CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 18ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL : “VITORIA DO DUMBRÍA NO DERBI, VITORIAS DE FISTERRA E ESTEIRANA, EMPATE DO MUXÍA E DERROTA DO SAN LORENZO”.

Jose “Congui”, (CF Muxía).

 

Aquí tedes as crónicas e moito máis da 17ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.

Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.

CRÓNICA XERAL

Primeira xornada da segunda volta e tan só San Lorenzo está en perigo de descenso, dos 6 equipos costeiros. Vitoria do Dumbría no derbi ante o Castriz, vitoria do Fisterra e da Esteirana e empate do Muxía.

GOLEADORES

Diego Estévez, (CF Dumbría), lidera a táboa de goleadores con 21 goles, (1 de penalti), seguido do seu veciño e por desgraza lesionado, Isaac Fábregas, (SD Fisterra). e completa o podio de goleadores Adrián García, (SR Calo), con 18 dianas, (4 de penalti). 

 

PRIMEIRA FUTGAL G2

-18ª Xornada-

-19/01/2025-

Bastavales UD 2-3 SD Fisterra

CF Muxía 2-2 Vea CF

SD San Lorenzo 0-3 Vizoño SD

Club do Mar 5-0 SD Tordoia

SCDR Esteirana 4-2 SD Agolada

SR Calo 1-3 UD Carral

Vista Alegre SD 0-1 Praiña Sporting Club

SD Castriz 1-2 CF Dumbría

Bertamiráns FC 1-1 Boimorto CF

 

-CRÓNICAS-

 

CF Muxía 2-2 Vea CF

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido moi bo na primeira metade na que nos vamoso descanso con 2-0, pero o xusto sería ir con máis diferencia. Marcaron Iago e Rober en sendas boas xogadas. na segunda o equipo baixou o nivel e cos cambios non nos axudou a ser os da primeira metade, e o rival consegueu empatarnos o partido. Con todo iso tivemos varias para sentenciar antes pero non fomos capaces“.

Goles : 1-0, Iago Muiño, (8´); 2-0, Rober, (45´); 2-1, Julian, (76´); 2-2, Telmo, (83´).

Incidencias : O colexiado Juan Sieira expulsou no 83 con vermello direto o adesrtador dos muxiáns.

 

SD San Lorenzo 0-3 Vizoño SD

Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :“O Vizoño adapatouse mellor o campo e estado do terreo de xogo que o propio San Lorenzo. Partido de moito xogo direto e disputas no que os visitantes foron máis eficaces. Reclamaron penalti os locais nun man a man de Raúl ante o porteiro, no que o defensor o empuxa por detrás cando iba a disparar. No minuto 32 adiantábase o Vizoño e xusto antes do descanso un erro na saida de balón do noso equipo e o Vizoño facía o 0-2 para ir os vestuarios.

Intentámolo con varias chegadas pero sen premio, o que si chegaría era o terceiro do Vizoño para sentenciar o partido. Destacar o debut do xuvenil de primeiro ano Rodri con bos minutos“.

Goles : 0-1, Diego Varela, (32´); 0-2, Mateo, (43´); 0-3, Jesús Lata, (71´).

 

SCDR Esteirana 4-2 UD Carral

Goles : 1-0, Pablo Rama, (8´); 1-1, Crístian, (31´), 2-1, Pablo Rama, (50´de penalti); 3-1, Kevin, (66´); 3-2, Alexandre, (71´); 4-2, Kevin Rial, (75´).

Incidencias : O colexiado Noel Villamor expulsou con dobre cartón o visitante Samb, (56´e 61´).

 

Bastavales UD 2-3 SD Fisterra

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido no que chegábamos sen Isaac e no que non sabíamos como iba responder o equipo porque é un xogador moi importnate para nós, pero a verdade é que moi ben, incluso mellor do que pensábamos. Comezamos mal e eles gozan de 3 ou 4 corners e meten un bonito de testa. Pouco despois ainda se nos lesiona Makaay que entraba na ausencia de Isaac e entra Isma no seu lugar e trocamos o esquema, e con eso melloramos moito e aí chega o primeiro noso, cun balón no que Bruno centra e Lobelos remata no primeiro pau a bocaxarro. Logo tivemos varias, unha de Rubén que sacan na liña de gol, unha de Bruno, Guille…ata que nun bo achegamento por banda esquerda que pasa a dereita, nunha xogada antre Bruno, Dani e Isma, e este define cun dereitazo no man a man co porteiro e imos con 2-1 o descanso.

No segundo tempo eles queren vir a por nós, pero nos cremos motas ocasiíns cos espazos que nos deixaban. Erramos moitas e chegou o 1-3, nunha asistencia de Dani a Bruno e no rexeite do seu disparo marca Gabri, que debutou a semana pasada. Eles fóronse arriba con máis corazón xa cabeza. Tivemos moitas para facer o cuarto pero non demos marcado e a falla de pouco para o final nun blón que colgan e fan o 2-3. Tamén sufrimos a lesión de Joselu, pero aguanyamos ata o final e ainda gozando de algunha para matar o partido“.

Goles : 1-0, Víctor, (15´); 1-1, Lobelos, (41´); 1-2, Isma, (45´+ 1); 1-3, Gabri, (79´); 2-3, Julian, (83´).

Incidencias : Lesionáronse no Fisterra, Adrián “Makaay”, . O noso desexo de que sexa o mínimo posible e esté pronto recuperado.

 

SD Castriz 1-2 CF Dumbría

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Encontro moi disputado con dous equipos que teñen un ritmo de xogo moi alto. Nós creo que preparamos moi ben o plan de partido e fixémolos estar incómodos en moitos momentos.

Na primeira parte o dominio do balón era do Dumbría, e aínda que en ocasións claras de gol tivemos dúas cada equipo (Diego Estévez e Noly), a sensación era que o gol deles estaba moito máis preto co noso. Nunha xogada aislada, un tiro lonxano de Dani Chao batía a Coke polo lado corto. 0-1 ó descanso

A pesar de que o Dumbría (que xa é un equipazo normalmente, co resultado a favor podénse replegar para buscar as espaldas das defensas, e aí son casi imbatibles) ía por diante no marcador, a segunda parte foi nosa, poñendo o empate Borja Gándara de cabeza a centro de Noly. Co 1-1 seguiu a tendencia favorable ó Castriz e neses minutos estabamos sometendo ó Dumbría esperando que chegara a 2-1. Pero o que chegou goi o 1-2 para eles noutro tiro lonxano que bate no pau e entra na portería.

A seguir remando e aprendendo nesta nova categoría para nós. Creo que a clasificación non mostra o noso rendemento real, pero ó final de tampada podemos e debemos gañar os puntos que nos corresponden“.

Goles : 0-1, Dani González, (26´); 1-1, Borja, (54´); 1-2, Brais, (80´).

 

-CLASIFICACIÓN-

Club do Mar : 44 puntos

2º CF Dumbría : 42 puntos

 UD Carral : 39 puntos

 Boimorto CF : 36 puntos

 SD Fisterra : 31 puntos

6º CF Muxía : 29 puntos

7º SR Calo : 27 puntos

 SD Castriz : 26 puntos

 Vizoño SD : 24 puntos

10º SD Tordoia : 24 puntos

11º Praiña SPC : 23 puntos 

12º SCDR Esteirana : 21 puntos

13º Vea CF : 21 puntos

12º Bastavales UD : 20 puntos

15º SD Agolada : 15 puntos

16º Bertamiráns FC : 13 puntos

17º Vista Alegre SD : 8 puntos

18º SD San Lorenzo : 6 puntos

 

PREVIA

-19ª Xornada-

-26/01/2025-

Boimorto CF-Bastavales UD-, ás — horas

SD Fisterra-CF Muxía, ás — horas

Vea CF-SD San Lorenzo-, ás — horas

Vizoño SD-Club do Mar, ás — horas

SD Tordoia-SCDR Esteirana-, ás — horas

SD Agolada-SR Calo, ás — horas

UD Carral-Vista Alegre SD-, ás — horas

Praiña Sporting Club-SD Castriz, ás — horas

CF Dumbría-Bertamiráns FC, ás — horas

 

AVISO :

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies