanso tivemos a máis clara do partido cun remate a porta baleira de Josué que rematou por encima do longueiro.
Na segunda parte foi xa un partido totalmente de ida e volta na que creo que os porteiros foron os mellores de cada equipo. Destacar a Álvaro que nos mantivo vivos no partido cas súas paradas e tamén o porteiro rival que fixo 2 paradóns cando xa cantábamos gol“.
Goles : 0-0
Incidencias : O colexiado do encontro Pablo Rama, expulsou con vermello direto o xogador do Inter, Marcos Vieites, (61´).
Descansou : SCD Buño
-CLASIFICACIÓN-
1º SD Sofán B : 44 puntos
2º Sporting Zas : 42 puntos
3º Volantes de Buño FC : 42 puntos
4º SCD Malpica : 40 puntos
5º UD Cerqueda : 34 puntos
6º SD Oza : 27 puntos
7º Atlético Pereiriña FC : 22 puntos
8º CD Baiñas : 20 puntos
9º CD Nantón : 19 puntos
10º Sporting Seaia CF : 14 puntos
11º Inter de Brens : 13 puntos
12º SD Camelle : 12 puntos
13º SCD Buño : 12 puntos
14º CF Muxía B : 11 puntos
15º SD Laxe : 4 puntos
PREVIA
-20ª Xornada-
-16/02/2025-
Sporting Zas–SD Camelle, ás — horas
Atlético Pereiriña FC-CD Baiñas, ás — horas
Sporting Seaia CF-UD Cerqueda, ás 17:00 horas
SD Oza-SD Sofán B, ás — horas
CD Nantón-SCD Malpica, ás 16:30 horas
SCD Buño-Inter de Brens, ás — horas
Volantes de Baño F-CF Muxía B, ás 16:30 horas
Descansa : SD Laxe
AVISO : Os horarios e datas son ofiviosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.
-Foto Cerqueda . UD Cerqueda
-Fotos Zas : Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores