CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 18ª Xda DA LIGA DA COSTA : “POR ARRIBA TODOS GAÑAN…POR ABAIXO IMPORTANTES VITORIAS DE SP. ZAS E CABANA”

LIGA DA COSTA

-18ª Xornada-

Sporting Zas 2-0 SD Coristanco

UD Cerqueda 1-2 SD San Lorenzo

SD Castríz 1-3 Corme CF 

Muxía CF 3-2 CD Baiñas

UC Cee 1-3 SCD Malpica 

SD Ponteceso 5-1 SCD Buño

SCDR Esteirana 1-0 CD Muros 

CF Lira 1-2 Cabana SD 

 

Importante trunfo do Cabana SD.

 

COMENTARIO

Por arriba tódolos equipos que están na loita por loitar de aquí o final por ascenso ou promoción non fallaron polo que todo segue igual. Sí houbo novidades por abaixo. Cabana SD e Sporting Zas conseguían sendas vitorias importantísimas na loita por eludir os postos de descenso. Os cabaneses derrotaban a un CF Lira que chegaba o encontro cos 11 xustos, tendo que ir buscar a un que estaba enfermo na casa, pero con todo iso o encontro estivo moi disputado, (1-2) e os zacenses derrotaban a un dos equipos revelación desta tempada, o recén ascendido SD Coristanco, (2-0). Exceptuando estes dous equipos, da 7ª praza que ocupa o SD Coristanco para abaixo caían todos derrotados e non se daba ningunha igualada nos 8 encontros disputados con 28 goles de 4 vitorias locas e 4 visitantes.

A tódolos xogadores que sufriron lesións esta xornada desexámoslle unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

CRÓNICAS

 

SD Castríz 1-3 Corme CF

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “O Corme sempre empeza os partidos a remolque, ou case sempre, e a nós tocounos que no minuto 5 meteran a balón parado tralo rexeite do noso porteiro a saida dun corner. A partires de aí notamos o golpe, porque o noso plan de partido previa outra cousa. Despois fómonos asentando a partires do 15 fomos mellorando e facéndonos co partido, incluso co dominio e chegou o gol antes do descanso, dunha falta que botou Álex Forján. Incluso puido chegar antes. Os puntos merecemos ir gañando na primeira metade. Na segunda metade esperábamos que sairan con todo, pero houbo uns 10 minutos de tanteo e despois xogaron con Lucas máis preto de Alejo e deron entrada de Dani Casal e a partires de aí fixéronse coa posesión de balón, pero nós cada vez que chegábamos creábamos moito perigo e incluso nos puideron poñer por diante nunha boa ocasión de Iván Pastoriza cun balón que non chegou a marcar e que pasou pola liña de gol. Tamén eles tiveron unha boa ocasión que parou moi ben o noso porteiro Gerpe. No 80 miden nosos centaris ben e chega o gol deles o deixar só o dianteiro deles e despois sufrimos a expulsión dun xogador, que ía a ser un dos cambios e recibeu a segunda amarela. A partires de aí co mazazo do gol e da expulsión tentámolo pero non tivemos ocasión de empatar. Presionamos metémolos no seu campo, pero nuha contra acadaron un saque de curruncho e nós xa tíñamos a xente máis pendente da contra e fixeron o terceiro. O resultado máis xusto sería un empate pero son mooi bo equipo i é moi raro que non che fagan gol nunha xogada aillada“.

Lelo, (Adestrador do Corme CF) :  “Empezaba o Corme querendo mandar no partido, e gracias a eso conseguíamos adiantarnos por medio do “xuvenil” Alejandro. O Castríz costaballes sair e nos por medio da presión conseguíamos profundidad por banda. Co paso dos minutos o Castriz foi crecendo e nos reculando. Eles subiron a presión e co vento encontrá costaba muito rasear a pelota. Eles presionaban ben pero solo terían unha boa ocasión que sacaría Suso moi acertado. Cando parecía que así remataría a primeira parte conseguirían o empate nunha falta dende a frontal, chegando co empate o descanso. A segunda empezaba co Corme querendo mandar pero cun Castriz que cada vez que saia daba muita sensación de peligro.Nos salíamos ben da presión pero non conseguíamos dar ese último pase. E cando o conseguimos Alejo nun gran tiro ca esquerda dou no pau.Pouco despuis conseguio marcar logo de recoller un rexeite na área. A raíz do gol o Castríz estirouse un pouco mais pero sin gran peligro deixandonos mais espacios para as contras.O Castríz tería unha ocasión a balón parado, que sacou Alejo debaixo dos paus, o sacar unha falta que sobrepasara a barrera.Nos por medio de Sergio teríamos outro balón o pau e xa no desconto Brais Torrado marcaría de cabeza”.

Goles : 0-1, Alejandro Torrado, (6´); 1-1, Alejandro, (40´); 1-2, AQlejo, (79´); 1-3, Brais, (desconto)

Árbitro : Manuel Espasandín.

Incidencias : expulsou ao xogador do SD Castríz, Alberto por dobre cartón, (65´e 80´).

 

No San Andrés quedáronse 3 puntos moi importantes para o Sporting Zas.

 

Sporting Zas 2-0 SD Coristanco

Roberto, (Presidente do Sporting Zas) : “Primeira metade moi ntensa na que o Coristanco dispuxo de varios remates libres de marca, que sairon fora. Mediado este tempo, un penalti sobre Juan sería materializado por Guilla, en segunda xogada tras pararlle o lanzamento Rubén e finalizar no rexeite. Tralo paso por vestiarios o equipo coriatanqués encerrounos no noso campo, pero sen crearnos ocasións de perigo. Nós saíamos a corntra e nunha destas Guilla facía o definitivo 2-0“.

Juni, (Adestrador do SD Coristanco) : “Partido marcado por dous erros defensivos groseiros nosos, un en cada parte. Na primeira unha pérdida preto do córner provocaba a entrada na área do local ó cal derrubábamos por detrás sendo penalti. Anotarían o rexeite de Rubén que paraba en primeira instancia. Na segunda máis do mesmo, nada de fútbol e outra pérdida en banda acababa cun gol dende fóra do Zas.
Practicamente as dúas únicas ocasións e vitoria para o único equipo capaz de crear perigo. Xogouse o partido as 6, polo que as condicions de luz desluciron sobretodo a segunda parte”.

Goles : 1-0, Guillamet, (26´); 2-0, Guillamet, (65´)

Árbitro : Adrián Pérez.

Incidencias : Acabaron con problemas musculares os xogadores do SD Coristanco Corral e Mato.

 

 

UD Cerqueda 1-2 SD San Lorenzo

Javier Souto, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Unha primeira parte igualada na que ningún dos dous equipos tiña o dominio do balón, o cerqueda tivo un par de boas ocasións despois de sendos roubos de balón na saída do Verdillo pero non foron quen de materializalas. Nunha das faltas laterales sacadas polo Verdilo , que foi como crearon a maioría do perigo na primeira parte tomando vantaxe da súa superioridade física, o remate ía ó pau no que puido ser o 0-1. Na segunda metade empezou o cerqueda con algo máis de intensidade, e froito deso chegou o gol local, despois de que Diego aproveitara o rechace da defensa pineira despois dun balón parado. Despois deste gol o Verdillo non se veu abaixo e ós poucos minutos marcaba de cabeza nunha segunda xogada despóis dun córner. De ahí ó final máis ganas que fútbol ata que no desconto unha falta moi protestada polos locales, xa que consideraban que a falta debía ser pitada ò contrario, o Verdillo conseguía a victoria despois de que o remate fora ó pau e rebotara no porteiro“.

Santi Cambón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Partido moi disputado no campo de Xaviña, (Buño), no que un equipo local, que esperaba en liña de medio campo, o equipo de Verdillo, para intentar roubar e facer saidas rápidas. Un equipo visitante que dominaba o esférico e intentaba xerar ocasións a través de combinacións rápidas por zonas de banda, e intentar sacar centros laterais. A primeira parte non houbo goles pero si ocasións para os dous equipos. Na segunda empezou como a primeira o equipo local esperaba, e os de Verdillo levaban o peso do partido. Ainda así o equipo local adiantaríase no marcador a través do balón parado. Non nos rendimos e pouco a pouco foron embotellando o equipo local no seu propio campo é asi mediada a segunda metade, empatarían o encontro a través dun corner. De aquí o final foi un monólogo do equipo de Verdillo, que a través de empuxe, e un paso atrás do equipo local, facíase co control do partido e xerando ocasións, tanto a balón parado, como con saidas rápidas. A recompensa para os visitantes chegaría no minuto 90 que marcarían o gol da victoria e facía un pouco de xusticia o exposto no campo polos dous equipos”.

Goles : 1-0, Diego Fernández, (49´); 1-1, Raúl, (67´); 1-2, Diego Fidalgo, (90´)

Árbitro : Iván Ferreiro

 

Roberto Pereira abreu o marcador para os muxiáns.

 

Muxía CF 3-2 CD Baiñas

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) :Dende o principio levamos o peso do partido, con vento a favor, estivemos todo o tempo atacando, pero as ocasións máis claras foron anuladas por fora de xogo. Un man a man de Mauro acaba co porteiro visitante expulsado. Antes do descanso, Pereira a pase de Manu Nogueira abre o marcador e o propio Manu fai o 2-0. No segundo tempo, Mauro fixo o terceiro que parecía sería definitivo, pero os visitantes arriscaron, e ainda que nós dispuxemos de varias ocasións claras non acertamos. Dieguito cun gol olímpico e Baba, meteron o Baiñas no partido, pero o marcador xa non se movería“.

José Barca, (Adestrador do CD Baiñas) : “Tocounos de empezar en contra do vento que a verdade pegaba moito e facía que houbese duas partes moi diferenciadas. Fomos aguantando ben sen que nos creasen perigo, pero no minuto 20 houbo unha xogada que foi clave para o devir do partido. Unha xogada na que Paulo impacta cun xogador contrario, e vendo o vídeo creo que hai dous xogadores rivais e ainda collen o balón e ainda que fose fora do área non creo que sexa cartón vermello. Esta situación fixo que tivesemos que facer trocos o perder o noso porteiro titular e variar o esquema, e xogar practicamente todo o encontro cun home menos frente o Muxía. Adiantáronse con dous goles no marcador e acabou 2-0. Na segunda co vento a favor saimos a buscar o todo polo todo cunha presión alta aproveitando o vento, arriscando moitísimo e nunha contra con balón longo fixeronnos o 3-0. Os rapaces para quitarse o sombreiro non baixaron nen un chisco a intensidade e tivemos ocasións. Unha de Esteban, un tiro de Abel que parou o porteiro, e outro de Diego lambendo o pau e logo Diego marcaba un “Gol Olímpico” e un par de xogadas máis tardes nun roubo defineu Baba po 3-2 e nos últimos minutos tivemos duas ou tres a balón parado, unha delas cunha boa parada do meta deles e apretámoslle e fixémoslles pedir a hora. Moi complicado xogarlle a un equipo tan bo coma o Muxía cun home menos e agora a esperar o Cee a vindeira semana e tentar recuperar os puntos”.

 

Goles : 1-0, Roberto Pereira, (28´); 2-0, Manu Nogueira, (33´); 3-0, Mauro Romaní, (63´); 3-1, Dieguito, (83´); 3-2, Baba, (88´).

INCIDENCIAS : O colexiado Lucas Vicente expulsou ao meta do CD Baiñas, Paulo con vermello direto no 22´ tras un “man a man” con Mauro Romaní. Lesionáronse no CD Baiñas Ramón que sufreu un tirón no abductor. Abel cunha escordadura de nocello e Víctor golpe con problemas no lombo. Tiveron que ser cambiados os 3.

 

 

UC Cee 1-3 SCD Malpica

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Recibíamos en San Paio ao Malpica, equipo co que empatabamos na táboa clasificatoria. Nun partido de bastante ritmo cun rival que apretaba moito, pouco se pudo destacar na primeira metade. A ocasión máis clara tívoa Eze, que bota unha falta ao longueiro e no rexeite, Chema non acerta a metela entre os 3 paus. A segunda metade arrancou cunha perda que se convirte nunha transición para que no un para un con Chema, Jairo adiante ao Malpica de tiro cruzado. Pero ao pouco, Bruno empataba a contenda. Nun bo momento do Cee, que pisaba área rival, foi de novo o dianteiro malpicán quen adiantaría aos seus cun golazo dende a frontal. E aí, as ocasións máis claras ceenses, por parte de Bruno que erra un man a man, Eze que non acerta a rematar só na área, Yayá vese cortado cando encaraba portería por un fóra de xogo dubidoso…E non errou o Malpica, para que Jairo definise o “man a man” para o 3-1 definitivo. Definitivo, porque a gol pantasma de Cote non subíu ao marcador. Seguimos loitando, pois na zona media-alta da táboa, agardando unha boa xeira que nos garantice esas posicións“.

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Partido importantísimo para os 2 equipos para poder distanciarse un pouco da zona media.
Partido no que nos presentabamos con varias baixas por sancions e lesions. O partido comezou cos 2 equipos intentando ter o dominio da pelota, os 15 minutos xa tiñamos mais tempo o balón nos pes que o Cee. Os 20 minutos a lesión de Michi Castro fixo que o equipo lle costase volver a recolocarse. Nos últimos 15 minutos da primeira parte tivemos varias ocasións para poñernos por diante pero sin éxito.
Despois do descanso un home estivo por encima do resto dos xogadores que estaban no campo e ese foi Jairo, que marcou tres auténticos golazos cada un mellor que o anterior. Resultado final de 1-3 e a pensar no Ponteceso
“.

Goles : 0-1, Jairo, (46´); 1-1, Bruno, (51´); 1-2, Jairo, (58´); 1-3, Jairo, (83´).

Árbitro : Iván Vilanova.

 

 

SD Ponteceso 5-1 SCD Buño

 Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Partido competido na primeira metade. Nos tíñamos o control do balón e o vento a favor fixo que eles saisen do seu campo en contadas ocasións. Ainda así non soubemos xogar con este factor e fomos ó descanso cun só gol no marcador. No segundo tempo marcamos moi pronto o segundo e eles baixaron os brazos.  Gran partido dos xuveniles, Iván, e do debutante Eloy, que estivo moi cerca de marcar e que dunha gran xogada sua nacería o quinto tanto”.

Richard, (SD Buño) : “Cando nos chegue poñeremos o seu comntario”.

Goles : 1-0, Martín Souto, (37´); 2-0, Martín Puente, (48´); 3-0, Diego, (52´); 3-1, Elías, (56´); 4-1, Luca, (62´); 5-1, Jesús, (desconto)

Árbitro : Juan Marcos Ríos

Incidencias : O encontro xogouse no Municipal das Redondas, (Neaño-Cabana).

 

 

SCDR Esteirana 1-0 CD Muros

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Un partido moi disputado, no que cada equipo intentou xogar coas súas armas e que ao final gañamos nós. Na primeira parte o Muros creaba perigo nas estratexias, córners, saques de banda longos e faltas a área, onde son fortes, pero que solventamos ben e non tiveron ocasións claras. Nós, cando baixamos o balón conseguíamos crearlle problemas e tivemos unha moi clara de Pablo nun remate que saca Xandre nun paradón. Na segunda parte, empezamos ben, e chegamos con claridade un par de veces, unha foi gol.
O Muros tirouse máis arriba, e cando recuperabamos, saíamos rápido e tivemos tres ocasións para matar o partido. O Muros seguíu intentando meter balóns na área que soubemos resolver ben, aínda que Xavi tivo un disparo que pasou cerca do pao.
Tres puntos e seguir”.

Sarillo, (Delegado do CD Muros) : “Partido igualado. Nós o principio creando a balón parado, e eles buscando as contras. Nunha deles remataría Mitri de cabeza e pararía Xandre cunha boa estirada, e un tiro lonxano de Álex, que tamén sacaría Xandre. Chegaríamos o descanso con un partido moi igualado con moito mediocampismo e cun 0-0. Na segunda metade nunha contra marcaría Carajillo cun tiro cruzado. A partír do gol a Esteirana votouse atrás e saían a contra, tendo duas ou 3 con moito peligro. Nós poderíamos empatar cun tiro cruzado de Pelos, e cun tiro a reviravolta de Xavi . Ambos fóronse lambendo pau. Tamén houbo un posible penalti a Xavi por agarrón, cando encaraba o porteiro, pero non o señalou o árbitro“.

 

Goles : 1-0, Carlos Lestón, (52´)

Árbitro : Iván Carrillo

 

 

CF Lira 1-2 Cabana SD

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : “As 12 da mañan tiñamos 10 xogadores para afrontar o partido, e Miguel que levaba un par de días na cama fixo un esforzo para poder ser 11 e ven a Lombáns. Na primeira parte e cos folgos intactos creamos ocasións para cerrar o partido, pero só marcaríamos un gol de tiro lonxano de Toni. Na segunda parte con Miguel xa fundido, Toni con un tirón que casi non podía nin andar, e Manu con unha sobrecarga, fixo que aguantáramos como podíamos, e tratamos de buscar algunha contra que matara o partido, pero ainda que tivemos un par de ocasións non fomos que de marcar. O Cabana máis enteiro e con velocidade, chegaba con perigo e así acadou dous goles que lle deron a vitoria”.

Duda, (2º Adestrador do Cabana SD) : “Partido no que empezamos algo dormidos e que en ataque pouco creamos. Eles terían algunha ocasión que pararía ben Roberto, os 20 minutos de partido o Lira tiraría un tiro que co vento a favor sorprendería a Roberto e sería 1-0 que chegaríamos o descanso. Na segunda metade saíamos máis a presionar e combinando ben, e tendo boas ocasións mediante Raúl Corzón, Castro e Cachadiña,e a raíz diso marcaría Raún Corzón desde o borde do área o 1-1. Seguiríamos pelexando e presionando arriba, e chegaría nos minutos finais o 1-2. Gol de Moreno co que chegaríamos o final, e levando 3 puntos moi traballados“.

Goles : 1-0, José Antonio, (5´); 1-1, Raúl Corzón, (63´); 2-1, Moreno, (88´)

Árbitro : Daniel Martínez.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

PICHICHI

1º-Alejo, (Corme CF) : 17 goles en 13 encontros, (4 de penalti)

2º-Xuco, (SD Ponteceso) : 17 en 15, (2 p)

3º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 16 en 18, (3 p)

4º-Iván Pombo, (UD Cerqueda) : 13 en 15, (5 p)

5º- Ezequiel, (UC Cee) : 11 en 16

6º- Elías Ruso, (SCDR Esteirana) : 11 en 17, (1 p).

 

PRÓXIMA XORNADA, (19ª)

-26/01/2020-

Cabana SD-Sporting Zas

SD Coristanco-UD Cerqueda

SD San Lorenzo-SD Castríz, (16:00 horas)

Corme CF-Muxía CF

CD Baiñas-UC Cee

SCD Malpica-SD Ponteceso

SCD Buño-SCDR Esteirana, (17:00 horas)

CD Muros-CF Lira

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Fotos Sporting Zas-SD Coristanco : Roberto-Sporting Zas

-Fotos : piratasdemuxia.es

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.