Cee e Dumbría xogaron un derbi en toda a lei.
As derotas do Pastoriza, (inesperada), na sua casa ante o Almeiras, (0-1), e a derrota do Tordoia ante o Sporting Burgo, (3-2), fan que o Xallas ca sua vitoria pola mínima sobre o Orzán B, rival direto na loita por todo, deixe as xalleiras con 5 puntos sobre as pastoricenses, con un encontro máis as de Santa Comba e con 12 sobre o Tordoia, que ten os mesmos encontros xogadas cas xalleiras.
Por outra banda xxogouse o derbi Cee-Dumbría e a pesares de que o tempo era malo, o ambente foi moi bo e o encontro tivo de todo, goles, emoción, tensión, expulsados…Todo un derbi que se levaron as dumbriesas por un emocionante 3-4.
GOLEADORAS
Paula Veiga, (UC Cee), marcou no derbi e suma 20 goles, (2 pen), polos 19 de Eva Lema, (CF Dumbría), que nesta xornada non marcou. No terceiro chanzo da clasificación está Ánxela Prado, (CD Lugo B), con 17 goles en 15 choques.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
2ª GALEGA FEMININA G1
-19ª Xornada-
-09/02/2025-
Xallas FC 2-1 Orzán SD B
Cultural Maniños 1-0 PM Friol B
Brexo Lema 0-1 Silva SD
UD Carral–Orillamar SD
UC Cee 3-4 CF Dumbía
Sporting Burgo 3-2 SD Tordoia
SCD Pastoriza 0-1 UDJ Almeiras
Sporting Meicende 2-1 CD Lugo B
CRÓNICAS
UC Cee 3-4 CF Dumbría
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Chegábamos o Sampaio de Refoxos con gañas e nervos o mesmo tempo, os primeiros minutos serían de toma de contacto entre ambos equipos sin ningún dominador claro, co paso dos minutos fomos baixando o nivel de nervosismo e puidemos irnos facendo co dominio do balón e atopando os espacios para progresar e xerar perigo.
Chegaba o primeiro gol de corner direto a media hora, e pouco despois tras unha boa xogada colectiva quedaríalle o balón no borde a Paula Fandiño que faría o segundo da tarde e o seu particular. Daría o Cee un paso adiante a piques de recortar caendo en fora de xogo e conseguindo o 1-2 o borde do descanso.
Intentamos ampliar distancias antes de irnos o vestuario e así sería, tras un bo corner sacado por Kelly que a defensora local intentando despexar o introducía o balón na súa propia portería.
Si podemos decir que a primeira metade soubemos ler o partido e conseguir ter un mínimo de control, na segunda sería todo o contrario, non soubemos competir como se merecía, e o Cee conseguiría pecharnos no noso campo e precepitarnos cando dispoñíamos da posesión, aínda así fomos quen de aumentar a distancía tras unha boa xogada de Sabela, e un balón que quedaba sin dono claro na área pequena, que Claudia aprobeitaría para enviar o fondo da rede. En vez de nese intre darnos a tranquilidade con balón e a seriedade en defensa sería todo o contrario.
Sería o Cee quen puxo todo no campo contaxiandonos do seu ritmo e impedíndonos facer o noso partido, así sería como recortaron distancias moi pronto. Neses intres o protagonismo estaría en ambas porterías, pois o resultado non fui diferente polo gran facer de ambas porteiras, con grandes paradas. Xa no desconto o Cee volvería a recortar distancias en un saque de curruncho“.
Goles : 0-1, Paula Fandiño, (31´); 0-2, Paula Fandiño, (38´); 1-2, Paula Veiga, (44´); 1-3, Uxía, (45´+ 1 en propia porta); 1-4, Claudia, (70´); 2-4, Naiara, (72´); 3-4, Sheila, (90´).
Incidencias : O colexiado Pablo Rama, expulsou con vermello direto o adestrador do Dumbría, (75´), e a xogadora do Cee, Lucía Rodríguez, (90´).
Xallas FC 2-1 Orzán SD B
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Rival direto o que pisaba o noso feudo. Costounos uns minutos entrar no partido e intentar impoñer o noso xogo, sabíamos ao rival que nos enfrontábamos, xa que ata o de agora foi o equipo que mellor xogara contra nós na primeira volta.
Adiantaríanse elas nun mal entendemento antre Mery e Rosio, que a dianteira rival esta máis rápida ca elas e Mery non chega por moi pouco a salvar o gol baixo paos. Ao pouco nun saque de porta, arriscamos e presionamos 1 contra 1, creando desconcerto e dúbidas antre elas, intre no que Oli aprobeita para facer o empate, roubando o balón en área rival.
A raiz de aí soltámonos algo máis e tivemos un man a man de Oli que salvan baixo paos, ou un bo centro de Facal que Barcia remata no segundo pao e chegan a taponar a defensa rival.
Na segunda parte facenos cambios, metemos unha punta de referencia e entramos moi ben, arriscamos algo coas laterais moi altas, e nalgunha contra ao espazo fixéronnos algunha chegada pero sen máis, moi ben solventadas por Rosio e o gran esforzo de todas as que participaron que se deixaron a pel.
O gol da vitoria chegaría nunha falta, na que a zurda vimiancesa, sacaría a relucir ese guante que ten no pé, para meter un auténtico golazo e levantar da bancada con todos aqueles que nos acompañaron no Fontenla. A raiz de aí elas subiron algo intensidade e o partido volveuse por momentos sen control e algo atropellado. Con esta sumamos 11 vitorias consecutivas, hai que seguir“.
Goles : 0-1, Marta, (19´); 1-1, Olalla, (21´); 2-1, Noelia, (71´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Xallas FC : 50 puntos, (1 encontro máis)
2º SCD Pastoriza : 45 puntos
3º SD Tordoia : 38 puntos, (1 encontro máis)
4º UD Carral : 36 puntos
5º Orzán SD B : 36 puntos
6º Sporting Burgo : 33 puntos
7º CF Dumbría : 31 puntos
8º UC Cee : 30 puntos
9º PM Friol B : 19 puntos
10º CD Lugo B : 18 puntos
11º Brexo Lema SD : 18 puntos
12º UDJ Almeiras : 16 puntos
13º Sporting Meicende : 14 puntos, (1 encontro máis)
14º Cultural Maniños : 14 puntos, (1 encontro máis)
15º Orillamar SD : 13 puntos
16º Silva SD : 5 puntos
-PREVIA-
-16ª Xornada-
-16/02/2025-
PM Friol B–Orzán SD B, ás 16:30 horas
Silva SD-Cultural Maniños, ás 20:00 horas
Orillamar SD-Brexo Lema, ás 12:15 horas
CF Dumbía-UD Carral, ás 12:00 horas
SD Tordoia-UC Cee, ás 12:15 horas
UDJ Almeiras-Sporting Burgo, ás 12:15 horas
CD Lugo B-SCD Pastoriza, ás 18:00 horas
Xallas FC-Sporting Meicende, ás 18:00 horas
AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres.
-Fotos Cee-Dumbría : FaceBook CF Dumbría senior
-Texto : Xosé Búa “Pirata
-Comentarios : Os adestradores

