CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 19ª Xda DA 3ª DA COSTA : “FC CAMARIÑAS E OUTES CF XA SON EQUIPOS DA LIGA DA COSTA”.

 

RESULTADOS

19ª Xornada

09/02/2020

SD Ameixenda 0-2 CF Castrelo 

SD Camelle 1-1 Sporting Seaia CF 

UD Corcubión 1-4 FC Camariñas 

CD Nantón 1-2 Outes CF 

CF Porteño 0-2 SD Laxe

Descansa : UD Monte Louro

 

COMENTARIO

FC Camariñas e Outes CF certifican da man o ascenso a Liga da Costa 2020/21. Ambos equipos tiñan que gañar para acadar o ascenso de maneira matemática ao descansar o UD Monte Louro, terceiro en discordia, e así o fixeron. Os camariñáns derrotaban sen ningún pero ao UD Corcubión, (1-4) e os da Serra vencían ao CD Nantón, (1-2) nun choque máis complicado. Agora nestas 3 xornadas que quedan falla saber quen dos dous será o campión de liga, ambos empatados a puntos no máis alto, con 44 cada un e con dous encontros por diante cada un xa que os camariñáns descansan na penúltima xornada e os outeses na derradeira. En caso de facéren o mesmo o título sería dos camariñáns por golaveraxe. No referente aos postos de promoción o UD Monte Louro xa ten asegurada a sua participación, e SD Laxe e CD Nantón poderían asegurala na vindeira xornada. O SD Camelle desaproveitou unha grande ocasión para asegurara a derradeira praza da promoción pero o empate ante o Sporting Seaia CF, (1-1), dalle vida aos da parroquia malpicana e deixan un resquicio para que poidan chegar a entrar CF Castrelo e ata xa con moitas carambolas o UD Corcubión. Os camelláns na vindeira xornada deben render visita ao rival histórico, FC Camariñas.

 

FC Camariñas celebrando o ascenso no vestiario de Corcubión.

 

Outes CF celebrando o ascenso nas “Pedreiras”.

 

A nosa máis cordial noraboa a FC Camariñas e Outes CF por este merecido asxenso, xa que foron os mellores en regularidade durante toda a tempada.

 

CRÓNICAS

 

UD Corcubión 1-4 FC Camariñas

Antón Lestón, (Xogador do UD Corcubión) : “Chegamos ao partido moi xustiños de efectivos polas baixas, sobre todo en defensa. O que provocou que dos 11 titulares, oito foran xogadores de mediocampo para arriba recolocados dunha forma inesperada. Aínda así, penso que competimos ben ante un equipazo como o Camariñas, que aproveitou a súa velocidade arriba para facernos dano. O momento decisivo estivo nun cabezazo ao longueiro de Tito xusto despois de que eles se quedaran con dez… Pero ao minuto seguinte fixeron o 0-3 e o encontro quedou xa totalmente sin emoción. Noraboa a Camariñas e Outes por ese merecido ascenso!”.

Berto Suárez, (Adestrador do FC Camariñas) : “Un partido que era clave para nós e mostramos una cara moi diferente a os 2 últimos. Fomos superiores desde o principio ante un equipo que non o poñía doado e a pesares do traballo “dalgún”, que non sei como tera a conciencia, imaxínome que non moi limpa, fomos capaces de lograr vitoria e o ascenso”.

 

Goles : 0-1, Martín, (22´); 0-2, Mario, (29´); 0-3, Brandon, (70´); 1-3, Nico, (80´en propia porta); 1-4 Brandon, (85´).

Árbitro : Marcos Ordóñez.

Inciendcias : Expulsou por dobre cartón a Martín Tajes do FC Camariñas, (44 é 55´).

 

 

CD Nantón 1-2 Outes CF

Rodrigo Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido distinto ao que reflexa o resultado. Primeira parte na que houbo un dominio repartido, no que o Outes tivo 3 e marcou 2. Na segunda, desaparece o Outes e temos un dominio total. Entre que o balon non quixo entrar, e o árbitro, perdemos o partido. Ainda así, gran equipo o Outes. Noraboa por ese ascenso merecido”.

Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) :Partido no que saimos decididos a marcar o ritmo, e os 6 minutos temos unha clara ocasión que o orteiro local nunha gran parada desvía a córner. O pouco conseguimos marcar e pońernos por diante, eles apenas nos creaban ocasións de gol. Nunha chegada sin perigo cometemos un penalti absurdo que lles sirve para empatar. Seguimos igual e volvemos a marcar, de aí o descanso. Na segunda eles empuxaron moito e con balóns colgados a área fixeron que nos retrasásemos moito, e apenas conseguíamos chegar a área rival. Aí o equipo fixo un gran traballo defensivo e conseguimos gañar o partido. Só me queda felicitar a esta plantilla polo seu traballo o longo da tempada“.

 

Goles : 0-1, Santiago, (13´); 1-1,  Josiño, (36´ de penalti); 1-2, Santiago, (41´).

Árbitro : Bruno Méndez

 

 

CF Porteño  0-2 SD Laxe

Javi Baña, (Adestrador do CF Porteño) : “Hoxe un equipo con moitas baixas. Xogou de porteiro Manuel Canosa que é xogador de campo e só podo aplaudir a sua actuaciòn. Un partido no que o xusto merecedor da victoria foi o Laxe…0-2 na primeira parte e demos a cara na segunda. Eu estou moi contendo dos chavales e irei con eles o fin do mundo. O Laxe un equipo moi competitivo e máis feito. A nós tocanos terminar o mellor que se poida e coa actitude de compañerismo que hai. A afición un “10”, co mal que o estamos a pasar, e seguen animando os chavales sin descanso. Un gran arbitraxe tamén“.

Antelo, (Adestrador do SD Laxe) : “Un partido moi completo sobre todo na primeira parte, ainda así marcamos os dous goles acercándonos ao descanso do partido. Xa na segunda saimos un pouco máis relaxados pero ainda así tivemos claras ocasións como para rematalo partido, como unha cun tiro o pau, e un man a man co porteiro, pero non se movería o marcador”.

 

Goles : 0-1, Juan Martín, (25´); 0-2, Juan Martín, (38´).

Árbitro : Iván Vilanova.

 

 

SD Ameixenda 0-2 CF Castrelo 

Fernando Domínguez, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Tarde con moita choiva e néboa en San Paio de Refoxos, que dificultou o normal desenrolo do partido xa que o balón non rodaba nin botaba con normalidade. Nesas condicións a iguldade tanto en dominio como en ocasións era total. Ningún equipo se mostraba superior ao rival e as oportunidades repartíanse por igual. Cando se pensaba que o primeiro tempo acabaría sen goles, o árbitro non pitou unha clarísima falta sobre Rivers cando chegaba con vantaxe para coller o balón, e o Castrelo aproveitou para marcar.
O segundo tempo foi unha copia do primeiro. Igualdade entre os dous equipos e solo o Castrelo aproveitou un fallo no medio campo do Ameixenda para roubar e marcar o segundo.
Polo visto no partido o resultado xusto sería o empate”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Partido complicado por momentos por mor da chuvia, o vento e a néboa. Choque igualado, donde quizais nos estaríamos un peliño por enriba deles en ocasións. O primeiro gol chegaría na última xogada da primeira parte, donde Capote poñe un centro, hai un rexeite, Roi intenta darlle o balón, comete falta o porteiro, pero o arbitro non a pita, Samuel segue a xogada e marca. Xa na segunda parte habería ocasións para os dous lados, pero nun roubo de balón noso do centro do campo, chegaría a Adrián que desde fora da área marcaría o segundo e definitivo”.

 

Goles : 0-1, Samuel, (45´); 0-2, Adrián Pasantes, (65´).

Árbitro : Esteban Domínguez.

 

 

SD Camelle 1-1 Sporting Seaia CF

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Un despiste nun corner e púxose por diante o Seaia, a partires de aí dominamos o partido e conseguimos empatar, e tivémolas para gañar o partido, pero non estivemos acertados na definición”.

Da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido no que o campo se puxo bastante blando, embarrado, co trancurso do tempo, e donde, o único que se podía facer era sacar o balón, e aproveitar as xogadas a balón parado. Así pronto marcamos nun corner. Logo tratamos de defender ese gol, pero o Camelle máis afeito a esa situación, e cun bo xogo a balón parado, antes de ir para o descanso empataría. Xa na segunda aguantamos como puidemos os ataques do equipo camellán,e conseguimos un punto nun día dificil”.

 

Goles : 0-1, Isaac, (17´); 1-1, Miguel Riiveiro, (33´).

Árbitro : David Vázquez.

Incidencias : Expulsou por dobre cartón ao xogador do Sporting Seaia CF, José Suárez, (75´e 90´), e con vermello direto o seu compañeiro, Adrián Parga, (desconto). Por parte do SD Camelle expulsou con vermello direto a Felipe Barreiro, (56´).

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

 

PICHICHIS

-Josiño, (CD Nantón) : 15, (21 de penalti) en 16 encontros

-Brandon, (FC Camariñas) : 14 en 17 encontros

-José “Pesco”, (UD Monte Louro) : 12, (1 de penalti) en 12 encontros

 

PROXIMA XORNADA

20ª Xornada

16/02/2020

UD Monte Louro – CF Castrelo

FC Camariñas – SD Camell

Outes CF – UD Corcubión 

SD Laxe – CD Nantón

CF Porteño SD Ameixenda 

Descansa : Sporting Seaia CF

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

 

-Foto FC Camariñas : FC Camariñas

-Foto Outes CF : Outes CF

 –Texto : Adestradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies