A Esteirana recuperou a senda do trunfo o golear o As Miúdas, (6-0), no derbi da costa, derbi muradán e derbi da ría, a escolla do consumidor para denominalo. As rapazas de Fran Figueroa ademáis aproveitaban a sorpresiva derrota do lider Céltiga ante o Chispa, (3º), para acercarse as líederes que non por que perderan, (que sí, xa que eran o único equipo invicto), senón por como con ese 4-0 tan abultado para un equipo que só recibira 9 goles en 18 encontros, e que quedou sen marcar por primeira vez na tempada na que suma 94 goles a favor, nun extraordinario dato no que é superado polas de Esteiro que suman 116 goles a favor.
O outro equipo costeiro, Outes, caía na sua visita ao Bastavales por un claro 5-2, nun choque fora do que viñan facendo ultimamente as rapazas que dirixe Dani Salgueiro.
GOLEADORAS
Rut Castro, (Esteirana), manda na táboa con 44 tantos en 15 choques, un deles de penalti. Esta xornada veu porta unha vez. A segunda no podio a sua compañeira de equipo, Bárbara Caamaño, suma 30 en 18 encontros, (RFGF aparece con 29 ainda que realmente ten un máis), e empata con ela Carla Núñez, (Chispa), que nesta xornada fixo dous e suma 30 en 18 encontros e todos eles de xogada. Aldara Muñiz, (Juventud Cambados) e Laura Gómez, (Taragoña), ocupan o terceiro chanzo ambas con 28 goles materializados, a primeira en 17 encontros e 4 deles de penalti e a segunda en 18 encontros e todos de xogada.
3ª GALEGA FEMININA G4
-19ª Xornada-
-23/03/2025-
SD Chispa 4-0 Céltiga FC Féminas
Catoira SD 0-4 EFF Sonnoia Portus Apóstoli
CD Mosteiro 0-5 Juventud Cambados
Bastavales UD 5-2 Outes FC
Milladoiro SD 0-4 EFMC Boiro B
CCD Taragoña 3-2 CD Rois
SCDR Esteirana 6-0 ED As Miúdas
-CRÓNICAS-
Bastavales UD 5-2 Outes FC
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Mal partido pola nosa parte, que nos costou moito entrar o partido e desconectamos demasiadas veces do que tíñamos entrenado.
O Bastavales controlou o marcador todo o partido ainda que nos fixemos máis intención de xogo, tocando ben o balón e xerando ocasións, que cando entraron foron contestadas de inmediato e unhas boas paradas da porteira local.
Un mal día que queremos deixar atrás rápido e centrarnos no Mosteiro este vindeiro Domingo“.
Goles : 1-0, Carmen Trigo, (1´); 2-0, Carmen Trigo, (18´); 2-1, Carla, (46´); 3-1, Carmen Trigo, (47´); 4-1, Carmen Piñeiro, (53´); 4-2, Alicia, (62´); 5-2, Carmen Trigo, (76´).
SCDR Esteirana 6-0 ED As Miúdas
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Derbi local cun bonito ambiente en Esteiro, no que ademáis de recuperar efectivos, tamén conseguimos recuperar sensacións e puidemos dominar o encontro.
A nota negativa foi a baixa de Dara que á media hora se tivo que retirar por un pinchazo nos isquios, unha pena xa que é unha das xogadoras de iniciación que máis está medrando e viña en confianza, esperamos que non esté moito tempo apartada do campo.
O partido tivo intensidade e bos duelos a pesares do marcador final, unha boa defensa local permiteu disputar con confianza a posesión do balón e a ocasión máis clara nos pés de Sofía que atopou a unha Maruxa que mostrou a mellor versión no man a man.
No área contraria puidemos mostrar de volta esa efectividade que parecía olvidada e desta volta valeunos para devolver con puntos e goles o apoio da xente que non nos faltou cando o necesitamos desde a bancada.
Dedicamos esta vitoria á nosa xogadora Alba que ven de perder á sua avóa e tamén ó noso xuvenil Xabi, que caiu lesionado a semana pasada no outro derbi en Muros”.
Non vos podemos dar a crónica do comentario das Miúdas xa que non temos colaboración. Está aberta a posibilidade de facernos chegar os comentarios dos encontros así coma fotos tanto por parte de calquer adestrador, diretivo, xogadora ou afeccionado/a. Abaixo de todo están as diferentes maneiras de contactar connosco, así coma nas nosas redes sociais.
SCDR Esteirana : Maruxa, Lidia, Martina, Marta, Terre, Lara, Sandra, Leti, Bárbara, Nuria e Dara. Tamén participaron : Rut, Alba, Inés e Nerea.
ED As Miúdas : Noa, Atenea, Leire, Marta, Sabela, Pati, Clara, Cristina, Adriana e María González. Tamén participaron : RMaría García, Sofía, Ximena, Carlota e Iria.
Goles : 1-0, Sandra, (7´); 2-0, Lara, (15´); 3-0, Rut, (40´); 4-0, Bárbara, (68´); 5-0, Martina, (81´); 6-0, Marta, (83´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Céltiga FC : 52 puntos
2º SCDR Esteirana : 46 puntos
3º SD Chispa : 42 puntos
4º CCD Taragoña : 41 puntos
5º Juventud Cambados : 40 puntos
6º EFMC Boiro B : 28 puntos
7º ED As Miúdas : 25 puntos
8º CD Rois : 24 puntos
9º CD Mosteiro : 23 puntos
10º Outes FC : 22 puntos
11º Bastavales UD : 19 puntos
12º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 15 puntos
13º Milladorio SD : 9 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-PREVIA-
-20ª Xornada-
-30/03/2025-
EFF Sonnoia Portus Apóstoli – Céltiga FCF, ás — horas
Juventud Cambados – Catoira SD, ás 19:00 horas
Outes FC – CD Mosteiro, ás — horas
EFMC Boiro B – Bastavales UD, ás 19:15 horas
CD Rois – Milladoiro SD, ás — horas
ED As Miúdas – CCD Taragoña, ás 19:00 horas
SCDR Esteirana – SD Chispa, ás 17:00 horas
AVISOS
-Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
-Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Os adestradores